Foto: Galicia Revista quincenal ilustrada |
Fillo do xeneral Evasio Rubín. Aos 14 anos ingresou no exército
como soldado voluntario falsificando a súa partida de nacemento.
Participou na III Guerra Carlista, nas Guerras Pequena e Grande
(Cuba) e na Guerra de Independencia de Cuba.
En
1869, con tan só 16 anos marcha voluntario por primeira vez a Cuba
como cadete, regresando
un ano despois como Cabo primeiro. De volta en España prosegue os
estudos militares en A Coruña. Cadete
de corpo no Rexemento
de Murcia, acudiu
a sufocar
a insurrección republicana do arsenal do Ferrol, sendo ascendido
polo seu comportamento a Alférez e acadando a Cruz Vermella ao
Mérito Naval.
Preséntase tamén
voluntario á campaña do Norte contra a insurrección carlista,
participando nas batallas de Estella e Somorrostro. Polo seu heroico
comportamento nestas accións é ascendido e nomeado Comandante
Militar de Tui.
En decembro de
1894 é ascendido a Tenente Coronel. Meses despois solicita o
pase a Cuba e aos poucos días de chegar a illa, no Potrero de Las
Varas con 700 homes enfrontouse a 3.000. Despois de ser ferido
nunha perna, montou no seu cabalo levando ao seu batallón á
vitoria. Foi recibido coma un heroe á súa volta, sendo ascendido a
Xeneral de Brigada. Unha vez reposto das súas feridas,
embarcouse novamente cara a Cuba. Alí distinguiuse
en varias accións, recibindo a
Cruz Vermella de 1ªclase do Mérito Militar.
En 1904 é nomeado
Xeneral da Primeira Brigada da Primeira División. En 1908 é
ascendido a Xeneral de División e ese mesmo ano é nomeado
Inspector das Tropas de Galicia. En febreiro de 1910 é
nomeado Subinspector de Zaragoza. En 1911, Inspector
General de las Comisiones Liquidadoras. Tamén foi Gobernador
Militar de A Coruña, Zaragoza e Bilbao.
En 1915 problemas
de saúde obríganlle a deixar o cargo de Conselleiro do Consello
Supremo de Guerra e Mariña. En 1917 foi nomeado Capitán
Xeneral da 8ª Rexión Militar (Asturias, León e Galicia). Baixo
o seu mandato realizouse a construción do Cuartel Militar de
Campolongo (Pontevedra). Pasou á reserva en 1923.
Entre as medallas
e condecoracións que recibiu podemos citar: Gran Cruz Roja del
Mérito Militar; Cruces de María Cristina, Isabel la
Católica, Encomienda de Número de Carlos III e varias
portuguesas; Grandes Cruces de San Hermenegildo, del Mérito Naval
e del Dragón de Annán; e medallas de Alfonso XII,
Alfonso XIII e guerras de Cuba.
A nivel político
definiuse como agrarista, sendo elixido Gobernador Civil de Oviedo
(1901), Deputado ás Cortes por Quiroga (Lugo)
(8-3-1914) e Senador pola provincia de Zamora
(1921-22). Por dúas ocasións fracasou na loita co caciquismo local
no intento de ser Deputado a Cortes pola súa vila natal, a pesares
do contar co apoio das Sociedades Agrarias, a Sociedade de Mariñeiros
e a Sociedade de Obreiros. Cando se coñeceu o resultado das
eleccións de 1910 vestido de paisano, ensinando a súa faixa de
Xeneral e co apoio de Fernando Alfaya Pérez evitou que as tropas
cargaran contra os mariñeiros e traballadores que se manifestaban na
actual Praza da Constitución.
En 1927 acordouse
darlle o seu nome a unha rúa en Redondela, mais non se fixo efectivo
ata o 21-4-1929. Fixeron o propio en A Coruña, Monforte, Pontevedra
e Tui. Tamén foi nomeado fillo adoptivo de Redondela, A Coruña e
Tui.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Redondeláns para a historia: Antero
Rubín. Por Xaime Conde. Publicado en Internovas
Redondela, crónica dun tempo
pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo
Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
Arredor
de nós. Historia da Policía Local 1863-2003.
Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.
SEREN: Nº3. Os Eidos: “A vila dos
mortos”. J. A. Orge Quinteiro
Algunos hijos
ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968.
Comisión de fiestas de la Coca.
Antonio Ocampo Otero. Doctor en
Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)
Unidade didáctica. Persoas que dan
nome as rúas e prazas de Redondela. Xose Manuel Moreira Docampo.
(Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)
La Idea
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Gaceta de Galicia, El Compostelano, El Eco de Galicia, El Pueblo Gallego, El Progreso, Galicia
Biblioteca
Nacional de España: www.bne.es
=>La Correspondencia de España, Diario oficial de avisos de
Madrid, La Ilustración militar
1917abril Tierra
Gallega
La Voz de Galicia
Wikipedia=>Antero
Rubín Homent
No hay comentarios:
Publicar un comentario