Zapatería de Avelino Cabaleiro, en Cesantes. Foto cedida por Avelino Cabaleiro a Obradoiro Fernando Monroy |
Moitas tendas de calzado eran tamén tendas de roupa ou tecidos polo que as recollemos no apartado correspondente.
Zapaterías ata mediados do S. XX.
Juan Agrelo. Zapateiro cando menos entre 1879 e 1894. Despois de non aparecer nos censos de varios anos volta a constar un Juan Agrelo entre 1905 e 1925.
Santiago Bilbazo. Zapateiro cando menos entre 1879 e 1894.
José Manuel López. Zapateiro cando menos entre 1879 e 1894.
José Mouriño. Zapateiro cando menos entre 1879 e 1894.
A de Povedo. José Orge Táboas, zapateiro do que atopo datos en 1897, cando cede o arrendamento do alumeado público. Era fillo de José Orge Poveda, de aí o alcume. Sucederíalle o seu fillo, José Orge Esteiro, e a este os netos: Cunino e Sito, co taller de reparación e tenda na rúa Reveriano Soutullo, e Ducho, coa tenda Calzados Orge na praza Santiago Apóstolo, onde tamén traballaban Marina, esposa de Sito, e Teruca Migueles. Nesta zapatería serían moitos os que aprenderían o oficio: Pepe Tarambaina, Pepe Neco, Lixeiro, Fermín Docampo...
Zapateiros na de Povedo. Arquivo J.A .Xesteira |
Antonio Esteiro. Zapateiro cando menos entre 1902 e 1904.
Francisco López Casal. Zapateiro cando menos entre 1902 e 1904.
José Toucedo. Zapateiro cando menos entre 1902 e 1910.
Agustín Viruleg Queimaliños “Farrucacho”. Consta como zapateiro cando menos entre 1902 e 1910. Garda municipal cesado o 31 de xullo de 1936 coa entrada do primeiro alcalde franquista.
Nicanor Virulegio Queimaliños Zapateiro cando menos entre 1902 e 1910.
Bota de oro: Zapatería de José Amoedo, nomeado xefe dos municipais en 1903.
Escolástica Tuche. Aparece como dona dunha zapatería en 1908.
Germán Rubín. Zapateiro cando menos en1925.
Anuncio 1948 Program festas da Coca |
Antonio Alconero. Zapateiro cando menos en1925.
Jesús Darroza. Zapateiro cando menos en1925.
Senén Fuentes. Zapateiro cando menos en1925.
José Lago Otero. Zapatería na rúa Alfonso XII nos anos 20.
José Lago Otero, 1926. Galicia. |
Ramón Muíños Casade. Zapatería en 1932.
Braulio González Pasantino. Zapateiro afiliado á Casa do Pobo en 1936. Natural de Santiago e veciño de Redondela, morto aos 34 anos a consecuencia de mutilacións e tiros de arma de fogo en Cans (Porriño), onde está enterrado.
Raimundo Otero. Zapateiro afiliado á Casa do Pobo en 1936.
César Pazos Comesaña. Zapateiro afiliado a Izquierda Republicana.
Enrique Ramón Rodríguez Chamorro. Zapateiro de Redondela, xulgado en Vigo por incitación á rebelión foi condenado a 6 anos de prisión.
José Sánchez Domínguez, José. Veciño da Rúa Espíritu Santo e fillo da Nadora. Zapateiro de 20 anos de idade. Militante do Partido Comunista alistado forzosamente no bando nacional. Foi morto ao ser disparado polas costas durante un ataque.
A de Cotarro. Estaba na Praza Ponteareas. Pode ser algún dos anteriores pero non lle poño nome ao alcume.
Zapatería de Cotarro. Foto: Familia Fernández Otero |
CHAPELA
José Vázquez Sánchez. Zapateiro de 25 anos en 1918, cando foi detido por dar unha coitelada a un veciño nas festas de Candeán.
Justo López Otero. Zapatería en 1935.
Fernando Covelo. Zapatería en 1936.
O VISO
Jesús Pintos. Veciño do Viso, que solicita ao Concello en 1932 a concesión dun trozo de terreo sito no barrio de Saramagoso, para a construción dun kiosko no que establecer unha zapatería.
Zapaterías 2ª metade do S. XX
Calzados Orge. Ver a de Povedo.
Anuncio Faro de Vigo |
Zapatería Germán Rubín Aguiar. Na rúa General Rubín nos anos 40.
Zapatería Solla. En Santa Mariña nos 50.
Zapatería Paco. Francisco Balado Garrido “Paco Cuarenta”. Nos 50 tiña a zapatería na rúa José Regojo, cando deron a construír trasladouse á Praza Ponteareas, ao local onde estivera Cotarro.
A de Manolo. Reparación de calzado ata principios dos 80 na praza Ponteareas, no baixo que ocupara Paco. Faltáballe unha perna usando unhas muletas de madeira.
A de Cantoneiro. Reparación de calzado en R. Padre Crespo, no baixo da casa de Casimira.
Zapatería Dalvi. De Bernardino Vidal “Ducho” afeccionado ao ciclismo, presidiu o club Redociclo. Reparación de calzado en R. Padre Crespo desde os 80. Coa urbanización da zona pasou á calella onde está a Bocatería Adega.
Calzados Chico. Na Ribeira. Tamén tenda téxtil.
Fermín Docampo. Reparación de calzado na R. Xeneral Rubín.
¿? Reparación de calzado na R. Xeneral Rubín.
Calzados Veneno. Na Praza Constitución. O seu toldo levaba o logo de Gorila, marca de zapatos que regalaba una pelotas das que moitos se lembran.
Calzados Veneno Redondela. Grandes Festas da Coca, 1968 |
Zapatería de Caruel. Na praza de Santiago Apóstolo.
Zapatería na rúa Juan Manuel Pereira. Alí tiveron o seu taller varios zapateiros. Primeiro Justo, que vivía na Portela; Manolo Paradela e Manolo Otero “O Coxo”.
CESANTES
Avelino Cabaleiro
Avelino Cabaleiro. Foto por Avelino Cabaleiro ao Obradoiro Fernando Monroy |
Luciano. Zapatería en Zacande.
A de Piloto. Fronte ao campo do Arenas. Ía en cadeira de rodas.
Raul Barbeito. Tiña a zapatería na súa casa, a carón dos monólitos que marcan a entrada do Pazo de Torres Agrelo. Facían zocos e todo tipo de calzado e vendían nas feiras. Logo abriría en Redondela Calzado Raúl, na rúa José Regojo, e as fillas as tendas A feira do zapato.
CEDEIRA
Fermín Carballeira. Reparación de calzado na praza do Cruceiro.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Arquivo do Concello de Redondela =>Matrícula Industrial: 1885-86, 1886-87,1887-88, 1889-90.
Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, Anuario regional descriptivo, informativo y seleccionado de la industria, comercio, agricultura, profesiones, arte y turismo del Norte de España.
Faro de Vigo.
Xornais locais=> LA IDEA, El Soplete, La Opinión, Terra!
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Correo de Galicia, El Correo de Lugo, El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, El Progreso, La Noche...
Programas da Agrupación Artística Redondela e das Festas da Coca.
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002
(http://vitimas.nomesevoces.net)
Aportes => Manuel Migueles, Antonio Cobián, Ro S. Montero, Julio Martínez, Gonzalo Figueroa, Susana Ricón, Fernando Mouriño, Marta QB, JM Bouzón, Maica Alonso e Manuel Seijas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario