 |
| Foto: José Suárez, 1869- BNE |
Progresista e
republicano comezou a súa andaina política sendo derrotado en 1846
ao presentarse para deputado a cortes por Pontecaldelas. Resarciuse
ao ano seguinte sendo elixido Deputado ás Cortes por Ponteareas
(1847-50). Neste periodo instrúese un proceso contra el,
acusado de “haber dirigido en el mes de agosto de 1848 una
proclama a los habitantes de Galicia y al ejército, incidiéndole a
la rebelión contra el gobierno instituido”. Para o bienio
progresista (1854-56) é elexido Gobernador Civil de Pontevedra.
Non termina o seu mandato porque ao pouco de ser nomeado, a protesta
da súa actuación por máis de 300 vigueses, en representación dos
diversos estamentos sociais e económicos da cidade olívica,
provocan a súa destitución.
Sería preso o 19
de maio de 1868 no cárcere de San Antón, acusado de conspiración
por reunirse o ano anterior co xeneral Prim en Londres. Estaban a
preparar a Revolución de 1868, máis coñecida como a Gloriosa.
Coa vitoria de Prim e o pronunciamento da Coruña o día 29, sería
posto en liberdade, presidindo a Xunta de Goberno daquela cidade.
Esta xunta sería substituída ao día seguinte polo que non chegaría
a exercer dito cargo.
En 1868 a proposta
dos veciños adícanlle unha rúa en Ourense. Ao ano seguinte é
nomeado Governador Civil de Zamora (1869-71). O 30-10 de 1869
foille concedida a Gran Cruz de Isabel La Católica, en
cumprimento da lei vixente e votada polas cortes constituíntes.
Rexeitou outras distincións como a Cruz de Carlos III, que en
1871 lle ofreceu o Ministro de Estado, por ser concedidas por
iniciativa dun cargo público e non darse as condicións na elección
que se daban na anterior.
En marzo do 1871 accede ao cargo de Deputado a Cortes por
Redondela, deixándoo en agosto por ser nomeado Enviado
Extraordinario e Ministro Plenipotenciario no Imperio da China e nos
Reinos de Siam e Annam. A resultas das viaxes propias do seu
cargo recibe o Gran Cordón, concedido pola Coroa de Siam, e
publica en 1883 Los Países del Extremo Oriente, libro que
amosa os costumes, paisaxes e tradicións destes pobos. Dise que no
antigo Casino de Redondela existía unha foto na que podía verse a
Juan Manuel Pereira sobre un elefante branco. O máis probable é que
fora un debuxo que aparece no libro.
 |
Debuxo extraído de "Los países del Extremo Oriente".
|
Neste período
sería nomeado Senador por Pontevedra (1871-1872) e Ourense
(1872-1873), cargos que non exerceu por atoparse fóra de España.
Trala abdicación de Amadeo I de Saboia, renuncia como embaixador,
non sendo admitida durante o goberno de Estanislao Figueras (11-2 ao
11-6-1873).
Coa
chegada da I República, en 1873 volvería
a ser elixido
Deputado a Cortes por Redondela,
sendo agora sí, admitida a súa dimisión na embaixada. En
1875, coa restauración da dinastía borbónica, retírase da vida
política fixando a súa residencia en Ourense e pasando os veráns
no Pazo de Reboreda. Faleceu na súa casa de Barbañas (Ourense) aos
76 anos, sendo enterrado en Reboreda.
En 1931, durante a
II República, adicóuselle unha rúa en Redondela. En 1962 Otero
Pedrayo publicaría a novela O Señorito da Reboraina baseada
na súa vida.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Seren
Nº0. Un
achegamento á figura histórica de Juan Manuel Pereira, “Señorito
da Reboraina”. Juan Miguel González Fernández.
Nº1. Apuntamentos
para o estudo do levantamento de 1846 en Redondela. Carlos A.
Antuña Souto.
Unidade didáctica. Persoas que dan
nome as rúas e prazas de Redondela. Xosé Manuel Moreira
Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)
O
Señorito da Reboraina. Ramón
Otero Pedrayo
O
enamoradeiro fidalgo da bulsa sempre aberta. Ramón
Otero Pedrayo. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión
de fiestas de la Coca.
Biblioteca
Nacional de España
Hola, he llegado hasta este artículo porque estoy haciendo una investigación sobre mi familia de Tui. Uno de mis ancestros se llamaba Ramón Pereira (Pereyra) Nuñez, y su padre Manuel Pereira. Quisiera saber si Manuel Pereira, el de esta publicación es su padre? entre otras cosas porque coinciden localizaciones, profesiones.. Gracias
ResponderEliminar