|
Inicios do S. XX. Foto: Joaquim Morelló i Nart |
1.800 ao
60 a. C. (Idade de Bronce): En
Vilavella,
recuperouse unha machada de tope con tres aneis e con dúas asas do
800 antes de Cristo, sendo o vestixio máis antigo do casco urbano
de Redondela. Consérvase no Museo de Pontevedra. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/alguns-achados-arqueoloxicos-en.html
)
Antes s. XII. No libro “Communicaciones al XV Congreso
internacional de las ciencias genealógica y heráldica. Volumen 3”
recóllese que Vilavella formaba parte “dos vellos territorios de
Toronio”.
Dende 1118 ata o 22 de marzo de 1312. Durante estes anos
Vilavella pertenceu ós Cabaleiros Templarios. Unha vez
disolta a orde Vilavella pasa a pertencer á Coroa.
S. XIII: Redondela é unha xurisdición dependente do
arcebispado de Santiago, coñecida como Vilanova de Redondela para
distinguila de Vilavella de Redondela, pertencente ao Bispado de Tui.
S. XIV. Pedro I concede Vilavella a Suero Yáñez de Parada,
Adelantado Mayor de Galicia.
1371, 14 de setembro. O rei Enrique II, que confiscara as
posesións de Suero Yáñez, dóalle ao Bispo de Tui, Juan de
Castro, Vilavella xunto co castelo de Entenza, o coto de Coia
e a vila de A Guarda. O prelado e o Cabildo de Tui nomeaba en
Vilavella un xuíz que exercía de alcalde, un rexedor e un
procurador de causas.
1417. O rei Juan II confirma a doazón feita por Enrique II,
da vila de Vilavella á Igrexa de Tui.
1451, xullo. O Bispo de Tui confire os beneficios de Saxamonde
e Vilavella, e deu unha pesqueira
do río Míño en foro a Ruy e Álvaro Lorenzo.
1501:
Comeza a construción do Convento de Vilavella. As obras rematan en
1554 e a orde de monxas de clausura estableceuse en 1574. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html
)
1555.
O beneficio de Estás
era de Presentación de García Prego de Montaos, sendo
daquela esta parroquia de Tomiño anexo
da parroquia
de Vilavella. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-historia-de-estas.html
)
S.
XVI. Fundación da Granxa de
Vilavella, actual Pazo de Petán. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/pazos.html
)
1587,
censo: Vilavella aparece como freguesía de Redondela.
1605:
Redáctanse as Ordenanzas Municipais de Redondela e Vilavella.
1696.
Juan Rodríguez Cotta é
nomeado capitán xeneral de Paraguay. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/rodriguez-cotta-juan-vilavella.html
)
1699.
Primeira referencia a un muíño
en Vilavella. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/10/os-muinos-de-redondela-ao-longo-da.html
) Na
actualidade hai constancia de 3 muíños en Vilavella, dos que tan só
se conserva un. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html
)
|
Convento de Vilavella. Sen data |
1741. Fundación do
Santísimo Sacramento
a confraría
máis antiga da que temos
constancia en Vilavella. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/confrarias-e-outras-asociacions.html
)
S. XVIII. Mentres en
Redondela son maioría os mariñeiros en Vilavella teñen máis peso
os artesáns, especialmente os imaxineiros (ebanistas). (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/01/imaxineiros-ebanistas-de-redondela.html
)
S. XVIII. A Ermida de Nosa
Señora do Socorro (A Portela-Cedeira) e a Capela de San Xoán
Bautista (rúa San
Xoán de Arcal) son de representación das monxas de Vilavella.
1752 Catastro de Ensenada. Vilavella ten agregada a
aldea de Anseamonde (Pazos de Borbén) e segue a depender do Bispado
de Tui. Os seus límites eran: “principiando en el marco de la
Cabrita hasta llegar a la fuente de el Regueyro do Varro siguiendo
por derechura hasta el camino Real que va de esta villa a la Ciudad
de Tuy enderezándose por dicho camino hasta otro marco que se llama
de Muro longo y de allí da la vuelta a otro marco que se denomina da
Rabadeyra y de allí a la fuente de el Castañal de Canaval siguiendo
a la Coba do Ouro y de allí a una Cruz que se halla en la casa de d.
Phelipe Mage vecino de la villa de Vigo y de esta va a la fuente de
Reande y de esta sigue a la mar y de esta sigue al Crucero de la
capilla de Nuestra Señora del Socorro y de allí por la orilla del
río que viene de la Maceira hasta llegar a la Puente Longa que se
halla en el, y desde esta y hace un rechazo y va a lo largo del Río
que viene de Reboreda hasta el medio de una Puente de piedra que se
halla en él, que es la que divide el término de esta población de
el de Villanueva de Redondela y va por la orilla de otro río arriba
y a la distancia de unas ochenta varas hace otro rechazo y va al
Marco dos Paisás y de este sigue a la fuente del Canudo, y de allí
al marco da Cabrita, primera demarcación”.
1760-63. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/12/1760-1763-vilavella.html
)
1776.
Outórgaselle a Vilavella a concesión do cobro dun arbitrio
(imposto) a cada carro de mercadorías que atravese a rúa principal.
Anos máis tarde produciríase un roubo nas arcas públicas deste
caudal. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/12/1788-roubo-nas-arcas-de-vilavella.html
)
1799.
Vilavella ten 120 veciños e
ademais
da igrexa e o convento de relixiosas da Orde de San Lorenzo
Justiniano, conta coa capela de Nuestra Señora del Socorro e San
Telmo “que está
illada”.
1807. Construción da Marca
do Rei. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-marca-do-rei-vilavella-redondela.html
)
1809.
Invasión francesa.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1809-guerra-da-independencia-dos.html
)
1819,
24 de marzo. O fillo de
Vilavella Dámaso Egidio Iglesias Lago é nomeado Bispo de Ourense.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/iglesias-lago-damaso-egidio-vilavella.html
)
1822:
Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova
e Vilavella).
1823:
Restauración do réxime señorial. Cedeira,
Reboreda, Saxamonde e Vilavella
volven a
separarse de Redondela.
1835:
Abolición dos señoríos xurisdicionais. Cedeira, Reboreda,
Saxamonde e Vilavella únense a Redondela
definitivamente.
1836.
A parroquia de Vilavella deixa de figurar como dirección.
1837.
Ramón María López Vázquez
Ballesteros é nomeado Deputado a Cortes por Pontevedra, sería
elixido deputado en 8 ocasións máis. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/lopez-vazquez-ballesteros-ramon-maria.html
)
1839,
23 de setembro. Os barrios de
Outide e Canabal da
vila de Redondela, demandan que pertencendo no eclesiástico a
Vilavella paguen unicamente por esta parroquia e non as dúas como
veñen facendo.
|
Viaduto de Madrid anos 30-40. Colección Guillermo González Martín |
1846. Declárase un incendio no convento de Vilavella.
Apesares de estar á beira do río Maceiras non se puido evitar a
destrución de gran parte do convento e da igrexa, perdéndose a
parte do coro onde se atopaba o órgano.
1867. As monxas do convento
de Vilavella representaron
a España na Exposición Universal de París con: doces en almíbar,
de azahar, laranxa, naranjillo,
cabelo
de anxo e
noz.
1878: Clausura do cemiterio de Vilavella que estaba situado
diante da igrexa. Os restos trasládanse ao cemiterio de Eidos.
1881.
Entra
en funcionamento o Viaduto de Ourense.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/os-viadutos.html
)
1884. Nova campá maior para
a igrexa de Vilavella, saída da fundición de Sanjurjo Badía. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/09/as-campas-das-igrexas-do-casco-urbano.html
)
1904. O Bispado fai un arranxo parroquial e pasan a pertencer
a Vilavella: Pasales (Reboreda, actual Rúa Juan Manuel
Pereira), O Muro (Quintela) e Maceira (Cedeira).
1904.
A
escola mixta de Vilavella convértese en feminina. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html
)
1915.
Ernestina
Otero comeza a dar clase na Escola de Maxisterio de Pontevedra. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/iglesias-lago-damaso-egidio-vilavella.html
)
1930.
Construción
da Praza de Ribadavia tapándose o río Alvedosa. Desaparece a Ponte
Longa, que unía Vilavella e Redondela. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/pontes.html
)
1932.
As
monxas abandonan o convento de Vilavella.
|
1890, cara a. Hauser y Menet. España Ilustrada |
1932. Cando
menos desde este ano fabrica na rúa Padre Crespo, Gaseosas
La Esperanza.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/fabricas-de-gaseosas.html
)
1941.
Xubílase
Manuel Otero Lago, quen vende a súa conserveira.
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html
)
1942.
O Bispado de Tui vende o convento de Vilavella ao conserveiro José
Otero González “Mañas”,
quen
reconstrúe case a totalidade do convento.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html
)
Posteriormente
a desfeita completarase coa construción dunha nave acaroada. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/figueiral-rivero-gonzalo-redondela.html
)
Anos
60. Deixa
de celebrarse a festa de San Antón. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/duas-festas-desaparecidas.html
)
1969.
Asolagamento das rúas de Vilavella. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/03/sucesos-1950-1979.html
)
1974.
Reorganización do tráfico na Praza Ponteareas, asfáltase o chamado
Campo das Monxas e créanse varias interseccións na estrada.
1976.
Os
problemas de tráfico creados polo chamado Funil
de Vilavella rematan
nunha agresión por error. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/o-funil.html
)
|
1974 El Pueblo Gallego |
2003. O
convento é alugado como restaurante para vodas e celebracións.
2011.
Nas eleccións municipais Vilavella
deixa de ser distrito
polo que podemos considerar esta data como a súa desaparición total
como parroquia a nivel administrativo
integrándose no casco urbano de Redondela. Na actualidade segue
a ser considerada parroquia a nivel
relixioso, si ben é certo que é atendida polo párroco de
Redondela.
2016, 12 de febreiro. Desbórdase
o río Maceiras asolagando Vilavella. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/asolagamentos.html
)
2021. setembro. Dan inicio as obras de humanización da Praza
Pontearas nas que se recolle a demolición da nave da familia
Figueiral, acaroada ao Convento de Vilavella.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Catastro
de Ensenada de Redondela, Vigo e Cedeira (1752).
Internovas.
Historias de Redondela
(http://www.ipdca.com/internovas/):
O
Señorío da parroquia de Cedeira.
X.
Miguel González.
Elementos
da Prehistoria de Redondela.
Xosé Couñago,Asociación Alén Nós.
Os
miliarios romanos de Redondela.
Jose Antonio Orge Quinteiro
A
arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela.
F.
Javier Costas Goberna
Galeguismo
e sociedade na Redondela da Segunda República.
Lois Barros. Edicións do Castro
O cemiterio dos Eidos da vila de Redondela. Xosé Manuel
Moreira Docampo. Concello de Redondela, 2022.
Orixe,
nacemento e evolución dos concellos pontevedreses.
Xosé Fariña Jamardo, 1996.
Arquivo
da Catedral de Santiago:(USC>Clero>Mitra1758>
Mayordomía de Redondela),...
Censo
de población de las provincias y partidos de la Corona de Castilla
en el siglo XVI : con varios apéndices......
(1829) - González,
Tomás (1780-1833). Madrid
: en la Imprenta Real, 1829
España_sagrada_theatro_geographico-histórico
de la Iglesia de España.
Tomo 22 e 23. Enrique
Flórez. Madrid 1767 e 1799.
El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas.
Lorena Torrado Gándara. Tesis de doctorado UDC / 2016
1767
De la Iglesia de Tuy desde su origen hasta el siglo décimo sexto
1799
Continuación de las memorias de la Santa Iglesia de Tuy
Galiciana-
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> ElCompostelano, El Pueblo Gallego, El Eco de Galicia.
José
Luís Lamigueiro©,
fuente:
Pedro
de Barcelos http://www.xenealoxiasdoortegal.net/
https://foros.xenealoxia.org>Serba
Faro
de Vigo
Aportes:
Xurxo Constela (A
Citania S. L.).
Deputación
de Pontevedra. Fondo Casto Sampedro
Communicaciones
al XV Congreso internacional de las ciencias genealógica y
heráldica. Volumen 3
En
Galiciana-Biblioteca
Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy