viernes, 17 de abril de 2020

As atraccións das festas da Coca nos anos 80-90

         Nesta época a atracción estrela da festa da Coca eran Los Motoristas del Infierno. A actuación consistía en que varios motoristas daban voltas nunha cúpula esférica cruzándose perigosamente.
        Tamén chamaba a atención uns portugueses que traían espectáculos que anunciaban mesturando galego e portugués:¡O homem selvagem, o homen máis pequeno do mundo, que precisa ficar atado por o perigoso que é!”.
Novidosa fora o ano que chegara El Castillo del Terror. Outras atraccións eran: Las Voladoras, La Bailarina, Aero-Baby, La Autopista Camarero, Los Caballitos...; moi similares ás que veñen hoxe en día.
Paseo da Xunqueira coas atraccións, 1981. Foto: Faro de Vigo
         Ao final dos 80, as festas quedaron marcadas pola chegada dos bonecos de moda: as Chochonas e o pallaso Nicolás, premios estrela nas tómbolas e nos Camellos de Tolín.
A tuti jorobi
con los doce camellitos
más locos del desierto
más locos de Tolín.
      
        Pero si algún espectáculo se diferenciaba dos demais era o do faquir. Era un home tan moreno que parecía da India. Sempre viña acompañado por outro home semellante a el, polo que todos supoñían que debía ser o seu irmán. Cando quitaba a roupa quedaba cunhas mallas como as dun trapecista, pero cunhas manchas que xa ningunha lavadora podía sacar. Estendía un trapo no chan cheo de cristais de botellas rotas sobre a que camiñaba e se deitaba, pedindo a alguén que se subira encima del. Tamén tiña uns coitelos que se cravaba e ata os metía polo nariz, momento no que a maior parte do público apartaba a vista. O número sempre o remataba con fogo, cuspindo a gasolina, que traía nunha botella de dous litros de Coca-Cola que enchera na de Felito, e pasando o lume polo corpo.

Autor: Juan Migueles

No hay comentarios:

Publicar un comentario