jueves, 23 de abril de 2020

Mestres-as ata mediados do s. XX: A-L

Mestres-as

Os datos máis antigos referentes ao ensino lévanos a varios relixiosos nados en Redondela:
Marino de Lobera, Pedro (Redondela, s. XVI)
Catedrático de Filosofía en Santiago. No 1557 foi nomeado Rector do colexio de Fonseca, antecedente do que sería a Universidade de Santiago.
Juan Mariño de Lobera
Rector do colexio de Santiago Alfeo en 1616.
Francisco Groba Carballido.
Rector do colexio de Fonseca no 1658, logo ocuparía unha das canonxías da catedral tudense.

E no século XVIII:
Madre Constanza de Jesús.
Fundadora do Colexio dos Remedios as Orfas de Santiago de Compostela.
Fontenla, Joaquín (Redondela, 1744 / ¿Santiago?, 20-6-1815)
Relixioso da Orde de San Agostiño. Prior do Convento de San Agustín en Santiago de Compostela. Catedrático de Teoloxía e reitor da Universidade de Santiago.

Neste mesmo século, centrándonos en Redondela, no Catastro de Enseada (1752) de Cesantes aparece: “Un labrador llamado Juan García al cual por el oficio de enseñar gramática tiene utilidad al año 200 reales de vellón. Otro labrador también se ejercita en poner escuela y enseñar niños llamado Bartholome Fernández y por ello tiene de utilidad al año 150 r. v.”

Xa no s. XIX Pedro Couñago foi reitor do colexio Fonseca cara a 1840.


Relación de mestras e mestres que exerceron no S. XIX e primeira metade do s. XX en ou de Redondela


María “a de Cambote”
Daba clases na súa casa da rúa Ribeira a finais do s. XIX.

Abalo Fontenla, María
En xaneiro de 1935 foi nomeada mestra interina na graduada de Redondela. En agosto de 1937 é trasladada de Trespieles (Fornelos) a Negros, e en outubro dese mesmo ano a O Viso. Continuaría nesta última escola ata 1940 ou 1941.

Abelleira Blanco, Dolores-Foto Mestras de Redondela
Abelleira Blanco, Dolores (Lola) (Redondela 27-11-1911)
Titulada na Escola Normal de Pontevedra. Mestra en varias escolas rurais: Zamáns (Vigo), Nespereira (Pazos de Borbén)- achegábase tódolos días camiñando dende Redondela-, Silvoso (Ponte Caldelas) e Rianxo onde se xubilou con 70 anos. Establecería a súa residencia en Noia. Casada co tamén mestre Eduardo Sánchez Otero.

 
 
Albán, Amalia
En xullo de 1896 é nomeada para a escola de Ventosela. Non sabemos se chegou a exercer nesta escola porque en outubro nomeouse a outra mestra. En novembro do ano seguinte figuraba como mestra de Entienza.

Alejandro Cubelas, Manuela
Rematou os seus estudos de Maxisterio en Pontevedra en 1926. Despois de reclamar contra o seu nomeamento como mestra de Decomodá Vallehermoso (Sta. Cruz de Tenerife), o de setembro de 1934 adxudícaselle definitivamente a escola de Negros. Volta a recorrer o nomeamento, pero ensina nesta escola ata que o 14 de decembro de 1946 concédeselle tamén con carácter definitivo a escola de Vilar (Crecente).

Alén Solla, María
Recen aprobada a oposición, en decembro de 1918 é destina como mestra a escola do Viso Deixou esta escola en decembro de 1922, cando por “derecho de consorte” é trasladada á escola graduada de nenas de Pontevedra, cidade onde exercía o seu home, Alfredo García Hermida.

Alfaya García, Aurea
Mestra. Membro da Falanxe.

Alonso ¿?, Juan
Era mestre no concello de Redondela en 1935.

Alonso Pérez, Benito
En setembro de 1925 foi nomeado mestre interino de Saxamonde.

Alonso Veiga, Serafín (Chaín-Gondomar, ¿?)
Alonso Veiga, Serafín. Foto: Redondela, crónica dun tempo pasado
Desempeñou o cargo de Alcalde de Redondela como presidente da Comisión Xestora entre xaneiro e marzo de 1933, por ser o mestre máis novo da vila. Na nosa vila militaría no Partido Radical.
Chegou a Redondela tras ser nomeado mestre de sección da graduada en novembro de 1931. Despois exerceu na Escola Masculina de Cesantes. Logo pasaría á escola de Beade (Lavadores-Vigo), parroquia na que tamén ensinaría a súa esposa Laureana Pérez Sousa. En novembro de 1937 é sancionado con trasladado a outra escola da provincia, a de Goián.

 Álvarez Araujo, Rita (Redondela 22-7-1910 / Pontevedra 1984)
Examinouse na Escola Normal de Pontevedra. Entre os seus primeiros destinos estivo Aranza (Soutomaior). En 1957 trasladouse a Torrejón de la Calzada onde traballaría durante 15 anos. Xubilaríase con 70 anos en Arganza (Madrid).

Álvarez Gallego, José María
En xaneiro de 1938 é nomeado mestre interino de Vilar de Infesta. Non chegaría a exercer porque pouco despois élle concedida a permuta solicitada con Trinatario Barreiro, mestre de Salcedo.

Álvarez Quintas, María de los Ángeles
Foi nomeada mestra de Negros en febreiro de 1948.

Álvarez Rodríguez, Felisa
En agosto de 1943 publícase o seu traslado de Ourense a Redondela. Ensinou na nosa vila cando menos ata 1955.

Amado Cundíns, Enrique
O 16 de novembro de 1901 é proposto por concurso único para a escola de Chapela, sendo nomeado en marzo do ano seguinte. En agosto de 1906, deixa Chapela, sendo nomeado para a escola de Quintela, na que se xubilaría antes de 1918..

Amil, José
No libro de defuncións de Vilavella, entre os asasinados polos franceses en 1809 aparece: “José Amil, escolante, marido de Manuela Vázquez, era pobre, no tenía nada más, que lo que ganaba con su escuela de niños de primeras letras, quedándole una hija llamada Josefa Amil”.

Amor Ruibal, Segunda
Nomeada en xuño de 1892 para a escola de Cabeiro. En virtude de concurso único iría destinada como mestra da mixta de Carracedo (Caldas de Reis), en xaneiro de 1893.

Ampudia González, Amalia
En marzo de 1900 foi nomeada mestra en propiedade de Reboreda, cun haber anual de 625 pesetas. Esta escola saíra a concurso en febreiro do ano anterior, nomeándose a varias mestras que non aceptaron o cargo. En agosto de 1903 cumpría os 12 anos de servizo. En xaneiro de 1904 continuaba na mesma escola cando solicita un aumento de soldo en función do censo. En abril de 1905 nomeada mestra de Punxin (Ourense).

Ancochea, Ernestina
Sendo mestra en Redondela, en outubro de 1901 apróbase a mellora do seu expediente a 230 pesetas.

Ancoechea Montes, Román
Redactor do xornal “El Pueblo”. En abril de 1896 foi nomeado mestre da escola de nenos de Redondela. Anteriormente, era mestre no Barco de Valdeorras. A finais deste ano comezou a dar clases nocturnas gratuítas aos adultos. En xaneiro de 1897 subíronlle o soldo a 200 pesetas polos seus sacrificios e conseguir que a cifra de nenos que asistían á escola chegara ata 198. En maio de 1897 foi nomeado delegado da Liga Protectora de Educación Nacional, en Madrid. En abril de 1898, sendo mestre aínda en Redondela é proposto para un premio. En maio dese ano falece na nosa vila.

Andrea Gallego, María Benita
Nomeada mestra interina da escola nacional de Ventosela, en xaneiro de 1913.

Antolín Docampo
Mestre sancionado no proceso de depuración tralo alzamento nacional.

Arca Villar, José.
Nomeado mestre interino da escola de Redondela, en decembro de 1893. Promotor dunha logia masónica na vila no 1894. En xuño de 1895 foi separado do cargo con perda de haberes dende o día que o abandonou.

Arias García, María Josefa
Era mestra en Labaña (León), cando en xullo de 1926 foi nomeada con carácter definitivo, para Trasmañó. En 1930 e 1931 solicita a permuta coa mestra de Chapela, sendo a petición desestimada nas dúas ocasións. Continuaba en Trasmañó en 1935.

Arias García, María Concepción
En agosto de 1930 consta como excedente de Frades Requián, cando é nomeada definitivamente para Saxamonde. En maio de 1933, desestímanlle unha mellora de posto no escalafón. Deixa esta escola cando en outubro de 1934, acada destino definitivo na escola de párvulos de Santa Lucía (León)

Arines ¿?, Antonio.
Tivo escola na Rúa Oriente (hoxe Telmo Bernárdez).

Arines Escariz, Ramón
En 1956 era mestre nacional en Viana do Bolo.

Armesto Salgado, Juan
Acadou o título de Maxisterio en Lugo. O 11-4-1933 é nomeado mestre de Ventosela. Antes de tomar posesión superou as probas para ascender ao 1º escalafón. En maio de 1935 autorízase a súa permuta co redondelán Fermín Blanco Alfaya, mestre de Moura (Nogueira de Ramuín).

Barbeito Cabezudo, Avelina
En 1879 tiña escola privada de nenas na rúa Oriente (actual Telmo Bernárdez) con 29 alumnas. Era mestra da escola nacional de nenas de Vilavella en 1894. En outubro de 1903, seguía no mesmo centro cando por virtude do Censo, o Reitorado confirmouna no cargo e expediu novo título administrativo con soldo de 625 pesetas.
Tivo a honra de ter entre o seu alumnado a Ernestina Otero Sestelo.

Barral ¿?, María
Cesou como mestra de Ventosela en xuño de 1910.

Barral ¿?, Petra
Tiña escola na R. Juan Manuel Pereira nos anos 30-40.

Barreiro, Juan Benito
En xuño de 1892 é nomeado mestre interino de Cabeiro.

Barreiro, Trinatario
En febreiro de 1938, o Reitorado concedeu a permuta solicitada por Jose María Álvarez Gallego, de Vilar de Infesta, e Trinatario Barreiro, de Salcedo.

Barreiro Seoane, Carmen (Oza dos Ríos 1899 / Redondela maio 1993)
Criouse e estudou en Pontevedra, onde acadou o título en 1926. Iniciouse na ensinanza en Xeve (Pontevedra) e Cepeda (Pazos de Borbén). En 1944 comeza a dar clases na escola unitaria mixta de Outeiro das Penas (Cesantes), na que permanecerá ata a súa xubilación aos 70 anos.
 
Barreiro Seoane Carmen-Foto: Mestras de Redondela
 
 
 
 Barrera Vázquez, María de la Concepción “Concha” (Becerreá 1908 / Chapela 1983)
Aprobou Maxisterio na escola de Santiago de Compostela. Pasou polas escolas de Lugo e Avilés antes de instalarse na escola unitaria de nenas de Laredo (Chapela) no 1934. Foi suspendida de emprego e soldo o 1-9-1936. Logo da súa reinserción, a finais de 1937, seguiría dando clases ata que motivos de saúde a obrigaron a xubilarse en 1970.

Barros Portela, Florinda
Nomeada mestra de Ventosela en outubro de 1896.

Becerra López, Antonio Victoriano
Mestre de Saxamonde dende 1868, cando se xubila en xullo de 1904.

Becerril, María Consuelo
Nomeada mestra interina do Viso en febreiro de 1936.

Berdeal Neira, Sebastián
Comezou a exercer cara a 1895. En 1899 é nomeado substituto de Burgueiras (Oia), exercendo despois na anexa á Normal de Pontevedra e no Val. En marzo de 1901 foi nomeado mestre interino de Chapela. En febreiro de 1905 nomeado mestre de Saxamonde, onde exerce ata xuño de 1918, cando é nomeado mestre de Quintela. En febreiro de 1929 concédeselle autorización para solicitar escola.

Bermúdez Otero, Mª del Carmen (F. Vilavella, 1957)

Propietaria e mestra dunha escola na Rúa Loureiro, recibiu autorización de apertura en 1904.


Bermúdez Otero, Carmen (Carmiña) (Redondela 29-11-1896 / Redondela 24-10-1989)

Bermúdez Otero Carmen-Foto Mestras de Redondela
Filla da anterior. Estudou en Marín e logo na Escola Normal de Pontevedra. Comezou dando clases particulares en Redondela. No 1928 era profesora na escola da Inmaculada en Vilavella. No 1934 acadou praza na escola de nenas de Saxamonde, á que acudía a pé. En 1960 pasa á Graduada de nenas de Redondela, ficando nela ata a súa xubilación no 1967.







Bermúdez Santomé, Carmen
Propietaria e mestra dunha escola na Rúa Loureiro, recibiu autorización de apertura en 1904.

Bernárdez, Angelita
Mestra en Redondela en 1921.

Bernárdez Barro, Antonio
Foi nomeado mestre substituto no Viso en febreiro de 1928. Cesa no cargo dous meses despois ao reincorporarse o titular, Enrique Soto Fontán.

Bernárdez Gómez, Jesús (Redondela, 1915)
Fillo do médico Telmo Bernardez Santomé. Facía prácticas de Maxisterio ao inicio da Guerra Civil. Estivo preso na illa de San Simón e posteriormente exiliouse a México. Naquel país exerceu a docencia, escribindo varios libros sobre o ensino das matemáticas.

Bernárdez Gómez, Isabel-Foto: Mestras de Redondela
Bernárdez Gómez, Isabel (Bela)
(Redondela 27-2-1917)
Filla do médico Telmo Bernárdez Santomé. Rematou os seus estudos de Maxisterio en Pontevedra en 1936. Tan só chegou a exercer nunha escola rural de Cambados por mor da Guerra Civil. O seu pai, Telmo Bernardez Santomé, foi executado en 1936 e ela sería afastada do seu posto, tendo que exiliarse a México coa súa nai e irmáns.

 
 
Bernárdez Gómez, Telmo (Redondela, 1913)
Fillo do médico Telmo Bernardez Santomé. Foi mestre en Lérez, Bueu e Mos. Preso ao inicio da Guerra Civil pasou por varias cárceres, entre elas a illa de San Simón. Posto en liberdade en 1940 exiliouse a México, onde traballou para laboratorios farmacolóxicos e, nos seus derradeiros anos de vida laboral, como administrador de axencias inmobiliarias.

Bernárdez Santomé, Amelia (Redondela)
Irmá de Telmo Bernárdez. En febreiro de 1910, foi nomeada mestra interina da escola de Salceda, co soldo de 412’50 pesetas anuales. En 1918 ascende a 1.500 pesetas, sendo daquela mestra en Riverteme. En 1928 era mestra de Tomiño, cando se casou co alcalde de Salvaterra, tamén mestre.

Bernárdez Santomé, Concepción “Concha” (¿? / Redondela, xaneiro 1924)
En decembro de 1920, é nomeada mestra interina da escola de nenas de Redondela.

Blanco Alfaya, Fermín. Galeguismo e sociedade na Redondela da II República
Blanco Alfaya, Fermín (Redondela)
Involucrado en política en 1932 xa forma parte do Partido Galeguista de Redondela. Como mestre a finais de 1931 é nomeado interino da escola de Lalín nº2. O seu primeiro destino na nosa vila sería en decembro de 1933 cando é nomeado interino na escola de Cidadelle (Chapela). A nivel persoal casouse o 7 de xullo de 1934 en Vilagarcía, coa tamén mestra redondelá, Luisa Gómez Fernández.
En maio de 1935 autorízase a súa permuta con Juan Armestro Salgado, mestre de Ventosela. Seguía nesta escola cando en 1936 é destituído e encarcerado. En xullo de 1937 é reposto con perda dos haberes que deixou de percibir e trasladado a unha escola de Hérmenes do Cerrato (Palencia), quedando inhabilitado para cargos directivos e de confianza. En abril de 1938 queda sen efecto o traslado e reintégrase á escola de Ventosela. Pouco despois incorpórase a filas, volvendo a exercer ao remate da Guerra.
En setembro de 1939 pasa a cubrir provisionalmente unha vacante en Redondela. Despois de pasar pola escola de Ventosela, en xaneiro de 1948 é trasladado á de Reboreda, tendo exercido daquela 12 anos, 1 mes e 9 días. En 1958 aprobouse o seu traslado a unha sección graduada de Redondela.

 Blanco Lago, Natalia e Pilar.
Coñecidas como as Andaluzas porque eran de Xerez. Daban clases en Redondela de xeito privado na primeira metade do século XX. A primeira morreu en 1958 e a segunda en 1940.

Blanco Pérez, Alfredo
En febreiro de 1899 é nomeado mestre da escola de nenos completa de Redondela, por abandono do anterior, Jesús Segond Berdiales.

Bouzas Cabanelas, María Juana
En outubro de 1902 nomeada mestra en propiedade de Escuadro (Silleda). O 10 de xuño de 1904 é nomeada fóra de concurso como interina na escola mixta de Cedeira. En setembro dese mesmo ano é nomeada en propiedade para a escola de nenas de San Xurxo (Cotovade). Cando menos entre 1908 e 1918, seguía en Cotovade, pero na mixta de Almofrei.

Braga Valle, José
En agosto de 1943 aprobouse o seu traslado de Bahiña a Cedeira (Redondela). Seguía na mesma escola en 1963 cando foi nomeado concelleiro de Redondela polo terzo familiar.

Brea Real, Generosa
En febreiro de 1935 aparece como residente en Redondela nunha relación de mestres aspirantes a interinidades ou substitucións de escolas nacionais.

Bugallo Fráiz, José
En agosto de 1939 era interino en Cedeira.


Caamaño Bournacell, Dolores
En maio de 1926 foi nomeada mestra interina de Santo Paio de Arriba (Reboreda).

Cabaleiro ¿?, Luis
Co seu curmán Gonzalo Muíños, nos anos 40 daban clases de Bacharelato na escola que tiñan Paulina Sánchez e Carmiña Lago na Rúa Isidoro Queimaliños.

Cabaleiro ¿?, Rita
Tiña escola na Rabadeira (Cedeira) nos anos 30-40.

Cajide, José
Nomeado mestre interino de Redondela en febreiro de 1891.

Esmeralda Cal Fernández. Mestras de Redondela
Cal Fernández, Esmeralda (Redondela xaneiro 1899 / Redondela 1-5-1990)
Examinouse na Normal de Pontevedra. En 1929 exercería como interina na graduada de nenas de Redondela. En 1931 acadaría praza en Vilar de Infesta. Pasaría logo, en xullo de 1933, a Padróns (Ponteareas), chegando a percorrer os 20 km. de distancia a Redondela a pé. En outubro de 1934, sería trasladada a Louredo (Mos). Entre 1936 e 1938 foi afastada do seu cargo. Instalaríase definitivamente en 1959 en Reboreda onde impartirá clases durante 20 anos.

Cal Fernández, Raimundo. Redondela, crónica dun tempo pasado
Cal Fernández, Raimundo (Nicolás Jorge) (Redondela, 22-9-1914)
Secretario xeral das Mocidades do Partido Galeguista de Redondela e
Responsable de Prensa e Propaganda da provincia de Pontevedra durante a campaña do Estatuto, era estudante de Maxisterio cando se iniciou a Guerra Civil. Nomeado mestre de Petelos en 1942, foi apartado da docencia por motivos políticos. Restituído en 1950 solicitou praza en Logroño e 6 anos despois na parroquia de Reboreda. En 1965 foi nomeado para a escola de nenos de O Viso. Xubilouse en Reboreda. Déronlle o seu nome a unha rúa.

Cal Fernández, Rosario-Foto: Mestras de Redondel
Cal Fernández, Rosario (Redondela 1911)
Examinouse por libre na Normal de Pontevedra. Pertencía ó Grupo Galeguista polo que lle rebaixaron o número obtido na oposición do nº 5 ó 24. En 1942 empeza a traballar na escola mixta de Vilachán do Monte (Tomiño). Pasaría logo por Amorín (Tomiño), Pazos de Borbén, Cesantes e Redondela.

 
 
 
 
Cal Garrido, Manuel
          Nomeado en abril de 1891 para a axudantía de Redondela. En novembro de 1903 foi nomeado mestre de Laxe (Fornelos), na que continuaba en 1911.

Calzas González, Julián
          En abril de 1919 nomeado mestre en propiedade como opositor procedente da de Soria, da escola de Trasmañó. Máis tarde déuselle a baixa por pasar a servir noutro corpo ao entrar no exército. En marzo de 1923, despois de loitar en África, solicita a súa reincorporación ao maxisterio cando sexa licenciado. Despois da súa reincorporación solicita e concédeselle en setembro de 1925 o seu traslado a Peñaranda de Dueso (Burgos).

Campos Pérez, Antonio Martín
         En outubro de 1934, sendo mestre en Amoedo (Pazos de Borbén), acada praza definitiva na escola de Trasmañó, na que continuaba en 1938.

Carballo Otero, Lorenzo (Pontevedra, 1830)
Exerceu como enfermeiro durante as epidemias de cólera en Cambados (1853-54) e Redondela (1865).
En 1871 era o director da escola de instrución primaria de Redondela, cando o 22 de novembro a Dirección Xeral de Instrución Pública concede unha colección de libros, formada por 155 obras, para a creación dunha biblioteca popular neste centro. En decembro de 1872 foi proposto para unha cruz de María Victoria de segunda clase. En xuño de 1891 foille concedida a xubilación. A principios do século XX a rúa Casto Sampedro tiña o seu nome.
A súa biografía apareceu publicada en Los Maestros de España. Biografías y estudios estadísticos sobre la primera enseñanza (Pontevedra: Establecimiento Tipográfico de José Millán, 1885).

Carballo Pesqueira, Francisco
Mestre da Escola incompleta de Quintela cando menos entre 1876 e 1879.

Carballo Soto, Baldomero
Era mestre en O Rosal ata que en outubro de 1910 apróbase a permuta con Antonio Dobarro Gil, mestre en Redondela. Deixa a nosa vila cando en novembro de 1918 apróbase a súa permuta con José Gallego Martínez, mestre na Estrada. O 20 de marzo de 1932 a través do xornal El Soplete envíalles unha aperta ós seus ex-alumnos de Redondela aos que agarda ver no próximo verán.

Carracedo Barrio, María
En setembro de 1936 é destinada como mestra interina a unha sección da graduada de Redondela.
Carreira Carreira, Antonio
Residente en Trasmañó é destinado como interino a Cerdeiras (Orol-Lugo) en xullo de 1939.

Carrera Gómez, Manuel
En outubro de 1921 foi nomeado mestre interino de Saxamonde.

Carrete Gardasse, Feliciano
O 15 de setembro de 1890 inaugúrase en Redondela unha escola de 1º e 2º ensino de ambos sexos, baixo a advocación dos Sagrados Corazóns de Xesús, dirixido por Feliciano Carrete, Quen fora mestre nun instituto galego e falaba varios idiomas.

Carrete Rebolledo, Gabriel.
En 1923 era o director do Colegio Cervantes. Anos despois tiña escola na rúa Francisco de Federico (actual Padre Crespo).

Carsi Veiga, Mariano
En setembro de 1936 nomeado mestre interino de Chapela.

Casal Piñeiro, Efigenia
Non era de Redondela. Ensinou na vila como interina ou substituta.

Casas Builla Rodríguez, Eduardo.
En febreiro de 1938 foi nomeado mestre interino de Reboreda, procedente da graduada do Areal (Vigo). En xaneiro de 1939 aparece nunha lista de aspirantes a interinidades.

Castejón Deuche, Felicidad
En outubro de 1921 é nomeada mestra interina da escola de Vilavella.
Castillo, Josefa Soledad
Foi separada da docencia por expediente gobernativo e reincorporada por Real orde de 15 de marzo de 1916, concedéndoselle a autorización para solicitar praza fóra de concurso. O 17 de outubro sería nomeada para a escola de Cabeiro. En xullo de 1918 apróbase o seu traslado a Guillade (Ponteareas). O 15 de setembro de 1919, seguía ensinando en Cabeiro, cando foi desestimada a súa petición para o abono do tempo que estivo apartada do maxisterio.

Castro Fernández, Antonio
Por concurso de traslado, en xuño de 1949, Antonio Castro Fernández, procedente da escola de Santiago de Cerreda (Ourense), é nomeado para a unitaria de Ventosela.

Castro Lago, María del Carmen
Nomeada en 1886 auxiliar da escola completa de nenas de Redondela, onde ensinaba a súa nai, Maximina Dolores Lago Cobián. En marzo de 1897 pasa a dirixir unha nova escola de nenas na Estrada.
En novembro de 1903 volta á nosa vila como interina na escola de nenas de Redondela, acadando por oposición a praza en propiedade en marzo de 1905. En novembro de 1918 ascende de categoría pasando a cobrar 2.000 pesetas. En 1920 proponse que, xunto a José Castro mestre de Covelo, se lle outorguen gracias de Real Orden por seres os únicos mestres da provincia que viñan cumprindo a Real Orden de abril de 1918 dende a súa publicación, pola que se recomendaba a celebración de excursións e paseos escolares. En agosto dese ano o Consello da Instrución Pública declarou útil para o ensino a súa obra “La mujer educadora”. Un mes despois é nomeada directora da nova escola graduada de nenas de Redondela.
En maio de 1921, é elixida tesoureira da Asociación de Mestres de Redondela. En xuño dese ano volta a ver aumentado o seu soldo a 3.500 pesetas.
Sería suspendida de emprego e soldo o 1-9-1936 e reposta ás súas funcións en xuño de 1937. Xubilouse en 1941 despois de case 40 anos ensinando en Redondela.

Castro Sánchez, Cándido
En xullo de 1927 atópase entre os aprobados nas últimas oposicións e concédenlle a escola de Saxamonde. En decembro de 1928 abandona a nosa vila, sendo trasladado a Ávila.

Cendón González, Francisco
En setembro de 1917 é nomeado mestre interino de Chapela, saíndo a praza a concurso a finais dese mesmo ano. En xaneiro de 1919, volvería a ser nomeado interino para o noso concello, desta volta para a escola de Cesantes.

Cervera Gómez, Manuel
En outubro de 1915 foi nomeado mestre interino de Vilar de Infesta.

Cerviño Ferrín, José
Mestre depurado que sería reposto en novembro de 1937 con perda dos haberes de seis meses e traslado dentro da provincia, concretamente a Godos (Caldas de Reis). Sería trasladado, en novembro de 1937, á escola de Ventosela. Pouco despois troca esta escola pola de Oliveira.

Cerviño Ferrín, Manuel
En agosto de 1934, sendo mestre en Tinlores (Ourense), é proposto para a escola de Reboreda. Suspendido de emprego e soldo en setembro de 1936, sendo restituído en novembro dese mesmo ano ao seu posto en Reboreda. En xaneiro de 1938 é suspendido por 10 meses. En 1940 continuaba ensinando en Reboreda.

Cifuentes Pons, María de los Ángeles
Nomeada mestra propietaria de Cesantes en xaneiro de 1925. En agosto de 1930 nomeada para Ourense (San Lorenzo).

Clemente Soto, José
Foi mestre no Viso, ata que en xaneiro de 1904 o Ministerio de Instrución Pública accede á xubilación que por idade tiña solicitado. Falecería naquela parroquia en xullo de 1907.

Comesaña López, Máximo
Rematou a carreira no 1935. En setembro de 1936 nomeado mestre interino para unha sección da graduada de Redondela. En xaneiro de 1940, foi nomeado interino de Negros, e mestre titular desta escola en agosto de 1942. Nos anos 50 estableceuse no Ferrol, vindo a miúdo a visitar Redondela coa súa familia.

Contreras Alfaya, Eulalia (Redondela)
En febreiro de 1935 aparece nunha relación de mestres aspirantes a interinidades ou substitucións de escolas nacionais. En setembro de 1936 é nomeada mestra interina da escola de Igrexa (Chapela). En Redondela formará parte da Sección Femenina de Falange.

Contreras Alfaya, María Socorro (Redondela)
Aprobou a oposición en outubro de 1935. En setembro de 1938 elixe como primeiro destino a escola de Trespeles (Fornelos), na que seguía a finais de 1939. En 1942 atopábase exercendo en Cabral. En xaneiro de 1948 pola quenda de consortes adxudícaselle provisionalmente o seu traslado da Porteliña (Pontevedra) a Quintela. En febreiro de 1948 concédeselle unha licenza por enfermidade, exercendo daquela en Negros. Pertencía á Sección Femenina de Falange de Redondela.

Contreras Alfaya, Teresa (Redondela)
Mestra. Aparece nunha relación da Sección Femenina de Falange de Redondela.

Contreras Quirós, María Teresa (Redondela)
En maio de 1936 aparece nunha relación de alumnos do grado profesional que acaban de rematar o curso. En abril de 1942, concédeselle o reingreso ao corpo activo como mestra excedente de Ribadelouro (Tui).

Contreras Valiñas, Eulalia (Redondela)
Mestra. En xaneiro de 1901 é nomeada mestra provisional da escola de Quintela. Ao ano seguinte cásase con Apolinar Contreras Contreras, natural de Gaxate, que se establece en Portugal onde fai fortuna grazas á importación de tabaco. A finais de 1905 denúnciase o abandono da escola de Quintela por atoparse a mestra vivindo co seu marido en Lisboa.

 
Contreras Valiñas, Eulalia. Foto: Vida Gallega



Contreras Valiñas, Herculina (Redondela)
Por concurso único foi nomeada mestra da mixta de Xesta (A Lama) con 250 pesetas, en xuño de 1890. En novembro de 1903 foi confirmada como mestra da escola completa mixta de Forzáns (Pontecaldelas). Sería admitida a súa renuncia a dita praza en marzo de 1906.

Corbacho Pajares, María
Aparece en abril de 1932 como aprobada no primeiro exercicio nunha lista de cursillistas para ingreso no Maxisterio, para a escola de Redondela.

Cores Fernández, Francisca
Por orde do 2 de abril de 1907 e en virtude do concurso de setembro do ano anterior, foi nomeada mestra en propiedade de Cabeiro, deixando vacante a de Pexegueiro en Tui. Seguiu no cargo ata 1915, ano en que viu aumentado o seu soldo ás mil pesetas.

Cornes García, Rosalía
En febreiro de 1923 tomou posesión do cargo de mestra interina da escola de nenas de O Viso.

Cortizas ¿?, Estrella
Tiña escola na Praza Figueroa nos anos 30-40.

Cortizas Figueroa, Elena-Foto: Mestras de Redondela
Cortizas Figueroa, Elena (Lelé) (Redondela maio 1918 / Redondela 21-6-1988)
Antes de aprobar as oposicións en Pontevedra en 1944 deu clases particulares xunto a Maruja Fernández. Despois de 2 anos exercendo en Valbuena de Pisuerga (Palencia) volta a Galicia en 1947, pasando polas escolas de Bande (Ourense), Estacas (Fornelos de Montes), Fozara e Xinzo (Ponteareas). En 1971 trasládana a Negros e 3 anos despois a Redondela, onde permanecerá ata a súa xubilación no 1984.

Costa Veiga, Antonio
Mestre de Vilar en 1942.

Couto Mallén, Agustín
En xuño de 1918 é nomeado mestre interino da escola de Vilar Infesta.

Crespo Alfaya, Primitiva (Redondela)
Ingresou na Normal de Pontevedra en 1926.

Crespo Martínez, Alfonso
Tenente coronel. Mestre de xeografía e historia no colexio Mezquita de Vigo, onde foi compañeiro de Francisco Fernández del Riego.

Criado Fontán, María Josefina (Redondela)
Acadou o título de Maxisterio en Pontevedra en xuño de 1936. Despois de varias interinidades, en marzo de 1938, constando como pertence ao grupo C, Hermano caído en combate, é nomeada substituta para Sampaio de Arriba (Reboreda), escola na que continuaba en 1943.

Criado, Vicente
Mestre da incompleta de Trasmañó cando menos dende 1871 ata 1879.

Cuena González, María de la Concepción de
En agosto de 1937 é trasladada de Vadillo (Logroño) para Chapela (Redondela).

Mª del Carmen Cunqueiro. Mestras de Redondela
Cunqueiro Alfaya, María del Carmen (Redondela abril-1919 / Redondela 6-11-1996)
Filla do que fora alcalde de Redondela, Francisco Cunqueiro Montenegro. Estudou Maxisterio en Pontevedra aprobando a oposición en outubro de 1935. Comezou a exercer en 1938 na escola de Fragoso (A Estrada). No 1944 trasládase a Villadeséns (Girona) e 2 anos despois volta a Galicia pasando polas escolas de Ventín (Fornelos), Calvos e Amoedo (Pazos de Borbén). En 1955 abandona a docencia para coidar da súa primeira filla.

Cuntín Sarandón, Eduardo
Tiña escola particular en Redondela cara a 1910. Logo exercería como auxiliar da escola graduada do Centro de Vigo, permutando en 1914 co mestre de Tortoreos, As Neves, concello no que chegou a ser alcalde.

Cuñarro Rodríguez, Peregrina
Foi nomeada mestra interina de Negros en febreiro de 1948. Probablemente renunciou ao cargo porque poucos días despois é nomeada outra mestra.

Davila Ubeira, Perfecto
En setembro de 1925 concédeselle unha excedencia por máis dun ano e menos de dous a Perfecto Davila Ubeira, mestre de Saxamonde. Dous anos despois solicita que se lle conmute a excedencia que ven desfrutando por unha excedencia ilimitada.

Díaz Corbacho, José
Mestre de Trasmañó en 1922.

Díaz Jiménez, Santiago.
Entre decembro de 1921 e novembro de 1922, substituíu como interino na escola graduada de nenos de Redondela a Joaquín Pais Lorenzo que cumpría o servizo militar. Neste período encargouse das crases para adultos.

Díaz Pedras, Francisca
Aparece en abril de 1932 como aprobada no primeiro exercicio nunha lista de cursillistas para ingreso no Maxisterio, para a escola de Redondela.

Díaz Pérez, Avelino
Foi nomeado mestre interino do Viso en outubro de 1932.

Dobarro Gil, Domingo Antonio.
Cando menos dende 1895 era mestre en Minas (Puerto Príncipe, Cuba). Foi nomeado mestre en propiedade da escola completa de Redondela, dotada con 1.100 pesetas, en setembro de 1899 en concepto de Mestre repatriado. En abril de 1910 solicita do Ministro autorización para introducir o ensino do Esperanto despois das leccións de Gramática nas seccións máis adiantadas da escola. En outubro de 1910 permuta con Baldomero Carballo Soto, mestre do Rosal abandonando o noso Concello. O último que atopo del e cando en 1921 é proposto para Cádiz.

Domínguez Pereira, María (Maruja) (Redondela 1914)
Estudou o Bacharelato en Pontevedra, examinándose despois en Maxisterio no 1935. O seu primeiro destino foi Beade (Vigo). Logo pasaría por Cee e Santa Comba, para acadar praza no colexio de Aguiño (Ribeira), onde fixou a súa residencia.
Estaba casada co mestre nacional José Sanz Ortega.

Domínguez Pereira, Maruja-Foto: Mestras de Redondela
Eiras Lemos, María
Nomeada mestra interina da escola de Santo Paio en Reboreda en febreiro de 1926. Solicitou unha licenza que lle foi rechazada, polo que presentou a súa renuncia ao cargo en maio de 1926.

Ejido Martínez, Rosa
En xuño de 1946, foi nomeada mestra substituta para Soutoxusto.

Escaríz Portela, Manuel.
Mestre en Cesantes, ao que en outubro de 1891 se lle sube o soldo. En marzo de 1899 cando se lle concede un mes de licencia e outro de prorroga por enfermidade. En febreiro de 1901 a Xunta provincial de 1º ensino eleva ao Reitorado o expediente de substitución persoal deste mestre, que fora incoado pola Xunta local, e que será concedido en maio dese ano. Faleceu antes de rematar o ano.

Escobar Lemos, Restituto (O Viso(Redondela))
Comezou como mestre interino de Negros en dous períodos 1931-1932 e 1933-1935, a primeira por xubilación do titular e a segunda por baixa po enfermidade. Logo seguiríanlle interinidades en Acibeiro-Forcarei (1936), O Viso (1937), Soutomaior (1938), Aldea de Arriba de Sober (1940).

Estévez Boullosa, Clotilde (Vilarchán)
Nomeada mestra interina de Cabeiro en 1915 e de Ventosela en agosto de 1925.

Estévez Lameiro, Juan
Nomeado mestre interino de Trasmañó en febreiro de 1926. Pouco durou no cargo porque en xuño dese mesmo ano nomean a outro mestre, mais el volvería a esta escola onde ensinaba en 1935.

Extremadouro Otero, Antonio (Redondela)
Estudante de 4º curso de Maxisterio en 1922.

Fentanes Barros, Hipólito
En setembro de 1936 nomeado mestre interino do Viso.

Fernández Barros, Ángela
Aparece en abril de 1932 como aprobada no primeiro exercicio nunha lista de cursillistas para ingreso no Maxisterio, para a escola de Redondela.

Fernández Carbajo, María
Mestra en Aldán, en xuño de 1929, tomou posesión da praza de mestra na escola graduada de Redondela. En setembro de 1936 é nomeada provisionalmente directora desta escola, xubilándose neste posto en novembro de 1959. En 1968 falecería en Santiago aos 78 anos.

Fernández García, Celestino
En novembro de 1934 nomeado para a sección graduada de Redondela para sustituir a un mestres procesado.

Fernández González, Rosalía
Nomeada en maio de 1899 mestra interina da escola de Reboreda.

Fernández Montero de Espinosa, Olimpio
En abril de 1907 nomeado mestre de Trasmañó, a onde chegou procedente dunha escola da provincia de A Coruña. En 1910 pasa a outra escola de mesma categoría no concello de Sanxenxo.

Fernández Novás, Elena
Tomou posesión como mestra da escola de nenas de Cedeira, en xullo de 1929.
Seguía nesa escola cando por orde do 19-4-1933, ascendeu a cobrar 5.000 pesetas. En setembro dese ano apróbase o seu traslado a Pontecesures.

Fernández Soto, Bernardo
Procedente do plan profesional, en marzo de 1942 é nomeado mestre de Cesantes. Mentres traballaba como procurador pagaba a un mutilado de guerra para que o substituíra no cargo de mestre. Despois de pasar pola escola de Nespereira, en 1958 acada praza na escola de Redondela, da que chegaría a ser director e na que se xubilaría a principios dos anos 80.

Fernández Soto, María Ascensión (Maruja) (Redondela 17-5-1917 / Barcelona 1987)
Con tan só 15 anos en 1933 pertencía ó Grupo Galeguista de Redondela. Acada a titulación de Maxisterio en Pontevedra no 1935. Por mor da suspensión das oposicións da clases en Redondela xunto a Elena Cortizas. Acada destino en 1955 en Pen Amieva (Asturias). En 1961 é destinada a Lodeiro (Lalín). No 1962 trasládase a Aytona (Lleida) e despois as escolas de Barcelona de Sta. Eugenia Congost e de La Gorriga. Máis tarde, volta á súa vila, exercendo primeiro en Cidadelle (Chapela) e despois en Reboreda, onde se xubila.
Fernández Soto, Bernardo. Faro de Vigo

Fernández Soto, Mª Ascensión-Foto Mestras de Redondela












Ferro Fernández, Ramón
En xullo de 1940, aparece para a escola do Areal (Vigo) nunha relación de oficiais do exército que son nomeados mestres provisionais cun soldo de 4.000 pesetas. Nomeado interino en Chapela en xullo de 1942. En agosto de 1943 é trasladado a Monforte.

Figueroa y Salgado, Ramón
Mestre da escola de Laredo (Chapela) en 1862, cando o inspector constata que non asisten nenos a dita escola.

Filgueira, Isabel
Mestra da escola pública de Redondela no s. XIX. Entre outros tivo como alumno ao Xeneral Rubín.

Filgueira Moreira, Teresa
En decembro de 1925, nomeada para a recentemente creada escola de Rande.

Follente Domínguez, José
Mestre en Ventosela en 1942.

Fontán, Juan Antonio
En agosto de 1892 é nomeado con 1.100 pesetas, para a escola de Redondela. Anteriormente estivera na escola de nenos de Mellid. En 1894, seguía en Redondela como mestre de 2ª clase con máis de 38 anos de servizo.

Fontdevilla, Rafael
Alumno de Maxisterio, en setembro de 1939 elixe facer o ano obrigatorio de prácticas en Cedeira.

Fontenla Camiña, Raquel (Redondela)
Aparece nunha relación de mestres aspirantes a interinidades en xaneiro de 1933.

Fraile Pampín, Lorenza
Aparece en abril de 1932 como aprobada no primeiro exercicio nunha lista de cursillistas para ingreso no Maxisterio, para a escola graduada de Redondela.

Frías Hidalgo, Maximiliano
En maio de 1934 concédenlle praza na escola de O Viso. En outubro de 1934 acada praza definitiva en Santiago Milla (León).

Gallego Martínez, José
En novembro de 1918 apróbase a permuta entre este mestre destinado na Estrada e Baldomero Carballo Soto, mestre en Redondela. En setembro de 1920 é nomeado director da nova escola graduada. En maio de 1921 se constitúe a Asociación de Mestres de Redondela, sendo elixido presidente. Daquela a persoa que desempeñaba este cargo tiña máis peso na vila, polo que atopo noticias de José en reunións para evitar a supresión do xulgado ou formando parte dun tribunal na oposición a mecanógrafo do Concello. Era correspondente en Redondela de La Integridad, diario católico, xornal de Tui. Tamén desempeñou o cargo de xefe do Corpo de Exploradores de Redondela (Ver Historia>colectivos). Involucrouse na política local aparecendo como vocal na constitución de Unión Patriótica en 1924. En setembro de 1930 deixa a nosa vila ao ser trasladado á graduada de Pontevedra.

Gandía Díaz Romeral, Antonia
Por concurso de traslado en xuño de 1949, Antonia Gandía Díaz Romeral, de Tovar (Cuenca), foi nomeada para Cabeiro.

Gandós Villaverde, Ignacio
En agosto de 1934, sendo mestre en Regueiro (Ourense), é proposto para a escola de Cabeiro, da que toma posesión en outubro. Estando nesta escola é suspendido no 1936, sendo restituído en novembro dese mesmo ano. Despois de ser desmobilizado, en novembro de 1938, reintégrase na súa escola. En novembro de 1940, resolveuse que cese na escola de Cabeiro e pase a desempeñar con carácter definitivo a de Ponte (Silleda).

García Barreiro, Antonio
Mestre en Toure (A Coruña) ata que en xullo de 1897 é aprobado a súa permuta co mestre de Reboreda. En setembro dese ano solicita do Reitorado unha excedencia para cursar na Normal de Santiago o terceiro ano da súa carreira. En xaneiro de 1898. seguía ensinando en Reboreda cando foi declarado en observación por catro meses a causa da imposibilidade en que se atopa para ensinar. En outubro dese mesmo ano, presentou a súa renuncia.

García Barros, Agustín
Mestre en Parada (Ourense), nomeado mestre de Trasmañó o 5 de xuño de 1926. Segue nesa escola cando en marzo de 1930, cúrsase á Dirección Xeneral a súa solicitude ao Ministerio para seguir un curso de inglés. En febreiro de 1931 anúnciase o seu nomeamento provisional para Praderrey.

García Boente, Juan Benigno
En xaneiro de 1937, ordenouse a clausura da súa escola privada que desempeñaba en Chapela, por carecer de condicións legais.

García Bouzón, Carlota
Nomeada mestra da escola mixta de Trasmañó, en xuño de 1890, con 250 pesetas. Probablemente era o seu primeiro destino porque en marzo de 1894 apenas levaba 3 anos de servizo.

García Crespo, Francisco
Mestre de Cabeiro dende 1864, xubilado no 1892.

García Díaz, Rafaela
En abril de 1906 nomeada mestra da escola completa mixta de Reboreda, anteriormente ensinaba nunha dotada co mesmo soldo de 625 pesetas na provincia de Ourense. En 1911 continuaba en Reboreda con máis de 18 anos no ensino.

García, José
Mestre na incompleta de Ventosela cando menos entre 1870 e 1879.
 
García Domínguez, José.
Mestre de Redondela xubilado en 1896.

García García, Antonio
Nomeado en xuño de 1893 mestre interino de Reboreda. En marzo de 1895 é suspendido de emprego e soldo por abandonar a escola, pero despois de xustificar a ausencia a suspensión foi anulada reincorporándose ao seu posto. En novembro dese ano sube de categoría ao ser declarada completa a escola de Reboreda. En xullo de 1897, apróbase a súa permuta con Antonio García Barreiro, mestre en Toure (A Coruña).

García y García, Juan
Residente en Monfero (Córdoba), en xuño de 1921 é nomeado mestre propietario de Vilar.

García Moldes, Carmen
En xaneiro de 1939 destinada como mestra interina a Trasmañó.

García Mouriño, Marina (Carballino)
O 28 de decembro de 1918 adxudícaselle o seu primeiro destino, a de mestra en Cesantes. O 30 de xuño de 1924 é nomeada para a escola de nenas de Reboreda, na que coincidiu co seu marido, o tamén mestre, Prudencio Rodríguez Dios. Naquela parroquia ensinou ata que en outubro de 1934 acada praza definitiva en Castrelos (Vigo).

García Senra, María de la Nieves (Maruja) (Redondela, 1903 / Red., 10-5-1975)
Mª de las Nieves García. Mestras de Redondela
Examinouse na Escola Normal de Pontevedra. Opositou en 1923. En 1927 comezou como interina en Areas (Tui). En Redondela, foi interina en 1930 na escola de nenas de Saxamonde, de recente creación. En maio de 1931 acadará praza en Recelle (Lugo) e, posteriormente, en Vincios (Gondomar), onde permanecerá 13 anos. Logo exercerá outros 17 anos na escola de Santo Paio de Arriba (Reboreda), trasladándose en 1963 a Vilavella e en 1969 a Reboreda, que será o seu derradeiro destino antes da xubilación.
 
 
García Tenreiro, Carolina
Nada na provincia da Coruña, probablemente en Neda. Ensinou durante varios anos como interina en Aranza (Soutomaior), praza á que renuncia en 1914. Despois sería substituta en Codeseda (A Estrada) e Salceda de Caselas. A finais de 1916 foi nomeada mestra de Guláns (Ponteareas), alí púxose a mal co párroco quen a levou aos tribunais. O xornal "El Tea" conta que a sentenza non sería cumprida por presións de arriba pero o cura xunto co deputado Sr. Barrón, conseguiron que o seu nomeamento como mestra de Guláns quedara sen efecto.
En agosto de 1918 sería nomeada mestra substituta en Vilaboa. Logo exercería en Chaín (Pontecaldelas), entre maio de 1921 e xuño de 1926, cando foi nomeada mestra de Santo Paio de Arriba (Reboreda), onde ensinaría ata a súa xubilación en 1943. Tamén foi mestra en Ventosela.
Foi a primeira muller Concelleira de Redondela en 1934. Sofreu proceso de depuración, sendo suspendida de emprego e soldo o 1-9-1936 e reposta en abril de 1938.

Garrido Ramos, José
En agosto de 1943 trasladado da escola de Sente á de Cabeiro.

Gil López, Gerardo
En setembro de 1936 nomeado mestre interino de Reboreda.

Giráldez Ramos, José
En decembro de 1933 concédenlle praza de interino na escola de Trasmañó.

Gómez Fernández, Luisa (Redondela 20-3-1911)
 Luisa Gómez.  Mestras de Redondela
Nun principio quería presentarse as oposicións de Facenda pero como daquela non estaba ben visto unha muller traballando con homes decantouse polas de Maxisterio. En 1934 comezou a exercer en Adelán (Rodeiro). Pouco despois de casar co tamén mestre Fermín Blanco Alfaya, apelando ao dereito consorte, solicitou praza en Redondela, mais a petición foi rechazada.
En xullo de 1942 é trasladada con carácter provisional a Rande (Cedeira) e posteriormente a: Soutoxuste (O Viso), Quintela, Cesantes (onde tamén ensinaba a adultos) e finalmente no Grupo de Redondela, xubilándose aos 70 anos. Desprazábase en bicicleta ás escolas.

Gómez García, Generoso
Mestre de Trasmañó en 1942.

Gómez Gómez, Manuel
Mestre e alcalde de Cuntis no concurso de traslados de outubro de 1956 acada escola en Redondela.

Gómez Rubio, Carmen
En setembro de 1936 nomeada mestra interina de Sampaio de Arriba (Reboreda).

Gómez Rubio, María del Pilar
Nomeada mestra interina de Redondela en marzo de 1937.

González Campos, José
En xullo de 1910 con 8 anos, 4 meses e 12 días de servizo, José González Campos foi ascendido con 625 pesetas para Trasmañó. Continuaba nesta escola a finais de 1916.

González Castro, Teresa
Teresa González Castro que rexenta a escola de Setecoros (Valga) foi nomeada en febreiro de 1897 para a de Ventosela con 250 pesetas.

González Díaz, María
Foi nomeada mestra interina da mixta de Cabeiro en setembro de 1918.

Fernando González. A prensa en Redondela
González Gómez, Fernando
(Tolosa 25-3-1868 / Redondela 22-12-1947)
Coñecido como Rey Chiquito, emigrou aos 13 anos. Xornalista, foi repatriado tras ser ferido na guerra de Cuba. En Redondela seguiu colaborando con varios xornais e abriu a súa propia escola. Era pai de Amado González Cardama que sería alcalde de Redondela.






González Gómez (ou Otero), Josefa (Redondela)
Ingresou na Normal de Pontevedra en 1926.

González Fidalgo, Pilar
En novembro de 1934 acada praza na escola feminina de Vilar de Infesta, onde exercera ata 1945, ano do seu falecemento. Como moitos foi depurada tralo inicio da Guerra Civil, non sendo o seu expediente resolto favorablemente ata decembro de 1938.

González Montes, Antonio
En novembro de 1939, este ex-combatente elixe Trasmañó como destino.

González Núñez, Pilar.
O 30 de decembro de 1898 é nomeada mestra de Cabeiro. Procedía dunha escola de Oia e tiña pouco máis dun ano de experiencia. Despois de tentar permutar a súa praza no 1901, marcha definitivamente cando en marzo de 1902 é nomeada para Valeixe (A Cañiza).

Gónzalez Pérez, Antonio
En setembro de 1936 é nomeado provisionalmente director da escola de nenas de Redondela.

Grande Iglesias, Benito
En xaneiro de 1919 é nomeado mestre interino para a escola de Saxamonde. Non debeu de chegar a exercer na nosa vila porque tan só un mes despois elexiuse outro docente.

Guerra Álvarez, Ricardo
En xullo de 1947 adxudicóuselle provisionalmente a escola de Chapela pola quenda voluntaria do concurso de traslados.

Guerra y Garay, Marina
Era mestra en Cabeiras (Arbo), cando en setembro de 1931 é nomeada mestra da escola de nenas de Cesantes, onde ensinou ata 1938. Estaba casada con Ulpiano Rodríguez Villarino, quen foi alcalde de Redondela (Ver Cargos Públicos>Alcaldes). Faleceu en Bahía (Brasil), estando alí de visita en 1968. Na noticia da súa morte afírmase que exerceu en Cesantes máis de vinte anos.

Guillán Abalo, Antonia
Mestra en Graña (Covelo), en febreiro de 1940 é trasladada a Vilavella.

Gutiérrez López, Ramón
Nomeados mestres propietarios provisional en virtude de concurso de traslados para Ventosela, en agosto de 1948. En agosto do ano seguinte nomeado para Saxamonde.

Hermida, Alfredo G.
Mestre. En 1926 coa súa dona asistiu ás festas de O Viso.

Hermida Camiña, María del Pilar
En xullo de 1895 é proposta para a escola de Redondela.

Hermida Santos, Perfecto
O 13-5-1933 é nomeado mestre interino dunha sección da graduada de Redondela.

Hernández Castellanos, Enrique
Mestre de San Cibrián de Somoza (León), ata que en xaneiro de 1948 é nomeado mestre da Graduada de Redondela. Chegaría a ser director deste centro cando menos dende 1952 ata o seu falecemento en setembro 1961. Probablemente era natural de Salamanca, xa que alí tiña familia e ademais foi a cidade elixida pola súa viúva para establecerse trala súa morte.

Ibáñez, Antonio María
Solicitou autorización para abrir escola particular en Redondela en 1903. Cara a 1910 mantiña unha das dúas escolas privadas da vila.

Iglesias ¿?, Jesusa
Tiña escola na Rúa Prata nos anos 30-40.

Iglesias Gayoso, Purificación
En decembro de 1925, nomeada interina para a escola de nenas de Trasmañó.

Iglesias González, Carmen
En abril de 1918 a Instrución de Primeiro Ensino de Pontevedra ordenou a clausura das escolas particulares de Chapela, que funcionaban a cargo de Carmen Iglesias e Manuel Pazó, por non cumprir os requisitos regulamentarios antes da súa apertura.
Foi mestra da escola da Sociedade de Agricultores de Chapela. Falecería en setembro de 1927.

Iglesias Jorge, Francisco
En xullo de 1943, a Xunta Provincial de Primeiro Ensino acordou executar o nomeamentos de mestre interino de Vilar a favor do ex-combatente Francisco Iglesias Jorge.

Iglesias López, Felisa (Redondela)
Aprobou Maxisterio no 1935.

Jorge Franco, Manuel Evangelino
Nomeado mestre interino de Ventosela en novembro de 1931, seguía en marzo de 1933.

Juncal Paredes, Balbino
En xullo de 1931 nomeado mestre interino de Trasmañó. Empezara a exercer o 8 de maio de 1929.

Lago Búa, Elvira
En setembro de 1925 foi nomeada mestra interina da recen creada escola de nenas de Trasmañó. En decembro sería substituída por outra mestra que acadara a praza de titular.

Lago Búa, Emilia
A Sección Administrativa nomeouna mestra interina de Trasmañó en setembro de 1925. Tres meses despois foi nomeada outra mestra como titular de dita escola.


Lago Búa, Marina
Estando en posesión da praza de Laro (Silleda), en abril de 1935, permuta pola de Rande. É suspendida polo franquismo de emprego e soldo durante 6 meses e trasladada á provincia de Zamora en xaneiro de 1938. En abril de 1938 queda sen efecto o traslado pero non a sanción, polo que en xuño reintégrase á escola de Rande.

Lago Cobián, Maximina Dolores.
Xa era mestra da escola de nenas de Redondela en 1887. En 1894 é considerada mestra de 1ª clase. Xubilouse nesta praza en xullo de 1903, acumulaba 45 anos e 10 meses de servizo. En maio de 1905 para “subsanar defectos” remítese ó Gobernador de Redondela o seu expediente de xubilación. Despois duns días enferma faleceu en Redondela en xuño de 1910.

Lago Figueroa, Carmen. Mestras de Redondela
Lago Figueroa, Carmen (Carmiña) (Redondela 1918)
Rematou o Bacharelato en Pontevedra en 1936. Por mor da guerra terá que esperar ata o 40 para ser mestra e ata o 55 para exercer. Con Paulina Sánchez impartiría clases na R. Isidoro Queimaliños. O seu primeiro destino será en Arriondas (Asturias), onde permanecerá 20 anos. O resto da súa carreira a desenrolaría en Cangas de Onís (Asturias), xubilándose ós 65 anos.

 
 
Lamparte Quintela, Manuela.
En xullo de 1891, é proposta como mestra para a escola de Reboreda. En xuño de 1892 é trasladada a Sendelle (Creciente).

Ledo Groba, Manuel
En febreiro de 1919 é nomeado mestre interino de Saxamonde. En setembro de 1923 toma posesión da escola de Guizán (Mos).

Leirós Fernández, Isabel (Redondela ¿?/Amoeiro (Ourense), 1929)
En 1923 estaba a preparar o seu ingreso na Escola Superior de Maxisterio en Madrid. Chegou a ensinar como mestra de Escuela Normal (actual Maxisterio) pero falecería en 1929, cando veraneaba en Amoeiro, probablemente en visita ao seu irmán Eladio, daquela coengo da catedral de Ourense. (Ver Persoeiro L)

Leirós Fernández, Manuel “Machaquito” (Redondela)
Acadou o título de Maxisterio, pero non teño constancia de que chegara a exercer. Nos anos 20 era o encargado da estafeta de Correos en Redondela e posteriormente sería propietario dunha fábrica de cepillos.

Leirós Fernández, María de los Ángeles (Redondela)

Leirós Fernández, Sara (Redondela)

Lera Figueras, Pitusa (Redondela)
Ingresou na escola Normal de Pontevedra en 1926.

Liste Martínez, Antonio
En xaneiro de 1943 nomeado mestre en Negros pola quenda de consortes.

Lobato Rodríguez, Carmen (Saxamonde)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Lois, María del Carmen
Mestra da graduada de Redondela en novembro de 1935, cando lle foi concedida unha licenza de 30 días por enfermidade.

Lois García, Benjamín (Cesantes)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Lois Meijomin, Julio (O Viso)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.


López, Domingo
Mestre da incompleta de Chapela cando menos entre 1863 e 1879.
López, María del Carmen
En xuño de 1893 nomeada mestra interina de Cabeiro. Continuaba no cargo en xuño de 1897, acumulando máis de 5 anos de servizo.

López, Teresa
Nomeada mestra interina de Quintela en febreiro de 1899.
López de Castro García, Celestino (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

López de Castro García, Sebastián (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Rosa López. Mestras de Redondela
López Fondevilla, Rosa María
(La Habana (Cuba))
Chegou a Pontevedra procedente de Cuba aos 12 anos. Alí aprobaría as oposicións no 1933. Ao ano seguinte comeza a traballar na escola de nenas de Reboreda. No 1958 trasládase á Graduada de Redondela na que permanecera ata que un accidente a obriga a xubilarse aos 66 anos.







López de Guereño y Aguirre, Telesforo (Silleda)
En novembro de 1917 acada por oposición a escola de Chapela. En 1920 casou con Germana Rey Crespo, mestra da escola de Reboreda. En maio de 1921 é elixido vice- tesoureiro da Asociación de Mestres de Redondela. O 10 de setembro de 1924 abandona Chapela ao ser nomeado mestre de Teis (Vigo).

López Guerra, José
Primeiro director da escola da Sociedade de Agricultores "La Progresiva" de Chapela.

López y López, Carmen
En xaneiro de 1906 nomeada mestra interina da escola mixta de Quintela.

López López, Jose María
En agosto de 1943 apróbase o seu traslado de Bamio a Chapela.

López Pérez, Benito (Chapela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Lorenzo, José Ramón
Mestre interino na completa de Redondela en 1898.

Lorenzo Trillo, Manuel
Manuel Lorenzo Trillo, nomeado mestre interino para Redondela, en agosto de 1888, con 500 pesetas anuais.

Lorenzo Portela, Manuel (Saxamonde)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Lorenzo Trilloy, Marcelino
En agosto de 1888 nomeado mestre interino de Redondela.

Losada Dopazo, José (Chapela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Losada García, María (Reboreda)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Losada Taboada, Marina
É nomeada mestra interina de Chapela en setembro de 1936.

 
Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Ver Mestres-as M-Z

No hay comentarios:

Publicar un comentario