“Juez y Justiza Ordinaria”(alcalde) antes de 1836
O Concello de Redondela naceu da unión de Cedeira, Reboreda, Redondela, Saxamonde e Vilavella.
Cedeira
Señorío pertencente ao Bispado de Santiago. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/02/historia-da-parroquia-de-cedeira-1-de-2.html )
15?? Álvaro de Berea. En 1587.
16?? Domingo de Outeiro. En 1697.
17?? Francisco Criado. En 1750.
17?? Gerónimo Carrera. Antes de 1758, ano no que seguía residindo en Cedeira.
17?? Marcos Pereira y Alonso. En 1761.
17?? Benito do Lago. 1785.
17?? Benito Rodríguez. En 1792.
Reboreda
Señorío que a mediados do S. XVIII dependía do Bispado de Santiago. Contaba cun Mordomo ordinario, un Rexedor e un Escribán.(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/04/historia-da-parroquia-de-reboreda-1-de-2.html )
17?? Pedro Míguez. En 1752
17?? Antonio Táboas. En 1769
17?? Benito Rodríguez. En 1792
18?? Juan Antonio de Estremadoiro. Cara a 1807-1809.
Redondela
Xurisdición do Bispado de Santiago. O Concello estaba formado por un Xuíz e Xustiza Ordinaria (nomeado polo arcebispo de Santiago), 4 Rexedores, 2 Procuradores (un do Gremio do Mar e outro do de Terra) e2 Deputados do común. Completaban un Escribán de número e un Porteiro.
14??
Afonso Yañez. Xuíz de Redondela en 1406.
14?? Álvaro de Lira. Na década dos 80.
14?? Lope da Ponte. Na década dos 80.
14?? Alvaro de Barcia. En 1496 e 1507.
15?? Antonio López. O día de San Simón de outubro de 1507 ao fronte de homes armados con lanzas, ballestas, arcabuces, espadas e outras armas, atacou aos homes de Dª Urraca de Moscoso Señora de Soutomaior, defendendo así a propiedade da Illa de San Simón á vila de Redondela.
15?? Payo Sorrede. Xuíz ordinario en 1516.
15?? Francisco Maldonado. Mordomo do arcebispo de Toledo.
1525-10-06. Sebastián Estévez. Veciño de Redondela por ausencia de Francisco Maldonado.
15?? Vasco Fernández de Barragáns. Cara a 1554.
15?? Garpar de Cantaviana. Xuíz de Redondela no s. XVI.
1569-08-24. Lope Sánchez de Ulloa
15?? Gonzalo de Aballe. En 1572.
15?? Juan de Aballe. Cara a 1575.
15?? Antonio Pereira. Xuíz de Redondela que en 1584 tivo que enfrontarse aos mariñeiros de Cangas que viñan a pescar á ría de Redondela, lugar que lles estaba prohibido.
1587-02-12. Payo Ribera. Veciño de Pontevedra.
1587. Juan Rodríguez Behiya. No cargo cando menos entre o 25 de xullo e o 6 de outubro de 1587.
15?? García de Aguilar. Xuíz de Redondela antes de 1591.
15?? Pedro Coronado. Xuíz da vila de Redondela en 1593.
16?? Andrés do Casal Moncada. Cando menos entre 1628 e 1630. Veciño da figresía de San Salvador de Escuadro.
16?? Juan Barreiro. En 1631, 1632 e 1635.
16?? Pedro Salazar y Acuña. Xuíz ordinario da vila de Redondela en 1636.
16?? Juan de Priego Lanzós. Xuíz ordinario da vila de Redondela en 1643.
16?? Francisco Álvarez de Noroña. En 1647.
16?? Miguel López de Candendo. Xuíz de Redondela en 1654.
16?? José de Ortega y Lanzós. Xuíz ordinario de Redondela.
16?? Juan de Mera Figueroa. Xuíz de Redondela en 1671.
16?? Diego de Omache. Xuíz de Redondela antes de 1674.
16?? Antonio de Salazar Pereira y Castro. Xuíz ordinario da vila e xurisdición de Redondela en 1679. Probablemente fillo de Pedro Salazar y Acuña. Procurador de General en 1681 e 1688, Rexedor 6º en 1703 e 1719. Mordomo do Hospital de Pobres de Redondela
16?? Alonso Rodríguez
16?? Nuño Prego de Montaos y Coronado, Capitán
16?? Diego Sánchez del Castillo. En 1688.
16?? Juan de los Ríos Pereira. Cando menos entre 1690 e 1691.
16?? Juan de Mera y Figueroa. En 1695.
17?? José Montero de Sanmiguel. Xuíz de Redondela cando menos entre 1703 e 1705.
1706 Antonio Salazar Pereira y Castro.
17?? Francisco Cheilada. A inicios do s. XVIII.
1710 Tomás José del Real y Valenzuela. Cando menos entre 1711 e 1712.
17?? Juan Francisco Fernández de Seares. En 1719.
17?? Alonso Ramírez de Arellano y León. Xuíz Ordinario de Redondela en 1723.
17?? Gregorio Otero Martínez
p17?? Santos Vicente Borines. Mercader asturiano.
1737 (ano en que estaba) Francisco Fontenla
17?? Fernando Antonio Nogueira y Cavarcos. Xuíz de Redondela en 1746 e 1750.
175? Álvaro Abelló Valdés. Era asturiano. En 1752.
17?? Carmiro García. Substitúe ao anterior. Natural de Santa María de Xanza (Valga).
17?? Marcos Pereira y Alonso. No cargo en xaneiro de 1756. Ademais de xustiza ordinaria exerceu como rexedor perpetuo e tenente de xuíz. Estivo 3 mandatos, sendo tamén alcalde na 2ª metade do s. XVIII de Cangas (2 veces), Vilanova de Arousa (1775), Lanzada (1778) e Noia (1781).
17?? Carmiro García. No cargo en marzo de 1761.
1761-67 Marcos Pereira y Alonso.
1774-77. Ramón San Pedro Puga. Tamén exerceu como Rexedor Perpétuo. Avogado. 2 mandatos. Nado en Vilavella.
1778-79 Juan Francisco Ochoa Puga Quiñones Araújo. Señor das Casas e morgados de Boavista, Macedo, Niñán e Ousoño. Veciño do lugar de San Blas,en Areas (1778)
1780 Ramón San Pedro Puga. Entre 1780 e 1783.
178? Joaquín Sestelo. En 1785.
1786-89 Marcos Pereira y Alonso
17?? José Benito Méndez. Xuíz da xurisdición de Redondela en 1788.
1790-1792 Diego Antonio de Soto Mariño de Lobera. Anteriormente un mandato en Vigo. Avogado da Real Audiencia deste Reino.
17?? José Antonio Saravia Orcasitas. Varias veces Xuíz.
17?? José Macedo Salazar
17?? Fernando Antonio Nogueira y Cavarcos
17?? Juan F. Bermúdez Pereira
17?? Manuel de Vigo y Álvarez. En 1798-1800. Avogado por la Real Audiencia de este Reino
180? José López ¿Meigigo?. Juez ordinario de Redondela en 1806.
1807 Antonio da Vila Valladares. Oficial retirado da mariña xa fora ao mesmo tempo xuíz ordinario e Subdelegado do Mar na Guarda, dependente do bispado de Tui.
18?? Antonio Francisco García Pereira. Xuíz real e ordinario de Redondela en 1809.
1820 Manuel Álvaro Rubín
Saxamonde
No século XVIII couto de Saxamonde está dividido en 4 distritos pertencentes a: o Marqués de Valladares, o Conde de San Román (conselleiro de Indias), José Mariño (residente en Pontevedra e señor de Toutón) e o Marqués de Sierra. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/search?q=Historia+da+parroquia+de+Saxamonde )
17?? Miguel de San Román y Ceballos, Jacinto Carballido e Gerónimo Estévez
17?? Domingo Ricón. En 1753.
17?? Manuel Antonio de Nacar (Casa de Valladares) e Marcos de Barciela (Conde de San Román). En 1785.
17?? José de San Román y Ceballos (Casa de Valladares) e Francisco Javier Martínez (Casa de Toutón). En 1792.
Vilavella
Xurisdición pertencente ao Bispado de Tui. Contaba cun Xuíz ordinario nomeado polo Bispo de Tui, 2 rexedores, 1 procurador xeral, 1 deputado do común e 1 escribán de número. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/05/historia-da-parroquia-de-vilavella.html )
1510 Lope Davale. Nomeado polo Cabildo de Tui (a praza de Bispo estaba vacante). Mantívose no cargo ata o 25 de xullo de 1513 cando o mesmo Cabildo nomeou un substituto.
16?? Juan Fernández de Castro. Cara a 1605.
16?? García Prego. En 1620.
16?? Juan Bautista de Parga y Gondar. En 1664.
16?? Gabriel Mariño de Lobeira. Xuíz ordinario de Vilavella en 1677.
17?? Domingo Fernández. Cara a 1719.
17?? Bernardino Pereira. Bisavó de Juan Manuel Pereira. En 1750 manda construír casa consistorial por non existir.
17?? Domingo de Amil
17?? Marcos Pereira. Estaba no 1752 e 1761.
17?? Juan Antonio Figueroa. En 1760-1761. Veciño de Cesantes.
17?? Juan Antonio Alfaro. Subdelegado de mariña.
17?? Francisco Fontenla. Máis dun mandato. En 1766, no chamado xuízo de residencia, foi condenado por non presentar a documentación regulamentaria e por permitir que unha moza solteira andase preñada, causando grave escándalo na veciñanza.
17?? Gaspar Laredo. Máis dun mandato.
178? Andrés Cerezo Figueroa. Escribán de Vilavella de profesión. No cargo cando menos en 1785 e 1788.
17?? Manuel Antonio de Nacar. En 1792.
179? Andrés Cerezo Figueroa. No cargo en 1799-1800.
18?? Juan Francisco Pereira. Casado con Josefa Migueles coa que tivo catro fillos. Faleceu en 1809 loitando na batalla de Pontesampaio.
1822: Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova e Vilavella).
1823: Restauración do réxime señorial. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella voltan a separarse de Redondela.
Cedeira
18?? Ramón de Sampedro. En 1828.
18?? Fernando Ricón. En 1830.
Reboreda
18?? José Reguera. En 1826.
18?? Manuel Ventura Pereira. En 1827.
Redondela
1825 Gregorio de Otero
1826 Bernardino Queimaliños Iglesias. Seguía en 1827.
1828 José Bernardo de Borines.
18?? Antonio José Rubín. En outubro de 1830.
18?? Joaquín Blanco. En 1831.
18?? Bernardino Queimaliños Iglesias. Primeiro Comandante do Batallón de voluntarios Realistas da vila de Redondela. No cargo en 1832.
1833 Antonio José Rubín
1834 José Antonio Foyo
1834, xuño. Francisco Pantoja. Nomeado alcalde maior interino.
1??? Juan F. Bermúdez Pereira. Veciño de Louredo.
1835 José Antonio Foyo
1836 Manuel Antonio Monroy
Saxamonde
(Quintela, Vilar de Infesta,Cabeiro, Negros e Nespereira)
182? Manuel Vicente Fernández. Em 1826.
182? Antonio da Veiga. En 1828.
1835, xaneiro. Manuel Vicente Fernández. Seguía en setembro de 1836.
1835 Francisco Antonio de Barros. En outubro.
Vilavella
1826 José Heres.
1829 Antonio Araújo
1830-36 Fermín Monroy
1832-1834 Manuel Araújo Benavides
1836 José Fernández Heres
CONCELLO DE REDONDELA
Constitución do Concello de Redondela tal e como o coñecemos hoxe en día: 3 de decembro 1836.
183? Ramón Ávila Lamas. En 1838.
1837-1839 Manuel Araújo Benavides. Anteriormente alcalde de Vilavella
Revolución de 1840. Espartero pon fin á Rexencia de María Cristina
1840, decembro. Antonio José Rubín. Protestada a súa elección por residir en Vigo, sería desestimada.
1842 Ramón Martínez Saco. Firma como alcalde en febreiro de 1842
1842 Manuel de Lago. Firma como alcalde en decembro de 1842.
1843 Antonio José Rubín. Volve a aparecer como alcalde en setembro de 1843.
22-10-1843. Alzamento de Vigo
1843 Antonio Solla Lago. En decembro de 1843.
1844, marzo. Manuel María Sestelo. Era conservador. Capitán de milicias.
1845-46. Francisco Garrido Sobral.
1846-abril-11. Francisco Ricón. Restitución da corporación destituída en 1843, tralo alzamento da guarnición militar de Vigo o 9 de abril de 1846.
1846-abril-27. Manuel María Sestelo.
1846 José Mateo Otero
1847 Francisco Garrido Sobral. Seguía en 1849. En 1850 exercía como primeiro tenente alcalde.
1851 Manuel Troncoso de Almansa. Asinou as primeiras Ordenanzas Municipais do Concello de Redondela.
Revolución 1854. Bienio Progresista
1854-setembro. Ramón Martínez Saco (Mos, 1810 / ¿?, 1884). Progresista. Rexeitou a proposta de ser Deputado a Cortes por Redondela para converterse en alcalde.
1855 Vicente García
18?? Manuel Martínez. Progresista.
1856, verán. José Mateo Otero.
1856 Fermín Monroy Correa. En outubro.
1856. José Mateo Otero. No cargo o 31-12-1856. Reelixido en marzo de 1857.
1860 Ramón Martínez Saco. En 1861 creou as prazas de médico e cirurxán dos pobres. Reelixido 1862-64.
1863. Genaro Borines Ponte. Nomeado alcalde suplente.
1865 Benito Sestelo
18?? Tomás Otero. No cargo en 1865-68.
1868 Santos Esteiro. Estaba en xullo.
Revolución de 1868 (A Gloriosa)
1869-maio. Ramón Martínez Saco.
1872-febreiro. Ramón Francisco Pardo Ferro. Nado na Coruña. Era conservador. O 4 de febreiro de 1873 Francisco Crespo acudiu á Comisión provincial solicitando que declarara a incapacidade do alcalde por ser arrendatario de arbitrios municipais, si ben é certo que os cedera a Luis Rivero. O 27 de febreiro a Comisión Provincial acorda suspendelo, presentando Pardo un recurso de alzada que obrigou ao Concello a decidir novamente sobre a súa incapacidade. A decisión debeulle ser favorable porque seguía no cargo en xullo dese ano. Repetiría na alcaldía 3 veces máis.
Proclamación da I República, 11 de febreiro de 1873
1873 José Otero Martínez
1874 marzo. Genaro Borines Ponte. Exercería ata agosto.
1875. Francisco Souto. Estando no cargo en agosto de 1875 iniciouse unha causa contra el no xulgado de Redondela por desacato.
1875 Pedro Salvador Fontenla Rodríguez. Faleceu en Redondela en xuño de 1879 estando no cargo.
Constitución de Cádiz 1876
1879 Ramón Francisco Pardo Ferro. En xaneiro de 1880 foille outorgada a Cruz de Isabel la Católica con distinción de Caballero Cubierto ante el Rey. O 14-3-1881 acudiron ao Gobernador varios veciños de Redondela solicitando a suspensión do alcalde por desempeñar o cargo de secretario do Concello, retribuído con fondos municipais, ademais acusaban ao Concello de non presentar as contas dende 1870. O 22 de abril de 1881 foi suspendida a corporación e o 3 de maio restituída.
1881, xuño. Ulpiano Sestelo Veiga. Liberal. Avogado.
1884 José Mateo Otero Míguez. Faleceu en Redondela en setembro de 1884 estando no cargo.
1884, setembro. Ulpiano Sestelo Veiga. Ocupa a alcaldía ata novo nomeamento.
1884, outubro. Juan Rodríguez Bouzón. Médico natural de Cesantes. Tivo un goberno complicado nos seus inicios porque, a finais de outubro de 1884, o xulgado de Redondela dita auto de procesamento e suspensión de todos os concelleiros por desacato ao seu alcalde. Durante o seu mandato acordouse a construción da antiga Praza de Abastos.
1887 Jose María Alfaya Milijosa. Este alcalde mandou deter ao correspondente en Redondela do xornal La Escoba, de Soutomaior, polo moito que o criticaba nos seus artigos. O 4 de decembro de 1887 o Gobernador de Pontevedra suspendeu ao Concello de Redondela (agás ao seu alcalde) e ao seu secretario, despois de que un delegado investigara as súas contas.
1889 Salustiano Méndez Ponte y Andrade. Era liberal. Foi Secretario municipal, Concelleiro e Deputado Provincial. Volveu á alcaldía en 1894. Apesares de que a súa Corporación non presentou a dimisión cando llo exixiu o novo Goberno, non conseguiu máis que atrasar o seu cese.
1891-xullo. Ramón Francisco Pardo Ferro. Procesado por inxurias ao anterior alcalde. O seu nomeamento como alcalde por 4ª vez estivo precedido de abusos como a retirada das listas electorais expostas ao público. En decembro de 1892 os liberais recuperan o goberno central o que provoca que perda a alcaldía e renuncie ao cargo de concelleiro.
1893, xaneiro. Cándido Otero García. Liberal. Nado en Redondela. Chegou a ser vicepresidente da Deputación provincial, sendo en varias ocasións deputado por Redondela-Pontecaldelas. Fixou a súa residencia en Vigo, onde faleceu en 1910. En dita cidade era presidente do Casino, Vice-presidente da comisión da Cruz Vermella, e representante da compañía navieira Lloyd Real Holandés. Tiña tamén as honras de xefe Superior de Administración Civil.
1893, decembro. Salustiano Méndez Ponte y Andrade. Para ser nomeado alcalde por segunda vez, a súa incapacidade legal por temas de incompatibilidade, por ser daquela secretario municipal, foi resolta favorablemente.
1895, marzo. Luciano Fernández Gándara: Desempeñou o cargo de forma interina ata o seu nomeamento por Real Orde en marzo de 1895. Foi alcalde en dúas ocasións. Deputado Provincial. Nomeado Caballero de la Cruz de Carlos III.
Cándido Otero Foto: Vida Gallega |
Luciano Fernández. Foto: El Correo Gallego |
1895 Juan Manuel Otero Milleiro: Sobriño político do anterior. Médico. Fillo do tamén alcalde José Otero Martínez. Descubriu un desfalco nas contas do Concello. Renunciou ao cargo o 6 de outubro de 1896, alegando motivos de saúde.
1896 Luciano Fernández Gándara. Cando menos entre decembro de 1896 e xaneiro de 1897. Faleceu pouco despois, a mediados de 1898.
1897 Antonio M. Otero. Renuncia ao cargo en abril de 1897.
1897, abril. Manuel Pérez Rivas "O Corvo". Xastre de profesión. Volvería a ser alcalde en 1900 e 1909. Pertenceu ao principio ao partido conservador, seguindo despois a política de Riestra. En maio de 1898 en El Pueblo, Rafael Fontenla Pardo critica os negocios que este alcalde realiza co troco do papel do Banco de España.
J. Otero Milleiro Foto: "Antonio Ocampo. Bodas de Oro" |
Manuel Pérez Rivas. Foto: cedida por Genoveva Loureiro |
1899, xuño. Isidoro Queimaliños Queimaliños. Nomeado por Real Orde. Médico. Déuselle o seu nome a unha das rúas da vila. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/06/isidoro-queimalinos-queimalinos.html )
1900-1901. Manuel Pérez Rivas "O Corvo". En 1900 “Por motivo dunha pelexa entre un can propiedade do alcalde, e outro dun forasteiro, produciuse un escándalo na noite do xoves pasado. O alcalde ordenou a detención do forasteiro e revocouna posteriormente, ao indicarlle o cabo da garda municipal que non existía motivo para tal detención.”
1901, decembro. Avelino Giráldez Pazó. Nomeado por R. O., volvería ser alcalde en 1909. Rico propietario de Redondela, foi nomeado presidente honorario do Círculo Recreativo e presidiu colectivos como a Asociación de Beneficencia ou o Corpo de Exploradores. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/giraldez-pazo-avelino-redondela.html )
I. Queimaliños Foto "A prensa en Redondela" |
Avelino Giráldez Fot:o cedida Manuel Leirós |
1908 Buenhijo Pérez Sobrino. Procurador de Redondela, sería Alcalde en catro ocasións. Foi o gran animador das festas da Coca na primeira metade do s. XX. Director dos xornais “La voz del Pueblo” e “La Idea”, redactor de “La Propaganda” e “El Pueblo”, e correspondente de Faro de Vigo.
1909 Manuel Pérez Rivas "O Corvo".
1909, 24 de xuño. Avelino Giráldez Pazó. En febreiro de 1911 solicita o encanamento do río Alvedosa polo centro de Redondela e a modificación do seu canle nalgúns puntos.
1911 Buenhijo Pérez Sobrino. En xullo de 1911 levou aos tribunais ao semanario La Opinión por un artigo titulado Cinismo Perecino. Tras deixar o cargo, en xaneiro de 1912, fixo circular por todo o concello unha folla na que constaban todos os ingresos e gastos municipais durante o seu mandato.
1911, decembro. Antonio Perdíz Malvar. Partidario do xeneral Rubín conseguiu derrotar nas eleccións ao candidato do marqués de Riestra.
1912, setembro. Claudio Contreras y Valiñas "O Chato". Avogado. Rietrista. Nomeado Deputado provincial en setembro de 1916 o que provoca que abandone a alcaldía. Posteriormente man dereita do deputado a cortes por Redondela e Pontecaldelas, José Barreras. En 1923 nomeado gobernador da provincia de Zamora. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/claudio-contreras-politico-troca.html )
1916, 18 de outubro. Pedro Otero Milleiro. Farmacéutico. Fillo do ex-alcalde José Otero Martínez. Nomeado deputado provincial en 1923 e 1924.
1918, xaneiro. Antonio Perdiz Malvar.
1918 Ricardo Contreras Valiñas. Mestre. Irmán de Claudio Contreras, quen fora alcalde e que durante este período seguía como deputado provincial por Redondela e Pontecaldelas. Fracasou no seu intento de ser reelixido nunhas eleccións nas que os agraristas venceron con 1.036 votos por 514 dos conservadores. Desempeñou numerosos cargos: axente de contribucións, coarrendatario de contribucións na provincia, representante de Tabacaleras, mestre habilitado, vocal de Somatén...
1922-abril Buenhijo Pérez Sobrino. Conservador. Nomeado por R. O. ante o enfado dos concelleiros agrarios que eran maioría. Unha das primeiras medidas que tomou foi publicar un bando lembrando as ordenanzas municipais e ditando ordes relacionadas coa cultura, hixiene e orde no Concello. Entre elas a máis polémica era a obriga dos veciños de varrer a rúa. Dimitiu en febreiro de 1923 polo troco da situación política.
1923-febreiro-14. Luis Telmo Bernárdez Santomé. Médico. Agrarista electo con todos os votos a favor da corporación. O seu nomeamento celebrouse cun xantar nos salóns da Liga Popular ao que acudiron 200 persoas. Xefe provincial de Esquerda Republicana. Tralo alzamento do 18 de xullo de 1936, sería detido e encarcerado en Vigo, a Illa de San Simón e Pontevedra, sendo fusilado o 12 de novembro de 1936 na estrada de Campañó. Unha rúa de Redondela leva o seu nome. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/bernardez-santome-telmo-redondela-10-04.html )
P. Otero Milleiro Foto: "Ernestina Otero Sestelo pedagoga" |
Telmo Bernárdez. Foto: "Redondela, crónica dun tempo pasado" |
Golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera
1923, setembro. Manuel Otero Lago. Baixo a presidencia do xefe da garda civil de Redondela celebrouse unha sesión na que se declarou o cese da anterior corporación, encargándose do mesmo a xunta de asociados, elixíndose mediante votación: alcalde, Manuel Otero; primeiro tenente, José Benito Sobrino Portela; segundo, Hipólito Domínguez; terceiro, Ricardo Alonso; síndicos, Juan Domínguez Troncoso, e suplente, Victoriano Pérez. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/06/manuel-otero-lago-xisma-vilavella.html )
1923-outubro-02. Casimiro Movilla Rodríguez. Agrarista. Anteriormente desempregara unha gran labor na Sociedade Agraria de O Viso, parroquia que o vira nacer. En decembro dese mesmo ano deixou o cargo porque emigrou a Brasil. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/movilla-rodriguez-casimiro-o-viso.html )
Casimiro Movilla. Foto: Vida Gallega |
1924-xaneiro-16. Saturno Cal Muíños. Fotógrafo e agrarista. En xullo de 1924 trasladouse a Madrid co delegado gobernativo para xestionar entre outras a canalización do río Alvedosa e o novo cárcere. Entre os seus logros estivo a construción do matadoiro. Tamén actuou como mediador na redención dos foros. Previamente, fora un dos concelleiros que o 14-2-1923 elixiron a Luis Telmo Bernárdez como alcalde trala dimisión de Buenhijo Pérez Sobrino.
1930, febreiro. Manuel Florentino Pereira Míguez, agrarista. Desempeña a Alcaldía interinamente como concelleiro de máis idade ata o nomeamento dun alcalde.
1930, abril. Luis Juan Pereira Míguez, agrarista. Foi o último alcalde monárquico pero ao final do seu mandato estaba máis preto da ideoloxía republicana. Farmacéutico. Faleceu o 6 de xuño de 1937, por mor das torturas recibidas tralo inicio da Guerra Civil.
Proclamación da II República. 14 abril 1931
Días antes da proclamación da II República, en Redondela xa se constituíra a corporación municipal con 14 republicanos e 6 socialistas.
1931-abril-15. Pedro Otero Sestelo, agrarista elixido de forma interina. Boticario. Fillo do tamén alcalde Pedro Otero Milleiro e pai de Pedro Otero Rey. Deputado provincial. Foi o presidente fundador do equipo de fútbol Redondela F. C., construíndo o primeiro campo de fútbol de Redondela no pazo de Petán. O 10 de agosto de 1932, presentou a súa dimisión por desempeñar á praza de Inspector Farmacéutico.
1932-agosto-17. Florencio Soto López (Vilavella, 1900-1975). Perito agrónomo. Xa viña exercendo de alcalde de forma interina cando, en xullo de 1932, asistiu a unha asemblea de redacción do Estatuto Galego convocada polo alcalde de Santiago. Un dos problemas aos que tivo que facer fronte foi un temporal que, en setembro, anegou Redondela e causou danos en tódalas parroquias. Deixou o cargo porque o Goberno mediante Decreto suprime as corporacións elixidas sen confrontación electoral.
1933-xaneiro-27. Serafín Alonso Veiga, elixido trala constitución dunha Comisión Xestora, rematando o seu mandato por unha denuncia feita por Serafín Dacosta Paz, alegando irregularidades na formación da Comisión. Solicitou ao Ministro de Facenda a suspensión dos embargos ou a prorroga do abono das contribucións porque os danos ocasionados por unha tormenta provocara que moitos veciños non puideran facer fronte aos pagos.
1933-abril. Joaquín Pais Llorens. Alcalde interino ata ás novas eleccións. Era mestre e daquela director da escola graduada de Redondela.
J. Pais. Foto: "Antonio Ocampo. Bodas de Oro" |
1933-maio-10. Manuel Joaquín Martínez Vidal, alcalde interino tralas eleccións por ser o concelleiro electo por maior número de votos (por ausencia de José Ramón Vidal Ramón) ata o nomeamento do alcalde.
1933-maio Serafín Dacosta Paz "O Marqués", carpinteiro. Resultou elixido pola nova Comisión Xestora. Foi destituído por non apoiar a actuación das forzas públicas nas folgas de Asturias.
Estado de Guerra polas folgas de Asturias,1934
1934-outubro-31. Buenhijo Pérez Sobrino, procurador da vila e correspondente de Faro de Vigo. Preside unha Comisión Xestora formada unicamente por concelleiros de dereitas despois de ser destituída a corporación anterior.
1936-xaneiro-3. Florentino Pereira Míguez chega ao cargo trala orde do Gobernador Civil de crear unha nova Comisión Xestora.
1936-febreiro-21. Serafín Dacosta Paz. Reponse o goberno deposto en 1934 tralo triunfo da coalición de esquerdas Frente Popular nas eleccións xerais. O 26 de febreiro a corporación municipal denega a creación dun viveiro de ostras na Punta Sorbeiro, o que suporía a privatización de 24.000 metros cadrados de costa. O 16 de maio acórdase nun pleno solicitar ao Estado a cesión do Convento de Vilavella e do terreo da mariña.
Golpe Militar do 17 de Xullo de 1936 (inicio da Guerra Civil)
1936-xullo-21. Heliodoro Rivas Rivas "Rivitas" (Vigo). Nomeado polo Comandante Militar de Vigo.
1936-xullo-27. Francisco Cunqueiro Montenegro "don Pancho". Médico nado en Santiago e casado en Redondela. Nomeado polo Gobernador Civil. Unha das súas primeiras medidas sería destituír ao persoal laboral que secundara a folga xeral do 20 de xullo.
Heliodoro Rivas. Foto: "Redondela, crónica dun tempo pasado" |
F. Cunqueiro: Foto: cedida familia de Dula Reboredo |
1936-Novembro-30. José María Izarzugaza de Velasco "El Vasco" Nomeado pola Autoridade Militar.
1938-Maio-19. Cándido Martínez Esteiro. Nomeado pola Autoridade Militar.
1940-Xaneiro-29. Juan Muíños Iglesias "Bistec" (Redondela). Avogado. Elixido por “orde da Superioridade”. Primeiro xefe da Falange de Redondela. Recibiu varias condecoracións pola súa participación na “Guerra de liberación”, primeiro como voluntario da 2ª Bandera de FE de Pontevedra, e posteriormente como oficial. Tamén recibiu a Cruz de Caballero de Cisneros polos “servizos prestados á causa”. Repetiu no cargo en 1951.
1943-Novembro. Raúl Carlos Gunche López. Nomeado por orde do Gobernador Civil.
1948 Ulpiano Rodríguez Villarino. (Raigada-Pobra de Trives(Ourense))
1949-Marzo-20. Francisco Cunqueiro Montenegro. Por decisión da Superioridade.
1951-Setembro-07. Juan Muíños Iglesias. Repite no cargo. Nomeado polo ministro de Gobernación a proposta do Goberno civil de Pontevedra. En 1952 iníciase a construción do Concello e a Praza de Abastos.
1966-Marzo-11. Pedro Otero Rey. (Redondela). Médico e deputado provincial. Fillo, neto e bisneto dos tamén alcaldes Pedro Otero Sestelo, Pedro Otero Milleiro e José Otero Martínez.
Primeiras eleccións municipais democráticas, 1979
1979-Abril-19. Xaime Óscar Máximo Rey Barreiro (Carucho) (Redondela, 16-04-1938). Mestre de EXB. Electo con Unidade Galega na primeira lexislatura e co PSOE reelixido con maioría absoluta en 1983, 1987 e 1991 e con maioría simple en 1995 o que o levaría a perder a Alcaldía por mor dunha moción de censura. Foi elixido senador entre 1993 e 1997 despois de encabezar a lista do seu partido pola provincia de Pontevedra.
1996. Amado Ricón Virulegio (Redondela, 1933). En 1958 emigrou a EEUU onde exerceu como catedrático de Literatura Española na Universidade de New York. En 1995 presentouse como candidato do PP, accedendo ao cargo despois dunha moción de censura. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/amado-ricon-virulegio-redondela.html )
1999- Xaime Ó. Rey Barreiro. Regresa á Alcaldía grazas aos pactos con BNG e EU nas eleccións de 1999, 2003 e 2007. Renunciou a presentarse no 2011, afastándose da política e cedendo a dirección local do partido a Eduardo Reguera.
2011-06-11. Javier Bas Corujeira (Redondela, 1963). Do PP. Licenciado en Ciencias Empresariais traballaba como director da sucursal de Redondela de Caixa Galicia cando foi elixido alcalde. Reelixido no 2015. Sería derrotado nas eleccións do 2019, sendo nomeado catro meses despois Deputado a Cortes.
2019-7-15. Digna Rivas Gómez. (Trasmañó). Do PSOE, chegou ao goberno en coalición con AER. Primeira Alcaldesa de Redondela.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.
As vilas de Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada: Xoán Miguel González Fernández. Ed. Concello de Redondela.
Caderniños do Instituto de Chapela. Coordinador: X. M. González Fdez. Nº1. As festas do Corpus en Redondela (1875-1975).
Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Catastro de Ensenada de Redondela, Vigo e Cedeira (1752).
SEREN
Nº1. Apuntamentos para o estudo do levantamento de 1846 en Redondela. Carlos A. Antuña Souto.
Nº3. Os Eidos: “A vila dos mortos”. J. A. Orge Quinteiro.
Redondela y Vigo frente a la luctuosa y el diezmo eclesíastico: la sentencia arbitral de 1494. José Martínez Crespo. Cuadernos de Estudios Gallegos. Nº 113 (2000). Páx. 137
España_sagrada_theatro_geographico-histórico de la Iglesia de España. Tomo 23. Enrique Flórez. Madrid, 1799.
Internovas. Historias de Redondela (http://www.ipdca.com/internovas/). Redondeláns para a historia: Ramón Martínez Saco. X. Miguel González
Comunicaciones al XV Congreso Internacional de las Ciencias genealógíca y heráldica- Volumen 1. Escrito por Instituto Salazar Y Castro.
Algunos temas gallegos. Vol. 2. Andrés Martínez Salazar. Elena Martínez Morás. Real Academia Gallega, 1981.
La hacienda arzobispal compostelana: libros de recaudación (1481-83 y 1486-91). Escrito por Mercedes Vázquez Bertomeu
Arquivo da Catedral de Santiago:
(USC>1831-1841 Pruebas de limpieza de sangre de Pedro Couñago, natural de la villa de Redondela, opositor a una beca teóloga del Colegio de Fonseca, destinada a los naturales del obispado de Tui).
(USC>PROTOCOLOS, S- 289)
Fol. 184. (1507, mayo, 7) (USC>PROTOCOLOS, S- 2/Registro 1506-1521)
(USC>PROTOCOLOS, S- 34/Registro de Escrituras.1525)
(USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela>Páx. 62, 134)
(USC>Clero 66>Mayordomía de Redondela)
ABC: http://www.abc.es/hemeroteca
La Vanguardia (dende 1881): www.lavanguardia.es/hemeroteca
En http://www.csbg.net/ :
El Correo de Galicia (Bos Aires), El Correo de Lugo, La Correspondencia de España, Diario de Galicia (Santiago), El Eco de Galicia (Coruña), El Progreso (Pontevedra), Gaceta de Galicia (Santiago)
Na www.hemerotecadigital.bne.es
El Globo (Madrid), El Siglo Futuro (Madrid), El Correo Español, La Época (Madrid), El Correo Militar, La Iberia, El Día (Madrid), El Heraldo de Madrid
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Ejemplo Diario de La Coruña, El Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego, Arquivo do Reino de Galicia...
Museo de Pontevedra-Fondo Casto Sampedro: Acordos do Concello de Redondela (1708). Sampedro 65-20 Pesca y Mareantes. Redondela (1761)...
Los Colegiales de Fonseca. Antonio Fraguas y Fraguas. Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos, 1958
Deputación de Pontevedra https://atopo.depo.gal =>Tres censos en Redondela (1605). 1750 Visitas ás reais devesas e plantíos da antiga Provincia de Tui. Redención de censo ás monxas de Redondela (1812). Contas de propios e arbitrios xurisdicción de Redondela Nova. Contas municipais do concello de Redondela (Varios anos). Expediente de eleccións municipais. Redondela (1841), Novo arranxo e establecemento dos Reais Plantíos e Devesas nos pobos das xurisdicións de Redondela, Vilavella, Saxamonde e Cedeira (1792). Visitas ás reais devesas e plantíos da vila e xurisdición de Redondela (1785). Expediente de eleccións municipais. Saxamonde (1836), Contaduría de propios e arbitrios. Redondela Nova. Voluntarios realistas (1827)...
Breogán Amoedo: https://gw.geneanet.org/breogan?lang=en&pz=breogan&nz=amoedo+villanueva&ocz=1&p=d.juan+francisco&n=ochoa+puga+quinones+araujo
PARES Portal de Archivos Españoles http://pares.mcu.es =>Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Villavieja de Redondela (Mos, Tuy), efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario