sábado, 16 de febrero de 2019

Petróglifos e chozo no Viso

         Ademais da Bañeira e da Pedra da Moura (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-baneira-da-moura-e-pedra-da-moura-o.html ) e dos petróglifos catalogados no monte da Peneda (actualmente descoñécese o seu emprazamento e probablemente desapareceran por traballos de canteira) hai outros puntos nesta parroquia onde se atopan:

Petróglifos da Garonda
        Partindo do aparcamento do campo de fútbol seguimos á esquerda a pista de terra collendo o primeiro cruce á dereita. Atoparemos unha rocha que no punto máis próximo áo sendeiro ten gravada a palabra “VISO”. Coa luz axeitada veremos moitas coviñas e trazos circulares.



 
Fotos: María José Acosta, 2018


Petroglifos na Nogueira
Pedra das Rodiñas (A Nogueira-O Viso)
Debe o seu nome a que son dúas composición circulares concéntricas con varias liñas radiais. Atópase nunha depresión do terreo a carón da pista de fútbol sala. Actualmente (febreiro do 2019) non é visible por estar cuberto pola maleza.
Localización:
42.313822, -8.588852
Pedra das Rodiñas. Foto: Óscar Franco - patrimoniogalego.net



Petróglifo de Castricán (O Viso).
Unha coviña na parte superior con varios sucos. Situado preto do anterior.
Ubicación:
42.311909339, -8.58877136442
Petróglifo de Castricán. Foto: Óscar Franco - patrimoniogalego.net
 
Chozo de pastores do Espiño
Chozo de pastoreo. Elemento Etnográfico localizado recentemente no monte do Espiño, en terreos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso 
 
O Chozo do Espiño. Foto: J. Migueles, 2021

 

Ubicación:

42.3175393, -8.5856525


Texto: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA
Aportens da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso e da Sociedade Cultural do Viso ao PXOUM
Aportes do arqueólogo Xurxo Constela, A Citania S. L.
Catalogacións de Óscar Franco en:

No hay comentarios:

Publicar un comentario