|
Imaxe máis antiga de Vilavella. S. XIX. Óleo G. Vivian
|
A mediados do século XVIII Vilavella era unha xurisdición
independente de Redondela, pertencendo a primeira ao Bispado de Tui e
a segunda ao de Santiago. O documento de referencia para investigar
esta etapa é o Catastro de Ensenada que data de 1752. Nesta ocasión
aproximámonos a un novo censo tan só uns anos despois,
concretamente ao período comprendido entre 1760 e 1763.
Os
límites de Vilavella serían: “Principia
en el mojón de la Cabrita, desde este sigue al Regueiro do Barro,
desde allí al escampado del Muro Longo, desde este sitio da vuelta
al mojón del sitio donde llaman el Amieiro; desde el a la Ravadeira
de Avajo, desde alli sigue al frente del Castañal, desde este sigue
al mojón de la Coutada, desde alli a la Coba do Ouro y por otro
nombre Carbón Queimado, desde este prosigue hasta el mojón que se
halla junto a la casa de d. Phelipe Magi vecino de la villa de Vigo,
desde este a la fuente y Poza de Outide, y desde allí a la mar y una
piedra que tiene una cruz y sirve de mojón junto al terreno de
Domingo de Outeiro vecino de la feligresía de San Andrés de
Cedeira, y desde allí sigue por la orilla del
Río arriba que es azia la parte del Norte astta llegar al Puente
Longo que es la que divide el término de esta población y la de la
villa de Redondela y desde este sigue al marco dos Pasas
que
aunque no le ay se halla
fixado
su división avajo de la casa que fue de D. Antonio Gago Presvitero
aora difunto, y desde alli sigue a la fuente del Canudo, y al marco
da Cabrita primera demarcación”.
Como
vemos o
Puente Longo, actual
Praza Ribadavia (A Farola), unía a xurisdición de Vilavella coa de
Redondela. O río Alvedosa actuaba de límite polo que rúas como a
actual
Ernestina Otero, daquela
despoboada,
pertencían a Vilavella. A
poboación chegaba aos 133
habitantes e
concentrábase na única rúa de Vilavella que ía desde o convento
ata o Puente
Longo. No
resto da freguesía (barrios de Outide, Rabadeira, Salgueiral, Muro e
Canudo) tan só vivían
10 persoas.
Nas
variacións do censo anterior
cítase
a
existencia de
15 colmeas, 12 de Andrés Cerezo e
as
3 restantes de
don
Gaspar Conde y Acosta. Durante
este século a produción de mel é un negocio moi lucrativo polo que
os seus ingresos son recollidos en todos os censos e son numerosas as
colmeas en todas as actuais parroquias de Redondela. Noutra entrada
danse de baixa
dous
muíños fariñeiros que
son propiedade
da viúva
María del Villar e
que se atopan
arruinados e non moen.
A
primeira curiosidade que atopamos é que o Xuíz
e Xustiza
Ordinario,
o que hoxe chamamos alcalde, Juan
Antonio Figueroa non
residía
en Vilavella, se non que era
veciño
da freguesía
de San Pedro de Cesantes.
A
ocupación sería a seguinte: o
citado
Xuíz,
un Rexedor,
un Procurador Xeneral,
dous
escribáns,
un subdelegado de Mariña,
un médico, un cirurxián,
un boticario, cinco escultores, tres carpinteiros,
un Tenente Receptor do
sal, un Medidor do mesmo,
tres xastres,
catro oficiais
de
xastre,
catorce zapateiros,
outros
tantos oficiais,
dous
cerralleiros,
tres ferreiros,
un prateiro,
un oficial do
mesmo
oficio, un tecedor,
un forneiro,
un oficial de pintor, un tratante de material do
oficio de zapateiros,
un fidalgo,
un Mordomo das Relixiosas
desta vila, tres
particulares,
dezaoito
labradores, dezanove
viúvas,
vinte
unha
solteiras
e
cinco
pobres.
|
Vilavella nos anos 30. Postal
|
Non
se recollen os ingresos por desempeñar cargos públicos pero si
polos oficios propios de cada quen. No caso do Xuíz non se
especifica o seu oficio probablemente por declarar eses ingresos en
Cesantes. O Rexedor, Francisco Fontela, exerce como escultor e o
Procurador, Manuel Pérez, como prateiro.
Algúns
oficios ben pagados como o de escribán, médico ou boticario
permiten que estas persoas dispoñan de servizo, principalmente son
mulleres as que traballan como criadas, pero tamén se citan criados.
Caso aparte é o do único nobre
da
vila, un fidalgo que é o que mantén a máis persoas ao seu servizo:
Don
Francisco de Borxa Sarmiento viudo, edad 46 años, tiene dos hijas,
dos paxes de 28 años de edad cada uno, una criada maior, cuatro
criadas, dos criados maiores de los 18, y un Negro de edad de 36.
Atopamos
aquí outra curiosidade a que probablemente sexa a primeira persoa de
raza negra en chegar ao noso Concello e, o que é máis lamentable, o
máis que posible primeiro escravo. Agardemos que sexa o único.
Entre
as profesións curiosas podemos ampliar as relacionadas co depósito
do sal. O sal era moi importante naquela época porque era
fundamental para a conservación dos alimentos. O converterse en
Administrador do sal daba tantos beneficios que esta persoa
normalmente
residía lonxe e contrataba
empregados que rexían o negocio. Neste
caso chama a atención que estes traballadores residiran en Vilavella
cando o alfolí
se atopaba
na vila de Redondela.
Theniente
Receptor de la Sal. Alphonso Nuñez Sotomaior, edad 4o años tiene un
hijo menor de los 18, un sobrino mayor y dos criadas, por administrar
los alfolies de la sal de la villa de Redondela como theniente
receptor en nombre de D. Francisco García Carrasco se le pago por
este en cada un año 5.500 rv y lo restante que produce la
Administración
lo percibe dicho D Francisco García Carrasco.
Medidor.
Miguel Alvarez, edad 42 años, casado tiene un hijo menor de los 18 y
dos hijas y una cuñada por el oficio de Medidor de la Sal se le
regula y contempla de utilidad al año 730 rv.
Dos
tres citados como “particulares” tan só se cita o oficio dun
deles:
Don
Antonio Terlup, edad 66 años, viúdo tiene una hija y una criada. No
exerce el oficio de theniente Cónsul en esta Provincia de las dos
Naciones de Francia y Holanda por haber hecho dimisión del atento su
avanzada edad.
Como
estamos vendo o papel da muller está totalmente supeditado ao home.
Cítase os fillos e ao servizo e nalgún caso outras persoas ao cargo
(cuñada, sogra...), pero nunca se fai referencia á esposa que
semella que non existira. No referente aos fillos, se son varóns
especifícase se son menores ou maiores de 18 anos. Neste último
caso recóllese a súa ocupación e ingresos. Por contra, no caso
feminino tan só se enumeran independentemente da súa idade.
Nos
apartados viúvas e solteiras, recóllense os nomes das mulleres que
viven soas ou son cabeza de familia enumerándose as persoas que
cohabitan con elas. No caso de ter algún fillo barón maior de 18
anos, como nos casos anteriores si se recollen a súa ocupación e
ingresos. A única excepción sería a seguinte:
Marta
de Otero, divorciada tiene una criada. Sirve la casa en que habita de
Mesón regular se le ve utilidad al año 50 r. v.
Temos
aquí outra curiosidade, será este o primeiro caso de divorcio no
Concello de Redondela? Case
con seguridade o seu ex-marido sería o oficial de zapateiro:
Carlos
Manuel de Grandal, edad 45 años, Divorciado, gana por su oficio al
día Real y medio vellón.
En
Vilavella existían daquela dous Casas-Mesóns mais:
...tres
Casas de Mesones que la primera es de Rosa González da Pena, la
segunda de Francisco de Abiles y Vasquez que racayó en la de Dominga
Gonzales...
Máis
adiante podemos comprobar que algunhas destas mulleres
tiñan como principal fonte de ingresos as rendas producidas polo
alugueiro dalgunha casa ou o foro de terreos. Pero paraa a maioría a
vida non debía ser sinxela como reflexa o dato que dos cinco pobres
que había na xurisdición, catro eran mulleres.
Como
vemos, os oficios nos que se empregaba máis xente era o de
zapateiro, xastre e labrador. Sorprende a presenza de tan só un
forneiro, tendo en conta que a actual Rúa Juan Manuel Pereira era
coñecida como a Rúa dos Fornos. Dúas explicacións posibles serían
que foran mulleres as que traballaran como forneiras e non se
recolleran os seus ingresos, ou que os fornos foran atendidos por
veciños de Redondela, dada a súa proximidade.
Nunha
xurisdición tan pequena e cun convento é indiscutible o gran peso
que tiñan os relixiosos naquela época.
Convento de Nuestra Sra. de la
Purificación orden de Nuestro Padre San Lorenzo Justiniano,
componese de 30 Religiosas Profesas y 13 criadas seglares de
particulares y 2 de comunidad.
Según
parece consiste en 4 eclesiásticos sacerdotes, 30 religiosas
profesas y 17 individuos familiares Villavieja de Redondela.
Non
serían estes os únicos relixiosos con intereses en Vilavella, xa
que tamén tiñan foros o Prior
de la Abadía de Covadonga (Asturias),
o Convento
de Relixiosas
de Santa Clara da vila de Pontevedra, o
párroco de Moscoso (Pazos de Borbén)
e
varios presbíteros e clérigos veciños de Redondela.
Por
último, atopamos unha referencia a unha confraría relixiosa:
Bienes
del Santísimo Sacramento de esta villa del que es su actual
mayordomo D. Francisco Fontenla... Habita la casa de arriba D. Joseph
Bernardo Pérez actual Mayordomo del convento de Religiosas de esta
villa...
Este
Mordomo do convento o vimos citado cando falamos da ocupación da
veciñanza porque ademais de casa gratuíta o seu soldo permitíalle
contratar a unha criada:“...producele
su empleo de utilidad al año dos mil duzientos Reales Vellon”. Un
bo soldo se temos en conta que os soldos máis comúns ían de un a
tres reais de vellón ao día.
|
Selo do Sacristán. Familia Fernández Otero.
|
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
PARES
http://pares.mcu.es
=> Expediente
de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de
Villavieja de Redondela (Mos, Tuy), efectuado por decreto de
diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución.
Catastro
de Ensenada de Vilavella e Redondela.