|
Inauguración do monólito indicador do Camiño Franqueira. Foto de R. Grobas. Faro de Vigo. |
Redondela sempre tivo unha gran importancia estratéxica ao longo da
historia por ser un nó de comunicacións, con saídas cara a
Pontevedra e Santiago, Tui e Portugal, e Vigo. Isto provoca que o
noso concello sexa atravesado por numerosas infraestruturas como o
ferrocarril, a alta velocidade ou a autoestrada. Todo comezou por ser
punto de paso na vía romana Per Loca Marítima e posteriormente do
Camiño Xacobeo Portugués e o Camiño Real (Non cito aquí o Camiño
Xacobeo pola Costa porque non me consta a existencia de documentación
antiga). Pero non foron estas as únicas rutas, na Idade Media
existían outros dous camiños:
O
Camiño da Franqueira
A Franqueira, no
concello da Cañiza, conta co santuario mariano máis importante da
provincia de Pontevedra. A súa igrexa, de estilo románico, data do
século XIII. Ata o día de hoxe segue sendo un centro de
peregrinacións, téndose constancia da afluencia de romeiros desde
1361.
Como
ocorre con Santiago de Compostela, son numerosos os camiños que
chegan a este punto. O que parte de Redondela atravesa Pazos de
Borbén continuando por Mondariz, Queimadelos, Meirol, Paraños,
Roupeiro e As Laxas, entrando na Franqueira pola Ponte de Cernadela.
Neste
santuario celébrase a Romaría das Pascuillas o luns de Pentecontés,
pero en Redondela a que ten devoción é a Romaría de Setembro,
celebrándose o día 8 a natividade da Virxe María. Tradicionalmente
o camiño realízase durante a noite anterior para asistir aos actos
litúrxicos pola mañá.
En
2005 colocouse na Praza Ponteareas un miliario indicando o inicio
deste camiño. Comezaban así unha serie de intervención no
percorrido por parte da Xunta e a Deputación. A iniciativa partiu do
daquela alcalde Xaime Rei, quen propuxera a posta en valor deste
camiño.
Camiño
da Franqueira en Wikiloc
https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/16-may-12-gr-57-camino-da-franqueira-2850068
Os
camiños dos Arrieiros.
Na
Idade Media o viño do Ribeiro xa gozaba de gran popularidade. Os
diferentes mosteiros de Galicia posuían viñedos nas marxes do río
Avia onde producían o apreciado caldo. O transporte do viño
realizábase polos que hoxe son coñecidos como Camiños dos
Arrieiros.
Os
relixiosos non se limitaron a unha produción para autoconsumo se non
que iniciaron un comercio cara as grandes vilas galegas. Pero esta
fonte de ingresos non se limitou á nosa comunidade xa que a chegada
de visitantes polo Camiño de Santiago propiciou a venda do viño
cara diversos puntos do cantábrico e máis alá das nosas
fronteiras, principalmente cara a Inglaterra e Flandes. Isto provocou
a creación de numerosas rutas desde a comarca do Ribeiro cara as
principais vilas e portos galegos.
Que
ten que ver Redondela con este comercio do viño do Ribeiro? Pois a
vinculación da nosa vila está no noso porto, pois era un dos puntos
nos que se embarcaba o viño, a parte do que se consumía no propio
pobo. A entrada en Redondela producíase pola rúa Reveriano Soutullo
(lembramos aquí que o río Alvedosa era o límite de Redondela, pois
Vilavella era independente). Atopamos aquí a explicación polo que,
cando menos desde o século XIV, era coñecida como Rúa Ribeiro.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/toponimia-rueiro-de-redondela.html
). Esta desemboca na Praza Constitución nunha ampla baixada, que
segundo se publicou en varios traballos, débese a que neste punto se
atopaba o estaleiro da vila. Temos que ter en conta que a Alameda e a
Xunqueira formaban parte da Marisma e mesmo a rúa Alfonso XII non é
máis que un recheo que non se comezaría a urbanizar ata o século
XIX.
Na
Descripción económica del reyno de Galicia, publicada por
José Lucas Labrada en 1804, destácase do noso porto que sexa “un
punto de partida considerable de viños do país”. Engadindo
que a pesca de sardiña ascende a 309 millares anuais. Transcribo a
continuación os datos das saídas do transporte marítimo referentes
a Redondela nun período de 5 anos, entre 1793 e 1797, cun total de
máis de 500 toneladas, o que nos da unha idea da súa relevancia
como saída do viño cara A Coruña e , en menor medida, O Ferrol:
Nome
do Buque Toneladas Procedencia Carga Destino Data Entrada
Patache
N. S. de Junqueras................20.....Vigo e
Red........Viño.............A Coruña..........25-02-1793
Patache
S.
Antonio.............................20......Redondela........Viño.............A
Coruña..........03-03-1793
Bergantín
El
Carmen..........................30......Redondela........Viño.............A
Coruña..........09-03-1793
Patache
S.
Antonio..............................24......Redondela.......Viño........Coruña
e Ferrol......08-07-1793
Patache
N. S. de
Encontrela................20.....Redondela........Viño.............A
Coruña..........13-01-1794
Pinaza
El
Carmen...............................10......Redondela........Viño.............A
Coruña..........12-03-1794
Patache
S.
Telmo.................................35.....Redondela........Viño.............A
Coruña..........23-03-1794
Basco
S. Antonio y
Ánimas................12......Redondela........Viño..............A
Coruña.........29-08-1794
Patache
S.
Josef...................................20.....Redondela........Viño................Ferrol.............27-05-1795
Patache
S. Antonio y
Ánimas..............20.....Redondela........Viño...............A
Coruña........03-06-1795
Patache
Dulce Nombre de Jesús.........30.....Vigo e
Red........Viño..............A Coruña.........22-07-1795
Patache
San
Antonio...........................30.....Redondela........Viño...............A
Coruña.........20-02-1796
Patache
El Santo Cristo de
Candas.....30.....Redondela........Viño..............A
Coruña..........21-04-1796
Patache
N. S. de
Pastoriza..................38......Redondela........Viño.............A
Coruña..........21-04-1796
Patache
N. S. del
Carmen...................30......Redondela........Viño..............A
Coruña.........10-05-1796
Patache
S. Antonio y
Ánimas.............30......Redondela........Viño..............A
Coruña.........12-05-1796
Pinaza
S.
Antonio................................30......Redondela.......Viño..............A
Coruña..........11-07-1796
Bergantín
N. S.
Carmen.......................30......Redondela.......Viño..............A
Coruña.........13-07-1796
Bergantín
San
Josef.............................40......Redondela........Viño.............A
Coruña.........10-12-1796
Patache
N. S. del
Carmen....................20......Redondela.......Viño..............A
Coruña.........02-06-1797
Patache
Jesús, María y
Josef...............40......Redondela........Viño..............A
Coruña.........02-06-1797
Patache
S. Antonio y
Ánimas..............20.....Redondela.........Viño..............A
Coruña........02-08-1797
Na actualidade trátase
de promover os camiños do Ribeiro cara a Santiago e Pontevedra. Por
contra do de Redondela non se conserva moita información do seu
trazado.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
As vilas de
Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada: Xoán Miguel
González Fernández. Ed. Concello de Redondela.
Descripción
económica del reyno de Galicia.
Escrito por José Lucas Labrada, 1804
¿Que
rutas seguía el vino del Ribeiro en la Edad Media? Por L. Martínez
en Campo Galego.
https://www.campogalego.es/que-rutas-seguia-el-vino-del-ribeiro-en-el-medievo/
Caminos
Medievales de Galicia. Elisa Ferreira Priegue.
Santuario
de Santa María da Franqueira. Diócesis Tui-Vigo.
http://www.afranqueira.org/
La Voz
de Galicia
Faro de
Vigo