 |
| Ruta das Pedras. Mapa proporcionado pola Asociación de Veciños de Ventosela |
A Ruta das
Pedras.
Sendeiro
circular
de
10 quilómetros e dificultade media con
impresionantes vistas
á Ría de Vigo. Atópase na parroquia de
Ventosela e preto
da igrexa xa podemos ver as primeiras indicacións do camiño.
Máis
información: http://acitania.com/ventosela/
Nesta
ruta atoparemos
curiosas formacións rochosas ligadas a diferentes lendas:
As Pedras Agudas.
Grupo de rochas afiadas das que se conta que por debaixo pasaba un
río que se podía oír.
 |
| Pedras Agudas. Foto: J. Migueles |
 |
| Miradoiro das Pedras Agudas onde se instalou unha escultura amnistiada do ArteLixo. Foto: J. Migueles |
Laxe das Abellas.
Cóntase que nela había moitas abellas, polo que se chegou a poñer
colmeas para recoller o mel.
 |
| Laxe das Abellas. Foto: J. Migueles |
A Pedra Taió.
Ligada
ás lendas dos mouros e os seus tesouros.
 |
| A Pedra Taió. Foto: J. Migueles |
Pedra Erosionada.
A auga, o vento e o frío configuraron esta rocha dándolle curiosas
formas.
 |
| Pedra Erosionada. Foto: J. Migueles |
Pedra que Fala.
Forma unha pequena cova na que a nosa voz produce reverberacións.
 |
| A Pedra que Fala. Foto: J. Migueles |
O
outro gran atractivo desta ruta son os petróglifos, que están agrupados
en dous grandes grupos: Petróglifos do Eido do Vento e Petróglifos
da Pedreira.
Petróglifos
do Eido do Vento
Petróglifo Eido do
Vento 1.
Atopado
por
Antonio M. Verdeal
durante unha visita guiada dirixida por
A Citania en 2019. Está nunha rocha
na continuación cara o monte do
camiño que sube á igrexa, o que provoca que estea moi
desgastada. Está a ras de chan, con medidas de 1,50 x 1,30 m.
Combinación circular de 32 cm de diámetro con coviña central e
varios círculos concéntricos moi desgastados.
Localización:
x:534277, y:4683250
 |
| Eido do Vento 1. Foto: J. Migueles |
Os 3 seguintes
petróglifos serían catalogados tamén en 2019 por membros de A
Citania S. L., empresa que organizaba visitas guiadas polo arqueólogo
Xurxo Constela.
Petróglifo Eido do
Vento 2.
Nunha
rocha a ras de chan, de forma triangular de 1,80 m. de lado, con
moitas diáclases
fracturando o soporte, aparecen repartidas polas superficie
ata 6 cazoletas de 3 cm
de diámetro.
Localización:
x:534276, y:4683286.
 |
| Eido do Vento 2. Foto: J. Migueles |
 |
| Eido do Vento 2. Fotogrametría Xosé Couñago |
Petróglifo Eido do
Vento 3.
Nunha
rocha a ras de chan, de forma rectangular de 2,50 x 1,30 m (eixos
leste-oeste e norte–sur
respectivamente) aparecen repartidas polas superficie
gran número de
cazoletas de entorno a 3 cm de diámetro medio. Entre as
cazoletas vense trazos
sinuosos con dirección norte-sur.
Localización:
x:534367, y:4683293
 |
| Eido do Vento 3. Foto: J. Migueles |
 |
| Eido do Vento 3. Foto: J. Migueles |
Petróglifo Eido do
Vento 4.
Rocha
duns 40 cm. de altura,
de forma irregular de 4 x 3 m. con moitas diáclases
fracturando o soporte, na que atopamos diferentes motivos de difícil
lectura e percepción. O máis claro está formado por sucos sinuosos
pechando un gravado de 30 x
30 cm. con forma
indeterminada. Nos extremos oeste e norte do aparecen coviñas de
pequeno tamaño
dimensións.
Localización:
x:534360, y:4683281
 |
| Petróglifo Eido do Vento 4. Foto: Xosé Covelo. |
Petróglifos
da Pedreira.
Petróglifos
da Pedreira 1.
Conxunto
de 7 rochas que presenta
petróglifos
con escenas
ecuestres, coviñas e grandes
círculos
concéntricos. Imaxes
de cabalos hai en varios puntos de Galicia, o que fai especiais a
estes gravados son as escenas de monta, que non son tan frecuentes.
Moi
recomendable a visita nocturna por seres os petróglifos
máis espectaculares do Concello de Redondela. O
máis curioso é que isto tan só é unha parte do que debeu haber
porque gran parte das
rochas
foron
cortadas
polos canteiros. Por aportes orais sabemos que a parte que falta da
rocha principal
era moi empinada polo que era chamada Pedra
Escorregadoira,
xa que a rapazada a empregaba para lanzarse por ela.
 |
| Petróglifos da Pedreira 1. Panel A Citania S. L.-Concello de Redondela |
 |
| Petróglifo da Pedreira 1.1. Fotogrametría Xosé Couñago |
 |
| Petróglifo da Pedreira 1.1. Foto: J. Migueles |
 |
| Petróglifo da Pedreira 1.2. Foto: J. Migueles | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | | |
 |
| Petróglifo da Pedreira 1.2. Fotogrametría Xosé Couñago |
 |
| Petróglifo da Pedreira 1.3. Foto: J. Migueles |
 |
| Petróglifo da Pedreira 1.4. Foto: J. Migueles |
 |
| Petróglifo da Pedreira 1.6. Foto: J. Migueles |
 |
| Petróglifo da Pedreira 1.7. Foto: J. Migueles |
Petróglifos
da Pedreira 2. Combinacións circulares e coviñas de gran
tamaño.
 |
| Petróglifo da Pedreira 2. Foto: J. Migueles |
Petróglifos
da Pedreira 3. Rocha
cortada polos
canteiros. A parte
superior (a uns 70 cm. de altura)
na que se sitúan os gravados ten uns 0,78 m (N-S) x 1,22 m
(L-O). Os motivos representados son dúas combinacións circulares de
9 e 12 cm. de diámetro, formadas por dous círculos e coviña
central. Están rodeadas por varias coviñas, algunhas delas poderían
ser o centro de combinacións circulares moi desgastadas.
No plano inclinado da
rocha poden observarse:
No lado esquerdo un
grupo formado por 3 coviñas.
No lado dereito dúas
combinacións, unha de dous círculos e coviña central e outra dun
único círculo con coviña central. Sobre eles hai a figura dun
cabalo. Apréciase algunha coviña mais (pode que rodeada dun
círculo) e no extemo dereito unha coviña de gran tamaño.
 |
| Petróglifo da Pedreira 3. Foto: J. Migueles |
 |
| Petróglifo da Pedreira 3. Fotogrametría Xosé Couñago |
Petróglifo da Pedreira 3B. Preto da Pedreira 3, na compaña
de Xosé Couñago, en 2025 atopamos unha rocha sen catalogar a ras
de chan cun único motivo formado por dous círculos con coviñas no
interior unidos por unha liña.
Petróglifos
da Pedreira 4.
Rocha
a ras de chan (1,75
x 2,60 m.) cunha
gran suco
duns
50
cm. rematada
nos estremos por 2
profundas coviñas de
4,5 cm., pode
confundirse cunha cruz xa que o centro é cruzado por unha depresión
natural da rocha.
No
resto da superficie pódense
observar unhas 11
cruces latinas
de
diferentes
tamaños,
estando algunhas delas rematadas tamén nos extremos con
coviñas.
O conxunto vai acompañado por abundantes coviñas
duns 3-4 cm. e unha profundidade aproximada de 1,80 cm Baixo tres
destas coviñas que están aliñadas aparecen as letras “RS”,
polo que podemos atoparnos ante un antigo linde de Redondela e
Soutomaior.
 |
| Petróglifo da Pedreira 4. Foto: J. Migueles |
Petróglifo
da Pedreira 5.
Petróglifo realizado
cun
obxecto de metal polo
que os sucos son máis finos que os dos grabados realizados con pedra
nunha
rocha de orientación sur a ras de chan duns 2
x 1 m. Aparecen dous motivos de difícil interpretación, o máis
grande de forma lanceolada (30 x 20 cm.) e o outro de forma
triangular de 10 cm. de lado. Podería ser a representación dunha
edificación cunha construción anexa.
A escasos metros cara o
sur, nunha pedra do mesmo afloramento aparecen dúas coviñas.
 |
| Petróglifo da Pedreira 5: Foto: J. Migueles |
 |
| Pedreira 5. Fotogrametría Xosé Couñago |
Os dous seguintes petróglifos serían atopados en febreiro de 2019
por Xosé Couñago nunha busca na que ía acompañado polo arqueólogo
Xurxo Constela:
Petróglifo da Pedreira 6.
Nunha rocha cadrada a
ras de chan, de 1,20 x 1,50 m, aparecen catro sucos sinuosos que se
desenvolven, máis ou menos, de norte a sur do penedo. Son gravados
bastante profundos cicelados con perfil en forma de “V”. O máis
longo ten 1 m de longo. (Recollido no PXOM como Eido do Vento 6)
Localización:
x:534364, y:4683591
 |
| Petróglifo do Vento 6. Foto: A Citania S. L. |
Petróglifo da Pedreira 7.
Gran
rocha en pendente cunhas dimensións de 6 x 4 m. (eixos
norte-sur e leste
oeste respectivamente)
e sobresae a penas 40 cm do solo. No centro da parte superior e como
motivo principal temos unha combinación circular con 5 círculos
concéntricos (o maior de 28 cm de diámetro) e cazoleta central
desde a que parte un apéndice que sae en dirección norte-sur. A
ambos lados deste gravado vemos outros motivos. Ao seu carón leste
aparece outro pequeno círculo, de 17 cm de diámetro do que parte un
apéndice que o une a 2 ou 3 círculos concéntricos moi desgastados.
No lado oeste da primeira combinación aparece outra combinación de
dous círculos concéntricos, de 15 cm. con coviña central da que
parte un apéndice que a une ao borde exterior dun círculo con
coviña central. Semella que pode haber máis motivos moi desgastados
cara o borde da rocha.
No centro da rocha
atopamos outra pequena combinación de 2 círculos de 12 cm con
cazoleta e apéndice central. (Recollido no PXOM como Eido do Vento
7)
O PXOM de Redondela
tamén recolle: “Ao norte deste penedo aparece outra
rocha, a ras do chan de 1,50 x 0,90 m. (eixes norte-sur e leste–oeste
respectivamente) onde atopamos unha cruz grega de 12 x 12 cm gravada
con instrumento metálico, polo que podemos deducir que se poida
tratar dun gravado de termo”. Omite
dicir que a pedra está chea de picadas de canteiro e que a cruz non
amosa un trazado limpo, polo que persoalmente (como afeccionado que
son) dubido que esteamos ante unha cruz de termo.
Localización:
x:534327, y:4683458
 |
| Petróglifo da Pedreira 7. Fotogrametría Xosé Couñago |
Outros petróglifos
cos que podemos atoparnos durante a ruta serían:
Petróglifo
do Pedroso. Combinacións
de círculos e cazoletas. Seguindo a
interpretación dada por Ferro Couselo podería tratarse dun antigo
linde entre Ventosela e Amoedo,
ou sexa, entre os concellos de Redondela e Pazos de Borbén,
 |
| Petróglifo do Pedroso. Foto: J. Migueles |
Antigo linde. Silueta
dunha cruz que en tempos marcaría tamén o límite entre Ventosela e
Amoedo.
 |
| Cruz de Linde. Foto: Xelah Dos |
Petróglifo da
Canteira. Descuberto en outubro de 2020, aínda sen catalogar,
volve a acharse un novo gravado nunha canteira abandonada. Trátase
de combinacións circulares. A un lado desta rocha hai unha con dúas
coviñas e ao outro unha con unha coviña.
42.29585,-8.56861
 |
| Petróglifo da Canteira, sen catalogar. Foto: J. Migueles |
 |
| Petróglifo da Canteira. Fotogrametría Xosé Couñago |
Outros
petróglifos de Ventosela
Dentro da parroquia de
Ventosela e próximo a esta ruta atopamos outro grupo de gravados, os
Petróglifos do Campelo:
Petróglifo do
Campelo 1: Rocha de 4,50 m (N-S) e 3,60 m (L-O) na cal se poden apreciar unhas 8
combinacións circulares. As máis grandes están formadas por 5
círculos concéntricos con coviña central. 42°18'4.00"N,
8°34'30.28"O
 |
| Petróglifo do Campelo 1. Foto: J. Migueles |
Petróglifo do Campelo 2: A vexetación impediu a observación
dos mtivos nas visitas realizadas. Rocha de 3,10 m (N-S) e 2,10 m
(L-O) con dous círculos concéntricos de dúas liñas e cazoleta
central.
42°18'4.00"N,
8°34'30.28"O. (535028, -4683315)
Outros Gravados sen catalogar. Probablemente máis
recentes que os anteriores. Trátase de dúas rochas separadas uns 30
metros cun único motivo, un rectángulo dividido por dúas liñas en
4 partes iguais. Pode tratarse de lindes dunha propiedade se
consideramos que as dúas liñas forman unha cruz e están aliñadas.
Outra posibilidade sería que foran marcas de canteiro, tendo en
conta que estamos nun lugar onde se extraeu moita pedra. Unha
terceira opción, menos probable, sería a de un taboleiro de xogo
medieval.
42°18'03.1"N
8°34'31.1"W
42°18'02.3"N
8°34'32.2"W
 |
| Sen catalogar 1. Foto: J. Migueles |
 |
| Sen catalogar 2. Foto: J. Migueles |
Mapa co patrimonio arqueolóxico de Redondela
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1H4p5MqFehMbWImfzqYxL5yz042_xedYd&usp=sharing
Autor: J. Migueles
BIBLIOGRAFÍA
La
estación de grabados rupestres de A Pedreira-Ventosela (Redondela).
Patiño Gómez, Ramón. 21 pp. Ilustraciones. Separata facticia de El
Museo de Pontevedra. Tomo XXXVI. Pontevedra, 1982."
Visitas
guiadas realizadas pola Asociación de Veciños de Ventosela (2010) e
por Xurxo Constela (A Citania) (2018-19).
http://patrimoniogalego.net
- Óscar Franco
PXOM.
Redondela.