Nado en Redondela en 1852, emigraría a Villa María, provincia de Córdoba, Arxentina, en 1868 para empregarse na casa comercio do seu amigo Joaquín Pereira Domínguez, natural de Soutomaior. Pouco despois abriu os seus propios almacéns baixo o nome “La Abundancia”. Involucraríase en tódolos campos da sociedade da nacente vila de Villa María. Exercería de xornalista en El Sol, primeiro xornal de Villa María, do que se convertería en director e propietario en abril de 1884. Membro da xunta consultiva do Banco de la Provincia de Córdoba, primeira entidade bancaria en instalarse en Villa María en 1882. Actúa como vogal no Club Progreso, primeiro en fundarse na comarca. Vicepresidente da primeira empresa de transporte público, tranvía a cabalo. Forma parte da comisión para erixir un templo parroquial. Concelleiro electo en varias ocasións, por iniciativa súa mercouse o edificio que se empregaría de lazareto durante a epidemia de cólera morbus que asolou aquela zona entre 1886 e 1887. Foi tesoureiro na primeira directiva da Sociedad Española de Socorros Mutuos de Villamaría fundada en 1890.
Moi preto daquel punto fundou a vila de La Playosa. Rexistrouse oficialmente o 1 de xullo de 1904, se ben se considera que a fundación tería lugar en outubro de 1903. Hoxe en día esta poboación conta con algo máis de 2.000 habitantes. Como recoñecemento adicáronlle unha rúa e erixíronlle un busto ante o que aínda se conmemora o día da súa fundación. Ademais converteuse en benefator de Villa María, como así llo recoñeceu o xornal “La Lucha” en xullo de 1910 por medio dun artigo acompañado da súa foto.
Homenaxe 2007. Foto: El Diario de Córdoba |
Despois estableceríase en Córdoba (Arxentina) como director do Banco Español del Río de la Plata. Apesares disto, en 1906 formou parte en Villa María da comisión por Hospital Pasteur. Nunca se esqueceu do seu lugar de nacemento, dándolle á casa onde pasaría a súa vellez o nome de “Villa Redondela”.
A súa filla, María Teresa Fernández Vogino, tamén entraría a formar parte da historia de Arxentina ao casar con Enrique Martínez Berrotarán, quen foi vicepresidente de Arxentina e que ocupou a presidencia interinamente.
(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/martinez-berrotaran-enrique-cordoba.html )
Ver tamén Redondeláns en Villamaría https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/12/redondelans-en-villa-maria-arxentina.html
BIBLIOGRAFÍA
http://www.editoriallahoja.com.ar/lahoja/nota.asp?nid=372
La Idea 1910
19270510 Vida Gallega
19281010 Vida Gallega
19280923 El correo de Galicia (ARX)
Enrique Martínez en http://es.wikipedia.org
La Historia Y Sus Protagonistas 4 por WFXGroup.com.ar. 01 El Diario ■ Villa María, JUEVES 23 de abril de 2015 ■ NUMERO IV VILLA MARIA, CAPITAL FEDERAL, OTRA HUBIERA SIDO LA HISTORIA NUMERO IV Villa María, Capital Federal por Ruben Rüedi IV
No hay comentarios:
Publicar un comentario