Foto: Museo de Pontevedra |
Avogado que impulsou os estudos arqueolóxicos en toda a provincia.
En 1875 estableceuse en Pontevedra despois dun enfrontamento co xuíz
de primeira instancia de Redondela.
Moitas das súas
investigacións permanecen inéditas e do publicado a gran maioría
non o asinou. A súa obra principal é Cancioneiro Musical de
Galicia, recompila a música tradicional que é un referente na
materia. En 1894 fundase a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra,
da que foi primeiro presidente, co fin de conservar a arte e a
arqueoloxía da provincia salvando, por exemplo, as ruínas da Igrexa
de Santo Domingo (Pontevedra). En 1890 foi nomeado Cronista
Oficial da Provincia de Pontevedra. En 1906 foi membro fundador
da Real Academia Galega. En 1927 foi un dos fundadores do
Museo de Pontevedra. Impulsou a
publicación de “Documentos,
Inscricións e Monumentos para a Historia de Pontevedra”,
da que o segundo volume atribúese totalmente a el.
Tamén exerceu en
política e, en 1843, cando se constitúe o partido Conservador de
Pontevedra aparece como secretario do mesmo. En 1901 é elixido
deputado Provincial por Pontevedra, sendo reelixido en 1903, 1919 e
1921. En 1930, co goberno de Primo de Rivera moi debilitado, volta
ser nomeado deputado por Pontevedra e por unanimidade, presidente
interino da Deputación Provincial durante un corto período.
Foto: Museo de Pontevedra |
En 1943 Redondela
fai o propio poñéndolle o seu nome a unha rúa e en 1987 colocouse
na súa casa natal, na actual rúa Reveriano Soutullo, unha placa na
súa memoria, que foi roubada e substituída por outra no 2012. No
2013 celebrouse o 75 aniversario do seu pasamento coa celebración de
diferentes actos tanto en Pontevedra como en Redondela.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Guía didáctica para escolares:
Nº7. Don Casto Sampedro Folgar. Xosé Filgueira Valverde.
Casto Sampedro e a música do
cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013.
Casto Sampedro Arqueoloxía e
memoria. 75 aniversario do seu pasamento. Varios autores, 2013
Unidade didáctica. Personas que dan
nome as rúas e prazas de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo.
(Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)
En
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> La Integridad, El Pueblo Gallego
No hay comentarios:
Publicar un comentario