|
Interior dun muíño. Foto: J. Migueles
|
Os muíños son máquinas que serven para moer o gran. Os que
atopamos en Redondela son muíños fariñeiros de auga. Son de
reducio, ou sexa, de roda horizontal, existindo dous grupos que ás
veces aparecen combinados:
De canle.
Son nos que a auga vai collendo altura mediante unha canle para caer
con forza no reducio.
De cubo.
Son os que acumulan auga nun depósito (circular ou cadrado) para
conseguir que a auga saia coa presión necesaria.
De canle-cubo.
A levada ensánchase entrando en diagonal no muíño formando así
un depósito no que aumentar a presión como no tipo de cubo.
No
libro “Muíños
nas terras de Redondela”, Miguel
Ángel Abraira Pérez, sen
abranguer todos os regatos do concello chegou
a recoller 96 muíños.
A lista que amoso a continuación amplía
este traballo, mais
algúns están desaparecidos e outros aínda non os localicei. En
total serían:
Cabeiro 6
Cedeira 18
Cesantes 6 (2
desaparecidos)
Chapela 32
(4
desaparecidos)
Negros 11 (4
desaparecidos)
Quintela 4 (1
desaparecido)
Reboreda 23
(2
desaparecidos)
Redondela 6
(5
desaparecidos)
Saxamonde 8
Trasmañó 20
Ventosela 4
Vilar de Infesta 7
Vilavella 3 (2
desaparecidos)
O Viso 13
(2 desaparecido)
TOTAL:
160
(dos cales 22
desaparecidos)
A
todos estes habería que engadir outro desaparecido pertencente á
fábrica de curtidos que existiu na rúa do Muro (Redondela), que
probablemente estaría localizada no solar onde se construíu a nave
da empresa Umbro. Na Matrícula de 1893-94,
aparece a seguinte información: "Fábrica
de curtir pieles de ganado vacuno. Le juran tener molino cortera con
destino a la misma movido por caballerías 22'83 metros cúbicos".
Sería propiedade de Juan Ipiña Ibarreche e permanecería activa
cando menos ata 1905.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/outras-empresas-desaparecidas.html
)
Engado
tamén un mapa cos que teño xeolocalizados (pouco a pouco irá
mellorando), o que nos da unha imaxe clara deste patrimonio que
estamos a deixar esmorecer:
https://www.google.com/maps/d/edit?hl=es&mid=1OEoWm6HQOLxrh7wSHao3R_O6QK7X5Nzm&ll=42.31361017281813%2C-8.590405507276017&z=16
Río
Pexegueiro
(Cesantes/O
Viso)
Desemboca na Marisma
Muíño
da Molinera x2
(Est.
Campo de Fútbol/Redondela):
A
carón da Ponte de Esteiro. Era
propiedade de Javier “o de
Sequeiros” e
Gloria “La Molinera”.
Desaparecido,
construíndose dúas
casas no seu lugar, unha
onde estaba o muíño e outra onde había uns galpóns onde a xente
agardaba o final da moenda podendo
quedar a durmir cos carros de bois.
Consérvase
unha terceira construción preto
da ponte de Esteiro que
era empregada como galiñeiro. (42.29352,
-8.6076)
Muíño
¿? (Cño.
da Fonte de Ribas, zona do Xote/Cesantes):
Reconvertido en alpendre de bloque conserva a levada de pedra.
(42.294825,
-8.607241)
Muíño
do Rato (Lugar
do Baghón na zona do Xote-Ameneiral do Pexegueiro/Cesantes):
Tipo mixto. Atópase
nun sitio que foi empregado durante anos para tirar escombro e todo
tipo de refugallos. No 2021 por iniciativa do Obradoiro Fernando
Monroy comeza a recuperación da zona.
(42.2983548,
-8.6067458).
Muíño
dos
Codias
(Camiño
Cerqueiro/Cesantes):
O
teito do muíño
queda
á altura do camiño polo que para evitar que a xente caira dentro o
encheron por completo de escombro.
Na
Documentación da Finca de Sobral fálase dos Muíños de Esteiro,
referíndose probablemente a este e o anterior. (42.299167,
-8.604956)
Muíño
dos Herdeiros (A Nogueira/Cesantes):
Desaparecido.
Muíño
da Joaquina do Lobo do Caldo (Cño.
da Ínsua/A Nogueira/Cesantes):
Muíño de
canle-cubo con
casa enriba á que se lle afundiu o piso de madeira.
(42.302811, -8.599881)
Muíño de Adelaida,
da Insua ou de Maruja de Carolina (Cño. Da Ganga/A
Insua/Cesantes): Recentemente
restaurado con materiais modernos e encintado da pedra. Conserva
parte do cubo. (42.304930, -8.599652).
Muíño da Jeresana
(Cño. Da Ganga/A Insua/O Viso): Muíño
de cubo moi ben conservado con pousadoiro na entrada. Este
e o anterior son coñecidos como Muíños no Seixo.
(42.305231, -8.599699).
Muíño ¿? (A
Ínsua/ O Viso): Desaparecido. Derrubado a
principios dos 70 para a ampliación da estrada. (Citado no traballo
de Miguel Abraira)
Muíño de
Cancelos ou do Lino (Cadabal/ O Viso):
Construído en 1881. Despois
de anos de abandono foi mal reconstruído con materiais modernos.
(42°18'28.16"N, 8°35'56.70"O)
Muíño ¿?:
Añadido de ladrillo. (42.30784,
-8.5991)
Muíño de
Baltar ou de Florencio do Cabo da Vella (Cadabal/ O
Viso): Muíño
de cubo restaurado cara a
2009. Construído en 1884.
Chamado de Baltar polo actual propietario (2020) José Luis Martínez
Baltar, quen o traballou ata 1988. Ten
acaroada unha pequena habitación que podería ser empregada para
durmir os días de muiñada. No lado dereito da porta ten unha gran
cruz e semella que podería haber algunha outra inscrición máis
gastada. (42.308361, -8.599048)
Muíño de Manolo de
Padia (Cadabal/ O Viso): Desaparecido. Probablemente o que
quede estea nunha propiedade privada.
Muíño
da Habanera ou de
Ceferino Barros (Val
do Muíño-Tuimil/ O Viso):
Muíño
de cubo sen tellado. Accedese por unha pontella unida a unha ponte
algo maior. (42.308664,
-8.597507)
Muíño
do Zafarino ou Muíño de Mariquela
ou Muíño da Maruxa (Val
do Muíño-Tuimil/ O Viso): Os
dous últimos nomes recollidos polo CEIP Outeiro das Penas fan
referencia á propietaria. Conserva as paredes e
segundo Miguel Abraira un monumental cubo que a maleza nos impediu
observar.
(42.30873, -8.5971278)
Muíño
¿? (Val do Muíño-Tuimil/ O Viso):
Conserva
as paredes. Muíño
de cubo
cadrado con entrada
en diagonal. (42.309217,
-8.596395)
Muíño
de Catalina Rigó ou de
Joaquín de Bernarda
(Val do Muíño-Tuimil/ O Viso):
Construído
por Catalina Rigó Veiga en 1883, sobre a porta “ANI 83”. O
propietario en
2020 é Antonio Barral. Recentemente (2020)
foi encintado e ten tellado de uralita. (42.309528,
-8.596013)
Muíño
do Escredo (Cño.
Da Fonte do Escredo/O Viso):
Muíño
desmantelado do que tan só se conserva en pé o cubo. (42.312180,
-8.584673)
|
Alboio dos Muíños da Molinera
|
|
Muíño de Joaquina
|
|
Muíño de Adelaida |
|
Muíño de Florentino
|
|
Muíñodo Zafarino ou Mariquela |
|
Muíño de Joaquín |
|
Muíño (Val do Muíño) |
|
Muíño da Habanera
|
Rego
Caramboleiro
Afluente
do Pexegueiro.
Muíños da Velasca x2
(Eido de Arriba-Vilar
do Mato-Ventosela):
Dous
muíños de cubo. A auga non pasa dun ao outro teñen regos
independentes.
O
de arriba foi ampliado en altura con ladrillo e tella plana. Semella
que podía ter tellado a dúas augas e o converteron en unha. Parte
das tellas, que
son planas,
caeron. Conserva
un pequeno forno. O
muíño ten dúas portas unha de entrada e outra máis baixa que da
ao segundo muíño. (42.305730,
-8.587861)
O de abaixo tiña
tellado de uralita con tella enriba que se afundiu caendo varias
pedras das paredes. Ten cruces protectoras no lado dereito da porta.
Consérvase unha pontella de acceso. (42.305636,
-8.587906)
|
Muíño de Velasca 1
|
|
Muíño da Velasca2
|
Río Alvedosa
(Redondela/Reboreda/Pazos)
(Non
aparecen os muíños do veciño concello de Pazos de Borbén)
Muíño
de Rubio ou “La Molinera”
(Paseo da Xunqueira/Redondela):
Desaparecido. Estaba na parte traseira da tenda de mesmo nome. Citado
por ser o primeiro muíño
eléctrico de Redondela.
Muíño da Peituda
(R. Juan Manuel Pereira/Redondela): Sobre os restos do
muíño construíuse un garaxe. Chamado así porque nel traballaba a
irmá de Julián “Peitudo”, dono dunha popular taberna
anexa ao muíño. (42.28238, -8.60783)
Muíños
de
Pájaro Pinto, Domitila e Filomena
(Redondela):
Tan só se conserva o de Domitila, parte do cal foi esnaquizado
para construír
un edificio. Este foi o último en deixar de funcionar. O de Filomena
desapareceu nos 60 para edificar. A zona era coñecida como Barrio
dos Muíños. (42.28223,
-8.60667 )
Muíño do Señor
Salvador (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda):
Con vivenda construída enriba. (42.28305, -8.60485)
Muíños de Loroto x3 (Santo Paio de Abaixo/
Reboreda). A carón da fervenza chamada A Feixa. Son tres muíños,
sobre un dos cales se construíu unha casa. (42.28188, -8.60206 /
42.28185, -8.60174 / 42.28191, -8.60163)
Muíño do
Peixiño (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda).
Adicado á hostalaría co nome “O Muíño Vello”.
(42.28221, -8.60138)
Muíño da Siña
Ventura (Santo Paio de Abaixo/Reboreda):
Muíño con vivenda en estado de abandono. (42.28285,
-8.60097)
Muíño da Moucha
(Santo Paio de Abaixo/ Reboreda): Reconvertido en vivenda
no 2008. (42.28385, -8.6001)
Muíño da Manca ou do Medio (Santo Paio de Abaixo/
Reboreda) (42.28442, -8.59947)
Muíño de Marchabén
(Santo Paio de Abaixo/ Reboreda): Con
vivenda construída enriba. (42.28452, -8.59905)
Muíños da Ponte x2
(Santo Paio de Abaixo/ Reboreda). Dous muíños o primeiro
de cubo e o segundo de canle-cubo. Adicados á hostalaría.
(42.285151, -8.597545)
Muíño do Pápalo
(Santo Paio de Abaixo/ Reboreda) (42.28813, -8.59504)
Muíño da Matuta (Asnelle de Abaixo/
Reboreda) (42.28887, -8.59492)
Muíño do Roque
(Asnelle de Abaixo/ Reboreda) (42.288831, -8.593878)
Muíño
do Faranguello (Reboreda):
Tan
só quedan restos. (42.2897227626,
-8.59086104172)
Muíño da Catreira
(Cño. do Río-Reboreda):
Muíño con vivenda. (42.290345, -8.589914)
Muíño de Manel ((O
Cadaval-Asnelle de Arriba / Reboreda):
(42.290664, -8.586427)
Muíño ¿?
(Reboreda): Só se conservan os cimentos.
Muíño
das Xastras (Muíño-Reboreda):
Muíño que se popularizou pola celebración do Arrastro Rock onde
facía as funcións de bar. Presenta
un bo aspecto exterior apesares de que se lle engadiu un tellado para
acoller unha grella. Fáltalle o rodicio e ao estar pechado non
sabemos se conserva as outras partes do muíño.
(42.291438888888884,
-8.579597222222223)
Muíño
da Ponte
(Muíño-Reboreda):
Muíño
de cubo cadrado con entrada en diagonal. O tellado está a caer e con
el xa se derrubou un dos muros. Conserva a moa.
(42.29183333333333,
-8.579072222222221)
Muíño do Tareixo
(Reboreda):
Desaparecido.
Citado en O
monte de Reboreda, Redondela.
Guía
escolar. Ed.
Comunidade de Montes de Reboreda, 1993.
Muíño do Rachón
(Paradela-Reboreda):
No remate da Senda da auga no tramo de Reboreda, a carón dunha
fervenza. (42.292570, -8.569183)
Muíño
¿? (Ventosela):
(42.2930424461, -8.56682793022):
Muíño
de cubo. Está
moi preto do límite con Amoedo (Pazos de Borbén). A maleza impide o
acceso ata o muíño e tan só puiden comprobar que os seus muros
consérvanse en bo estado.
Regato
da Garonda ou Regueiro Vello
O
primeiro nome
no curso alto e o segundo no baixo.
Muíño
de
José da Gharonda
(Caballa
Vella-Senda
da Auga-Reboreda):(42.280989,
-8.585335)
Rego
do
Campelo
Muíño de Joaquín ou Muíño do Souto (Río
Muíño-A Carosa/ Ventosela): (42.298739,
-8.576097)
|
Muíño de Joaquín |
|
Muíño de José da Gharonda
|
Río Maceiras
(Varias Parroquias)
Únese ao Alvedosa na
Xunqueira
Muíño
do Arañol (O
Muro-Vilavella/Redondela): Desaparecido
trala construción da variante da estrada
N-550 a
finais da década dos
90 do pasado século. Tan
só queda
algunha pedra que nos indica a súa localización.
Muíño con vivenda que
formaba parte da propiedade do
Convento de Vilavella. Trala venda do
edificio pasou a mans de José Otero González “Mañas”, quen llo
tiña alugado a Justo Otero López “Cangón”.
Este muiñeiro sería o último en
traballalo abandonándoo
coa súa familia nos
anos 60 polos continuos asolagamentos
producidos polas crecidas
do río,
trasladándose ao Cu do Muíño, que veremos a continuación.
(42.277412, -8.611086)
Muíño dos
Biquillos (O
Muro-Vilavella/Redondela):
Desaparecido. O nome fai referencia ao alcume da familia propietaria.
Muíño
do Maceiras (Cño. do Muíño
do Muro (Vilavella)): Miguel Abraira recolle
o nome de Muíño da Maceira. Muíño de canle con dúas moas,
con vivenda e ponte de acceso, que foi medio tapada e ampliada no
2016 coa construción da senda do Maceiras. Nunha das portas aparece
a data de 1885. Tamén
é coñecido como Muíño
dos Cochechos, nome
que non é correcto porque era o alcume
dunha
familia que
vivía
na
casa que hai a carón
muíño.
Como citamos ao falar do
Muíño do Arañol, a este muíño se mudou coa súa familia Justo
Otero López “Cangón”,
quen o mantivo
en funcionamento ata inicios dos anos 80. Na última época tan só
se empregaba unha
das
moas.
Non se traballaba todo o ano xa que as crecidas do río impedían que
os muíños funcionaran nos
meses de inverno. Tanto
este muíño como o de Arañol os alugaron ao conserveiro
José Otero González
“Mañas”, polo que é
máis que probable
que tanto estes dous muíños como o desaparecido “dos Biquillos”,
pertenceran ao Convento de Vilavella
(42.271975, -8.612955). (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html
)
Muíño
da Lama ou do
Castellano (Cño.
Fonte da Lama/Cedeira):
Desaparecido para construír
unha casa. (42.26995, -8.61284 )
Muíño de
Maghariñas (Costeira/ Quintela)(
42°16'4.42"N, 8°36'50.53"O)
Muíño de Carme
(Costeira/ Quintela):
Muíño de
canle-cubo
con dúas moas e con casa
acaroada.
Destaca a súa monumental
levada duns 50 metros que
entra no muíño a pouco máis dun metro de altura.
No 2021 está
a ser restaurado. Colocáronlle un tellado de panel sándwich
imitando a tella do país, aumentándolle a altura con ladrillo.
(42.261671, -8.610013)
|
Muíño do Arañol. Restos da levada |
|
Cu do Muíño |
|
Muíño de Carme
|
Río
das Pereiras
Desemboca
no Maceiras. Muíños de seixo que na maior parte dos casos
presentan un cubo de grandes dimensións.
Muíño
¿? (Cño.
do Sapal/Negros):
Muíño
de
canle-cubo
en
ruínas. Tiña
acaroada unha vivenda.
A
maleza impediunos ver moito máis. (42.255778,
-8.611854)
Muíño
do
Coxo ou do Bixairo
(Rial/Saxamonde):
Muíño de cubo con casa acaroada.
En ruínas. Presenta unha elaborada
cruz
protectora. Pegado
ao camiño e un tanto afastado do río.
(42.254717, -8.612227)
Muíño
do Burato
(Pedra-Iglesias/Saxamonde):
Muíño
construído con ladrillo e cemento. Tellado tamén de cemento. Miguel
Abraira en 2002 recolleu que estaba en funcionamento moendo un dos
herdeiros, Ramón Crespo, que daquela contaba 77 anos. En 2021
atópase abandonado. O rodicio está medio tapado pola sedimentación
e as pezas de madeira do interior comezan a deteriorarse.
(42.252611567,
-8.61469731825)
Muíños
das Veighiñas x4
(Pedra-Iglesias/Fixón-Negros):
No traballo de Miguel
Abraira: “Catro muíños abandonados hai uns 50 anos e
hoxe tan só son visibles os restos dun inferno, a canle, e algunhas
moas dispersas polo lugar”.
Sergio Pereira proporcionoume a localización de tres muíños. En
visita realizada en febreiro de 2021 a
maleza tan só me permitiu ver parte
dos muros dun muíño e algunha
outra pedra
dispersa.
(42.2523231276, -8.61608511637)
(42.2522734187, -8.61629295116)
(42.2522386339, -8.6164184282)
Muíño ¿?:
(Negros):
O
cubo conectado cunha canle de ladrillo. En ruínas. Sen tellado e
parte das paredes derruídas. (42.249873,
-8.616680)
Muíño do
Lago (Vilar
de Infesta):
Moi alterado. O cubo, xa sen canle, foi substituído por un cadrado
de cemento. O inferno con porta de metal empregado para gardar un
andamio. Unha bonita pontella o comunica coa outra beira. (42.249258,
-8.616355)
Muíño do Caranguexo (A
Costa/Vilar de
Infesta):
Ampliado
en altura con ladrillos o cubo e
teito de cemento. Ata o de agora (2021) é o único muíño atopado
na outra beira do río. (42.247247,
-8.615955)
Muíño de Canalejas ou
do José (A
Costa/Vilar de
Infesta):
En ruínas. Afundiuse a metade do tellado, que era de ladrillo, e
parte das paredes. A canle do cubo, de pedra, atópase fraccionada no
chan. (42.246604,
-8.616016)
Muíño do
Carolino
(O
Colexio/ Vilar de
Infesta):
A
canle que da ao cubo de cemento. Ata hai pouco (2021) empregado como
local de botellón.(42.243768,
-8.614336)
Muíño
de
Manolito
(O
Colexio/ Vilar de
Infesta):
De
cubo. Conservado practicamente na súa totalidade co aspecto
orixinal. Destaca a amplitude do cubo. (42.243510,
-8.614535)
Muíño do Medio (O Colexio / Vilar de Infesta):
De cubo. Restaurado. (42.241914, -8.616188)
Muíño do Colexio (O
Colexio / Vilar de
Infesta):
Muíño de cubo. Sen tellado. (42.241369,
-8.616959)
|
Muíño ¿? (Cño. do Sapal)
|
|
Cruz protectora
|
|
Muíño do Coxo ou do Bixairo
|
|
Muíño (Saxamonde)
|
|
Muíño¿? (Cño. Fixón)
|
|
Muíño ¿?
|
| |
Muíño ¿?
|
|
Muíño do Caranguexo Foto: Xosé Couñago |
|
Muíño de Canalejas
|
|
Muíño ¿?
|
|
Muíño do Medio |
|
Muíño do Carolino
|
|
Muíño do Colexio |
|
Rego de Cabeiro ou Rego da
Matoxa
Na parte de Cabeiro é
chamado Rego de Cabeiro e ao chegar a Negros pasa
a chamarse Rego da Matoxa. Nace nas ladeiras das
Pedras das Verrugas e desemboca no Río das Pereiras, afluente do
Maceiras. Os muíños son de cubo e construídos con xistos, agás
as pezas do cubo e a levada que son de granito.
Muíño
de Rogelio
(Mancoeiro/ Negros):
De cubo. Sen
tellado.
Parte
do inferno está sepultado pola sedimentación provocada polas
crecidas. (42.250139,
-8.621776)
Muíño do Lagho
(Mancoeiro/ Negros):
Desaparecido.
Segundo informantes sito
enfronte do anterior.
Muíño
de
Maruja da Rufina
(Mancoeiro/
Negros):
De cubo. Tan só se conservan as paredes.
Con
pousadouro
a carón da entrada,
na
que
hai unha cruz gravada.
(42.250104,
-8.622128)
Muíño
do Mancoeiro
(Mancoeiro/ Negros):
De cubo. Restaurado con tellado de chapa e engadido de ladrillo na
levada e o cubo. En uso. NOTA:
No Catastro de Ensenada de Vilar de Infesta (1752), aparece como
linde o Muíño
do Mangoeiro.
(42.250097,
-8.622373)
Muíño
¿?
(Chan
da Cova/Negros):
Muíño
de cubo. Está en grave risco de virse abaixo porque a canle do río
desviouse cara a el. (42.250223,
-8.624795)
Muíño
do
Caseiro
(Chan
da Cova/Cabeiro):
Tan
só conserva o cubo e parte das paredes.
Ten
pousadouro.
(42.250185,
-8.625968)
Muíño
de
Castro 2
(O
Penedo-Chan
do Loureiro/Cabeiro):
Muíño de cubo con acueduto. En relativo bo estado, pero sen
tellado.
(42.2519375, -8.6357052)
Muíño de Castro 1 (O
Penedo-Chan do
Loureiro/Cabeiro):
Muíño de cubo con acueduto. Ao cubo fáltanlle varias pedras na
parte baixa polo que corre perigo de virse abaixo. Recollía
as augas da Mina de Barbas que vertía ao regato. (42.2519973,
-8.6361712)
|
Muíño
de Rogelio
|
|
Muíño
de Maruja da Rufina
|
|
Muíño
do Mancoeiro
|
|
Muíño5 |
|
Muíño 7
|
|
Muíño 6
|
|
Muíño 8
|
Muíño
do
Costal 1
(Cño.
dos
Muíños/Cabeiro):
Muíño
de cubo con cruces gravadas aos dous lados da entrada. En ruínas,
sen tellado. (42.25297777777778,
-8.633761111111111)
Muíño
do Costal 2
(Cño.
dos
Muíños/Cabeiro):
Muíño de cubo que recibe
a auga do anterior. Preguntada unha
veciña contestou que nin este nin o anterior tiñan nome, segundo
Amante Romero serían coñecidos polo nome do lugar.
(42.25293888888889,
-8.63365)
|
Muíños do Costal (Cño. dos Muíños)
|
Muíño da Feixa
(Eira Pedriña/Cedeira): A
maleza tan só permite comprobar que é de cubo. (42.266679,
-8.615677)
|
Muíño da Feixa
|
Rego das Cabras ou Río
Maior
(Cedeira/Trasmaño)
Desemboca na Praia de Rande.
Muíño
da Regheira
(Camiño das Regueiras /
Cabanas-Trasmañó):
Muíño
de canle-cubo.
No
lintel da porta ten a inscrición: “AÑO V.1913.L. C.”. Sen
tellado e con algunha pedra movida. Tan só visible cando rozan a
propiedade. É un muíño de herdeiros, sendo Ramón Lago o último
que o traballou. Un pouco máis abaixo, neste mesmo camiño, tamén
podemos ver un lavadoiro e un túnel que levaba auga ao cargadoiro de
mineral de Rande.
(42.282333, -8.657051)
Muíño
da Heirensia
(Cño.
do Can Branco/Trasmañó):
En
relativo bo estado aínda que medio tapado pola maleza. Ten acceso
privado dende unha casa. (42.280056,
-8.653817)
Muíño
de Cotarelo de Arriba ou Muíño da
Lebra (Cotarelo
de Arriba/Cedeira):
Ten pousadoiro. Restaurado.
(42.279786, -8.653279)
Muíño
de Celso (Cotarelo de Arriba/
Cedeira):
Muíño
de canle que ten
pousadoiro. Recibe
a auga dunha pequena presa para que a auga colla máis presión. A
levada
vai soterrada e entra directamente ao inferno.
(42.279752,
-8.653115)
Muíño
do Río do Longo,
do
Tío Lino ou da Tía Clara
(Cotarelo de Arriba/ Cedeira):
Muíño
baixo o cal hai un lavadoiro. En bo estado pero sen porta.
(42.279594,
-8.652625)
Senda
da Auga
Muíño
da Rata (A Xeringa-Eido
da Rata/ Cedeira):
Nos
anos 50 aínda moía. Con
tellado pero tivo
un desprendemento, presentando un
buraco nunha das esquinas. Ten
unha cruz sobre a porta. O
actual propietario contou que recibe o nome do alcume da súa
avoa.
(42.27915,
-8.65209)
Muíño
de Carme ou do
Luriñas (A
Xeringa / Cedeira)(42.2791899,
-8.6520372):
En bo estado, con tellado
de formigón.
Muíño
de Xoán de Corujeiro ou da Estrella
(A Xeringa / Cedeira)(42.2790075,
-8.6517190):
Muíño
de canle-cubo cunha levada de
tamaño considerable.
En
bo estado, con tellado
de formigón.
Muíño da Xeringa
(A Xeringa / Cedeira)(42.2786287,
-8.6514266): Sería o único de cubo deste regato,
destacando a altura da levada. Sen tellado pero aínda en bo estado.
Ten cando menos unha cruz nun lateral da porta. Na outra beira do río
existen os restos dunha presa.
|
Muíño da Regueira
|
|
Muíño¿? (Cño.Can Branco)
|
|
Muíño de Cotarelo de Arriba |
|
Muíño de Celso |
|
Muíño do Río do Longo |
|
Muíño da Rata |
|
Muíño de Carme |
|
Muíño de Xoán de Corujeiro |
|
Muíño ¿?
|
|
Muíño da Xeringa
|
Río Fondón
(Trasmañó/Chapela)
Desemboca preto de
Pescanova. Amante Romero comenta
que en 1887 era coñecido como Río Albaqueiro.
Muíño de Benigno
(Cño. Folón/Chapela):
Muíño de granito de corte
moderno encintado con cemento e tellado unha auga con placa de
formigón.
(42.27184,-8.66878)
Muíño
de Folón (Cño. Folón/ Chapela):
Con
vivenda en
ladrillo construída
enriba do
muíño realizado en granito.
(42.271690, -8.668166)
Muíño da Chenca
(Folón/ Chapela):
Desaparecido. Só referencias orais (lista de Miguel
Abraira).
Muíño
¿? (Cño. Folón/ Chapela):
Muíño
de cubo. O
tellado a unha auga con placa de formigón. Para o cubo e a levada
tamén se empregou cemento
e
pintado
(ou
caleado) de branco.
(42.270958, -8.666885)
Muíño
¿? (Av. de Vigo-Folón/ Chapela):
Con ponte de acceso desde
propiedade privada polo que non podemos achegarnos.
Tellado
a unha auga de chapa. (42.270187,
-8.665600)
Muíño
¿? (Chapela):
Deste muíño de dúas moas (único en Chapela) tan só coñecemos
unha foto de 1922 etiquetada
como “Muíño
da Costa da Encarnación”.
Muíño
¿? (A
Fraga-Cidadelle/Chapela):
Muíño de cubo pintado con
vivenda no piso superior.
O
cubo é de formigón e a levada, que está medio derruída tamén é
de cemento. Para
o
resto do muíño alternaron
o granito e o xisto, estando as pedras
encintadas
na vivenda
con algunha parte en ladrillo.
O tellado
a
unha auga de
formigón está
afundido.
(42.269797,
-8.6612928)
Senda da auga
Muíño
de Casqueira
(Senda
da Auga-Chapela):
Muíño
de cubo con teito de cemento. Presenta cruces protectoras na entrada.
(42.2694561,
-8.6597941)
Muíño de Constante
de Carabillón (Cidadelle/ Chapela): Destruído por unha
riada. Conserva o inferno e o cubo cunha altura considerable, polo
que en tempos debeu ter unha levada de pedra con piares da que tan só
quedan restos. (42.269563, -8.658856)
Separados da Canle Principal hai 3 muíños.
Muíños
do Fondón ou dos Achado x2 (O
Fondón/ Trasmañó):
Dous
muíños de
canle. O
de arriba ten na entrada unha
cruz
protectora
no lintel, outras 3
nunha
pedra do lado dereito e enriba de estas
o que parecen marcas de canteiro. O
que está máis abaixo, ten acaroado
unha corte para o porco feita de ladrillo. (
42°16'12.17"N, 8°39'25.23"O)(
42°16'11.96"N, 8°39'25.71"O)
Muíño
dos da Quinta (O Fondón/ Trasmañó):
Muíño
de cubo
cadrado con entrada en diagonal.
Preto
dos anteriores e dentro dunha propiedade privada pechada cun muro.
(42.270146,
-8.656789)
Canle
principal
Muíño
de tía Carme (Trasmañó):
Muíño
de canle do que apenas se conserva o buraco de entrada da auga e o
inferno.
(
42°16'10.26"N, 8°39'22.04"O)
Muíños
do Coto x2 (Campo
Ghutierres/ Trasmañó):
Son dous muíños
de canle.
Sen
tellado e en risco de desaparición polas árbores que medran no seu
interior.
(42.269475,
-8.653679)
Camiño Leira do Muíño
Muíño
de Baltasar (Pazón/ Trasmañó):
(42.268520,
-8.651758 ):
Muíño de canle, sen tellado.
Muíño
de Alfonso de Lagho (Albagheira/
Trasmañó):
Muíño
de canle, sen tellado.
(42.268777,
-8.649102)
Muíño
da tía Adelaida (Albagheira/
Trasmañó):
Muíño con vivenda.
Tan
só conserva as paredes. Ten
unha cruz protectora na entrada.
(42.268546,
-8.648918)
Muíño
Pequeno (Albagheira/ Trasmañó):
Muíño
de canle, como o seu nome indica de reducidas dimensións.
(42.268198, -8.648809)
Muíño
Novo (Albagheira/ Trasmañó):
Consérvase unha pontella de acceso formada
por unha gran lousa. Presenta unha especie
de cazoleta enriba da porta que semella
para encaixar unha peza de madeira. Tamén ten unha pequena cruz
protectora. (42.268229,
-8.648609)
Muíños
da Panasqueira x3
(Veigha do Muíño-Albagheira/
Trasmañó):
Tres
muíños pasando
a auga dun ao seguinte.
O
da parte alta
moi
alterado e reformado sendo empregado como galpón. Os dous seguintes
sen tellado. O do medio presenta
a inscrición "1941". O
da parte baixa ten dúas portas a de entrada e a que daba acceso a un
pequeno almacén. (42.267266,
-8.648057)
Muíño
de Antonio do Bicho ou dos Cochos
(Albagheira/ Trasmañó):
Presenta a inscrición: “Año 1878”
baixo unha cruz. A boca do inferno está
tapada cun metálico porque
nel caeu unha muller que pereceu afogada. (42.265788,
-8.646730)
Muíño
do tío Ramón ou do Cacharello (Albagheira/
Trasmañó):
Muíño
sobre
o que se construíu unha
vivenda. En
2021 atópase en obras de reconstrución e
ampliación,
apesares do cal aparentemente segue a conservarse o muíño.
(42.265428, -8.645986)
Muíños
do Remixo x2 (Albagheira/
Trasmañó):
Son dous muíños
de canle,
pasando a auga dun a outro. O
da parte alta ten acaroado o que debía ser un almacén ao que se
accede desde
o exterior por
unha fiestra. (42.265271,
-8.644130)
|
Muíño de Benigno |
|
Muíño de Folón |
|
Muíño ¿? |
|
Muíño ¿? |
|
Muíño ¿? (A Fraga) |
|
Muíño ¿? (Senda da Auga) |
|
Muíño de Constante de Carabillón |
|
Muíño do Fondón ou dos Achado 2 |
|
Muíño do Fondón ou dos Achado 1 |
|
Muíño dos da Quinta |
|
Muíños do Coto |
|
Muíño de Baltasar |
|
Muíño de Alfonso do Lagho |
|
Muíño da tía Adelaida |
|
Muíño Pequeno e Muíño Novo |
|
Muíños da Panasqueira |
|
Muíño de Antonio do Picho |
|
Muíño do tío Ramón |
|
Muíños do Remixo |
Río de Segade ou do
Espiñedo(Chapela)
Desemboca na Praia de Arealonga. A parte baixa chámase Espiñedo
e a alta Segade. Fórmase pola unión de dous regatos, Aldea e
Maceira.
Muíño ¿? (Av.
Vigo-Laredo/Chapela): Sobre a
porta ten gravada unha cruz e a data de 1820. (42.264691,
-8.673809)
Muíño
¿? (Laredo-Chapela):
Muíño
¿? (Laredo
de Arriba-Chapela):
Só
quedan as paredes. (42.26456,
-8.67323)
Muíño
¿? (Laredo de
Arriba-Chapela):
Muíño de cubo coa levada en bo estado, preto da antiga vía do tren
(vía verde) e a carón dun lavadoiro. (42.264348,
-8.672627)
Muíño
¿? (Laredo-Chapela):
(42.263590,
-8.672227)
Muíño
¿? (Laredo-Chapela):
(42.26325,
-8.67195)
Muíño
¿? (Camiño da
Costa-Chapela):
Conta
cun pousadoiro. Conserva a parte máis inmediata da levada que é un
gran conduto cuberto de gran grosor, o resto foi cortado pola
estrada. (42.263069,
-8.671735)
Muíño ¿? (Camiño
da Costa-Chapela): Moi
tapado pola maleza.
Muíño
¿? (Subida
á Buraca/Chapela):
Muíño de cubo que conserva o acueduto da levada en bastante bo
estado. (42.262816,
-8.667714)
Muíño
¿? (Campo
das Burras-Subida ao
Picoto/Chapela):
(42.262835,
-8.667109)
|
Muíño ¿? (Av. Vigo) |
|
Muíño ¿? (Laredo)
|
|
Muíño ¿? (Laredo de Arriba)
|
|
Muíño ¿? (Subida á Buraca)
|
|
Muíño ¿? (Cño. da Costa) |
|
|
|
Muíño ¿? (Rego Aldea)
|
Rego Pugariño ou da
Bouza
(Chapela/Teis-Vigo)
Desemboca na Praia de Arealonga.
Límite natural de Chapela con Teis (Vigo)
Muíño do
Pousadouro (Camiño da
Chumba-Teis(Vigo)):
Chamado así por un muro baixo no que a xente que ía ás fincas
pousaba os cestos. A levada deste muíño é coñecida como Ghadaña.
(42.260947,
-8.678733)
Muíño
¿? (Catro
Pontes): Único
muíño neste punto. Outros dous que estaban catalogados (Concello de
Vigo), foron destruídos coa construción da autovía. (42.26013,
-8.67669)
Muíño ¿? (Camiño
da Pomba-Chapela):
Construíronlle un galiñeiro
ao lado. (42.256868, -8.673539)
Muíño
¿? (Chapela)
Muíño
¿? (Cño. Valeiro-Chapela):
Enriba do muíño construíron
un garaxe, empregándose o
interior do muíño para a mesma función.
Conserva o cubo e
parte das paredes.
(42.255551, -8.673143)
Senda da Auga
Muíño do
Bombeiro (Cachada-Chapela):
Actualmente (2020)
propiedade de Vicente o
Bombeiro.
(42.254992, -8.672447)
Muíño
Pugariño-Barra Crista (Cachada-Chapela):
Destaca a altura da canle que conduce ao cubo que está parcialmente
derruída. En ruínas. (42.254843,
-8.672230)
Muíño dos de
Candeán (Cachada-Chapela):
Propiedade de persoas de
Candeán, despois sería mercado pola Bisigenta.
Tan
só conserva o cubo e parte das paredes.
(42.254783,
-8.672023)
Muíño Novo (
A Revolta-Cachada-Chapela)):
Ten gravadas
varias cruces protectoras na entrada. Deixou de funcionar en 1961.
Sen tellado pero en bastante
bo estado. (42.254676,
-8.671854)
Muíño do Piñón
(Cachada-Chapela):
Conserva o cubo e parte das
paredes. (42.254547,
-8.671572)
Estrada
Conxunto de 3 Muíños de cubo no camiño Subida á Madroa.
Muíño da Mouta
(Teis-Vigo):
(42.254057,
-8.671020)
Muíño de
Enrique (Subida á
Madroa-Chapela):
(42.253948,
-8.670872)
Muíño das
Bisigentas (Teis-Vigo):
Chamado así polo alcume
familiar das propietarias Dorinda e Argentina (Tinocha). (42.253684,
-8.670765)
Subida á Madroa
Muíño da Paradela
(Subida á Madroa-Chapela).
Agora coñecido como Muíño do Italiano, porque o dono ten unha
pizzería en Teis.
Muíño das Carpisas
(Subida á Madroa).
Muíño de Fina (de
Padín) (Subida á Madroa).
|
Muíño (Cño. da Pomba) |
|
Muíño ¿? (Cño. de Valeiro) |
|
Muíño do Bombeiro
|
|
Cruces protectoras |
|
Muíño dos de Candeán |
|
Muíño do Pugariño |
|
Muíño do Piñón |
|
Muíño Novo |
|
Muíño 3 (Subida á Madroa) |
|
Muíño 1 (Subida á Madroa)
|
|
Muíño 2 (Subida á Madroa) |
Outras
Correntes Fluviais
Río da Plateira
ou Río de Quintán (Cedeira)
Desemboca na Praia de
Portacedeira. No tramo alto é coñecido como Río de Quintán e no
baixo Río da Plateira.
Muíño do Xufre
(Aldea/Cedeira):
Desaparecido.
Citado na recollida de toponimia realizada polo colectivo Trespés
por iniciativa do SNL de Redondela. O
seu nome podería vir
por ser empregado na súa última etapa para moer o xofre para o seu
emprego na agricultura, pero
inclínome mais porque sexa unha alteración do topónimo Rufre.
Muíño
do Pozo (Aldea/Cedeira):
Tan só se conserva o cubo ao ser destruído coa construción da
condución de auga a Vigo (Senda da auga). (42.275096,
-8.628384)
Muíños do Pardo x3
(Aldea/Cedeira): Conxunto de tres muíños de cubo.
Chamados así por ser propiedade de Ramón Francisco Pardo Ferro,
nado na Coruña. Membro do partido Conservador, sería nomeado
alcalde de Redondela en catro ocasións, a primeira delas en febreiro
de 1872. Foille outorgada a Cruz de Isabel la Católica con
distinción de Caballero Cubierto ante el
Rey.(42.275455,
-8.628135/42.275767, -8.628434/42.275954, -8.628093)
Destacar
a levada destes muíños construída en pedra e que supera os
douscentos metros.
|
Muíños do Pardo 1 e 2 |
|
Muíño do Pozo |
|
Levada. |
|
Muíño do Pardo3 |
Rego da
Presa (O
Covelo-Cedeira)
Na parte baixa Río de
Fortóns
Muíño
do
Castellano
(Cño.
do Rego/Cedeira):
Muíño
do que tan só se conserva o cubo e o inferno. Das
paredes
segue en pé a
do fondo que é de ladrillo, probablemente substituíndo a outras
máis antigas de pedra. (42.27333,
-8.62351)
|
Muíño do Castellano. |
Poza de Carallás
(Cedeira)
Muíño
da Cavada Vella (Cño.
A Cavada Vella/Cedeira):
Muíño de herdeiros. Tan só conserva o cubo, o inferno e parte das
paredes. O máis interesante é a levada de pedra, que segue por
debaixo do muíño internándose na propiedade de Monterraso. (
42.280789, -8.629254)
|
Muíño da Cavada Vella
|
Rego
da Ouriceira
(Cedeira)
Muíño
das de San Roque (A
Formiga/Cedeira):
No camiño da Cova de Galicia. Trátase dun muíño con vivenda de
dúas alturas
e
probablemente o
baixo
se
empregaría
como cortello. Unha persoa de máis de oitenta anos no 2020, xa non o
lembraba en funcionamento. (42.284171,-8.638664)
|
Muíño das de San Roque
|
Rego das Sete Fontes
(O
Viso)
Muíño das Sete
Fontes (Soutoxuste/O Viso): Quedou ao descuberto no 2008
polo inicio da construción dunha gasolineira. (42.326223,
-8.606748)
|
Muíño das Sete Fontes |
Rego
¿?
(O Viso)
Muíño
¿?:
De cubo. (42.31663,
-8.60006)
Río
de San
Muíño
¿? (A
Chans/Quintela):
Muíño
en ruínas que conserva o inferno parte das paredes e o cubo que é
cadrado. (42.2598180311,
-8.60047523917)
|
Muíño ¿? -Río de Xans
|
O Regueiral
Este regato serve de linde
entre Saxamonde e Quintela.
Muíño
da Coutada (Quintela):
Muíño de Cubo. Sen tellado e parte da levada derruída. Na fachada
ten pousadoiro e unha pedra reutilizada que debería estar na parte
baixa do cubo.
Muíño
do
Albarroz ou do Regueiral
(Cño.
Albarroz-Saxamonde):
Muíño
de cubo construído en ladrillo. Apesares de ser feito
con cemento impresiona
a súa levada.
(42.259819,
-8.600489)
Muíño
do
Alfredo
(Coto
de San Román-Saxamonde):
Muíño de cubo ben curioso xa que está construído aproveitando o
desnivel do
monte, quedando o inferno ao nivel do camiño. Ademais a escasos
metros ten unha presa que serviría para dar máis presión á auga.
Ten
acceso desde a Senda da Auga.
(42.257957,
-8.599389)
|
Muíño da Coutada
|
|
Muíño do Albarroz (Cño. Albarroz)
|
|
Muíño do Alfredo
|
Río Louro
(Saxamonde)
Muíño
da Historia
(O Valos-Saxamonde):
(42.241984,
-8.595323).
No límite con Mos.
Muíño de cubo. Totalmente oculto pola maleza.
Muíño
do Buraco
(O
Valos-Saxamonde):
(42.244379,-8.594925).
Muíño
de canle, recibe o seu nome por estar situado nunha leira chamada
Veigha do Buraco. Pertencía a Manolo O Xarolo, quen deixou de
empregalo para empezar a moer nun novo muíño.
Muíño
do Changarello
(O
Valos-Saxamonde):
(42.244958,
-8.594465).
Preto
do anterior, nunha gran propiedade formada por pequenas fincas. Este
muíño atópase na Leira. É de canle e, como quedou dito, Manolo O
Xarolo comezou a empregalo cando deixou de moer no do Buraco. Aquí
viñan a moer os veciños da zona. Os dous muíños pertencen agora
(2024) a un neto de Manolo.
Perderon o tellado e este último só conserva a fachada.
Muíño
dos Salgueiros (O
Valos-Saxamonde):
Muíño
de canle
sen tellado.
Apesares de ser construído en granito presenta un pousadouro
consistente
nunha
gran lousa de xisto. (42.246335,
-8.594893)
|
Muíño da Historia
|
|
Muíño do Changarello
|
|
Muíño dos Salgueiros
|
Outros
tipos de Muíños
Ademais
de todos estes muíños atopamos outros de construcción máis
recente. Trátase de muíños de vento empregados para a extracción
de auga de pozos (dous privados en Reboreda e un terceiro que
abastece a área recreativa Poza da Lagoa en Trasmañó). E como
curiosidade os restos no Río da Plateira (Cedeira) dun muíño que
suministraba electricidade á Fábrica e Colmeiro.
|
Muíño en Reboreda |
|
Muíño da Poza da Lagoa |
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Muíños
nas terras de Redondela: Miguel Ángel Abraira Pérez.
Localización
de varios muíños proporcionada por Sergio López.
Percorridos
na procura de muíños con Xosé Couñago.
O Viso. A construción dunha
paisaxe cultural. Xurxo Constela Doce, A Citania S. L. Sociedade
Cultural do Viso, 2020.
O monte de Reboreda,
Redondela. Guía escolar. Ed. Comunidade de Montes de
Reboreda, 1993.
Inventario de canastros,
cruceiros, portóns, fontes e lavadoiros de Cesantes. Obradoiro
de Estudos locais Fernando Monroy.
Parroquias de
Redondela. Cabeiro. Amante Romero Álvarez. SNL de Redondela,
2021.
Pares>Archivo
Histórico Nacional> Monasterio de Santa María de Melón
Memorial
cobrador de rentas do Convento de Vilavella
Catastro
de Ensenada (1752)
Diccionario
Madoz (1845)
Anuario-almanaque
del comercio, de la industria, de la magistratura y de la
administración (1879)
Censo
de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925.
Matrícula
Industrial de 1885-86.
Arquivo do Concello de Redondela
Galiciana-Biblioteca
Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=>
El
pueblo gallego, Gaceta de Galicia, La Integridad
Na
Biblioteca
Nacional de España:
www.bne.es
=>
Anuario
del comercio, de la industria, de la magistratura y de la
administración; Anuario Riera; Anuario
regional descriptivo, informativo y seleccionado de la industria,
comercio, agricultura, profesiones, arte y turismo del Norte de
España
Pares>Expediente
de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San
Fausto de Chapela (Vigo, Tuy), efectuado por decreto de diciem...
Archivo:
Archivo General de Simancas. Fechas: 1763-07-21 /
1764-01-13
USC>Clero>Mitra1758>
Mayordomía de Redondela
Aportes:
Xurxo Constela, Xosé Couñago, Gonzalo Amoedo, Javier, Daniel
Boullosa, marido de Concha do Muro, Mercedes (A Formiga), Manuel
Seijas, Carlos González, Andrés Couñago Laxe, Justo, Ángel
Balado...
Aportes
da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso e da
Sociedade Cultural do Viso ao PXOUM.
Iniciativas
de posta en valor dos muíños
de
Álvaro Diego coa colaboración da
Asociación de Veciños de Chapela e
do Obradoiro Fernando Monroy.
Recollida
de topónimos realizada por Trespés por iniciativa do SNL de
Redondela.