Fonte do Loureiro |
Bañeira da Moura. |
A carón desta pedra hai outra con petróglifos na que se aprecia unha gran cruz e varias coviñas.
Bañeira da Moura e rocha con petróglifos. |
Rocha con petróglifos. |
A Pedra da Moura (O Viso)
Volvendo sobre os nosos pasos ata a casa de postas, subiremos a estrada e tomando o seguinte cruce á dereita atoparemos A Pedra da Moura, culminando un pequeno montículo chamado Pelourenza. Tamén está gravada cunha cruz e varias coviñas. Apesares do lique e o musgo tamén se poden apreciar algunhas letras de épocas máis recentes, cando menos lese “SP”.
¿Que significan estas siglas? A explicación a atopamos nun documento do século XIX, “Expediente sobre fixación da líña divisoria das parroquias do Viso e Cesantes (1849 - 1853 )” que di así: “... deslinde hecho en el año de 1674 por mandado del ¿Tral. Leco.? con el fin de demarcar la línea divisoria a que deberían atenerse los Abades de las parroquias de Viso, Cesantes y Reboreda para el percibo de diezmos...”. Nesta parte xa nos facemos unha idea da orixe do topónimo Poza dos Tres Abades, pero a parte que nos interesa ven a continuación: “A todos estos marcos se los pusieron, para indicación de los respectivos términos, una S y una P en la cara que mira a la parroquia de S. Pedro, y una B en la que corresponde al Biso. Esta demarcación fue aprobada y ratificada por los Abades indicados; resultando así del libro de fábrica de la parroquia de Sta. María de Reboreda en el que se halla un testimonio de la demarcación expresada y del que está compulsado el que obra en el expediente.”
Así pois, a Pedra da Moura foi empregada como linde entre as parroquias de Cesantes e o Viso gravándose unha cruz e as letras SP (haberá que buscar o B). Testemuños do século XIX falan dun marco desaparecido no que estaban gravadas as iniciais SPC, polo que non é descartable que aparezan as tres iniciais neste ou noutro marco. Probablemente a cruz gravada a carón da Bañeira da Moura tamén sexa unha cruz de termo. Quedaría por saber se as coviñas, das que nada se conta, foron realizadas xunto coas cruces ou se trata de petróglifos anteriores.
Centrándonos na demarcación de 1674, é máis que probable que a Pedra da Moura se corresponda co marco denominado Pedras Agudas e a Bañeira da Moura co chamado Portela da Pía.
Petróglifos na Pedra da Moura. |
Pedra da Moura. |
BIBLIOGRAFÍA
Visitas guiadas polo arqueólogo Xurxo Constela. A Citania S. L.
Expediente sobre fixación da líña divisoria das parroquias do Viso e Cesantes (1849 - 1853 )
https://atopo.depo.gal/Record/arc.ADP_0003207056
Aportes Xosé Couñago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario