Nas primeiras Ordenanzas Municipais da Vila das que se teñen
constancia, 1852, aparecen os seguintes artigos:
Artículo15º.
Estando prohibidas las máscaras y los disfraces, únicamente se
podrán usar en los casos y en la forma en que se sirva conceder su
permiso el Sr. Gobernador de la provincia como única autoridad
competente al efecto; aún en este caso se prohíbe el
uso de vestiduras sacerdotales y hábitos de las extinguidas órdenes
religiosas, juntamente con trajes e insignias militares usados en el
día.
Artículo
16º. Ninguna persona disfrazada podrá llevar armas de ninguna
especie; y solamente la autoridad y sus delegados podrán mandarle
quitar la mascarilla en el caso que no hubiese guardado el decoro
correspondiente y hubiese causado cualquier disgusto en el público.
Entroido, finais anos 20. Foto cedida pola familia Fernández Otero |
En
1897 a nova sociedade
Liceo
de Artesanos
organiza o entroido. Publícase un bando firmado por Momo
no que se anunciaba que o domingo sairían á rúa:
1.º
Tres heraldos a caballo.
2.º
Coro de astrólogo.
3.°
Estudiantina.
4.º
Coro de clonws.
5.º
Camparsa de negritos.
6.º
Comparsa de yankees.
7.º
Gran Carroza alegórica de España.
8.º
Otra ocupada por cuatro niñas.
9.º
Otra representando el cuerpo diplomático.
Y
10.º Banda municipal, vestidos los qué la forman, con trajes estilo
Felipe II.
A
principios do século XX, outras sociedades toman o relevo e
organizan bailes de entroido, pero nas rúas non había tanta
animación. Así por exemplo, en 1910 tan só houbo en Redondela tres
comparsas: unha de Porriño que cantou diante do Concello, outra que
levaba entre outros instrumentos tres bombos e unha formada por
nenas.
Estas
festas nunca foron do agrado da igrexa católica polo que en 1922
fíxose público que: “O domingo, luns e martes de entroido
expúsose nas igrexas desta vila a S. D. M., para desagraviar ao
Señor das ofensas que contra El se cometen nestes días de loucura”.
Despois
do golpe militar de Primo de Rivera o entroido de 1924 non se
celebrou na rúa pero os bailes do Casino, Círculo, Redondela F.
C. e Sociedade de Mariñeiros estiveron moi animados. A
festa seguiu restrinxíndose aos locais das sociedades. Habería que
agardar a 1928 para que o Círculo Mercantil sacara de novo o
entroido á rúa.
Foto cedida pola familia de Dula Reboredo |
En
1932 saíron variadas e boas comparsas destacándose a de Los
locos cantores.
En
1933 naceu a Agrupación Artística
Redondelana, gran animadora do
entroido, da
man de Félix Fernández, formada por homes
e rapaces
da vila que cantaban e tocaban a bandurria. Tanto éxito tivo que ese
mesmo ano son invitados a actuar en Vigo. En 1935 destaca unha nova
comparsa infantil chamada Los Piratillos
Viaducticos dirixida por Pepito
Bernárdez.
Trala
Gerra Civil prohibiuse que a xente se disfrazara pero, cando menos en
Redondela, a xente seguiuno a facer. En 1940 a Garda Civil de
Redondela denuncia a quince mozos
"todos de marcada tendencia
izquierdista" por infrinxir o
disposto sobre a celebración do Entroido. As forzas do orde tiveron
que ceder ante as tradicións do pobo, mais cando alguén saía da
casa coa cara tapada deseguida aparecían os gardas para quitarlle a
máscara.
Foto cedida por Sebastián Fernández |
A
mediados deste século, as comparsas cantaban cancións, algo
semellante ó que se segue a facer en Cádiz. Moitas veces as coplas
dunha murga ridiculizaba aos compoñentes doutra e ó ano seguinte os
aludidos daban a réplica. Comparsas famosas en Redondela serían:
Los Angelitos, Los Estudiantes, Las Madamas, Los Peperetes, Los
Postineros, Los locos Cantores... En
1953, Félix Fernández e o músico Lino Muíños fixeron rexurdir a
Agrupación Artística Redondelana.
Esta rondalla tocaba no entroido coros a catro voces, pasodobres,
fox-trot... Cantaban tanto en castelán como en galego, algo
meritorio dada a situación política.
Xirelo. Foto: Cal3 |
Durante
a década
dos oitenta tentouse recuperar a tradición de cantar e
durante varios anos as comparsas, despois de desfilar polas rúas da
nosa vila, subían a un escenario na praza da Constitución a
interpretar as súas coplas tanto o domingo como o martes, que era o
día que se daban os premios. Actuaba como presentador e gran
animador das festas, Xirelo, sempre disfrazado de muller. Unha
das comparsas de Redondela que saían tódolos anos eran Os do
Muro. Daquela causara bastante escándalo o grupo formado por
Chus, Mingui, Coque Mazinger, Rodri... Disfrazados de
personaxes das historias de terror (zombis, Drácula,
Frankenstein...), facían unha versión dunha canción de Joaquín
Sabina con letra de Félix Cal e estrofas coma “Pasando de Fraga
y de Carlos Solchaga. ¡Pasándolo bien!”. Nestes
anos tamén tiña moita sona o baile de disfraces da Sala de Festas
Miramar.
Concurso do Miramar anos 80. Foto cedida por Dámaso Fernández |
Actualmente
as comparsas subvencionadas
polo Concello seguen desfilando pero tan só o domingo. Mais aínda
quedan veteranos
como a Comparsa do Tío Emilio
que seguen a vivir o entroido sen
subvencións e
sen seguir a rixidez do desfile.
En
canto aos máis novos
desfrutan do
entroido o sábado pola noite e o martes, día para disfrazarse en
grupo ben cedo para tomar uns viños e ir xantar un cocido e pasalo
ben ata que o corpo aguante. Esta tradición iniciouse nos ano 80,
cando o grupo
formada, entre outros, por Jandouma
e Xorxe decidiron disfrazarse cada un dunha cousa e ir tomar un
cocido a Estacas. Ao ano seguinte sumáronse á idea Piñeiro, Juan
Calvo, Wesi, Lucho,
Bullman, Troni...
Estes xa se disfrazaron todos igual e xantando na vila, concretamente
no desaparecido bar A Lareira. No 2018 nótase un troco de costumes e
varios grupos
pasan o día do cocido do martes ao sábado.
O
martes tamén é o día en que se queima o Meco ao
grito de ¡Arde Meco,
arde! Esta é unha personaxe que ridiculiza un tema que
alporizou aos veciños durante o ano. Por exemplo, no 2010 foi o
virus da gripe A. Despois os fogos artificiais poñen fin ao entroido
en Redondela. A principios do presente século tamén comeza a
organizarse o desfile na parroquia de Chapela que remata coa queima
do meco.
Comparsa Tío Emilio. Facebook Luis Pereda |
Nos
anos 90 o Enterro da Sardiña, tradicional en moitas
localidades costeiras de Galicia, despois de ser substituída
durante varias edicións polo Enterro do Mono Paco (Ver
Flora e Fauna >
Mono Paco),
foi perdendo forza ata que deixou de celebrarse en Redondela. Por
contra, en Chapela o Enterro do Berete segue a ter
moito éxito, grazas en parte a trocar o día de celebración, do
tradicional Mércores de cinza ao sábado
seguinte.
Entroido de Verán.
En
1998 Lino López
preguntoulle aos seus amigos que festa se podería organizar na vila
para que viñera xente de fóra. Tivérono claro, nacía así o
primeiro Entroido de Verán
da Península, seguindo os pasos do Mardi Grass. Esta festa foi
organizada na primeira edición polos antes mencionados, nas
seguintes polos donos dos pubs e
discotecas da vila e a partir da
terceira edición tamén contou coa participación do Concello. Esta
colaboración
rompeuse no ano 2007 debido ao peche por parte do goberno local de
tres bares de copas da rúa Prata. En protesta, moitos mozos e mozas
da vila disfrazáronse ese ano
de punkys.
Como
curiosidade dicir que a festa está rexistrada a nome de Lino López
Cabaleiro e non do Concello. No 2013 calculouse que a esta festa
asistiron 25.000 persoas, tendendo a celebración ao "macrobotellón"
seguindo a tendencia doutras
grandes festas.
Entroido de verán 2012. Foto: Manuel Villameriel |
BIBLIOGRAFÍA
Ordeanzas municipais
de Redondela 1852
Galeguismo e
sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros.
Edicións do Castro
En
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia.
Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=>
El Pueblo Gallego, La Integridad, Galicia, diario de Vigo, Diario de
Pontevedra, El Correo de Galicia e Gaceta de Galicia.
La Voz de Galicia.
Aportes Manuel
Migueles, Matilde Fernández e Félix Cal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario