Pena, Diego e De la Rosa. 1963, Faro de Vigo |
Tamén simularon en Redondela o inicio das obras na Ribeira, cando o
mercado que alí se facía non tiña un tellado que protexera da
choiva. Os veciños encantados coa noticia chegaron a darlles
"Vivas", pero do que pasou despois preferían non lembralo.
Noutra ocasión na taberna de Nador convenceron a un coitado de que
levaba os zocos do revés. O pobre do home ó chegar ó cemiterio dos
Eidos non podía máis. Ao darse conta da broma volveu correndo ao
bar, pero os outros xa marcharan.
Doutra estenderon o rumor de que Ramón el Habanero morrera. O pobre
do home estaba tranquilamente na súa finca, mentres a xente ía dar
o pésame á súa casa.
Para rematar dicir que Diego Cacá conduciu durante moitos anos á
Coca, pola súa banda, Jaime Esganadí formou parte do primeiro
equipo de fútbol da vila en 1907, o Redondela F. C., sendo
considerado "especialista
en zancadillas cuando había que tumbar al contrario".
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o
primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do
Castro 2002.
Faro de Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario