miércoles, 22 de abril de 2020

Escolas do Concello de Redondela.

S. XIX
         A primeira referencia que atopo é en 1833, cando o hospital de pobres de Redondela, situado no solar ocupado polo cemiterio de Eidos, despois de anos en desuso convértese en escola de primeiras letras e latinidade.
          Na segunda metade do s. XIX, a publicación dos primeiros xornais permítenos ter máis información da actividade educativa. Os mestres-as eran pagados polos Concellos que debían prover de casa ao mestre. Isto levaba a continuas polémicas polas catalogacións que se facían das escolas e os educadores, xa que provocaban as subidas ou baixadas de soldos. Tamén se daban casos de falta de pagamento dos alugueres que debían adiantar os mestres. Para facernos unha idea da situación da educación dos máis pequenos dicir que en toda Galicia tan só había tres escolas de Párbulos, o que hoxe sería Educación Infantil.
          En 1879 ademais de escolas incompletas nas diferentes parroquias e de unha completa de nenos e outra de nenas en Redondela, tamén existían tres particulares de nenas: Avelina Barbeito (na Rúa Oriente con 29 nenas), María Menéndez de Mella (na Plaza) e María Otero Martínez (na R. Rivero).
           En 1886, existían dende había moito tempo no casco urbano de Redondela dúas escolas completas (públicas) e dúas incompletas (privadas), dun e outro sexo. Xurdira unha polémica creada polo traslado da escola de nenas de Vilavella a Redondela polo que pouco despois o Inspector obrigaría ao Concello a proporcionar unha casa na dita parroquia. Neste mesmo ano, tendo en conta a proximidade, proponse converter as escolas incompletas mixtas de O Viso e Cesantes en completas, de nenos a de O Viso e de nenas a de Cesantes. No resto de parroquias había escolas incompletas mixtas, entre as cales se reclamaba que a de Quintela se situara no centro da parroquia, xa que estaba nun extremo.


1890-1900 escola en Redondela. Foto:
Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.
 O 15 de setembro de 1890 inaugúrase en Redondela unha escola de 1º e 2º ensino de ambos sexos, baixo a advocación dos Sagrados Corazóns de Xesús e María, dirixido por Feliciano Carrete, quen fora mestre nun instituto galego e falaba varios idiomas. A escola contaba con tres mestras, unha delas nada e educada en París, para as nenas e tres mestres para os nenos.
En setembro de 1898 abriu unha escola de 2º ensino, dirixida por Antonio Lafuente Mathé (presbítero), Manuel Cacheiro Cardama e Pedro Otero Milleiro.


S. XX
A comezos do s. XX cando os mestres vivían lonxe das escolas percorrían grandes distancias a pé, a cabalo, en bicicleta e se había sorte nun camión (habitualmente os do leite que tiñan sempre as mesmas rutas).
O 21 de agosto de 1909 abriu as súas portas a Escola da Sociedade de Agricultores de Chapela. O seu primeiro director sería José López Guerra, e entre os seus mestres, Carmen Iglesias González, falecida en 1927.
En 1910, no casco urbano de Redondela seguía a mesma situación que a finais do século pasado, había dúas escolas nacionais, unha con mestre para nenos e outra con mestra para nenas, ademais de dúas escolas privadas.
Nesta década tamén comeza unha preocupación pola educación dos adultos. Coma exemplo en xaneiro de 1917 o Bispo de Tui doou 300 pesetas á Escola Nocturna de Obreiros, para que os alumnos puideran formar un equipo de fútbol. A finais dese ano abriría en Redondela unha escola nocturna para mulleres.
No tomo II do Censo de Población de España, publicado en 1924, recóllese que a provincia de Pontevedra contaba en 1900 con 457.262 habitantes, dos que 315.228 eran analfabetos. En 1920 a situación mellorara un pouco e de 533.419, non sabían ler nin escribir 287.996. Máis da metade dos españois eran analfabetos, o 52’23%. En Pontevedra o número de analfabetos situábase por riba da media cun 53’99. Redondela era o concello máis castigado da provincia cun 60’58% de analfabetos.
Baixo o goberno de Primo de Rivera mellora a escolarización, coa creación en 1925 das escolas de Rande, Igrexa (Chapela), Soutoxusto, Outeiro das Penas (Cesantes), Santo Paio de Arriba (Reboreda) e a de nenas en Trasmañó.
1911 Escola de María Inmaculada. Foto:
Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.

Na primeira metade do s. XX existían as seguintes escolas públicas (coñecidas durante anos como escolas estatais) en Redondela:
    • Escola mixta de Cabeiro. En 1933 convértese en escola de nenas ao crearse a de nenos. Mestres: Francisco García Crespo (1864-1892), Juan Benito Barreiro (1892), Segunda Amor Ruibal (1892-1893), María del Carmen López (1893-189?), Adela Méndez (1897-1898), Pilar González Núñez (1899-1902), Gumersinda Tilve Rodríguez (1903-1905), Francisca Cores Fernández (1907-1915), Clotilde Estévez Boullosa (1915), Germana Rey Crespo (1916), Josefa Soledad Castillo (1916-1918), María González Díaz (1918), Saturnina Sánchez Estévez (1919-1921), Carmen Moure Trelles (1921-1933), Domitila Villaverde Rajoy (1928-¿1938?)
    • Escola de nenas de Cabeiro: Domitila Villaverde Rajoy (1928-¿1938?). María A. Márquez Gulías (1948), Antonia Gandía Díaz (1949-¿?), Erundina Pérez Sousa (¿?).
    • Escola de nenos de Cabeiro: Creada en 1933 no barrio Igrexa, o seu emplazamento provocou a queixa dos veciños sendo desestimada. En xuño dese mesmo ano esta escola de Cabeiro solicita unha biblioteca. Mestres: Norberto Montero Mouriño (1933), Ignacio Gandós Villaverde (1934-1936), Manuel Riveiro Pascual (1936), Ignacio Gandós Villaverde (1938-1940), José Novás Vázquez (1941), Saturnino Rdguez. Feijoo (1942-1943), José Garrido Ramos (1943)
    • Escola mixta de Cedeira. En abril de 1904 obrígase ao alcalde de Redondela a poñer en condicións a escola e a casa-habitación. En setembro de 1912 clausúrase esta escola por atoparse preto do cemiterio e en malas condicións. En 1913 non mellora a cousa e un artigo chama a atención sobre as pésimas condicións desta escola na que estudan uns 60 alumnos, entre nenos e nenas. Mestres: Manuel Mauricio Mouriño Gómez (1870-1904), María Juana Bouzas Cabanelas (1904), Francisca Rodríguez Iglesias (1904), María del Carmen Tomé Varela (1905-1928)
    • Escola Feminina de Cedeira. Creada en 1919. En decembro de 1925 apróbase o traslado desta escola. En setembro de 1929 apróbase o traslado desta escola do barrio Aldea, á casa de Serafín Reboredo Blanco, en Cruceiro. En setembro de 1933 hai protestas porque non reune as condicións hixiénicas mínimas. Na posguerra atopábase no barrio de Canabal. Mestres: María del Carmen Tomé Varela (1905-1928, anteriormente á creación desta escola era a titular da escola mixta), Paulina Sánchez Otero (1928-1929), Elena Fernández Novás (1929-1934), María Asunción Rodríguez González (1934-¿19?).
    • Escola Masculina de Cedeira. Creada en 1919. O 13-2-1922 deuse orde de apertura ao novo local. Estaba situada á beira da estrada Redondela-Vigo, en parte do baixo da casa coa vella dirección barrio Aldea nº1. Deixou de funcionar como escola unitaria cando se ampliou a de Redondela en 1972. Mestres: Manuel Palmeiro (1919-1939), Domingo Vence García (1939), José Bugallo Fraiz (1939), José Braga Valle (1943-197?).
    • Escola Mixta de Rande (Cedeira). Anunciase a súa creación en xullo de 1925 como mixta para mestra. Mestras: Teresa Filgueira Moreira (1925-1926), Avelina Pajares Braña (1926-1935), Marina Lago Búa (1935-1936/1938), Elena Pereira Otero (1938), Luisa Gómez Fernández (1942-194?).
    • Escola Mixta de Cesantes. Pola súa proximidade en 1886 decídese converter en escola de nenos a mixta do Viso e de nenas a de Cesantes. Tralo falecemento da mestra titular, en 1888 volta a sair a concurso como incompleta mixta. Mestres: Eulogio Padín Padín (1871-¿1879?), Mª de los Remedios Pérez Barros (1886), -Convértese en Feminina-, Manuel Escariz Portela (1888-1901), Inés Táboas (1901), Manuel Ruzo Campos (1902-1918), Juan Manuel Rodríguez Couñago (1918), Prudencio Rodríguez Dios (1918)

    • Escola Feminina de Cesantes. Mestras: Mª de los Remedios Pérez Barros (1886-1887), Manuela Valverde Daviña (1887-1888),-Volve a ser Mixta-, Marina García Mouriño (1919-1924), Mª de los Ángeles Cifuentes Pons (1925-1930), Adela Viñas Novás (1925-1926), Paulina Sánchez Otero (1930-1931), Marina Guerra y Garay (1931-1938), Carmen Portela Barreiro (1938-194?) .

    • Escola Masculina de Cesantes. Mestres: Francisco Cendón González (1919), Narciso Rodríguez Couñago (1919-1934), José Martínez Sánchez (1934-¿194_?), José A. Santos (1935), Serafín Alonso Veiga (193?), Eduardo Sánchez Otero (1936), Carlos Rodríguez (1939), Bernardo Fdez. Soto (1942)
    • Escola Outeiro das Penas (Cesantes). Escola creada en xullo de 1925. Amelia de la Torre Rúa (1926), Juana Sabina García (1926-¿1938?), Carmen Barreiro Seoane (1943-1969)
    • Escola Mixta de Chapela. O 28 de maio 1917 publícase a creación da escola de Chapela. En setembro de 1921 a inspección concédelle ao concello 15 días para trasladar esta escola por non estar en condicións, quedando finalmente clausurada. En abril de 1922 o Concello decide reparar esta escola, polo alto custe do aluguer do novo local. Finalmente, tense previsto que en xaneiro de 1923 se inicien as clases no novo local en Laredo. Mestres: Ramón Figueroa y Salgado (cara a 1862), Domingo López (1863-¿1879?), Ramón Vilán Fontenla (¿1886?-¿1894?), Sebastián Bernal (1901), Enrique Amado Cundins (1902-1906), Mª Nieves Torrado Llorente (1906), Mª Teresa Marín Mateo (1907-1925), Francisco Cendón González (1917), Telesforo López de Guereño (1917-1924), Román Márquez Reymán (1924)
    • Escola Feminina de Chapela. Por R. O. de 6-4-1925 créase a Escola de nenas de Chapela en Igrexa, pasando a ser de nenos a mixta existente. Mestras: Teresa Marín Mateo (1925 (1907) -1931), María Real Alfaya (1926), Concepción Barrera Vázquez (1934-1970), María Concepción Barrera Vázquez (1934-36/1937-70), Marina Losada Taboada (1936), María de la Concepción de Cuena González (1937)
    • Escola Masculina de Chapela. Mestres: Fermín Blanco Alfaya (1933), , Andrés Mencía Rey (1925-1936), Mariano Carsi Veiga (1936), Manuel Viso Fadón (1936-1937), Carlos Rodríguez (1939), Ramón Ferro Fernández (1942-43), Jose María López López (1943), Ricardo Guerra Álvarez (1947).
    • Escola de Cidadelle (Chapela). Mestres: Manuel Quiroga Fernández (1934-¿1942?)
      1918-19 Escola de Antonio Mediero Na casa de R Soutullo Foto:
      Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.

    • Escola Mixta de Negros. O 13-2-1922 deuse orde de apertura ao novo local. Mestres: Juan Antonio Pazos Álvarez (¿1894?-1931), Restituto Escobar Lemos (1931-32), Manuel Pérez Fernández (1932-1933_1935-1936), Restituto Escobar (1933),
    • Escola Feminina de Negros. Creada en 1933. Mestres-as: Ricardo Pazos Iglesias (1870-¿1879?), Enriqueta Martínez Estévez (1933-1934), Severina Pereiro Calvo (1934), Manuela Alejandro Cubelas (1934-1946), Mª Socorro Contreras Alfaya (¿1948?-¿?), Peregrina Cuñarro Rodríguez (1948), María de los Ángeles Álvarez Quintas (1948)
    • Escola Masculina de Negros. Mestres: Francisco Vilariño Rodríguez (1936-1937), Luis Sarasquete Hermo (maio 1937), María Abalo Fontenla (maio-out. 1937), Antonio Viñas Novás (1938), Máximo Comesaña López (1940-¿?).
    • Escola Mixta de Quintela. En 1887 o mestre titular solicita que o Concello lle conceda vivenda ou lle facilite os cartos para alugar unha, e pouco despois tamén se pide que a escola sexa trasladada a un lugar máis céntrico. En 1906 apróbase o traslado desta escola. O 13-2-1922 deuse orde de apertura ao novo local. Mestres: Francisco Carballo Pesqueira (1879), Julián Nantes Calviño (¿1886?-¿1891?), Carmen Patiño Cerdeira (1891-1894), Eufrasia Martínez Vidal (1895), Teresa Rodríguez Pereira (1895-1898), Teresa López (1899), Eulalia Contreras Valiñas (1901-1905), Carmen López y López (1906), Enrique Amado Cundíns (1906-¿1918?), Sebastián Berdeal Neira (1918-1929)
    • Escola Femenina de Quintela. Creada en 1933. Na casa “das Ferreiras”. Mestras: María Luisa Paz Rivas (1933), Leonor Mera Varela (1934-¿194_?).
    • Escola Masculina de Quintela. Nunha curva morta do antigo trazado da estrada Redondela-Porriño, cerca do cemiterio de Mañó. Mestres: Manuel María Sanfiz Mirón (1934-¿194?), Antonio Félix Sánchez González (1949), Francisco Marcos Vilela (1956-¿?)
    • Escola Mixta de Reboreda. Mestres: Francisco Pérez (1847 ata ¿1879?), Manuela Lamparte Quintela (1891-1892), Saturnino Pérez García (1893), Antonio García García (1893-1897), Antonio García Barreiro (1897-1898), Bernardino Malvar Dñiaz (1898), Rosalía Fernández González (1899), Rosalía Fernández González (maio-decembro 1899), Amalia Aurora Tomé Ramos (dec.1899), Amalia Ampudia González (1900-1905), Gumersinda Tilve Rodríguez (1905-1906), Rafaela García Díaz (1906-1916)

    • Escola Feminina de Reboreda. En 1923 apróbase o traslado da escola de nenas a un novo local na Carambola (Asnelle de Abaixo) a unha casa de Paulino “O Sereno”. Logo alugaríase unha casa a Manuel Ramos no lugar do Xogo dos Bolos. En maio de 1928 é aprobado o traslado desta escola ao baixo da escola de nenos que pasa a ser mixta. Mestras: Germana Rey Crespo (1918-1924), Marina García Mouriño (1924-1934), Carmen Peña Gil (1934), Rosa Mª López Fontdevilla (1934-1958), Paulina Sánchez, Maruja García Senra (1946-63, volta en 1969).

    • Escola Mixta de Santo Paio de Arriba (Reboreda). Creada en 1919. En maio de 1922 aprobouse o traslado a un novo local, mudándose en febreiro de 1923 á casa dos Cachapiñas no lugar da Encrucillada. Sería trasladada en 1957 á casa da Sociedade Agraria ata a construción do grupo escolar en 1966. Mestras: María Eiras Lemos (1926), Dolores Caamaño Bournacell (1926), Carolina García Tenreiro (1926-1943), Carmen Gómez Rubio (1936), Elena Pereira Otero (1937), María Josefina Criado Fontán (1938-¿1943?), Pilar, Socorro, Maruja, Luisa e Manola

    • Escola Masculina de Sato Paio de Abaixo (Reboreda). En 1925 alúgase unha casa na Banda do Río (Sto. Paio de Abaixo) a Severiano Bastos, onde permanecerá a escola ata a creación do grupo escolar. Sería coñecida popularmente como escola do “Marchabén”, por ser o alcume do propietario. Entraría en funcionamento como escola mixta en 1926, dende principios dos 40 sería exclusivamente masculina e estaría en servizo ata 1965, ano no que se iniciaron as clases no grupo escolar. . Mestres: Prudencio Rodríguez Dios (1919-1933), Manuel Cerviño Ferrín (1934-¿194_?), Gerard Gil López (1936), Eduardo Casas Builla Rodríguez (1938), Fermín Blanco Alfaya (1948-1958).

    • Escola Feminina de Redondela. Nun principio estaba separada da masculina. En 1908 a Xunta de Instrucción Pública insta ao Concello facilite á mestra titular un local que reúna as condicións hixiénicas e pedagóxicas que a lei determina e unha casa habitación decente. Estaría ubicada nunha casa alugada a Jacinto Táboas Carreira, ata que en 1920 pasaría a compartir o edificio da Xunqueira coa escola de nenos. Mestras: María Castro Lago (1886), Maximina Dolores Lago Cobián (1887-1903), Mª del Pilar Hermida Camiña (1895), Ernestina Ancoechea, María Castro Lago (1886/1903-19??), Amalia Aurora Tomé Ramos (1899-¿?), Germana Rey Crespo (1918-1920), Concepción Bernárdez Santomé (1920-¿?), Concepción Sobrado (1920), Camila Martínez García (1921-¿?), Aurea Montero Moreno (1922-1934), Placeres Vidal Portela (1922), Josefa Salgueiro Pereira (1922-¿?), Antonia Pastor Marín (1922-¿1928?), María Fernández Carbajo (1929-1959), Carmen Peña Gil (1935/1937-¿?), María Abalo Fontenla (1935), María del Carmen Lois (1935), María Carracedo Barrio (1936), Dolores Otero Sestelo (1938-1967), Felisa Álvarez Rodríguez (1943-195?), Rosa López Fontdevilla (1958), Carmen Bermúdez Otero (1959-1967)
    • Escola Masculina de Redondela. Tras a perda da subvención para construir un grupo escolar en abril de 1911 decídese establecer a escola no baixo do Concello o que provoca a súa clausura dous meses despois por non cumprir as condicións mínimas. Poucos meses despois a situación mellora cando o Concello e o xulgado trasládanse á Casa da Torre, establecéndose a escola pública de nenos na primeira pranta. En 1918 trasladouse ao Paseo da Xunqueira, pasando a chamarse Grupo Escolar José Figueroa (Ver Persoeiros>Outros). O edificio de nova construcción fora cedido pola Asociación de Hijos de Redondela da que fora presidente o emigrante redondelán que lle deu nome. Hoxe é empregado como centro da terceira idade. En 1920 o grupo divídese en dúas escolas graduadas (nenos e nenas) con tres seccións cada unha. En 1923 o curso comeza con retraso por mor das obras realizadas no edificio. Mestres: Manuel Martínez Otero (1846), Isabel Filgueira (18¿?), José García Domínguez (18??-1896), Marcelino Lorenzo Trilloy (1888), Fernando Monteagudo (1889-¿?), Lorenzo Carballo Otero (1856-1891), José Cajide (1891), Manuel Cal Garrido (1891-¿?), Juan Antonio Fontán (1892-¿?), José Arca Villar (1894-1895), Genaro Rodríguez Salgueiro (1892/1895-1896), Román Ancoechea Montes (1896-1898), José Ramón Lorenzo (1898), Jesús Segond Berdiales (1898-1899), Fernando Monteagudo Maquieira (1889), Alfredo Blanco Pérez (1899), Domingo Antonio Dobarro Gil (1899-1910), Baldomero Carballo Soto (1910-1919), Joaquín Pais Llorens (1918-1936), José Gallego Martínez (1919-1930), Plácido Mancebo (en 1921), Santiago Díaz Jiménez (1921-1922), Manuel Martínez Pereiro (1923-1936), Serafín Alonso Veiga (1931), José Pierres Castellano (1931), Francisco Valderrama Fernández (1933-194?), Perfecto Hermida Santos (1933), Pereira Ibáñez (193?), Prudencio Taboada (1936), Máximo Comesaña (1936), Francisco Alonso Mosquera (1937-¿?), José Martínez Gómez (1938-¿?), Norberto Moure (1938), Fermín Blanco Alfaya (1939-¿?), José Soto Fdez. (1940), José Valladares Rdez. (1940), Norberto Montero Mouriño (1942), Miguel Navarro Acuña (1942-46), Enrique Hernández Castellanos (1948-1961).
    • Escola Mixta de Saxamonde. En marzo de 1911 o alcalde deu orde de pechala por unha epidemia de sarampión. En xullo dese ano o cura párroco de Saxamonde, dono da casa-escola informa á Xunta local que a necesita e busque outra coa maior brevedade posible. En marzo de 1926 apróbase o traslado desta escola. Mestres: Antonio Victoriano Becerra y López (1867-1904), Sebastián Berdeal Neira (1905-1918), Enrique Malvar Graña (1918), Manuel Ledo Groba (1919), Jose Antonio Núñez Anido (1919-21), Manuel Carrera Gómez (1921-¿?), Perfecto Davila Ubeira (1922-1925), Benito Alonso Pérez (1925), Cándido Castro Sánchez (1927-1928),
    • Escola Masculina de Saxamonde. Creada en setembro de 1929, converténdose na de nenas a mixta existente. Mestres: Claudio Sotelo Loureiro (1930-1949), Ramón Rocamán Portas (1936), Ramón Gutiérrez López (1949-¿?)
    • Escola Feminina de Saxamonde. En xullo de 1956 inaugúrase unha nova casa-escola. Mestras: María García Senra (1930), María Concepción Arias García (1930-1934), Carmen Bermúdez Otero (1934-1959)
    • Escola Mixta de Trasmañó: (1871-¿1879?). En 1909 suspéndense as clases neste centro porque o local non reúne as condicións mínimas. En 1913 a xunta local de ensino solicita autorización para trasladar esta escola á casa de Cesáreo Cabaleiro Couto, no barrio de Cabanas. En 1918 trasladouse ao nº 10 de Cabanas. A finais de 1924 solicítase permiso para a construción dunha nova casa escola, que sería financiada polo emigrante retornado Benigno F. Álvarez. Na súa fachada figuraba a inscrición Escuela Nacional de Jóvenes Agricultores de Trasmañó. No seu lugar construíuse anos despois o Centro Cultural. En maio de 1933 apróbase o traslado das escolas de Trasmañó ao novo local. Mestres: Carlota García Bouzón (1890-1894), Clotilde Rodríguez Soage (1894-1906), Olimpio Fernández Montero de Espinosa (1907-1910), José González Campos (1910-¿1916?), Ricardo Portela Pazos (1918), Julián Calzas González (1919-1925)
    • Escola Feminina de Trasmañó. Escola creada en setembro de 1925. Mestras: Elvira Lago Búa (1925, Set.), Purificación Iglesias Gayoso (1925, dec.- 1926), María Josefa Arias García (1926-¿1932?), Carmen García Moldes (1939), M. Elvira Reguera Domínguez (1949-¿?)
    • Escola Masculina de Trasmañó. Mestres: José Díaz Corbacho (192?), Juan Estévez Lameiro (1926), Agustín García Barros (1926-193?), Balbino Juncal Paredes (1931), José Giráldez Ramos (1933), Antonio Martín Campos Pérez (1934-¿1938?), Juan Estévez Lameiro (1935), Antonio González Montes (1939), Generoso Gómez García (1942)
    • Escola Mixta de Ventosela. En xullo de 1956 inaugúrase unha nova casa-escola. Mestres: José García (1870-¿1879?), Amalia Albán (1896), Florinda Barros Portela (1896), Teresa González Castro (1897), Mencía Novás Aboal (1899), Matilde Rodríguez García (1901-1911), María Barral (¿?-1910), Emilia Muñoz (1911), María Benita Andrea Gallego (1913), Inés Táboas (1913-1925), Clotilde Estévez Boullosa (1925), Preciosa Novoa García (1925-19??), Manuel Evangelino Jorge Franco (1931-1933), Juan Armesto Salgado (1933-35), Fermín Blanco Alfaya (1935-1939), José Salgado Balboa (1936), Miguel Rodríguez Rodríguez (1936), José Cerviño Ferrín (1937-38), Ángel Piñón Portela (1940), José Follente Domínguez (1942), Fermín Blanco Alfaya (¿?-1948), Ramón Gutiérrez López (1948), Antonio Castro Fernández (1949-¿?), Clementina Villar Martínez (1952), Paulina Sánchez (1952-66)
    • Escola Masculina de Vilar. Mestres: Juan Martínez Figueroa (1876-1916),Manuel Cervera Gómez (1915-191?), Juan Manuel Rodríguez Couñago (1916-1918), Agustín Couto Mallén (1918), Manuel Villar Landeira (1920-21), Juan García y García (1921), Darío Puertas Rodrigo (1921-1923), José Portela Pazos (1923-1928), José Piñeiro Camiña (1929), Carlos Paratcha Vázquez (1930-1940), Emilio Ucha Rodríguez (1936_1939), José M. Álvarez Gallego (1938), Trinatario Barreiro (1938), Ramón Puente Barcala (1940-¿?), Pedro Muñoz Pereira (1942), Antonio Costa Veiga (1942), Francisco Iglesias Jorge (1943), Sebastián Montes Barcia (1943).
    • Escola Estatal Feminina de Vilar. O 5 de xullo de 1931 anúnciase a creación desta escola. Mestras: Esmeralda Cal Fernández (1931-1933), Sulpicia Reboredo Rodríguez (1933-1934), Luciana Robledo Tubillo (1934), Pilar González Fidalgo (1934-1945), Pilar Rey García (1935), Felisa Pousada Salgado (1948)
    • Escola Mixta de Vilavella. Na actual R. Padre Crespo. En 1887 o Concello aprobou o seu traslado a Redondela, sendo obrigado a rectificar pois na vila xa existían dúas escolas públicas e dúas privadas. Mestras: Avelina Barbeito Cabezudo (18??-1904),
    • Escola Feminina de Vilavella. Mestras: Carmen Rey Couto (1904-¿?), Sofía Rodríguez Rodríguez (1905-1921), Felicidad Castejón Deuche (interina1921), Josefa Valverde Mayo (1921-1922), Placer Vidal Portela (1922-1960), Elena Pereira Otero (193?), Erundina Celia Vieitez Pérez (1939-40), Antonia Guillán Abalo (1940), Lourdes Villar Martínez (194?), Florinda Pérez Freire (1946), Esperanza Otero Sestelo (1960-63) e Maruja García Senra (1963-1969).
    • Escola de Redondela (Vilavella) María Inmaculada. En outubro de 1910 trasladouse á casa que fora anteriormente ocupada pola Federación Obrera, na actual rúa Padre Crespo. Mestres: Carmen Bermúdez Otero.
    • Escola Mixta do Viso. Pola súa proximidade en 1886 decídese converter en escola de nenos a mixta do Viso e de nenas a de Cesantes. Mestres: Ramón Martínez Saco (1870), José Clemente Soto (¿?-1904), Inés Táboas (1904)
    • Escola Estatal Masculina de O Viso. Mestres: Clemente Soto Lorenzo (1878-¿1879?). Enrique Soto Fontán (1904-1932), Claudio Sotelo Loureiro (1923-1927), Antonio Bernárdez Barro (1928), Avelino Díaz Pérez (1932), Maximiliano Frías Hidalgo (1934), Manuel Martínez Pereiro (1935-1936), Hipólito Fentanes Barros (1936), Restituto Escobar Lemos (1937-1938), Venancio Martínez Pereira (1938-1968).
    • Escola Estatal Feminina de O Viso. A principios dos anos 20 ocupaba un local cedido pola Sociedade Agraria do Viso. Mestras: María Alén Solla (1919-1922), Rosalía Cornes García (1923), Dolores Otero Sestelo (1923-36), María Consuelo Becerril (1936), María Abalo Fontenla (out. 1937-194?), Rosa Pérez (1942-44), Paulina Sánchez Otero (1943), Teodora Martínez (1944-1974)
    • Escola Mixta de Soutoxuste (O Viso). Creada en 1925. Mestras: Josefa Malvar y Malvar (1925), Mencía Novás Aboal (1926-1943), Emilia Mosquera Gil (194?), Rosa Ejido Martínez (1946), Luisa Gómez Fernández (194?)
Escola Feminina de Redondela, anos 20.

A mediados do s. XX tamén abrirían en Redondela dúas escolas de empresa:
    • Escola de nenas da Empresa Téxtil Regojo. Creada en 1952. Nun principio estivo ubicada na R. Padre Crespo, logo sería trasladada a unha edificación en terreos da factoría. Exercerían nela dona Lucila Pereira e Pilar.
    • Escola da Conserveira JOB. En Cesantes. Impartía as clases Rosario Cal.
         Ata os anos 60 do pasado século terían gran importancia as escolas privadas que irían desaparecendo progresivamente. Na maioría dos casos eran abertas por mestras e mestres con título pero que non aprobaran a oposición, en casos como o de Antonia Rodríguez o título lle fora retirado polo réxime franquista. Estes colexios eran coñecidos polo nome do seu titular a excepción do:
Colegio Cervantes. En 1923 Gabriel Carrete Rebolledo era o seu director. O 15 de setembro de 1963, inaugura as súas novas instalacións na Rúa dos Eidos, trasladariase en 1965 á Av. Alvedosa (actual R. Ernestina Otero). Tivo como profesores, entre outros, a: Manuel Iglesias Villar (director en 1965), Eloy Álvarez, José Luis Bobillo Ledo, José Fernández Pérez, Francisco Pereira Blanco, Somoza ou Xaime Rey (elixido anos despois alcalde de Redondela). Pechou en 1972 trala ampliación da escola pública de Santa Mariña.
          A falta dun instituto público en Redondela súplese coa creación de academias:
          En setembro de 1961 inaugúrase na Rúa Alfonso XII a Academia San Agustín na que se estudaba o Bacharelato. En 1964 abría a Academia Pitágoras na rúa Jose Antonio, ademais da preparación do Bacharelato, ensinábase peritaxe, comercio e maxisterio. Era dirixido por Enrique Tharrants.
          En outubro de 1964 anúnciase a puxa da construción de 6 escolas e 6 vivendas en Chapela e do Grupo escolar de Redondela con 14 vivendas. En decembro de 1965 inaugúrase a agrupación escolar de Reboreda entrando en funcionamento no curso seguinte. En outubro de 1967 ponse a disposición do Ministerio de Educación os terreos para a construción de grupos escolares en Redondela, Cesantes e Vilar. En xuño de 1969 sae a puxa a construción das escolas de Redondela (2ª fase), Reboreda e Vilar de Infesta. A ampliación do Grupo Escolar de Redondela, daquela chamado Colegio Nacional Comarcal Encinas Diéguez nome do Gobernador Civil de Pontevedra, entrou en funcionamento no 1972. Pouco despois problemas estruturais provocan novas obras polo que en 1975 teñen que improvisarse aulas no instituto, na escola de Cesantes e no Concello. Nos seguintes anos construiríanse centros nas distintas parroquias ata chegar a 1987, ano en que se abriu o derradeiro colexio de E. X. B. en Quintela.
       En 1970 construíuse o Instituto de Bacharelato Mixto de Redondela na Xunqueira (hoxe Edificio Multiusos), que no 1988 se convertería no actual I. E. S. Mendiño, trasladándose á Marisma. Este centro veríase desconxestionado ao entrar en funcionamento ao ano seguinte, 1989, o I. E. S. de Chapela. Un pouco antes, en 1983 abriu o Instituto de Formación Profesional de Redondela (despois chamado I. E. S. Pedro Floriani) coas especialidades de electrónica e administrativo. En 1984 constrúese a Gardería pública.

Escola de Carrete, anos 20. Foto: Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)
Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
SEREN
Nº 0. Un Século de educación en Redondela (1900-2003). Equipo de investigación do Seren.
Nº3. Os Eidos: “A vila dos mortos”. J. A. Orge Quinteiro.
Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga. Manuel Puga. Ed. do Castro, 1992.
Mestras de Redondela. 1900-1945. Ed. Asociación de Mulleres Xanela.
A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
A memoria e o esquecemento. O Franquismo da provincia de Pontevedra. Gonzalo Amoedo López. 
Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)

O que lembro do vivido. Andrés Couñago Laxe.

(conelpapa.com-opusdei)
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, El Compostelano, El Diario de Pontevedra, El Correo Gallego, El Magisterio gallego, El heraldo gallego, Galicia, Gaceta de Galicia Diario de Santiago, El Progreso, El Noticiero Gallego, La Integridad...
Consello da Cultura. www.consellodacultura.gal => Céltiga (Buenos Aires)
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
http://www.cervantesvirtual.com/ => Escuela española.
www.boe.es: Gaceta Oficial de Madrid, Boletín Oficial del Estado
USC (Universidade de Santiago de Compostela)>F. U. ESCOLAS DE SOCIEDADES, S. H. 230, Exp. 13/Escuela de la Sociedad de Agricultores de Chapela "La Progresiva"
USC>14-11-1879>F. U. ENSEÑANZA PRIMARIA, Caja 132, Porción 3ª, Ayto. de Redondela
Faro de Vigo
Aportes: Celso Milleiro, Carmen Sotelo, Fernando Rodriguez Argiz, Andrés Couñago Laxe
Deputación de Pontevedra>Hospital de Pobres da Vila de Redondela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario