|
O ciclista Álvaro Pino nun dos carteis da campaña "Sinte Galicia, fala o teu idioma".
|
Despois
da persecución do galego durante a ditadura franquista na
Constitución Española de 1978 prodúcese o recoñecemento do
galego, catalán e euskera como linguas cooficiais
Cinco
anos despois aprobouse a Lei
3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, cuxos
dous primeiros artigos din:
Artigo
1. O galego é a lingua propia de Galicia. Todos os galegos teñen o
deber de coñecelo e o dereito de usalo.
Artigo
2. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal do galego
e do castelán, linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
Nos tempos da transición
o Concello de Redondela encabezou a
promoción do galego nas administracións.
O alcalde era Xaime Rey, que era secundado por Xosé González
Martínez, funcionario de administración local, e
por Lino Velo, concelleiro de cultura do
Concello e deputado provincial, substituído
logo no cargo de concelleiro por Andrés Couñago Laxe. Estas
actuacións non estiveron exentas de polémica, botándoselle en cara
continuamente ao alcalde a súa preocupación polo galego
e desatender outros asuntos daquela máis
importantes para Redondela, como eran o peche da fábrica Regojo ou o
vertedoiro de lixo. Algunhas das
iniciativas que se tomaron foron:
1979.
O alcalde de Redondela
propón ao pleno que preste o
seu apoio
á celebración
dun acto de desagravio á
memoria de Eduardo Blanco Amor, porque o
presidente da Xunta de Galicia non
asistira ao
enterro do
escritor e polo
inadecuado lugar no
que se instalara a
capela ardente.
En 1980
o Concello de Redondela promove a creación do Premio
de Novela Longa Eduardo Blanco Amor,
encargándose da primeira edición celebrada
en decembro de 1981. Resultaría
premiada «A vila sulagada» de Daniel Cortezón, con
Xosé Fernández Ferreiro e Martínez Oca como finalistas. Formaron
o xurado: Francisco Fernández del Riego, Benito Varela Jácome e
Anxo Tarrío. Pouco a pouco súmanse novos
concellos facéndose cargo do
financiamento.
Cada ano un deles é o organizador do evento, que consiste na
difusión da obra de Blanco Amor e a entrega do premio.
|
Homenaxe a Blanco-Amor. Publicado polo Concello de Redondela
|
1980, novembro. O Concello de
Redondella celebra a «Semán cultural galega». Entre os actos
previstos figura unha mesa redonda baixo o tema «Os axuntamentos e o
idioma galego» coa participación dos alcaldes de A Coruña,
Pontevedra, Vigo, Cangas, Moaña e Redondela.
1981, xaneiro. O Concello de Redondela
comeza a galeguizar os documentos municipais de maneira progresiva.
Os primeiro será o «carnet de feirante».
1981, setembro. O pleno do Concello
acorda propiciar cursos de galego para os funcionarios da
Administración Local.
1981, novembro. O concello aproba unha
moción presentada por Velo Amaro e Martínez ao Pleno, para reducir
un 40% os impostos municipais sobre publicidade comercial dos
comerciantes de Redondela feita en lingua galega.
1982, febreiro. O alcalde Xaime Rei
reúnese co presidente da Xunta de Galicia, Xerardo Fernández Albor,
para exporlle os acordos e accións de Redondela de cara a unha
normalización do emprego do idioma galego na Administración.
1982, marzo. Presentadas dúas
mocións, unha para que se cre un departamento de normalización no
Concello e outro na Deputación Provincial.
1982, abril. Seguindo o proceso
galeguizador do Concello os recibos da auga deste ano son no noso
idioma. Tamén se informa aos establecementos hostaleiros da próxima
publicación dunha guía turística do concello na que poderán
aparecer coa única condición de que os seus menús estean en lingua
galega e castelán.
1982, abril. Reunión no concello de
Redondela de alcaldes y concelleiros de Cultura de toda a provincia,
para tratar da «a normalización lingüística na Administración e
nos concellos».
1982, maio. A consecuencia dunha
iniciativa do Concello de Redondela, o deputado provincial Lino Velo
presenta unha moción para crear un servizo de normalización
lingüística, similar ao existente noutras deputacións de
comunidades autónomas con idiomas propios.
1982, maio. Mesa redonda sobre a
lingua galega con motivo do «Día das Letras Galegas» no Círculo
Ourensán - Vigués sobre a lingua galega nos medios de comunicación,
na que interviron Paz Lamela, inspectora de E. X. B.; Xosé González,
funcionario do Concello de Redondela; Lino Velo, concelleiro de
Redondela; Gustavo Luca de Tena, xornalista redondelán, e José
Andrés Hernández, director de «Radio Popular». Como presentador
actuou Víctor Freixanes, catedrático de galego.
1982, maio. O Concello organiza un
programación para conmemorar o Día das Letras Galegas con actos en
todas as parroquias, no que destaca a inauguración do monumento a
Blanco Amor, obra do escultor Eiravella . (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/esculturas.html
)
1982, maio. O concelleiro Lino Velo e
o funcionario municipal Xosé González falaron na Asociación de la
Prensa para expoñer os esforzos do Concello de Redondela pola
normalización do idioma. Neste sentido convocouse unha segunda
reunión cos alcaldes da provincia para o día 19, xa que na primeira
convocatoria do Concello asistiron unicamente dous alcaldes,
desculpáronse outros dous e o resto nin contestaron.
1982, maio. Campaña radiofónica, en
cuñas publicitarias, do Concello de Redondela nas que dun xeito
popular se da conta da necesidade institucional e pública de
normalizar o uso do galego na Administración.
1982, 17 de maio. O Día das Letras
Galegas o Concello de Redondela recibe en Vigo o “Premio da
Crítica” no eido das «iniciativas culturais». Na recollida
do premio o concelleiro de cultura Lino Velo criticou ao concelleiro
de cultura, Figueira Valverde, que desde que anunciara os cursos de
galego para funcionarios da Administración Pública ninguén sabía
deles. Ademais agradeceu a axuda prestada polos responsables dos
departamentos de Cultura del Gobierno Vasco e da Generalitat, mentres
que non recibira a menor colaboración por parte da Xunta de Galicia.
1982, agosto. O Concello de Redondela
creou o «Consello municipal de normalización do
idioma», co fin de normalizar e xeneralizar o uso do
galego na vida pública e na administración municipal.
1982, setembro. Na fachada da Casa
Consistorial colocouse en bronce a lenda “Casa do
Concello”, sendo
o primeiro concello de Galicia en facelo. Tamén
se nomearon en galego todos os departamentos do mesmo.
1982, novembro. O
Premio Blanco Amor, iniciativa do Concello de Redondela xa conta co
apoio de máis de 50 concellos.
1982,
decembro. Despois dun tempo en que o Concello de Redondela envía
todas as súas notificacións en galego, dos milleiros de
destinatarios tan só unha persoa esixe unha tradución e outras
catro foron pedindo un documento «en cristiano».
1982, decembro. O alcalde de
Redondela, Xaime Rey e dous concelleiros Lino Velo e Xurxo Martins
presentan en Vigo aos medios de comunicación a colección de
formularios que, impresos en lingua galega, son empregados a diario
pola administración municipal.
1982, decembro. O conselleiro de
Cultura da Xunta de Galicia por fin deu contestación o escrito do
concello de Redondela sobor dos cursos de galego a funcionarios: «A
Xunta de Galicia non somentes acollerá con moito interés a
iniciativa sino que pra funcionarios ten en trámite a xestión do
Instituto Galego coa misma finalidade». «De todos xeitos pasó a
presidencia este novo escrito seu, e sin perxuicio de insistir para
inmediata posta en marcha de novos cursos pra funcionarios no
Instituto da Lingua galega»
1982, decembro.
Baixo a presidencia do alcalde, entrégase en Redondela o premio do
octavo certame galego de narracións breves Modesto R.
Figueiredo,convocado polo Patronato do Pedrón de Ouro. O gañador é
Miguel Suárez Abel, de Vilagarcía de Arousa, coa obra «O
quiquiriquí».
1983, xaneiro. O Concello organiza un
curso de galego para funcionarios cursando invitación a varios
organismos provinciais, entre eles, a Comandancia da Garda Civil,
ICONA, notarías, Centro de Hixiene de Rande, confrarías de
pescadores, etc. O curso será impartido conxuntamente polo
catedrático de Vilagarcía Xavier Senín, o agregado do l. N. E. M.
De Redondela, Modesto Hermida e mailo profesor i escritor Víctor F.
Freixanes. O servizo municipal de normalización tiña provisto
programar outro curso de perfeccionamento nese mesmo ano.
1983, febreiro. Unha representación
do Concello de Redondela formada polo alcalde Xaime Rey, o
concelleiro de Cultura Lino Velo e co funcionario do Servizo
Municipal de Normalización, Xosé González, participa nunhas
xornadas en torno ás linguas nacionais na administración, xunto a
persoas adscritas á dirección xeneral de política lingüística do
Gobierno Vasco e da Generalitat, e outros especialistas no tema.
1983, febreiro. O Concello de
Redondela propón á Xunta de Galicia a publicación de dous libros
básicos para a normalización lingüística na Administración
Local, a creación de cursos permanentes de galego para funcionarios,
a posta en marcha dunha política de subvención a ditos cursos e
dunha campaña de sensibilización, e a expedición de certificados
académicos que acrediten o coñecemento da lingua.
1983, marzo. Celébrase en Chapela un
curso de lingua galega para adultos organizado polo servizo municipal
de normalización.
1983, marzo. O concello de Redondela
foi galardoado co Pedrón de Ouro “pola promoción e
normalización da lingua e da cultura, pola creación do premio
Eduardo Blanco Amor e polas probas inequívocas da sua galeguidade e
entrega ao país”. É a
primeira vez que unha institución recibe este recoñecemento.
|
Obsequio do Concello. Medalla de Sargadelos conmemorando a concesión do Pedrón de Ouro en 1983.
|
1983, abril.
Noventa e seis persoas matricúlanse nos cursos de galego para
adultos organizados na Casa do Mar de Redondela polo Servizo
Municipal de Normalización do Idioma.
1983, abril. Os
portavoces dos grupos políticos Esquerda Galega, Partido Comunista,
Partido Socialista e mailo Partido Galeguista, que hoxe teñen
representación no concello de Redondela, firmaron un pacto pola
continuación das políticas a prol da normalización da lingua
galega no ámbito local e administrativo.
1983,
maio. O Concello de Redondela enviou un telegrama ao presidente da
Compañía Telefónica, lamentando que en Galicia non se empregue nas
guías telefónicas o galego, mentres en Cataluña e Euskadi
utilizan o catalán e o euskera. Pouco
despois a Compañía Telefónica anunciaría a publicación da
próxima guía en galego.
1983, maio. O
Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo obrigado a repoñer o sinal
retirado da estrada N-550 e que fora colocado polo Concello de
Redondela dando a benvida nos catro idiomas oficiais do estado
español.
1983,
maio. Novas conversas de membros da comisión de cultura do Servizo
de Normalización do Idioma de Redondela con representantes dos
departamentos semellantes dos idiomas catalán i euskera.
1983, maio. O
alcalde de Redondela dirixiuse por carta ao director xerente de
Aviaco para pedirlle que de acordo co Estatuto de Autonomía de
Galicia sexa usada a lingua galega nos avións que veñen a Galicia.
1983,
xullo. O Concello de Redondela organiza unha campaña publicitaria
para promover o idioma galego en todas as instancias e medios. Consta
de 13 carteis coa lenda: “Sinte Galicia, fala o
teu idioma”. Colaboran
na mesma varios galegos famosos: escritores como Camilo José Cela,
a muller do tempo na TV,
Pilar Sanjurjo, o director xeneral de RTVE, José María Calviño, o
futbolista Miguel Angel, a actriz Rosalía Dans, o actor Fernando
Rey, o bispo Araújo Iglesias, o modisto Adolfo Domínguez...
|
Presentación da campaña "Sinte Galicia, fala o teu idioma". Foto cedida por Andrés Couñago Laxe
|
1983,
outubro. O alcalde Xaime Rei é invitado polo Centro Galego de
Madrid, para que faga na súa sede unha presentación da xa famosa
campaña de carteis e expoñer o traballo levado a cabo no Concello
de Redondela en prol da normalización da lingua galega.
1983,
decembro. O Servicio Municipal de Normalización do Idioma do
Concello de Redondela edita un folleto titulado: «Escribir
en Galego 1». Esta
publicación recolle
un mini - dicionario de topónimos, épocas do ano e outros aspectos
temporais, acompañado da normativa vixente respecto á
normalización.
1983, decembro.
Anúnciase para abril a saída da guía telefónica en galego para
abril, pola que tanto insistiu o Concello de Redondela. Ademais
imprimiranse tamén en galego os carteis para difundir a ampliación
de capital da compañía recomendarase aos empregados o uso do
galego.
1984, xaneiro. Mes
cheo de actividades. Iníciase un ciclo de conferencias sobre o
galego, o primeiro orador é Antonio Rosón, presidente do Parlamento
galego. Xosé
M. Martínez Oca presenta a sua novela «Beiramar», gañadora do
derradeiro premio Blanco Amor. Comenza un novo ciclo de cursos de
galego para adultos.
1984, xaneiro.
Xosé
González Martínez, funcionario do concello de Redondela promove a
recén
creada Asociación
de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia.
1984,
xaneiro. Tras a protesta do alcalde de Redondela foron retirados os
folletos do Ministerio de Obras Públicas (MOPU) escritos en galego
non normalizado.
1984, xaneiro. O
alcalde, Xaime Rei, dirixiuse por carta á directora xeral de
Política Lingüística, Paz Lamela, e ao presidente da Deputación
Provincial de Pontevedra, Mariano Rajoy, solicitando que os boletíns
oficiais das deputacións escriban os topónimos en galego, porque
apesares de que a Xunta constituíra a Comisión de Toponimia en 1979
seguen
a publicarse de forma errónea.
1984, febreiro. O alcalde de Redondela
escribiu ao
presidente da Deputación
de Pontevedra, pedíndolle
que: cre unha
unidade
administrativa de asesoramento en temas lingüísticos, que nas
actas se escriban en galego as intervencións
feitas
neste
idioma, que o
Boletín
Oficial da Provincia se redacte en castelán
e
galego simultaneamente,
que os selos, cuños e
impresións
sexan
en galego,
que se continúen os cursos en galego para funcionarios, que sexa
mérito o
coñecemento
do
galego nos
exames,
concursos
e
oposicións
da Deputación,
etc.
1984,
marzo. Seguindo o exemplo do concello de Redondela, o alcalde de
Compostela invita aos seus colegas dos principais municipios de
Galicia, para firmar un documento de defensa e normalización do
galego.
1984, abril. O Concello de Redondela
escribiu á directora
xeral de política lingüística e
ao
delegado provincial da Compañía Telefónica para dar conta
dos
errores da
nova
guía, escrita en galego e
castelán,
con
denominacións
erróneas sobre os colexios
que aparecen como “nacionais”,
cando unha
orde da Xunta, os
nomeou
“públicos”.
1984, maio. Anunciase a celebración
en Redondela dunhas xornadas de divulgación da Ley de
Normalización Lingüística dirixidas a alcaldes e concelleiros
galegos.
1984, maio. Invitada polo alcalde
visitou Redondela a directora xeneral de Política Lingüística da
Generalitat. Trala explicación dos traballos que en materia de
política lingüística ven realizando o Concello, Aina Molí, animou
a seguir por esa liña e valorou moi positivamente a laboura do
Concello de Redondela neste eido.
|
Primeira Ordenanza do Uso do Galego
|
1984, maio. Na
reunión celebrada
o
día 16 en Santiago dos
alcaldes de toda Galicia, o
presidente del Parlamento galego, Antonio Rosón felicitou
unha vez máis ao Concello de Redondela por ser pioneiro
na
normalización do
galego.
1984, maio. O Concello de Redondela
prosegue
a campaña
de
carteis pola
Normalización Lingüística, para
o que confeccionou
un tríptico no
que expón
a campaña e
como
adherirse. Tamén
anuncia
segue
co ciclo de conferencias
con Alexandre
Cribeiro, director de TVG, e
o
día 30 con
Domingo
García Sabell, presidente da Real Academia Gallega e
delegado do
Gobierno. Co
motivo do Día das Letras Galegas tamén se realizaran varias
actividades dirixidas aos máis cativos.
1984, xuño. O Concello edita o
segundo libro
de «Escribir en galego 2»
na
que se recollen exemplos de diferentes tipos de formularios
administrativos de uso común.
1984, xuño. En
carta aos concelleiros
o
alcalde de Redondela
pide a galeguización da Caja de Ahorros de
Vigo.
1984, xuño. O alcalde,
Xaime Rey, pediu
aos seus veciños
que coloquen nos
seus
balcóns
e
fiestras a
bandeira
galega con
motivo da chegada dos restos mortais de Castelao a Galicia.
1984, xullo. O Alcalde de Redondela
dirixiu unha carta ao director
xerente
da Caja de Ahorros Provincial
de Pontevedra pedíndolle
que fagan
edicións
en galego da documentación que empreguen
en relación cos concellos
galegos.
1984, agosto. O Concello
de Redondeia negouse
a distribuír
máis
de mil carteis
enviados
a
Federación Española de Municipios, para a campaña de limpeza en
vilas e
cidades,
por
ter a lenda en castelán:
«Juega limpio con tu ciudad, gracias».
Considérase
que
a
campaña
debería
ser nos
catro idiomas del Estado.
1984, setembro. O Concello de
Redondela recibe un novo premio, o diploma do Centro
Catequético de Xestoso por:
«A
normalización da Lingua Galega».
1984,
setembro. O alcalde de Redondela escribiu ao ministro de Cultura:
“...
pidiéndole que aproveche todas las ocasiones que se le presenten
para difundir y popularizar todavía más nuestra lengua en el país
gallego y para llamar la atención de los ciudadanos sobre la riqueza
que supone para un Estado una variedad lingüística tan amplia...”.
1984,
outubro. O alcalde Xaime Rei, enviou, unha vez máis, unha carta aos
restantes rexedores galegos
animándoos
á normalización do idioma galego na burocracia municipal e os
informa de dúas empresas especializadas en material da
Administración Local en galego.
1984,
outubro. Os representantes de Vigo e Redondela da Asociación
de Funcionarios
para
a Normalización
Lingüística
en Galicia, que vai
nomear
en Santiago a
súa primeira xunta
directiva, informan
que pretenden
desenrolar
una serie de mecanismos que suplan a falta dunha
política oficial.
1984, outubro. Nunhas xornadas a prol
da normalización, intervirá o funcionario municipal de Redondela
Xosé González Martínez co tema «Un servicio de normalización
lingüística nunha vila de tipo medio», tamén participarán A.R.
Reixa e Víctor Fernández Freixanes, entre outros.
1984,
outubro. Xaime Rei lembra que hai pouco o Ministerio de
Comercio, a través dun decreto que deixou en suspenso o Tribunal
Constitucional, prohibía na etiquetaxe de envases o uso do galego,
euskera e catalán. Para el sería necesario facer unha campaña
institucional, desde Madrid, en televisión e medios de gran
audiencia, con espazos publicitarios para resaltar a existencia
destas linguas como un patrimonio de todos.
1984, novembro. Nun informe sobre a
normalización
do uso do galego na Administración local destácase
que o concello de Redondela cumpriu
a tódolos niveis a oficialización da lingua galega, mentres
outras
entidades
locais
fan
caso omiso a que
a lingua galega é a oficial de Galicia, chegando
ao
extremo de que algunhas delas
se
resisten a recuperar o seu nome galego.
1984, novembro. O alcalde accidental
do Concello de Redondela enviou unha
carta ao
Conselleiro de Ordenación do
Territorio pedíndolle
que se
dirixa
aos concellos en adaptándose á
Normalización Lingüística: «O
galego so aparece na denominación de Consellería, sendo o resto en
castelán, dando lugar deste xeito a unha situación delicada», e
de no ser así, mellor
que poñan:
«Junta
de Galicia. Consejería de Ordenación del Territorio».
Ademais
denuncian o emprego da
palabra “Puertos”
e de
topónimos castelanizados:
«e
os toponímicos que se poden encontrar fai vinte anos como Sanjenjo,
La
Guardia, Poyo,
etc...».
Por
todo isto,sinálase
a necesidade
de exixir
aos funcionarios da Consellería
o
estrito cumprimento
de todas las disposicións
legais
en materia de toponimia.
|
Miguel Ángel, porteiro do Real Madrid na campaña "Sinte Galicia, fala o teu idioma".
|
1984,
decembro. O
senador catalán do
PSC-PSOE Francesc
Ferrer deu
unha
conferencia en galego, en Redondela.
Considera
totalmente incerto que a utilización das linguas
propias de cada nacionalidade
do
Estado Español, implique insolidariedade,
discriminación ou
dificultades de entendemento
entre eses
pobos.
«A
gran falacia de España é
o
que se quere facer
entender como solidariedade.
Se
nos decatamos,
a solidariedade
sempre vai
a favor do
castelán».
1984,
decembro. Fírmase un convenio por parte da Xunta, o Goberno Civil de
Pontevedra e por 18 concellos (entre os que figura o de Redondela)
para o emprego do galego nas administracións, que terá como
obxectivos inmediatos a elaboración dun formulario de procedemento
administrativo, un formulario de documentación municipal e un
vocabulario bilingüe xurídico - administrativo.
1985,
xaneiro. A
petición do
alcalde de Redondela,
Protección Civil xa
envía
desde Madrid os
seus
folletos escritos en galego Vigo.
1985,
xaneiro. Comezo de dous novos cursos de iniciación ao galego para
adultos que serán impartidos en Redondela e Chapela.
1985, xaneiro. Carta
do
alcalde de Redondela
ao Ministro
de Transportes y Comunicaciones,
Enrique Barón,
solicitando
que
se galeguicen as
mensaxes
nos
transportes públicos «Nos
produce desazón que las estaciones y apeaderos de Renfe exhiban en
sus letreros los nombres de las respectivas localidades gallegas en
«castrapo».
1985, febreiro. A
Associació de Mestres Rosa Sensat, de Barcelona, solicitou
á
Comisión de Ensino
do Concello de Redondela, exemplares da
revista escolar «Primeiros e
Rabelos»
da que xa
está en circulación o
número un.
1985, febreiro. O alcalde de Redondela
podería presentar recursos contra a mala utilización da toponimia
por algunhas institucións: «que fan caso omiso dos
decretos da Consellería da Presidencia relativos á
toponimia».
1985, marzo. Cursos de iniciación e
perfeccionamento
en Lingua Galega
que se celebrarán en distintos municipios de la provincia,
destinados al profesorado de E. G. B. Los cursos de iniciación se
celebrarán en Pontevedra, Vigo, Vilagarcia, Ponteareas, A Guardia,
Cangas e
Redondela,
mentres
que os de perfeccionamento se celebrarán en Porriño, Caldas de
Reis, Lalín, Vilagarcía,
Vigo e
Pontevedra.
1985, marzo. Froito
das xestións
realizadas polo
alcalde de Redondela,
a través do
Servizo
Municipal de Normalización do Idioma, os nomes dos colexios
públicos da provincia de Pontevedra figurarán na
lingua
galega na
próxima edición de la Guía Telefónica.
1985,
27 de marzo de a Audiencia Territorial de A Coruña ditou a primeira
sentenza xudicial en galego,
sendo
o uso de este idioma promovido polo concello de Redondela.
(https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2023/03/a-primeira-sentenza-en-galego.html
)
1985, 8 de maio. o pleno da
corporación redondelá, aprobou, a proposta do Grupo Socialista, a
oficialización de 619 topónimos do municipio, incluídos os
nomes das parroquias, barrios e lugares. Tamén se aprobou a
galeguización dunha vintena de rúas, a solicitude da Comisión de
Cultura del Ayuntamiento.
1985, maio. As
comisións
de cultura e
ensino do Concello de Redondela
publican
a
Primera Guía Didáctica adicada
a «Os
Maios»,
tendo
moi avanzada a segunda, que levará por título
«A
Redondela
arqueolóxica»,
de
Xosé Manuel Hidalgo Cuñarro.
1985 maio. O Concello ourensán de
Cenlle felicita por carta ao de Redondela pola normalización do
galego, especialmente na Administración Local.
1985, xuño. Os
alcaldes de Redondela,
Moaña
e
Fene, así como concelleiros
e
técnicos de educación dos
citados concellos
e
os de
Vigo, A Coruña, As Pontes, Celanova, Rianxo, Mugardos, Oleiros,
Nigrán, Ribeira, Corcubión e
Culleredo,
asistiron onte,
en Santiago, á
constitución da Coordinadora
de Concellos
para Temas
Educativos.
Presidiu
o
concelleiro
delegado de Educación, Víctor Ferreira Montero.
1985, agosto. Segundo unha enquisa
realizada polo Servicio de Normalización do Idioma do Concello de
Redondela a maioría dos funcionarios municipais galegos descoñecen
a Lei de Normalización Lingüística, promulgada o 15 de xuño de
1983.
1985,
setembro.
Tendo
en conta o
acordo
de decembro,
polo
que se presentou un proxecto
de ley para a creación do Instituto Galego de Administración
Pública, o alcalde de Redondela
proporá un novo
convenio porque os funcionarios das corporacións locais non estarían
acollidos aos beneficios de este centro de ensino institucional. Polo
que cita a 30 alcaldes galegos a unha reunión
na Casa
Consistorial.
1985, novembro. O alcalde
de Redondela
analizou
en
Valencia o
uso do
galego
na
Administración pública, nunhas
xornadas
organizadas pola Generalitat Valenciana.
1985, decembro.
Inícianse
en Redondela as
III Xornadas de Lingua e Administración.
1986, xaneiro. O
alcalde de Redondela,
Xaime Rey, solicitou
a creación dun servizo,
autónomo ou vinculado á Comisión de Cultura, que se encargue de
dinamizar o uso do
galego na
Deputación.
1986, abril. O alcalde
de Redondela
lembra ao
comandante da Guardia Civil o
dereito
a usar o
idioma
galego en
resposta a unha carta que este lle remitira.
1986, maio. A Asociación
de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia
considera
totalmente incumpridos
os dez puntos da «Declaración de Alcaldes Galegos», salvo
exemplos,
como o
de Redondela.
1986, maio. Xunto co escritor e
parlamentario Alfredo Conde, desprazouse a Cataluña, unha comisión
da que forma parte Xosé González Martínez, funcionario del
Servicio Municipal de Normalización do Idioma do Concello de
Redondela, para participar no terceiro Congreso Internacional de la
Cultura Catalana.
1986, xullo. A Consellería
de Cultura, Educación e
Ciencia da Generalitat valenciana, acaba de publicar
un
libro titulado «Les Llengües en lAdministració», no
que se recollen
comentarios e informes de oito
persoas
relacionadas coa defensa das linguas
minoritarias do
Estado español, entre o
que figura o
alcalde de Redondela,
Xaime Rei e
Xosé González, funcionario do
Concello.
1986, outubro. No Concello de
Redondela deuse a
coñecer
o
fallo do
xurado
do
concurso Libro Infantil «O Barco de Vapor» convocado polo
Patronato
de la Fundación Santa María. O
primeiro
premio, dotado con 350.000 pesetas, foi
outorgado
a «Aventuras de Sol», do
vigués Alberto Avendaño. O
segundo foi
para a
santiaguesa Elena Villar Janeiro por «Unha viaxe a Ondas mil» o
terceiro
para
Jorge Cadalulle, de Carballo, por
«Na procura dos garabellos.
1986, novembro. Comeza
un novo
curso
de galego para
adultos,
organizado polo
departamento de Cultura do
Concello
Concello.
1986, novembro.
O
alcalde de Redondela
agradece ao
delegado de Telefónica a inclusión na
Guía dos topónimos galegos.
1986, novembro. O Concello de
Redondela publicou
un curioso bando sobre a salubridade
na
matanza do
porco, posto en escena por un grupo de teatro.
1986, novembro.
Un delegado de Renfe en Vigo devolveu
un oficio ao
alcalde de Redondela
por estar escrito en galego.
1987, xaneiro. Con motivo da chegada
dos restos de Castelao a Galicia, iníciase unha
campaña pro monumento a
Castelao,
que
tomou
corpo
coa
chegada á estación de Redondela dun
tren-exposición que mostraba a obra deste
insigne galego.
|
Inaguración da estatua a Castelao. Foto cedida por Andrés Couñago Laxe
|
1987, marzo. O Concello de Redondela,
por segundo ano, exixe ás orquestras que actúen nas festas da Coca
que o 40 por cento das cancións que interpreten sexan en galego e
recomenda ás comisións de festas que adoiten a mesma medida.
1987, abril. Tan só catro concello da
provincia de
Pontevedra, entre o que se atopa de Redondela, recibirán
manuais
de uso do
galego elaborados
polo
Instituto da Lingua. O
resto non amosaron interese
por galeguizar as súas
administracións.
1987,
abril. Celebración do partido Choco-Celta a beneficio da construción
do monumento a Castelao.
1987,
17 de maio. Celebración do Día das Letras Galegas co descubrimento
da estatua a Castelao na Alameda.
1987
xuño. Redondela celebra
o
Primeiro
Festival Galego de Cantiga Tabernaria dentro
da
programación
da Festa da Coca.
1989, agosto. «Estas no teu
dereito. Comunícate coa comunide», é o lema da nova campaña
de normalización lingüística do Concello de Redondela, co fin de
“converter nun feito normal o
uso do idioma galego nas relacións
persoais, comerciais, administrativas ou
de calquera outra orde”.
Edítanse 100.000 folletos que
serán repartidos en comercios e organismos públicos.
A
promoción do galego continuaría e cabe destacar que na
seguinte década,
en 1998, nace a Fundación Lois Peña Novo
por iniciativa de varios funcionarios do Concello de Redondela co
fin de promover o uso do galego no ámbito administrativo. Entre as
súas iniciativas está o Premio Lois Peña Novo.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
La Voz de Galicia
O
que lembro do vivido.
Andrés Couñago Laxe.