|
1938. Na foto aparece alguén de Redondela sen identificar. Arquivo Luis Pereda |
O 18 de xullo de 1936 produciuse un golpe de estado militar que
provocaría a chamada guerra civil española que remataría coa
vitoria do bando nacional en 1939. Como consecuencia España veríase
gobernada polo réxime fascista do xeneral Franco ata o falecemento
deste en 1975. En Galicia, apesares de atoparse lonxe da fronte,
exerceuse
unha gran represión. O proxecto Nomes
e voces
(http://vitimas.nomesevoces.net)
ten
recollidos 4.699 mortes, de todas estas vítimas tan
só
1.466 foron fusiladas despois dun xuízo sumarísimo. Redondela
non
foi allea aos
asasinatos, detencións, torturas, humillacións públicas (entre
elas raparlle a cabeza ás mulleres e medio bigote aos homes e
facelos desfilar pola rúa principal)
e demais
vexacións que
levaron a moitos redondeláns ao exilio.
A todo isto habería que engadir as consecuencias dunha posguerra que
trouxo consigo anos de carencias e fame.
A
illa de San Simón foi un campo de exterminio. Unha
parte importante das mortes foron por enfermidades producidas e
agravadas pola mala alimentación e as malas condicións hixiénicas.
Tan
só hai constancia de que se fusilara unha vez na illa. O que se
facía era sacar os presos e axustizalos,
deixándoos tirados nas cunetas das estradas de Vigo e Pontevedra. O
fin que se buscaba e
que os atoparan as leiteiras e vendedoras de peixe ben
cedo e
espallaran pronto o medo polas vilas. Tan só no alto da Concheira
foron asasinados ata vinte homes e unha muller. Os mortos foron
tantos que o cemiterio de Eidos axiña quedou pequeno, levándose os
corpos a enterrar a Vigo. O
camión da fábrica de cepillos de Ferrín era empregado para estes
“paseos” e os falanxistas redondeláns que os realizaron nunca
serían xulgados polos seus crimes e abusos de autoridade.
Para afondar neste negro período da historia do concello de
Redondela remítovos aos libros publicados por Gonzalo Amoedo e Gil
Moure que atoparedes na bibliografía. Dadas as limitacións de
espazo do blog neste apartado limitareime a amosar listas de
falecidos e detidos da nosa vila dos que teño constancia.
Fusilados,
"paseados" e torturados ata a morte.
Están
incluídos nesta relación os redondeláns enterrados na fosa común
do cemiterio de Eidos, no que repousan 42 republicanos.
Bernárdez
Santomé, Luís Telmo.
Natural e veciño de Redondela, de 51 anos, fillo de Basilio e
Cándida, médico e Xefe Provincial do partido Esquerda Republicana,
casado con Isabel Gómez Costas. Condenado
a morte e fusilado na Caeira o de de novembro de 1936. Enterrado en
Eidos.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/bernardez-santome-telmo-redondela-10-04.html
)
|
Telmo Bernárdez Faro de Vigo 2015 |
Bouzón
Sobral, José, de 26
anos, naceu o día 1 de abril de 1910, natural e veciño de Cesantes,
Redondela, fillo de Dores, camareiro, casado con Concepción Vidal
Táboas, apareceu morto a tiros en Soutoxuste, o 12 de outubro de
1936. Enterrado en Eidos.
|
José Bouzón Sobral. Foto cedida por JM Bouzón |
Cabaleiro
Amoedo, Antonio, de 26
anos, naceu o día 23 de febreiro de 1911, na parroquia de Cabeiro.
Labrador, fillo de Emilia, sería torturado e morto a tiros en
Cabeiro, aparecendo no Alto da Concheira o 16 de febreiro de 1937.
Enterrado en Eidos.
Cabaleiro
Amoedo, Emilia, de 54
anos, naceu o día 19 de agosto de 1882, sendo natural de Cabeiro,
Redondela. Labradora, filla de Manuel e Antonia, sería torturada e
morta a tiros en Cabeiro, aparecendo no Alto da Concheira, o día 16
de febreiro de 1937. Enterrado en Eidos.
Gómez
Casal, Jesús “Pincho”.
Natural de Redondela e
veciño de Reboreda. Foi
preso en 1936, por delito de rebelión militar, morrendo na cadea
mentres
cumpría a pena imposta.
González
Cabaleiro, Alejandro “Moco”.
Afiliado
á Sociedade de Mariñeiros de Chapela. Preso por delito de rebelión
militar o 24-9-1936, morrendo no penal de San Cristóbal, Pamplona,
cando tentaba fuxir.
González
Pasantino, Braulio. Natural
de Santiago e veciño de Redondela, casado con Ramona Sánchez,
zapateiro. Afiliado á
Casa del Pueblo
de Redondela. Morto aos 34 anos a consecuencia de mutilacións e
tiros de arma de fogo en Cans (Porriño). Enterrado no cemiterio
daquela parroquia.
|
Juan C. Milleiro Sampedro. Arquivo Celso Milleiro
|
Milleiro Sampedro, Juan Clímaco. Nado
en Moaña en 1912 pero de familia redondelá, onde viviu varios anos.
Funcionario do servizo de augas do Concello de Pontevedra e militante
das Xuventudes Socialistas. O
día 20 de xullo de 1936, formou parte dos defensores da legalidade
republicana en Pontevedra
participando na requisa de armas por orde do Gobernador. Por estes
feitos sería detido e
condenado a morte, sendo executado o 4-10-1937.
Oliveira
Crespo, Alfredo, de 47
anos, natural de Redondela, fillo de Manuel e Filomena, condutor de
tranvías en Vigo, cc. Dolores Rivas Rodríguez, pai de Alfredo,
Cesáreo, Rafael, Dolores, Josefa, Alfonso, Manuel e Genaro. Apareceu
morto a tiros en Mañó (Quintela) o 3-10-1936. Enterrado en Eidos.
Pazos Fernández, Benjamín,
de
33 anos, Obreiro. Natural de Redondela e veciño de Vigo. Morto o 18
de setembro de 1936 en Mos a causa de traumatismo craneal por disparo
de arma de fogo. Aparición do cadáver no KM 11 da estrada de
Redondela a Porriño.
Rodríguez Magariños, Manuel, 33 anos, xornaleiro, de
Redondela, condenado a 20 anos (23/12/36), ingresa o 22/2/37 no
cárcere de San Cristóbal, no Monte Ezcaba, en Pamplona, onde morre
o 2/1/38 .
Silva Ferreira, Xosé, 35 anos, xornaleiro, de Redondela
(Pontevedra). C.P. (30/1/37), ingresa o 22/2/37 no cárcere de San
Cristóbal, no Monte Ezcaba, en Pamplona, onde morre o 1/3/40.
Veiga Rodríguez, Cándido
“Reboreda”. Natural
de Reboreda. Morto no convento de Baiona, logo de que conseguira
fuxir malferido a un “paseo” en Monteferro. Enterrado en Nigrán.
Veiga
Graña, Carlos. De 19 anos,
natural de Reboreda, fillo de Cándido Veiga, non constando o nome da
nai, albanel, aparece morto a tiros no km. 3 da estrada
Redondela-Fornelos, o 18-9-1936- Enterrado en Eidos.
Villar Martínez, Nicanor. De 35 anos, natural e veciño de
Redondela, fillo de Miguel e Celia, casado. Mestre e bibliotecario no
colexio de xordo-mudos de Madrid. Morto a tiros o 17-08-1936 en
Caldas de Reis despois de sacalo do cárcere de Redondela. Enterrado
naquel concello.
Fotos dalgúns dos 41 republicanos enterrados en Eidos:
|
Máximo Fernández Rodríguez. Nomes e Voces
|
|
Manuel Lustres Rivas-FarodeVigo |
|
Fraiz Castellanos (4º pola esquerda) e familia. cultragalega.org |
Falecidos
e sobreviventes dos campos de concentración alemáns
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1941-ii-guerra-mundial-ivos-campos-de.html
)
Presos
redondeláns na illa de San Simón
|
Grupo de presos na illa de San Simón. Pontevedraconfollasverdes-3.bp.blogspot |
A illa de San Simón (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-illa-de-san-simon.html
) foi
convertida nun campo de concentración. Tan só se ten constancia dun
fusilamento na propia illa, despois o que se facía era sacar presos
que á mañá seguinte aparecían mortos nas cunetas. Moitos outros
morrerían por mor da fame e as enfermidades. Nun principio serían
enterrados na fosa común do cemiterio de Eidos pero a súa pouca
capacidade fixo que os cadáveres foran levados a Vigo. Dos presos
redondeláns en San Simón tan só foi asasinado o xa citado Luis
Telmo Bernárdez Santomé. Os outros redondeláns que estiveron
alí presos serían:
¿Ramón Arines?, Ángel Barbeito Cal, Manuel Barros Montero,
Jesús Bernárdez Gómez, Telmo Bernárdez Gómez, Fermín Blanco
Alfaya, Manuel Blanco Camiña (Vilar), Manuel Bouzas Puertas,
Constante Carballido Marcial, Florentino Corugeira González,
Constante Estévez Martínez, Jesús Faro Varela, Manuel Fernández
Ferreiros (Vilar), Manuel Fernández García, Jesús Frimes Leiga
(Reboreda), Manuel Fuente Ortega (Vilar), Manuel Fuente Recio
(Vilar), Jesús José Olimpio Giráldez Fernández, Jesús Gómez
Casal, Manuel Salustiano Jorge Franco, Manuel Loureiro Pérez, Manuel
Martínez Barreiro, José Otero Sánchez, Gustavo Otero Sestelo, José
Enrique Pereira Míguez.
|
Presos na illa. todoslosrostros blogspot com
|
Detidos no 36
Álvarez
Castro, Manuel, de Vilar
de Infesta, preso por rebelión militar en 1936.
Barros
Montero, Manuel,
de Redondela, mariñeiro, preso aos 16 anos por rebelión militar en
1936, e por delito equiparable a rebelión militar en 1948. Estaría
nas prisións do Frontón de Vigo, San Simón, Valladolid, Vitoria,
Dueso-Santoña... Partido Comunista.
Bernárdez
Gómez, Jesús,
de Redondela, mestre, preso no cárcere de Redondela, onde cumpriu os
18
anos, e en San Simón, sen causa. Sería liberado por un erro
burocrátrico,
fuxindo entón á outra zona, onde pelexaría no Exército, acadando
o grao de tenente. Izquierda Republicana.
Bernárdez
Gómez, Telmo,
de Redondela, mestre, condenado a reclusión perpetua por rebelión
militar, despois da petición inicial de pena de morte. Estaría
preso no cuartel de San Fernando, en Pontecaldelas, San Simón,
Figueirido, Provincial de Pamplona e castelo de San Cristobal
(Pamplona). Izquierda Republicana. Este
e o anterior eran fillos de Telmo Bernárdez Santomé, ao que vimos
anteriormente.
Blanco
Alfaya, Fermín,
de Redondela, mestre, preso na illa de San Simón, sen causa. Sería
liberado ao pouco tempo, sen cargos. Partido Galeguista.
Blanco
Camiña, Manuel,
de Vilar de Infesta, preso por rebelión militar en 1936, entre
outros centros no cárcere de Redondela, San Simón e no Frontón de
Vigo.
Blanco
Villar, Pompeyo,
de Reboreda, preso por rebelión militar o 19 de agosto de 1936,
preso no cárcere de Redondela e no Frontón de Vigo. Presidente da
Casa
del Pueblo de
Redondela.
Bouzas
Puertas, Manuel,
de Reboreda, Secretario
da Casa
del Pueblo e
vicesecretario do Sindicato Agrícola de Reboreda en 1936.
Preso
por rebelión militar o 30 de setembro de 1936, pasou
polo
cárcere de Redondela, Frontón de Vigo, San Simón e Pamplona.
Volveu
a
ser
detido en 1948 por delito equiparable á rebelión militar, sendo
condenado a dez anos de reclusión, estando no Dueso-Santoña, ata
que saíu
en liberdade vixiada o 15 de xullo de 1953. Partido Comunista.
Domínguez
Santorio, Arturo. Veciño
de Chapela detido en decembro de 1936, porque se atopaba reclamado
polo Xulgado militar de Vigo por rebelión.
|
Cupóns de racionamento de Redondela, 1937. Foto:numisjmgnozal files wordpress |
Detidos durante a
Guerra
Albizúa
Cabaleiro, Herminio, de
Chapela, militar preso no campo de prisioneiros de Santoña
(Santander), en novembro de 1938.
Álvarez Cruz, Jesús, de Trasmañó, fuxido ao monte, sen
presentarse a filas detido o 11/10/1939.
Crespo Pozo, Álvaro,
de 23 anos. Natural de Redondela e veciño de Madrid. Afiliado ao
PSOE. Aos 18 anos acude a Madrid e ingresa como voluntario no
exército. Fixo a
guerra no exército republicano con grao de oficial. Ao remate é
detido e destinado primeiro á cadea e logo a un batallón de
traballadores. Despois pasa de novo á cadea e finalmente, nos
inicios dos corenta, é desterrado a Redondela por 2 anos en
liberdade vixiada.
Covelo Campos, Manuel. Veciño
de Chapela, soldado do exército Republicano, ferido de gravidade e
posteriormente feito prisioneiro polos nacionais en decembro de 1938
en Fraga (Huesca).
Rodríguez Chamorro, Enrique Ramón.
Natural e veciño de Redondela,
de 32 anos, zapateiro. Xulgado en Vigo por incitación á rebelión
co resultado de sentenza a prisión 6 anos.
Villar Rivera, Faustino. Natural
de Redondela e veciño de Gijón, fillo de Bernardo e Dolores, 31
anos, casado, obreiro. Garda municipal de Gijón con ascendente na
Casa
del Pueblo;
capturado cando fuxía
a bordo do vapor "Gaviota".
Condenado
a 15 anos.
Presos
en Bilbao ao cair a cidade
Humberto González Castedo, Domingo "Tortiño de Pepa do
Raio" e Ramón Bas Rodríguez.
Detidos
a principios de 1942
Detidos a partires da detención en Portugal dun grupo dirixente do
Partido Comunista.
Francisco Darriba Pérez "Paco do Monte do Cuco", Segundo
Freire Rivas "Cabanelas", Manolo Domínguez Esteiro
"Peixiño" e Ramón Amilibia (avogado vasco desterrado que
residía en Redondela).
Detidos
entre finais de 1947 e febreiro do 48
Detención de 18 redondeláns que con dous vigueses serán xulgados
o 21-9-1948 por delito equiparable a rebelión militar.
Domingo Amoedo Crespo, Manuel Barros Montero, Manuel Bouzas Puertas,
Raimundo Cal Fernández, Demetrio Díaz Lamas, Fermín Docampo
Figueroa, Leopoldo Garrido Leirós, Fermín González Casal,
Bernardino González Tojeiro, Rafael Hermida Sánchez, Manuel
Migueles Esteiro, Antonio Ocampo Otero, Nicanor Ocampo Otero,
Florencio Soto López, Ángel Tejedor Moyano, Manuel Villar Alonso,
Antonio Villaverde Figueroa e José Villaverde Figueroa.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o
primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do
Castro 2002.
Episodios de terror durante la Guerra Civil na provincia de
Pontevedra. A illa San Simón.
Gonzalo Amoedo López e
Roberto Gil Moure. Ed.
Xerais.
Arredor de nós. Historia
da Policía Local 1863-2003.
Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003
As Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante
comunista. Gonzalo Amoedo.
Edit. Fundación 10 de marzo.2006.
Asociación de familiares y amigos de los
represaliados de la II República.
www.afar2rep.org
Ministerio de Cultura. Portal de
Archivo Españoles.
http://pares.mcu.es
Nomes
e Voces.
http://vitimas.nomesevoces.net
Todos
los rostros.
todoslosrostros.blogspot.com
A
represión franquista na comarca da Coruña.
Lourenzo Fernández Prieto.
Foro
de historia militar Gran Capitán
http://www.elgrancapitan.org/foro/viewtopic.php?p=891483
Azul
Bilbao 1933. Materiales
para la historia del falangismo en Vizcaya. Asesinatos del 4 de enero
de 1937: las víctimas falangistas.
https://azulbilbao1933.wordpress.com/
Facetas de actualidad española. 4-1938, n.º 12 (La
Habana-Cuba)
En
Galiciana-Biblioteca Digital de
Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=>
El Pueblo Gallego e Hoja Oficial del Lunes.
Pontevedra
nos anos do medo. Xosé Álvarez Castro.
https://anosdomedo.blogspot.com/2011/03/juan-milleiro-sampedro-un-defensor-da.html?fbclid=IwAR2NLEOUj12nrhzcni0qMM5L7mo_WYWczKIryamIu4vxCTqhytsn-MILLpE
Aportes:
Celso Xabier Milleiro.