domingo, 12 de abril de 2020

Dámaso Egidio Iglesias Lago (Vilavella, Redondela 30-8-1768 / Ourense 13-11-1840) Relixioso_Bispo

Doutorado en Teoloxía na Universidade de Santiago. Cóengo Maxistral de la Catedral de Ourense dende xuño de 1794 ata xaneiro de 1816, data na que pasou a ser Cóengo Dignidad de la Catedral de Santiago. Nomeado bispo de Ourense o 24-3-1819. Nesta catedral propuxo e achegou financiamento para a substitución do altar maior. En 1829 foi nomeado Bispo de Coria, renunciando ao cargo para seguir como no Bispado de Ourense.

Ao coñecer o levantamento liberal da Coruña en 1820, dirixiu unha Exhortación aos seus fregueses de obediencia ao rei, polo que tivo que refuxiarse en Portugal. Despois do indulto seguiu mantendo os seus principios absolutistas. Opúxose á ley de monacales, dirixindo unha Exposición ao monarca Fernando VII. Á morte deste apoiou o levantamento Carlista en 1833. Viñeron daquela malos tempos para exercer o seu labor coma Bispo. En xullo de 1834 ten lugar a matanza de frades e, en outubro de 1835, se suprimen varios conventos da provincia de Ourense. Logo se suprime o foro eclesiástico. Ao ano seguinte se saca a pública poxa os bens da igrexa e se suprimen os conventos de monxas de menos de 20 relixiosas. Sería o principio dunha serie de medidas coas que a desamortización limitaría o poder da Igrexa e amargaría o mandato de Iglesias Lago, que falecería en 1840, aos 71 anos.

Na catedral de Santiago consérvanse varias cartas pastorais da súa autoría.

En xullo de 1895 déuselle o seu nome a unha rúa en Redondela, se ben e certo que o nomeamento tan só se fixo efectivo durante uns meses.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Diccionario Biográfico de España (1808-1833). De los orígenes del liberalismo a la reacción absolutista. Alberto Gil Novales.

Algunos hijos ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)

Diccionario de persoeiros do século XIX J. L. Cofán (Inédito)

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => 1866 Crónica general de España ó sea Historia ilustrada y descriptiva de sus provincias, sus poblaciones mas importantes, 19410204 La Región,19110830 El Eco de Galicia (Coruña)...

18950727 El Heraldo de Madrid

https://ourensenotempo.blogspot.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario