Naceu en As Neves pero axiña viu vivir a Redondela de onde era natural a súa nai. Realizou os seus estudos na Escola Superior de Maxisterio en Madrid. Despois de exercer en varias escolas primarias accedeu ao cargo de mestra numeraria de Filosofía e de Psicoloxía na escola Normal de Ourense. Ingresou no Seminario de Estudos Galegos en 1929. Formou parte dun grupo de mestres e inspectores que na primavera de 1936 visitaron Francia, Bélxica, Holanda, Suiza e Italia; co fin de coñecer de primeira man as novas correntes educativas implantadas en Europa. Despois da Guerra Civil exerceu como mestra de Xeografía e Historia na Escola Normal do Maxisterio feminino de Santiago de Compostela. Traballou neste centro, do que foi directora accidental en 1960, ata a súa xubilación.
domingo, 12 de abril de 2020
Sara Leirós Fernández (As Neves, 1897-Santiago de Compostela, 1978) Mestra e escritora
O seu pensamento altamente
tradicionalista e relixioso pode considerarse a antítese da
pedagoxía impulsada por Ernestina Otero Sestelo. Como mostra basta
con ler os títulos das obras que publicou:
Compendio de Geografía General,
1934.
El Padre Feijoo. Sus ideas
crítico-filosóficas, Santiago, Paredes, 1935
La Gracia y María en tu escuela,
1954.
El existencialismo en la educación,
Paredes, Santiago, 1959.
El Cuidado, 1963
El Padre Feijoo: su magisterio.
Antología de sus obras, La Voz de la Verdad, Lugo, 1967.
Pedagogía y salvación en la
mentalidad hispánicas, 1967
Mi esperanza de siempre vivir, 1968.
Despliegue, 1973.
Pedagogía hispano-cristiana en su
dimensión espiritual, 1973
Por el camino, El Eco
franciscano, Santiago, 1975.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
A Escola Normal de Santiago de
Compostela: de Escola Normal Superior a ... - Página 179.
Aurora Marco, Anxo Serafín Porto Ucha - 2000 - 378 páginas
Sara Leirós
por Xosé Bangueses García. Publicado en Feminismo,
Mulleres: intrépidas, valerosas.
Sara Leirós
Fernández por Antón Costa Rico en www.culturagalega.org
En
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> La Integridad, Galicia, El Noticiero de Vigo, El Pueblo Gallego
Aportes: Sara Leirós Lobeiras
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
Anteriormente falamos dos cruceiros do Concello de Redondela que se atopan en chan público (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com...
-
San Sebastián. Foto: Igrexa de Redondela. Festa celebrada o 20 de xaneiro en Redondela. Cóntase, que a devoción da vila por este santo, ...
-
Xornalista establecido en Vigo . Iniciouse como caixista de imprenta de La Oliva e El Miño. Este último foi dirixido durante un...
No hay comentarios:
Publicar un comentario