viernes, 23 de agosto de 2024

O lagar do Castro de Negros

 

Lagar no Castro de Negros. Publicada no especial das Festas da Coca de 1968

        Grazas a unha publicación do marabilloso blog Galicia Máxica no que falaba dos lagares rupestres da parroquia de Taboexa, nas Neves, lembreime da fotografía dunha pedra semellante. Esta aparecía no especial publicado con motivo das festas da Coca de 1968. Da imaxe comentábase que se atopaba no Castro de Negros e que: "consideramos que requiere detenido estudio y que nuestros modestos conocimientos no nos permiten manifestrnos sobre su origen o fin a que se destinó". Daquela xa se reivindicaba unha escavación do castro, sen augurar que nas décadas seguintes sufriría múltiples agresións como a torre da liña de alta tensión, a área de lecer (acceso mediante recheo, mesas, cruceiro e colocación de tubaxes para a fonte) ou a instalación dun poste luminoso do aeroporto. A día de hoxe (2024) non hai previsto ningunha intervención no castro e do lagar nada se sabe. Sería destruído nunha das obras referidas, estará adornando o xaardín dalgunha casa ou agardará, quen sabe se volteada, a que alguén a redescubra. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html )



Lagares rupestres de Taboexa-As Neves. Foto: Galicia Máxica

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Galicia Máxica. https://www.galiciamaxica.eu/galicia/lagares-rupestres-de-taboexa/

Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.