martes, 12 de febrero de 2019

A inscrición na Casa da Alfóndega (R. Isidoro Queimaliños-Redondela)

        

Na fachada lateral da Rúa Isidora Queimaliños da Casa da Alfóndega casa podemos ver escritas en espello as letras “Rb”. Para algúns trátase dun límite de Reboreda, xa que cando menos desde principios do s. XVII e ata 1890, esta rúa era chamada popularmente Rúa do Medio porque as casas pares dependían do cura de Reboreda e as impares a Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/de-cando-varias-ruas-de-redondela-eran.html ) Como explico no artigo anterior, ata os nosos días chegou o nome de Rúa do Medio de xeito popular, pero dado erroneamente á actual rúa Reveriano Soutullo, probablemente por chamarse así esta rúa no período da II República. 

 

Foto: J. Migueles, 2008

Apesares desta realidade, a explicación das iniciais na fachada lateral poden ser debidas á que a casa pertencera ao Señor de Reboreda. Teñamos en conta que nos escudos que hai na entrada da casa atópanse entre outros os brasóns dos Prego de Montaos, Pereira e os Castro, todos eles pertencentes á Casa de Reboreda.

 
 
Autor: J. Migueles


BIBLIOGRAFÍA

As vilas de Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada: Xoán Miguel González Fernández. Ed. Concello de Redondela.

Deslinde parroquial de Santa María de Reboreda-Santiago de Redondela. Perito Agrónomo Industrial, Castor Míguez. 1890. Arquivo Alejandro Martínez Adán.

Arquivo Deputación de Pontevedra. MUSEO DE PONTEVEDRA. Fondo Casto Sampedro.

Aportes Xosé Couñago.

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario