|
Abrente-Limpeza da praia de Cesantes, 1997. Foto: Félix Cal Cortizas |
Coa chegada da democracia o asociacionismo vai collendo gran
importancia principalmente coa construción de centros culturais nas
parroquias, que nos seus primeiros anos amósanse moi activos,
ademais servirán de sede a asociacións de veciños e comunidades de
auga e montes. No centro urbano de Redondela agroman colectividades
de todo tipo. Nos anos 90 é o
momento de maior esplendor creándose ducias de colectivos no noso
Concello, 15 tan só en 1994. Moitas delas desaparecerían,
pero outras aínda manteñen a súa actividade. A continuación
enumero algunhas delas:
Abrente
Asociación
veciñal de Redondela.
Fundada en 1995, sendo a primeira presidenta María Ángeles Pérez
Espiña. Entre as súas iniciativas estivo a oposición a que o
centro médico se construíra na Marisma. Tamén protestou por temas
como o ruído dos pubs da rúa Prata ou o vertedoiro da Marisma.
Agrupación de
Voluntarios de Protección Civil de Redondela
Constituída en 1985.
Aldeas
Infantiles.
Entre
os acordos do pleno do 14 de
maio de 1975 do Concello
atópase a autorización da obra de construción das dúas primeiras
vivendas de Aldeas Infantiles S.
O. S. en Ventosela. O 7 de
novembro toman posesión de ditas casas oito irmáns de apelido
Vieitez de Carril (Vilagarcía) e sete irmáns, dunha familia de
doce, de Solleiro (Tui). A
cesión de terreos en 1971 por parte do
Concello a dita
institución partiría
da iniciativa de Rita
Regojo, quen posteriormente
sería nomeada Filla
Predilecta.
|
Aldeas Infantiles 1976. Foto: Magar. Faro de Vigo.
|
Alén
Nós.
Creado en 1996 o
obxectivo
da recuperación, defensa e posta en valor do patrimonio histórico e
etnográfico, tanto material como inmaterial de Redondela.
Ten a Andrés Couñago Laxe e Xosé Couñago como cabezas máis
visibles. Entre as súas iniciativas podemos destacar: a proposta en
1997 da creación dun museo etnográfico recollendo ferramentas
antigas e outras pezas como o reloxo da igrexa de Redondela, creación
a festa dos Fachos no Viso, denuncia da destrución de parte do noso
patrimonio (como no caso das mámoas), solicitude da posta en valor
do cemiterio dos Eidos ante o intento de desmantelalo, organización
de conferencias, proxeccións de documentais... En 2014 presentou
Redondelar, proxecto de divulgación do patrimonio cultural
arquitectónico, realizado por A Citania e no que colaboran Concello
e Asociación de Empresarios.
|
Alén Nós, campaña cos colexios, 1998. Ricardo Grobas. Faro de Vigo
|
Amigos
do Ferrocarril e Tranvía Rías Baixas.
Asociación fundada en Vigo e que establecería a súa sede na
estación de Redondela a finais dos 90.
Apros (Asociación
para la Promoción Social)
Asociación
Cultural e Deportiva da
Miñoteria (Ventosela)
Nos
anos 80 colaboraba coa
Comisión de Festas de
San Martiño programando
xogos tradicionais, no
que destacaba
o xogo do trompo.
Asociación
Cultural e Social de Chapela.
O 30 de novembro de 1991 constitúese a Asociación Cultural
Banda de Música de Chapela, sendo elixido Alejandro Bastos como
primeiro presidente. Era o ideólogo desta iniciativa que creou a
Escola de Música de Chapela coa finalidade de crear unha banda de
música nesta parroquia o que se conseguiría en 1995. No seu
primeiro ano de vida organizou a Festa dos Maios, Festival de
Muiñeiras, Festival de Rondallas, Concerto de bandas de música,
encontros de Grupos de Gaitas e Magosto. Ademais de promover a
creación de grupos de teatro, gaitas, pandeiretas e guitarras.
Despois trocaría o nome por Asociación
Cultural e Social de Chapela.
Asociación
de Empresarios de Redondela.
En 1990 xa contaba con 200 asociados e acababa de adquirir un piso
como local social. Desta asociación xurdiu a idea de celebrar a
Festa do Choco.
Asociación
Vecinal Los Ángeles (Chapela)
En
1992 crea sección de fútbol sala nas categorías alevín, infantil
e cadete. Tamén crearon equipos en Campo a través, balonmán
feminino e tenis de mesa.
Asociación de
Vecinos de Chapela
Asociación de
Vecinos Eidos de Quintela
Mantivo unha acalorada polémica en 1980 co cura párroco por mor do
cemiterio.
Asociación
de Veciños a Nosa Illa (Cesantes)
Primeira asociación de veciños de Cesantes, fundada en 1978.
Asociación de
Vecinos O Noso Mar de Cesantes
Cara a 1984.
Asociación de
Vecinos Unión de Vilar
Moi activa en 1982 na reclamación dunha comunicación de transporte
público que comunicara as parroquias de Vilar de Infesta e Cabeiro
co casco urbano de Redondela.
Ateneo
Colectivo
fundado en 1988 co
obxectivo de dinamizar
a vida cultural de Redondela. En 1992 alcanzaba os cen socios que
pagaban 3.000 pesetas. Organizaban conferencias, exposicións,
mesas-redondas... Programaba o Verán
Cultural, con
concertos, conferencias e
outras propostas como
Pintura na Rúa,
actividade na que os cativos pintaban na praza Figueroa e as súas
obras eran colgadas dos balcóns onde quedaban expostas. Entre as
súas iniciativas máis lembradas estivo o premio Coca-Cocón.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/02/a-coca-e-o-cocon.html
)
|
Noites do Ateneo na Alfóndega. Foto cedida por Uxía Lueiro. |
Cámara Agraria
de Redondela
En 1980 reclamou as indemnizacións para os veciños afectados polo
asolagamento das súas leiras por mor das obras de ampliación do
aeroporto de Peinador.
Casco
Colectivo
de apoio a insubmisos e
obxectores de conciencia ante a obriga dos homes de realizar o
servizo militar. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/04/servizo-militar-obxeccion-e-insubmision.html
)
Centro
Cultural de Cedeira
Inaugurou
a súa sede o 18 de agosto de 1989. Entre as súas primeiras
iniciativas estivo a formación dun grupo de baile tradicional e unha
rondalla.
|
1989 Inauguración do CRC Cedeira. Facebook do centro.
|
Cíclope,
Colectivo de arte redondelano
Organizou unha exposición de novos artistas en 1996.
Círculo
Cultural Recreativo de Cesantes.
Fundado
a finais de 1978. Actualmente ten a súa sede no edificio que fora da
Sociedad de Agricultores
y Ganaderos de Cesantes.
Neste centro creouse o grupo de baile Airiños de San Simón, o Club
de Remo Cesantes e a coral Pedra Blanca.
Claqueta
Cineclub fundado en 1994. Entre as súas iniciativas estiveron as
primeiras proxeccións de cine na rúa.
Club Altamar
Colectivo de Chapela que nos anos 70, 80 e 90 organizaba numerosas
actividades: festivais de teatro, campamentos de verán, partidos de
balonmán, rally Pari-da Car...
|
Altamar. Faro de Vigo
|
Club
de Jubilados General Rubín.
Primeiro centro de xubilados da vila, creada en 1981, tiña a súa
sede na rúa Xeneral Rubín, no primeiro andar da casa que fora
Sociedade de Mariñeiros. En 1984, estaba formado por 124 homes e
contaba con 75 socios protectores. Desapareceu cando asumiu a
dirección a Xunta de Galicia, trasladándose ao edificio José
Figueroa, na Xunqueira.
|
Faro de Vigo, 1984.
|
Colectivo
Libertario i Ecoloxista Redondelán (CLER)
Grupo de rapaces que exerceron unha forte oposición aos recheos na
Marisma e ao vertedoiro na mesma.
|
Logo Martín Fernández
|
Consello de
Educación de Redondela /Comisión de Ensino
En 1985 comeza a publicar unha revista ou boletín mensual,
adicado á escola e, en particular, aos nenos e nenas.
Entrepobos
Favercuss
Federación de
APAS
Creada
para coordinar as APAS (hoxe ANPAS) das diferentes escolas do noso
concello.
Federación de
Vecinos
Latexos,
Asociación Cultural
Esta
asociación naceu en 1981 co proxecto de reunir a aos emigrantes de
Redondela máis destacado ou que levaban moito sen volver ao
Concello. Despois dun ano de traballo o proxecto non se chegaría a
realizar por falta de orzamento. Entre as súas iniciativas podemos
citar exposicións (canteiros de Poio, traxe rexional, pintores
redondeláns actuais, radios antigas... ), cursos de artesanía,
escola de baile... Estaba
formado por seis persoas: Gerardo Pérez, Alejandro
Martínez, Bernardino, Marisa González, Pili e Aurora Bastos, esta
última presidenta en 1992.
Lenda
Asociación
de familiares e enfermos mentais. Trátase dun centro ocupacional
onde se realizan traballos de carpintería, talleres de escritura...
Ademais practícanse varias disciplinas deportivas como serían:
natación, tenis, tenis de mesa ou fútbol sala. Outra actividade é
a publicación da revista A Voz de Lenda.
https://lendasaudemental.com/
|
Lenda, taller. Faro de Vigo, 2009.
|
Josefá
Colectivo
creador do ArteLixo e o LixoRock como protesta ao
vertedoiro de lixo na Marisma.
Ademais organizou varios concertos.
Peña
Madridista de Redondela
Peña de seguidores do Real Madrid fundada en 1984. Conseguiu que o
adestrador do equipo de baloncesto, Lolo Sáinz, dera unha
conferencia no Centro Recreativo e Cultural de Redondela.
Peña
Sietemanos (Cesantes)
Peña de fútbol de seguidores madridistas fundada en 1967. Rendía
homenaxe ao porteiro canario Antonio Rodrigo Betancort.
Scouts
Búrbida de Redondela
Grupo de scouts fundado en 1994 e que en 1998 dividíase en: Lobecos
(de 8 a 11 anos), Rangers (11-13), Pioneros (14-16) e Rotas (16-19).
Sociedade
Cultural do Viso
Fundada en 1987
no
antigo edificio da Sociedade Agraria
do Viso.
Sociedade
Labrego Cultural de Reboreda
En
1975 algúns veciños comezan a reunirse no garaxe de Manuel Barros.
En xuño de 1976 solicitan ao
Concello: “A entrega do edificio da Sociedad Agraria de Reboreda
para a súa dedicación a centro cultural, cooperativa, local de
xuntas des distintas asociacións existentes: Mutua Gandeira,
deportivas, da Auga, escola de párvulos (actual Educación
Infantil)... “
En 1977, para a entrega de chaves
por parte do Concello, os veciños deben construír unha vivenda
anexa para re-aloxar e xestionarlle unha axuda na Caja de Ahorros
Municipal de Vigo a Cándido
Estremadouro “Neriñas”, quen
vivía na casa dende que en 1966 se trasladara a escola ao
novo grupo escolar.
1979
Constitución da sociedade,
presidida por Andrés Couñago Laxe.
1981 Actúa por primeira vez o grupo de baile tradicional O Carballo
das Cen Polas.
1984,
12 de xuño. Acto de entrega por parte do Concello da bandeira da
Sociedade Agraria de Reboreda, atopada durante os traballos de
rehabilitación do antigo cárcere como Casa da cultura.
1985.
Comeza a publicarse “O Voceiro”, publicación coa actualidade da
cultura galega e novas da parroquia.
1988
Inicio das obras de ampliación polo arquitecto César Portela, o que
obriga a deter as actividades culturais. Encárgase
a escultura do escudo de Galiza debuxado por Castelao á escultora
Ángeles Valladares. Varios problemas prolongan as obras durante seis
anos.
1994, abril. Inauguración do edificio restaurado. O salón de actos
recibe o nome de Basilio Álvarez (líder agrarista) e a biblioteca o
do escritor Eduardo Blanco Amor.
2010
Instálase o ascensor modificándose a fachada do edificio.
|
Inauguración da SLC de Reboreda. Foto: MundoCal-Asociación da Prensa de Vigo |
Xanela, Asociación feminista de Redondela.
Formada a finais de 1993 para
afondar na realidade da muller de Redondela e atender as súas
necesidades. A primeira xunta directiva estaba formada por: Francisca
Crespo Barros, presidenta; María Teresa Míguez García, vice;
Carmen Varela Trigo, secretaria e María del Carmen Amoedo Gómez,
tesoureira.
Denunciou que daquela entre 16 e 25 mulleres eran maltratadas en
Redondela, creando unha oficina de atención á muller, ata que esta
foi asumida polo Concello. Entre as súas actividades poderiamos
citar conferencias, mesas redondas, proxeccións de películas e
documentais, publicación de libros, exposicións... A destacar a
homenaxe realizada na illa de San Simón, en 1995, ás mulleres que
axudaron aos presos que alí foron confinados. En 1996 crean no seu
local unha biblioteca da muller.
|
Xanela. Foto: Félix Cal. Faro de Vigo
|
Xea, Grupo Ecoloxista
Nado en 1983 da man do Ateneo
Redondelán, este colectivo tentou opoñerse á degradación da
Marisma: recheos, vertedoiro de lixo, ubicación do centro médico...
Un dos seus maiores logros foi a de prantar 300 carballos no monte da
Peneda en 1992, despois de que este sufrira un incendio. A iniciativa
malograríase ao comer os animais as árbores.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
A nosa memoria. Vintecinco anos
despois. 1975-2000.
Sociedade Labrego Cultural de Reboreda.
O que lembro do vivido. Andrés Couñago Laxe.
19981126 La Voz de Galicia
Banda de Música Xuvenil de Chapela. 11 de Febrero de 1995.
Asociación Cultural Banda de Música de Chapela.
Toponimia de Ventosela
Olga Nogueira. SNL. Concello de Redondela.
La Voz de Galicia
Faro de Vigo