1810-1823
Diferéncianse a División Administrativa do territorio e dentro dela
a circunscripción ou os distritos.
1834-
1936 Permítese a recuperación por
circunscripcións e distritos.
J. M. Pereira Foto: José Suárez, 1869- BNE. |
8.3.1871 / 28.4.1871 Juan
Manuel Pereira (Reboreda, 24-5-1820 / Barbañas (Ourense),
15-4-1896). Adicto. Renunciou ao cargo por ser nomeado Enviado
Extraordinario e Ministro Plenipotenciario no Imperio da China e nos
Reinos de Siam e Annam. Voltaría a ser Deputado por Redondela en
1873. Tamén representaría aos distritos de Ponteareas (1846),
Zamora (1869) e outro sen específicar na circunscricpción de
Pontevedra (1854).
(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/pereira-de-castro-juan-manuel-reboreda.html)
3.7.1871 / 24.1.1872 Ramón
Martínez Saco (Mos, 1810 / ¿?,
1884). Adicto. Ademáis ocupou os cargos de Alcalde de
Redondela e Deputado provincial polo distrito de Redondela en varias
ocasións.
2.4.1872 / 28.6.1872 Eduardo
Fontán Marcó del Pont. Adicto. Xuíz municipal de Madrid,
governador civil de Ilo Ilo (Filipinas), maxistrado togado do
Tribunal de Contas de Filipinas, xuíz de primeira instancia en
Filipina, alcalde maior da Habana e secretario xeral de Correos.
Faleceu en 1910, cando ostentaba o cargo de xuíz municipal en
Vilagarcía.
24.8.1872 / 22.3.1873 Marcos
Sanz. Radical. En xaneiro de 1873 presentoulle ao presidente do
Consello de Ministros unha carta firmada polo comité e varios
veciños de Redondela, felicitándoo a el e ao ministerio polo
proxecto de lei de abolición da escravitude en Porto Rico. Votou a
favor da I República trala abdicación do Rei Amadeo I, da casa
Saboya. En 1880 pertencía ao partido democrático progresista.
Proclamación da I
República, 11 de febreiro de 1873.
10.5.1873 / 8.1.1874 Juan
Manuel Pereira. Radical. Nomeado despois de votar a favor da I
Republica como Senador pola provincia de Ourense.
Rafael Serrano Alcázar. Foto: Cartagena Artística |
20.1.1876 / 30.12.1878 Rafael
Serrano Alcázar. (Murcia, 1845 / Madrid, 03-10-1901)
Elexido
cun increible cen por cen dos votos. Despois sería elexido
Deputado a cortes pola circunscripción de Albacete en sete ocasións
(1879, -86,-91,-93,-96,-98 e -99) e unha pola de Murcia (1884).
Ocupou a
Subsecretaría do Ministerio da Gobernación (1880), a
Vicepresidencia do Congreso dos Diputados (1885) e foi fiscal de
Consello e do Tribunal do Contencioso (1898). En 1900 foi nomeado
ministro do Tribunal do Contencioso-Administrativo, cargo que
desempeñou ata a súa morte. Ademáis de político foi escritor,
dirixindo o xornal “La Revista de Albacete” e
publicando tanto ensaios políticos como poesía, ademáis de
numerosos artigos en diferentes xornais. Déronlle o seu nome a unha
rúa de Murcia.
20.4.1879 / 25.6.1881 Francisco
Javier Boguerín Acedillo (Madrid, 01-12-1824 / 1886)
Enseñeiro de
camiños. Era conservador. Anterior deputado polo distrito de Tui
(1876) propiciando
a realización da ponte internacional sobre o Miño. Ao seu nomeado
por Redondela negouse a recibir soldo do Estado para poder desempeñar
con máis liberdade o cargo de deputado. O seu traballo “Memoria
del trazado obras de arte: viaductos y túneles”
e o primeiro documento onde se recolle a construción do viaduto de
Madrid. Entre
outras cousas acadou a reparación da estrada de Vigo a Ourense e a
inclusión do ferrocarril de Pontevedra a Carril entre as liñas
subvencionadas.
21.8.1881 / 31.3.1884 Manuel
Ruíz Higuero.
Pertencía ao
partido fusionista. Reelexido en 1882 e 1883. Anteriormente fora
Gobernador Civil de Castellón en 1858, alcalde de Córdoba en 1862,
Gobernador da provincia de Córdoba (1860-1866, ocupando a
presidencia da Deputación de Córdoba durante este periodo) e
Deputado a Cortes en 1871 polo distrito de Gaucín (Málaga).
27.4.1884 / 8.3.1886 Francisco
Javier Boguerín Acedillo. Volta a representar a Redondela,
falecendo no cargo antes de rematar o seu mandato.
4.4.1886 / 7.1.1889 Tomás Piñeiro
Aguilar (Madrid, 23-02-1835 / Madrid 4-1-1916)
Marqués de
Bendaña e Grande de España. A Comisión de actas declarou grave a
súa elección, na que derrotou a Luis Díaz Cobeña. Deixou o cargo
en sesión do 7 de xaneiro de 1889, por ser nomeado Enviado
Extraordinario e Ministro Plenipotenciario en Constantinopla, logo o
sería en Lisboa e México. Senador por Pontevedra (1881-82).
4.4.1886 / 29.12.1890 Alfonso
Flórez de Losada y Quiroga. (Valdeorras, 1835 / 1923)
Reelexido en
febreiro de 1889. Avogado. Propietario rendista, dono do Pazo do
Castro en Valdeooras. Tamén representou no periodo 1865-66 ao
distrito de Xinzo de Limia (Ourense) e no 1893-95 ao de Valdeorras
(Ourense). Senador pola provincia de Ourense (1898-99).
1889,
setembro. Os 68 concellos de Pontevedra quedan agrupados en 11
partidos xudiciais, entre eles o Partido de Redondela, que comprende
Redondela, Mos Pazos de Borbén e Soutomaior. En total uns 30.000
habitantes.
Monumento a Díaz Cobeña. Foto: Arquivo Moreno |
1.2.1891 / 5.1.1893 Luis Díaz
Cobeña. (Madrid, 1837 / Madrid, 17-08-1915)
En 1884 xa fora elexido Deputado a
Cortes polo distrito de Noia (A Coruña). Voltou a representar a
Redondela en 1896. Senador por Badajoz (1899-90), Lugo (1903-04) e
Ourense (1905-07); e Senador Vitalicio (1908-09). Rechazou a
carteira de ministro por non abandoar a avogacía. Foi Decano do
Colexio de Avogados de Madrid, institución que lle erexiu un busto
trala súa morte. No seu bufete traballaron como pasantes Niceto
Alcalá Zamora e Manuel Azaña. Tamén se adicou ao xornalismo,
colaborou en varias publicacións e escribiu romances e dramas.
Algúns dos seus traballos firmounos co seudónimo de “Lucio Viñas
Deza”. Unha rúa leva o seu nome en Madrid.
5.3.1893 / 1.7.1895 Francisco
de Federico y Martínez (Madrid, 15-04-1846 / Madrid, 1910)
Enxeñeiro de
Camiños. Cuñado do Marqués de Riestra. Ministro de Fomento dende o
04/12/1906 a 25/01/1907 no governo do Marqués de la Vega y Armijo.
Tamén ostentou o cargo de vicepresidente do Congreso. Deputado por A
Estrada en 1896. Voltou a ser elexido deputado por Redondela en 1898, desempeñando o
cargo ata a súa morte. Durrante un tempo unha rúa de Redondela
levou o seu nome.
5.4.1896 / 26.2.1898 Luis
Díaz Cobeña. Repite no cargo.
27.3.1898 / 14.4.1910 Francisco
de Federico y Martínez.
Mantívose no
cargo ata a súa morte, sendo reelexido no 1899, 1901,
1903, 1905 e 1907. Entre outras obras, realizou
a estrada Fornelos-Redondela e a Travesía de Vilavella en 1902.
8.5.1910 / 20.12.1916 Francisco
de Federico y Riestra (Pontevedra, 12-07-1884)
Fillo do anterior,
Francisco de Federico y Martínez, e sobriño do I Marqués de
iestra. Avogado. Liberal. Derrotou nestas eleccións ao Xeneral Rubín
que contaba co apoio das Sociedades Agrarias e a Sociedade de
Mariñeiros. Reelexido en 1914 (proclamación sen elección ao
non ser admitida a candidatura de Juan Amoedo Seoane) e 1916.
Nese último ano renunciou ao cargo para desempeñar o de Gobernador
Civil de Alicante, cargo para o que sería reelexido no 1918. A
súa maior aportación foi a mellora das infraestructuras viarias,
xestionando a construcción da estrada á praia de Cesantes a través
da Marisma.
Raimundo Riestra. Foto: Vida Gallega |
14.01.1917 / 1920 Raimundo Riestra
Calderón (Pontevedra, 1882/A Toxa, 10-8-1967)
II Marqués de
Riestra, curmán do anterior, Francisco de Federico Riestra. Avogado
e banqueiro. Liberal demócrata. Proclamado Deputado electo pola
Junta Provincial con arreglo ao artigo 29 da Lei Electoral
(proclamación sen elección). Reelexido en febreiro de 1918,
derrotando a Gregorio Espino a
pesares de que a acta foi protestada, e decembro de 1918
(como demócrata, outra vez polo Art. 29, proclamación sen
elección). Elexido tamén polo distrito de A Estrada (1907,
1910 e 1914). En 1918 foi nomeado Subsecretario da Presidencia do
Consello de Ministros. Ademáis foi xefe de Fomento na provincia de
Pontevedra e director do xornal La Correspondencia Gallega, de
Pontevedra.
Barreras. Foto: Vida Gallega |
19.12.1920 / 6.4.1923 José
Barreras Massó. (Vigo, 28-02-1867 / 29-06-1950)
Conservador.
Enseñeiro, industrial naval e conserveiro vigués. Consolidou a
empresa familiar “Hijos de J. Barreras S. A.”. En marzo de 1922
foi nomeado Gobernador Civil de Lugo, compaxinando ese cargo co de
deputado a Cortes por Redondela. Renunciou a presentarse á
reelección por este distrito por motivos de disciplina política por
acordos alcanzados entre os partidos. En 1922 saiu ileso dun
accidente de tren en Paredes.
29.4.1923 / 15.9.1923 Luis de
Zulueta y Escolano. (Barcelona, 1878 / Nova Iorke (EE. UU.),
1964)
Reformista e
agrarista. Proclamado Deputado electo pola Junta Provincial
con arreglo ao artigo 29 da Lei Electoral (proclamación sen
elección). Relegado do cargo tras o golpe de Estado de Primo de
Rivera. Catedrático e profesor de Pedagoxía e Historia da Pedagoxía
na Escola Superior de Maxisterio. Profesor de Ernestina Otero en
Madrid, recibiu o seu apoio durante esta campaña e a anterior na que
perdera as eleccións. Deputado por Barcelona (1910, 1911 e 1913),
Madrid (1919) e Badajoz (1931). Sería Ministro durante a República
entre o 16/12/1931 e o 12/06/1933. Posteriormente, tería que
exiliarse.
Zulueta. Foto: www.weblogs.madrimasd.org |
Golpe de Estado de
Miguel Primo de Rivera.
1927-1929
/1943-1977 O nomeamento realízase por
apartados e dentro deles seccións e subseccións.
Proclamación da II
República. 14 abril 1930
Deputados redondeláns
noutros distritos.
López Vázquez Ballesteros, Ramón
María
Elexido Deputado a Cortes en 9
ocasións pola circunscripción de Pontevedra (as 4 últimas polo
distrito de Tui) entre 1837 e 1851. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/lopez-vazquez-ballesteros-ramon-maria.html)
López Vázquez Ballesteros, Joaquín.
Irmán do anterior. Deputado a Cortes 3 veces pola provincia de Pontevedra (1843-44 e 51) e 1 pola de Ourense (1844). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/lopez-vazquez-ballesteros-joaquin.html)
Rubín Celis Oroña, Leoncio.
Deputado ás
Cortes polo distrito de Pontecaldelas en 1854 e reelexido en 1863 e
1864. En 1865 foi elexido deputado a cortes por Vigo, sendo
reelexido en 1869.
Xeneral Rubín. Galicia (Madrid), 1908. |
Rubín Homent, Antero.
Proclamado sen
elección, Deputado a Cortes polo distrito de Quiroga (Lugo). Deixou
o cargo o 16-3-1916. Presentouse as eleccións por Redondela en 1910,
sendo derrotado apesares de contar co apoio das Sociedades Agrarias e
a Sociedade de Mariñeiros, a acta sería protestada sen resultado
ante o caciquismo da época. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/rubin-homent-antero-evasio-redondela-3.html)
Actual Sistema
Democrático
2019, 10 de novembro. Javier
Bas Corugeira. Do PP. Alcalde de Redondela 2011-2019. Elexido despois de ser derrotado nas eleccións
municipais de xullo dese mesmo ano onde tentaba acadar unha terceira
lexislatura.
Autor: J. Migueles
BIBLIOGRAFÍA
A prensa en
Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e
Roberto Gil.
Arredor
de nós. Historia da Policía Local 1863-2003.
Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.
Empresarios de Galicia.
Fundación Caixa Galicia, 2010.
Egu.es
Na Biblioteca Nacional de España:
www.bne.es
=> La Correspondencia de España, Crónica hispano americana, La
Iberia (Madrid), La esperanza, La América (Madrid), El Imparcial, El
Globo (Madrid), La Discusión (Madrid), El siglo futuro (Madrid), La
Correspondencia Militar, La Voz (Madrid), Almanaque
político-económico de El Día para el año ....
En Galiciana-Biblioteca Digital de
Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> Vida Gallega, El Compostelano, El Noticiero de
Vigo, El Correo de Galicia (Santiago), El Noticiero Gallego
(Pontevedra), El Correo de Galicia (Bos Aires), El Combate
(Pontevedra), Diario de Galicia (Santiago), El Eco de Galicia
(Coruña), El Progreso (Pontevedra),
ABC
La Vanguardia (dende 1881)
No Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
http://www.cirp.es/ => Tierra
Gallega (Uruguay),
Redondelan
Express=> Entrada publicada por Floriano Lenteja=>
redondelanexpress.blogspot.com/
Academias
del jardín
=>https://academiasdeljardin.blogspot.com/.../hace-110-anos-fallecia-rafael-serrano.html
Cartagena Artística
No hay comentarios:
Publicar un comentario