|
Foto: Magar-Faro de Vigo |
O
20 de outubro de 1978, ao
saír da escola, tres
nenos da parroquia de Cedeira decidiron
atallar
o camiño ás súas casas cruzando
o viaduto. Co
que non contaban era con que os
sorprendería
o paso do tren que
viña de Pontevedra.
Arrimáronse á varanda pero a esta faltábanlle varios ferros e
precipitáronse dende unha altura que ronda os 30 metros. Un
deles golpeouse nos cables da luz e
os tres caeron
no río Alvedosa, que daquela case non levaba auga pola baixa mar. O
que en principio podería parecer unha desvantaxe salvoulles a vida
grazas ao barro.
Apesares
do cal, un deles case
perece afogado non
pola escasa auga, se non porque se lle
enterrara
a
cabeza no lodo. Axiña
foron rescatados polos veciños e trasladados nun
taxi e dous coches particulares á Residencia Almirante Vierna, en
Vigo.
Os
nenos que podemos ver na foto de Magar para Faro de Vigo eran, de
esquerda a dereita, os irmáns Delmiro e Roberto Alonso Rodríguez,
de 8 e 12 anos, e o seu amigo Celso Rodríguez Valladares, tamén
de
12 anos. Edelmiro
tan só tería un corte no queixo e dores nun brazo e unha perna. O
seu irmán Roberto fractura de fémur e un corte na cabeza que non
precisou de sutura. O
peor parado sería Celso que sufriría unha hemorraxia interna que
fixo necesaria a extirpación do bazo.
|
Punto desde onde caeron. Foto: Magar. Faro de Vigo
|
No
hospital Edelmiro relataba o sucedido deste xeito: “Escoitamos
o tren, viña moi rápido, saltamos cara a varanda. Só lembro que a
toquei coas mans e logo sentín que ía polo aire. Cando espertei
estaba nos brazos dun señor cheo de barro”. O
seu pai explicaba que normalmente ían en autobús pero ese día
tiñan que levarlle leite á súa sogra, pero o que non agardaba é
que se lles ocorrera atallar polo viaduto.
|
Delmiro. Foto: Freire. El Pueblo Gallego |
|
Roberto e a súa nai Milagros. Foto: Freire. El Pueblo Gallego |
|
Roberto. Foto: Freire. El Pueblo Gallego |
|
Celso e a súa nai. Foto: Magar-Faro de Vigo |
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Faro de Vigo
Referencias orais.