|
Aspecto actual da Igrexa de San Xián de Marín obra de Pedro González. Foto: Bene Riobó, 2012 |
Seguindo coa busca de antigos artesáns de
Redondela, despois dos imaxineiros (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/01/imaxineiros-ebanistas-de-redondela.html
)
e os prateiros
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2023/12/rua-prata-cara-1930-foto-otto-wunderlich.html
),
chega a quenda dos canteiros. Como nos casos anteriores é moi
difícil atopar datos pero algún vai aparecendo.
XVI
Duarte Fernández.
En 1585 despois de realizar
obras no mosteiro de San Martiño, este canteiro veciño de
Redondela, xunto co tamén canteiro Juan de Ramírez, deben desfacer
unha parede no cuarto da xente de servizo e volver a facer cimentos.
Blas González.
Mestre canteiro encárgase da
obra da igrexa de Santa María de Reboreda. Con el traballa Juan
Noble, tamén canteiro e veciño
de Redondela.
Pedro González.
O veciño de
Redondela Pedro González foi un reputado canteiro do seu tempo.
Apesares da dificultade que supón atopar información daquela época
ata o de agora descubrín varias obras realizadas por el.
Entre 1575 e
1576-07-28
percibe cartas de pago de Juan de Mondragón, racioneiro de Santiago,
cumpridor da ánima e testamento do defunto cardeal Juan de
Mondragón, pola construción da igrexa de San Xián de Marín.
En
1582 atopamos o pago da obra dunha igrexa de Domaio: “Remate
hecho por el canónigo Juan Abráldez, obrero de la iglesia de
Santiago, de la cuarta vacante del beneficio de San Pedro de Domaio
en Pedro González, vecino de la villa de Redondela, por una suma de
diecisiete ducados”.
Entre 1588 e 1594
realiza a capela de Nuestra Señora dos Dores (antes coñecida mo de
Santa Catalina, Nuestra Señora da Anunciación e a Concepción) no
Convento de San Francisco de Pontevedra. Esta capela construída en
estilo renacentista, sería mandada levantar polo rexedor de
Pontevedra Antonio García Rajoo.
O último que
sabemos del é que aínda constaba como canteiro veciño de Redondela
en 1611.
SXVII
Juan
Alonso.
Canteiro, veciño de Redondela e natural da freguesía de San Martiño
de Basiláns, no término de Barçelos (Portugal), citado nun poder
de 1669.
S.
XVIII
Pedro Solla.
Canteiro do s. XVIII que pode estar detrás da construción da Ponte
de Solla (Chapela).
Domingo
Pereira. Canteiro
de Cedeira, que en 1774 o Procurador Xeral
do Mar, Antonio Amoedo, contratou para construír
unha ponte na vila, que ese mesmo inverno tería que ser reparada por
mor dun asolagamento.
Outros
canteiros desta época serían:
Mathias
Campana. Canteiro citado
no Catastro de Ensenada
de Saxamonde.
Jacob Castellano.
Canteiro citado no Catastro
de Ensenada
de O Viso. Dono
de 2 colmeas.
Martín de
Couñago. Canteiro
citado no Catastro de Ensenada de Reboreda.
Dono
de 1 muíño.
Andrés Estévez.
Canteiro citado no Catastro
de Ensenada de Reboreda.
Dono de 1 colmea.
Bartholome Garzia. Canteiro citado no censo de
Redondela de 1762.
Santiago
García. Canteiro citado no
Catastro de Ensenada de
Reboreda.
Martin
Vidal. Canteiro
citado no Catastro
de Ensenada de O Viso. Dono
de 2 colmeas.
S.
XIX
Bertoldo
de Xeve.
Non temos constancia da súa existencia real, tan só citado nun
artigo de José
Fontela Cal
como autor da
Fonte de
Santiago
Apóstolo (Pz.
Santiago Apóstolo)
no
que conta que,
despois de medio ano de traballo, Bertoldo de Xeve rematou un
Santiago Apóstolo
ecuestre, labrado nun granito traído exprofeso
das canteiras do Ulló en Arcade. Cando amosou o traballo aos seus
compañeiros, estes ríronse del porque lle “faltaban
as espuelas". Humillado
ese mesmo día aforcouse na pensión na que paraba.
Miguel
Acuña
Mestre
Canteiro comproba o estado dunhas obras, 20-9-1846.
Antonio Díez
Citado
como canteiro nos anos 1879-1980-81-84
do
Anuario-almanaque
del comercio, de la industria, de la magistratura y de la
administración.
Juan
Fontán.
Mestre
canteiro veciño do Viso, que en 1842 se encargou do
empedrado
e dos bancos
da actual
Praza
Constitución, ademais dos garda-rodas,
ponte
e
paredes
da praza
da
peixería.
Por
esa época tamén se encargou de encalar o cárcere. En 1843
encargouse da cavada desde o hospital ata Pousadouro.
|
O único dos bancos realizados por Juan Fontán que se conserva. Foto: Juan Migueles
|
Benito
González
(Cesantes)
"El
Mayordomo
de propios de Redondela entrega a Benito
González maestro cantero vecino de la fra. de Cesantes 260 reales en
que ajustó con este ayuntamiento bajar las piedras que arrojó el
Rayo desde la torre del reloj en el techo del coro de la Yglesia de
esta villa, de gn. ...1 de febrero de 1806."
Román
da Veiga.
Canteiro
veciño
de Saxamonde que,
en 1806,
cos
seus
oficiais
repuxo
a ponte que derruíu
a riada no
sitio do
Canto
da Torre
en
Redondela.
Manuel
Vidal "Daniña".
Canteiro
do Viso que faleceu xa
ancián na década dos 20 do século
pasado. Obra súa
é a zona vella do cemiterio do Viso e
tamén as
sepulturas e tampas esculpidas que se expoñen no adro da igrexa
parroquial. Ademais foi un músico
virtuoso, tocando a
gaita e o clarinete. A súa descendencia
aínda é coñecida
como “Os do Gaiteiro”.
|
Fachada da reitoral do Viso con obras de Manuel Vidal. Foto: Juan Migueles
|
S.
XX
O
gremio de canteiros atopábase organizado a principios do século XX
baixo a denominación Sociedad
de Canteros.
A
directiva de 1924 estaría formada por: presidente, Luis Álvarez
Carballo, vice, José Martínez Gil; secretario, Manuel Moreira;
vice, Paulino Gómez; contador, Avelino Vidal; tesoureiro, Manuel
Orge; vocais: Manuel Diz, Antonio González e Antonio Pérez.
En 1927 Manuel García representaba a este colectivo nunha asamblea
para tomar medidas contra a proposta de suprimir o xulgado de
Redondela. Dous
anos
despois tomou
posesión un
novo presidente, Manuel González Narciso. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/colectivos-e-asociacions-ata-principios.html
)
Antonio Amoedo Castro e Jesús
García Graña (Negros)
En
1924 unha disputa entre estes veciños de Negros por
rivalidade
do oficio
rematou
co
primeiro
con feridas
graves
na cabeza producidas cunha regra
de canteiro. Un
mes despois por
orde xudicial ingresou no cárcere do partido, Jesús García Graña.
Salustiano Bernárdez Martínez
(Reboreda)
En 1965 restaurou
o Cruceiro de Pousadouro e o Cruceiro do Alto do Viso que foran
derrubados por impactos de vehículos. Construíu en 1990 o Cruceiro
do Parque do Loureiro, se ben a cruz é obra de Eladio Martínez
Arosa "o Mudo", canteiro de Bértola (Vilaboa).
Julio Bouzas Gallego
Canteiro que formaba parte da directiva da da Casa del Pueblo en
xullo de 1936. Tamén pertenceu ao Grupo
Masónico Alvar Yáñez nº 145.
Florentino Carloto
Canteiro,
de 19 anos, natural de Redondela, que procedente de Lisboa, en
1908, foi
recollido dun tren
en
grave estado
e ingresado no
hospital de Valença.
Antonio Corbal
(Chapela)
Estando
traballando con
outros tres
canteiros nunha obra en Cedeira, alcanzouno
un raio.
Contaba daquela
40 anos, estaba
casado
e con catro fillos.
Resultou ferido grave, con
grandes queimaduras especialmente no ventre. Os seus compañeiros
saíron ilesos, apesares
de quedar
cegados e desorientados nos primeiros intres.
Enrique Freaza (Reboreda)
Realizou
nos anos 60 a cruz do Cruceiro do Xogo dos Bolos de Reboreda, que hai
poucos anos foi esnaquizada.
Ignacio García e Casimiro
Ogando Cal
Canteiros
procedentes
da Lama e asentados no Viso. Realizaron,
entre 1915 e 1920, o Cruceiro
da Peneda,
o
Cruceiro do
Alto do Viso e
o Cruceiro da Mina.
José García Vidal
(Rebordelo-Cotobade,
16-5-1829 / Redondela, 27-4-1905)
Canteiro asentado en Redondela a onde probablemente chegou para
traballar na construción do viaduto de Ourense. Axiña converteuse
no principal contratista do concello realizando numerosas obras
públicas.
Ademais de arranxar numerosas rúas e pontes: En 1876 construíu o
primeiro matadoiro da vila e en 1885 o cemiterio civil. En 1886
concedéuselle a construción da antiga praza de Abastos. As obras
comezaron o 3-4-1887 e remataron o 24-3-1888. Prodúcese daquela a
reclamación dos 3 médicos da vila por taparse 7 dos 15 ollos da
ponte de Lima e impedir a entrada das mareas, non contando o proxecto
con estudos técnicos ao respeto e padecer numerosos defectos
lexislativos. Isto provoca o retraso da súa inauguración ata o 25
de xullo de 1891.
En
Redondela tamén son da súa autoría varias casas nas rúas Telmo
Bernárdez, Eidos e Alfonso XII.
Non
se limitou ao noso concello e outras vilas realizou obras como o
acceso que unía a estación de Guillarei (Tui) coa estrada nacional.
Xunto
a Antonio
Garrido
Otero e Abdón Pérez Martí,
consegue
no mes de xuño de 1892, en pública poxa,
as obras de cantería do novo manicomio de Conxo,
baixo o nome "José
García Vidal y compañía".
Cándido Mouriño Lago (Reboreda)
En
1953 realizou o Cristo da Carreteira, o Cristo de Abaixo e a cruz do
Cruceiro de Santo Paio en
Reboreda.
Manuel Otero Lago.
En
1911 concédeselle o
título de canteiro.
Manuel
Rey Soto
(Xeve-Pontevedra
/ Redondela,25-9-1938)
Canteiro
citado nunha relación
de militantes de Izquierda Republicana
e
que chegaría a ser tenente alcalde de Redondela durante a II
República.
Trala
golpe militar do 36 estivo fuxido e cndo se normalizou a situación
volveu a Redondela, onde permaneceu uns días preso no cárcere
municipal.
A
fachada da súa casa na rúa Isidoro Queimaliños deixa constancia da
súa habilidade na labra fina, pero en Redondela exerceu máis como
marmorista construíndo as escaleiras para varias casas de familias
adiñeiradas.
|
Fachada da casa de Manuel Rey Soto. Foto: J. Migueles
|
Gerardo Senra Vilas (Saxamonde)
En 1973 realizou
o Cruceiro do Adro da Igrexa de Quintela e , en 1982, o cruceiro da
Alfóndega. Tamén reconstruíu o Cruceiro do Torreiro de Vilar de
Infesta, en 1980, que fora derrubado por un camión. Na súa casa no
Alto dos Valos podemos apreciar un cruceiro e varias obras da súa
autoría.
|
Varias obras na casa de Gerardo Senra. Foto: J. Migueles
|
Manuel Sobrado
Obra súa é o Peto
de Ánimas da Carretera (Cedeira), realizado en 1940.
Soliño
Empregado do
Concello que en 1975 realizou o Cruceiro da Alameda aproveitando como
fuste unha columna traída do parque infantil da propia alameda.
Tamén e seu o traballo da escultura de Blanco Amor, que o "autor"
se limitou a marcar na pedra. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/esculturas.html
)
Jose Antonio Sueiro
Obra súa é o
retablo do Peto de Ánimas do Cemiterio dos Eidos (1992), que
substituíu ao antigo de madeira que foi roubado.
Enrique Vilas Alonso (Cedeira)
Canteiro que fora concelleiro de Redondela cando menos entre 1955 e
1960. Tamén formou parte da primeira directiva da Sociedade de Caza
e Pesca de Redondela en 1929. En 1964 realizou o Cruceiro da Granxa
da Ponte de Lima (ou de Don Pancho), a excepción da cruz coas imaxes
que foi mercada nas inmediacións de Pontevedra. Encargouse da
canteiría da Casa do Concello.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Redondela,
crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro
franquismo.
Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002
Arredor
de nós. Historia da Policía Local 1863-2003.
Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure.
As
vilas de Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada:
Xoán Miguel González Fernández. Ed. Concello de Redondela.
O
cemiterio dos Eidos da vila de Redondela.
Xosé Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela, 2022.
SEREN Nº2. Cruces,
cruceiros e petos de ánimas no concello de Redondela (2ª parte)
Carlos
Alberto Antuña Souto, José
Antonio Orge Quinteiro )
SEREN Nº4.
Cruces,
cruceiros e petos de ánimas no concello de Redondela (3ª parte)
Carlos
Alberto Antuña Souto,
José
Antonio Orge Quinteiro
SEREN
Nº5. Cruces,
cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela (4ª parte e
derradeira)
Carlos
Alberto Antuña Souto,
José
Antonio Orge Quinteiro
Seren
nº5
Apuntes para la
historia del convento y comunidad de San Francisco de Pontevedra.
Prudencio Leza Tello e Pilar Pérez Fermoso. Archivo IberoAmericano
74, nº 277-278 (2014): 141-505.
Arquivo
do Marqués de Mos
Catastro
de Ensenada de Saxamonde,
O
Viso
e Reboreda.
Arquivo
da Catedral de Santiago
Deputación
de Pontevedra >
atopo.depo.gal
>
Contas
de propios e arbitrios xurisdición de Redondela Nova (1805)
(1806),
Contas municipais. Concello de Redondela (1841-1843) (1842) (1844).
Poder
outorgado para reclamar unha herdanza (1669). Fondo
Casto Sampedro-MuseoPontevedra
1879-1980-81-84
Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y
de la administración
Expediente de
comprobación de bienes, rentas y cargas de la villa de Redondela
(Redondela, Tuy), efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el
establecimiento de la Única Contribución.
http://pares.mcu.es/ParesBusquedas20/catalogo/description/6088757?nm
Galiciana
=> El Pueblo Gallego, El Diario de Pontevedra, La
correspondencia gallega,
El Correo de Galicia
La
Voz de Galicia
Xornais
locais => La Opinión, Tramancazos
Aportes:
José Luis Cofán