Muíño do Medio en Vilar de Infesta. Foto: Juan Migueles |
VILAR DE INFESTA (San Martiño): Infesta de infestus (costa arriba, pendente). O nome faría referencia á súa situación (unha vila nun alto).
Barrios
Igrexa: Hai máis de 600 localidades co nome de Iglesia, case todas en Galicia, seguramente serían modernizacións oficiais.
Camiño da Igrexa: No Rueiro 2010 Camiño da Igrexa de Vilar.
Millarada: Pode significar “sementado de millo” ou “gran cantidade de millo”. Outra posible explicación sería a de substantivo da familia de miliario e de milla (do latín MILLIA, do numeral MILLE). Daría a forma *MILLIATORIUM, ou sexa, unha terra medida. No Catastro de Ensenada (1756) só se cita como lugar. Aparece como sitio de Millarada en Visitas ás reais devesas e plantíos da vila e xurisdición de Redondela (1785) e como sitio de Millaradas en Novo arranxo e establecemento dos Reais Plantíos e Devesas nos pobos das xurisdicións de Redondela, Vilavella, Saxamonde e Cedeira (1792). Tamén citado no Diccionario Madoz (1850) como Mellarada.
Lata, a: Barrio desaparecido coa construción da pista do aeroporto de Peinador.
Fonte da Lata, a (Millarada): No Rueiro 2010 Camiño da Fonte da Lata.
Camiño da Lata
Topónimos
Agoeiros, os: Sería un lugar onde abunda a auga. No dicionario de Leandro Carré Alvarellos, 1951, tamén se recolle como “pequeno cauce para regar os prados”.
Os Amieiros: Amieiro é un tipo de árbore. Atópase no lugar das Cañoteiras. No Catastro de Ensenada (1756) en singular “O Amieiro).
Camiño dos Amieiros
Poza dos Amieiros tamén coñecidas como As de Guillermo, localízanse no termo Camiño dos Amieiros.
Andarizas, as (Igrexa): No Rueiro 2010 Camiño das Andarizas.
Fonte Arbelas: Aparece no Catastro de Ensenada referida a un monte nomeado como “Albelas” que é probable que orixinara o nome desta fonte actual coa variante provocada polo rotacismo (paso de l a r).
Camiño de Fonte Arbelas
Río da Auga da Levada: A levada é a condución de auga cara a un muíño.
A do Balado: Pode ser o apelido do propietario.
Banda: Faría referencia a unhas terras próximas a unha casa. No Catastro de Ensenada (1756) aparece como De Aquela Banda, pertencente a unha propiedade domiciliaria.
As do Bravo: Probablemente alcume do propietario.
Cabaleiros, os: Pode facer referencia ao apelido Cabaleiro. Citado no Catastro de Ensenada (1756) como terras de regadío.
As de Cabaleiro:
Cabo da Vella, o: No Catastro de Ensenada de 1756 rexístrase “Da Cabada da Vella” pertencente a unha devesa. Tendo en conta este topónimo probablemente o orixinal sería A Cabada Vella, ou sexa, un terreo de cultivo gañado ao monte.
Cachadas, as: Terras rozadas para poder cultivar nelas.
Cachena: Terra incompleta ou que perdeu unha parte. No Catastro de Ensenada (1756) aparece como devesa, De Cachena.
Coutada da Cachena, a (Millarada): (Ver en Coutada)
Cadeláns (Igrexa): No Catastro de Ensenada de 1756 aparece recollido como “Cade-
láns” e “Cadelanes”. No Rueiro 2010 Camiño de Cadaláns.
Poza de Cadeláns: No Regueiro, unha parcela pertencente ao lugar de Cadeláns.
O Campo (pista do aeroporto): Aparece no Catastro de Ensenada (1756) como O Campo, terra de labradío de regadío.
Camiño do Campo
Campo Grande: Desaparecido.
Campo do Rego: Desaparecido.
Campo Gre: Desaparecido.
Os Campos: Lindando co Cocho da Eira e Os Campos de Abaixo.
Os Campos de Abaixo: No Camiño de Fixón. Aparece no Catastro de Ensenada (1756) como Os campos de Abajo.
O Lugar da Cana
A do Canal:
As Canteiras: Lugar onde aínda hoxe se continúa aproveitando a pedra.
As Cañoteiras: Derivado de cañoto, que pode referirse ao talo dalgunhas plantas. No Catastro de Ensenada (1756) en singular “sitio da Cañoteira” referíndose a unha devesa e un souto; e na forma en plural “sitio das Cañoteiras”, como propiedade.
Camiño da Cañoteira
Carballo do Can, O: Fai referencia a unha árbore. Recóllese que os carballos poden ter “ovas de can” en “Martín Sarmiento (1732-1770): Epistolario do P. Sarmiento, ed. de Xosé Filgueira Valverde e Mª Xesús Fortes Alén, Consello da Cultura Galega, Santiago,1995”.
Carrascal (Igrexa): Terreo onde abundan os carrascos, tipo de arbusto. No Catastro de Ensenada (1756) “monte do Carrascal”. Aparece como Monte Carrascal en Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1847). No Rueiro 2010 Camiño de Carrascal de Vilar.
As de Carreiras: Pode ser apelido do propietario.
As do Carolino: Alcume do propietario.
Carrizás, os (Igrexa): Pode facer referencia a unhas terras cheas de lixo (carriza). Outra opción sería que veña do masculino, carrizo, tipo de paxaro ou a unha planta que se da en zonas húmidas.. Situado no lugar das Cañoteiras. No Catastro de Ensenada (1756) aparecen como “das Carrizas”. No Rueiro 2010 Camiño das Carrizas e Camiño das Carrizas de Abaixo.
Cartas (Igrexa): Terras que tiñan que pagar a cuarta parte o que producían. No Catastro de Ensenada (1752) aparece como linde Coutada das Cartas. No Rueiro 2010 Camiño de Cartas.
A Casa do Baile: lugar no que se encontra a xente para bailar.
A da Cascalleira: Pode referirse ao alcume da propietaria.
O Castañal: No Camiño da Grela en chegando As de Manoliño.
Cavadas. No Rueiro 2010 Camiño das Cavadas de Vilar.
Cavadiñas, as (Igrexa): Terras cavadas, ou sexa cultivos. No Rueiro 2010 Camiño das Cavadiñas.
Os Pés da Cavadiña: Dividido polo Camiño de Pedro Morto. No Catastro de Ensenada (1756), “De Cavadiñas”, pertencente a unha terra de labradío.
Cavada da Vella: Sen localizar. Aparece no Catastro de Ensenada (1756) como monte e devesa.
Cerdeiras: Leira desaparecida coa construción da pista do aeroporto de Peinador.
Chan da Cova (Cabeiro/Vilar). Linda coas Penas e Peniñas polo Camiño do Ulleiro. No Rueiro 2010 Estrada de Chan da Cova.
Chan de Felipe:
Chan das Pipas (Igrexa): Por referencias orais recollidas por María José Acosta sabemos que neste punto celebrábase unha feira onde se vendían pipas e barrís para o viño. En 1809 Proezas del Pueblo Gallego. Celestino Viéitez afirma que o topónimo xurdiu cando durante a invasión francesa, un veciño lanzoulles varias pipas de viño. Citado en Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1847). No Rueiro 2010 Camiño de Chan das Pipas.
Monte do Chan das Pipas: Enriba do Carrascal.
Lugar da Chiva
Chousa, a (Igrexa): Segundo a RAG terra de labor cercada, polo xeral de pouca extensión e situada preto da casa. Linda coas Cachadas e As Minadas. No Catastro de Ensenada (1756) aparece como unha terra de cultivo con acceso á auga. No Rueiro 2010 Camiño da Chousa.
Fonte da Clara
Cobradas, As: No dicionario de Eligio Rivas Quintas (1978) aparece como “derrumbamiento, derrumbe en un vallado o terraplén”. Tamén podería referirse a unha terra aforada pola que se cobra. No Catastro de Ensenada (1756) As Cobradas coma unha terra de labradío de secano. En singular Cobrada, citada como leira desaparecida coa construción da pista do aeroporto de Peinador.
Cochiño, o: Diminutivo de cocho. Sen localizar. Aparece no Catastro de Ensenada (1756) como devesa do Cocho.
Cocho, o: Pode ter o significado de porco pero tamén de abrigo ou acubillo. Sen localizar. Aparece no Catastro de Ensenada (1756) como devesa do Cocho.
O Cocho da Viña: Rodea o Camiño do Rubiás ao lado do Cocho da Eira. Aparece no Catastro de Ensenada (1756).
Cocho da Eira: Sen localizar. Aparece no Catastro de Ensenada (1756).
Os Cochos (ou A da Cascalleira): Linda co aeroporto de Peinador pasando polo Camiño Fonte da Lata.
Os Cochos de Arriba: Acaroado co Camiño do Fixón entre O Lugar e A Oliveira. Aparece no Catastro de Ensenada (1756).
Os Cochos do Medio: Linda con Os Cabaleiros e As Veigas do Campo. Aparece no Catastro de Ensenada (1756).
Colexio, o: Faría referencia a unha escola. No Catastro de Ensenada (1756) “O Colexio”, terra de labradío de regadío.
Monte do Cornedo: No Catastro de Ensenada como “Do Cornedo” en alusión xustamente a
un monte.
A do Corvo: Probablemente alcume do propietario.
A Costa: Terreo en pendente. No Catastro de Ensenada (1756) como propiedade e terra de labradío da Costa.
Monte da Costa: Lindando coa Coutada da Cachena e dividido polo Camiño de Lagoa de Millarada.
A Costa de Abaixo
A Costa do Colexio xunto co Socalco e A Esquina.
A Costa Grande
A Costa do Mañoso
A Costa do Perriquito
A Costa de San Martiño: Dende o río A Preira até o primeiro núcleo Dos Eidos.
A Costa do Souto: Souto é un lugar onde hai castiñeiros. Estrema coas Veigas do Campo, As Nogueiras, As Rubiás e A Veiga Grande.
Costaneira, a:
As Costas
As Costas do Medio
A Costeira: Enriba da Coutada da Carreira.
Cotarelo: Pequeno outeiro máis ou menos agudo.
Cotarelo:
A Coutada: Coutada é un terreo que se acouta para adicar ao pasto. No Camiño da Chousa ao lado do Eido de Arriba. No Catastro de Ensenada (1756) como terra de labradío de secano.
A Coutada da Cachena: Á dereita do Monte da Costa. Recollida por Tres Pés en plural, As Coutadas da Cachena.
A Coutada de Testas: Linda cos Lagos. Neste caso Testa podería ter o significado de lugar alto ou predominante, pero non se pode desbotar que estea relacionado co apelido Testa presente no noso Concello.
As Coutadas de Abaixo: Enriba do Lugar da Lagoa e sobre A Coutada da Cachena.
As Coutadas do Galleiro: Fan referencia ao monte que se divisa desde a parroquia.
As Coutadas do Monte:
Coutadas do Muíño do Medio. No Catastro de Ensenada probablemente sexan as chamadas Coutadas do Medio. Entre o Camiño do Carrascal e o Camiño Cadeláns.
As Coutadas Novas: Tamén na Pena, baixo as Peniñas.
As Coutadas da Pedra: No Catastro de Ensenada (1756) poden ser As Coutadas da Pena. Localízase debaixo da Coutada da Carreira, estas últimas atopadas no lugar da Pena.
As Coutadas de Pichón: Á esquerda de Cadeláns.
Cova, a (Millarada): No Rueiro 2010 Camiño da Cova de Vilar.
As Covas. Enriba das Cartas. No Catastro de Ensenada (1756), citado como montes con “b”: “De Cobas” ou “Das Cobas”.
As do Crego: Probablemente propiedade do párroco.
Cusqueiro, o (Millarada): Pode ter o significado de: “Xente entrometida e fisgona”. Isto nos indica que pode ser o alcume dalgún propietario. No Rueiro 2010 Camiño do Cusqueiro.
Monte dos Cutiños: O segundo formante do topónimo, cutiño, é un diminutivo do substantivo coto que se refre a un coto de pequeno tamaño ou pouco elevado, malia que tamén nalgunha ocasión alude a unha rocha illada. O substantivo do topónimo reprodúcese con “u” (cutiño), e non no esperable cotiño, porque na fala oral dáse unha asimilación do fonema [o] ao [i] (isto é, aproxímase o son) e produce a realización do son máis pechado [u].
Cuturro: Prodúcese un peche vocálico do o polo u, sendo un derivado de coto, parte máis elevada dun monte ou outeiro.
O Lugar de Doloroes da Taberna: Nome e oficio/alcume da propietaria.
O Eido: Pertencente Ás Rubiás. No Rueiro 2010 Baixada ós Eidos de Vilar.
O Eido do Cura ou Igrexario: Nos Camiños de Vilar tras as Preiras.
O Eido Monteiro: Enriba das Cavadiñas.
O Eido de Arriba: Situado no camiño Chousa entre A Quinta e A Coutada.
O Eido Macho: No Camiño Lagoa de Millarada entre O Lugar da Lagoa e a Veiga do Regueiro.
Eido Ferreiro: No Camiño das Cavadiñas entre Os Lagos e Os Navarros.
O Eido Collazo: Debaixo da Oliveira.
A Encrucillada: Xa se recolle no Catastro de Ensenada (1756).
Camiño das Encrucilladas
Fonte do Camiño das Encrucilladas
Fonte Erbelo: Testa co Corcón, O Mangeiro, A Veiga de Abaixo e o Cabo da Vella.
Escola
Escribán, o (Millarada): No Rueiro 2010 Camiño do Escribán.
A Esquina: Un lexema de raíz indoeuropea que alude á zona máis próxima ao punto no que se cortan dúas superficies.
Fonte da Estanqueira: Estrema coa Minada. Pode facer referencia á persoa que vendía tabaco.
Ferro do Arado: Pode ser unha pedra ou leira con forma do “ferro do arado”.
A de Fieles:
Fonte do Fandingo ou de Fandiño (Igrexa)
As Ferráns: A ferraia ou ferrán, segundo o dicionario da Real Academia Galega, utilízase como alimento para o gando e está formado de orxo, avea ou centeo. Lindando coas de Carrizás e a de Patolín.
Camiño das Ferráns
Fixón, o (Igrexa): Faría referencia a u foso de gran tamaño.
Camiño de Fixón: No Rueiro 2010 Camiño do Fixón de Vilar.
Río de Fixón. Non recollido na actualidade. No Catastro de Ensenada (1752).
Fonte lavadoiro de Fixón (Igrexa)
Poza de Fixón
Fonte da Flora (Igrexa)
Fonte de Florentino (Millarada)
Fonderisco (Millarada): No Rueiro 2010 Camiño de Fonderisco.
Fonte das Pexegueiras, a (Millarada): No Rueiro 2010 Camiño da Fonte das Pexegueiras.
Fonte de Miguel, a (Millarada): No Rueiro 2010 Camiño da Fonte de Miguel.
Forestal, Cño. (Millarada): É unha pista forestal asfaltada. No Rueiro 2010..
Foz: Pode ter o significado de sitio onde un río entra noutro curso de auga, porque xa no Catastro de Ensenada de 1756 se rexistra Foz como unha terra de regadío. Situada na Baixada dos Eidos de Vilar que limita cos Agoeiros, A Veiga do Estrepeiral, O Rabelo, O Lugar, A Oliveira e o Eido Collazo.
Camiño da Foz
Camiño Fundo
O Lugar do Galleiro: Toma o nome do monte O Galleiro. Aparece recollido no Catastro de Ensenada (1756) como “O Lugar do Galleiro”.
Galleiro, Estrada do (Igrexa): No Rueiro 2010.
A de Garatán: En Cartas estremando coas Covas;
Camiño da Genibra
Gondarisco (Millarada):
Camiño do Gundarisco: No Rueiro 2010 Estrada a Gondarisco.
Granxa, a (Igrexa): No Rueiro 2010 Camiño da Granxa de Vilar.
Grela, a: Diminutivo de agra, sería un pequeno terreo de cultivo. No Catastro de 1756 cítase “A G rela” , “A Greliña” (reduplicación do diminutivo), e tamén citada como devesa “Coutada da Grela”. Estrema coa Escola dos Nenos de Vilar, Os Amieiros, A Pedra do Gran, Os Tresemiros, O Pumar e As Preiras Redondas.A Grela é un terreo dividido en catro partes, cos seguintes nomes: A Grela do Regueiro, A Grela da Poza, As Grelas das Pedras, fronte ao Foro, e A Grela da Figueira.
Camiño da Grela
Herbal, o: Terreo con moita herba.
Fonte Herbedelo: Linda coas de Manolito e a Lagoa Grande.
Horta, a: Aparece no Catastro de Ensenada (1756) como “Sitio da Orta”.
As Hortas de Abaixo: No Camiño de Fixón estremando coa Veiga da Eira.
As Hortas de Arriba: Tan só temos constancia polo Catastro de Ensenada (1756),
“Ortas de Arriva”.
Igrexario: Terras pertencentes á igrexa. Visitas ás reais devesas e plantíos da antiga Provincia de Tui (1750), cítase Monte del Yglesario.
Fonte de Juan do Río
As de Juanillo: Nome do propietario.
Lagoa, a (Millarada):
Camiño da Lagoa: No Catastro de Ensenada (1756) como De Lagoa. No Rueiro 2010 Camiño da Lagoa de Millarada.
O Lugar da Lagoa.
Os Lagos: Linda co Eido Monteiro e o Eido Ferreiros. No Catastro de Ensenada (1756) como De Lagos.
Camiño dos Lagos
As Lagoas: No Camiño da Grela. No Catastro de Ensenada (1756) como De Lagoas.
Lagoa de Mouca
A Lagoa Grande: Linda coas de Manolito e a Fonte Herbelo.
Lebagadas, As: O substantivo lebagada ou lobagada refírese a un torrente de auga en pendente.
Lodoso (Millarada): Terreo con lama. Son tres parcelas localizadas no Camiño do Tombo de Miguel e no Camiño da Fonte da Simona.
Camiño do Lodoso: No Rueiro 2010 Camiño de Lodoso.
Pedra Lodoso: Tan só atopado no Catastro de Ensenada (1756).
Os Loureiros: No Catastro de Ensenada (1756) o topónimo “Loureles” en referencia a unha casa.
As de Luisiño: Nome do propietario.
Fonte de Macarme: Estrema coa do Canal e a do Pantalla.
Mangueiro: Piñeiral. Nunha nova de 1923 rouban piñeiros: “na finca chamada Mangueiro, que José Gallego Parada posee na parroquia de Vilar”.
Camiño dos Mangoeiros
Muíño de Mangoeiro. Só temos referencias no Catastro de Ensenada (1752).
A de Manolito: Nome do propietario. No Camiño da Grela estrema coa Vulera.
A de Mama Perfeuta. Nome do propietario. No Galleiro.
O Marco: É a derradeira parcela que separa Mos de Redondela.
Martís, a: Leira desaparecidas coa construción da pista do aeroporto de Peinador.
O Lugar de Migueliño
A da Milleira: Alcume da propietaria.
Fonte da Milleira (Igrexa): Linda coas Cavadiñas e Os Navarros.
A Mina da Genibra: Genibra pode ser o nome da propietaria.
A Minada: Faría referencia a unha mina de auga. Linda coa Chousa e coas Cachadas.
As Minadas: No Camiño da Chan da Cova fronte O Sarrido.
Misa, Cño. da (Igrexa): Camiño que da á igrexa parroquial. No Rueiro 2010.
Monte de Ervela (Millarada): No Rueiro 2010 Camiño do Monte de Ervela.
A Poza de Mourán: Recollido o segundo termo, Mourán, no Catastro de Ensenada (1756) como unha terra de regadío.
Mouriño, o (Igrexa):
Camiño de Mouriño: No Rueiro 2010 Camiño do Mouriño de Vilar.
Moutillón, O: Procede de mouta, que segundo o dicionario da Real Academia Galega signifca “conxunto de plantas que destacan pola súa altura respecto das que están ao redor”. Segundo Cora Represas: “É posible que este topónimo se explique por ser empregado como un marco ou un mollón de demarcación”.
Navarros, os (Igrexa): Probablemente alcume dos propietarios que faría referencia á súa procedencia.
Camiño dos Navarros: No Rueiro 2010 Camiño dos Navarros.
Nogueiras,as: Fai referencia á árbore.
A Oliveira: Árbore. No Catastro de Ensenada (1756), “sitio de Olibeira”¸ como propiedade e como terra de labor.
Padrón, Estrada do (Vilar/Saxamonde): No Rueiro 2010. Faría referencia ao barrio de Padrón en Saxamonde.
As Panascas: Panasco designa a herba seca, áspera e dura que pode servir de pasto para o gando. Linda coas Zapateiras no Camiño da Misa, e o consecuente topónimo vial Camiño das Panascas.
Camiño das Panascas
A da Pantalla:
Párroco don Luis, Rúa do (Igrexa): Adicada ao párroco Luis Gómez Jorge. No Rueiro 2010.
A de Patolín: Probablemente alcume do propietario.
A Pedra do Gran: No Camiño dos Amieiros.
A Pedra de Vigo de Fóra: Probablemente topónimo de recente creación.
Pedra do Medio:
O Pedre: Leira desaparecida coa construción da pista do aeroporto de Peinador. Citado no Catastro de Ensenada (1756).
Monte da Pedreira:
Camiño da Pedreira
Pedro Morto (Millarada):
Camiño de Pedro Morto: No Rueiro 2010. Camiño de Pedro Morto.
A Lagoa de Pedro Morto
Pena, a (Millarada): Aparece como terra de labradío no Catastro de Ensenada (1756), “A Pena”. Recollido por Tres Pés en plural, As Penas. No Rueiro 2010 Camiño da Pena.
Fonte lavadoiro da Pena (Millarada)
Penedo, o (Cabeiro/Vilar): No Rueiro 2010 Camiño do Penedo.
As Peniñas: Aparece como terra de labradío no Catastro de Ensenada (1756) coa forma en singular “A Peniña”.
As Pereiras: Pode facer referencia á árbore froiteira, pero tamén pode vir da existencia de pedras. Linda coa Escola das Nenas de Vilar.
As Pereiras de Redondela ou Redondas: Estreman coa Banda e As Grelas da Pedra. T
Pica Morena, a (Millarada): Refírese a un pico ou punto elevado de cor escura. No Catastro de Ensenada (1756) xa aparece citado como labradío. No Rueiro 2010 Camiño da Pica Morena.
Pillapiscos (Igrexa): Alcume dun propietario. No Rueiro 2010 Camiño de Pillapiscos.
Piñeiro, O: Árbore. Xa se rexistra como topónimo O Piñeiro no Catastro de En-
senada (1756) onde aludía a unhas terras de cultivo.
Porto Cabeiro (Millarada): No Rueiro 2010 Estrada de Porto Cabeiro.
Poza Levada
As Pozas lindando por unha banda coas do Bravo e Pozas de Ulleiro e, por outra, dividido polo Camiño de Mouriño, As de Carreira.
As Preiras: Procede de Pereiras, co síncope da vogal pretónica “e”. No Catastro de Ensenada (1756) referíanse a unhas terras de labradío, “Pereira” e “Da Pereira”.
Río A Preira
As Preiriñas: No Catastro de Ensenada (1756) aparece un lugar denominado Pereiriña. No Camiño de Fixón.
O Pumar: Lugar onde hai maceiras ou árbores froiteiras en xeral. No Catastro de Ensenada (1756), “O Pumar”. Actualmente sitúase na Grela, estremando coas Grelas da Pedra.
Quinta, a (Igrexa): Unha quinta é unha pequena casa con terreo. No Rueiro 2010 Camiño da Quinta de Vilar.
A da Quinta:
Lagoa da Quinta:
A Poza da Quinta: É un microtopónimo da Quinta polo que pasa o Camiño dos Amieiros.
O Rabicho: Pode provir da forma do terreo, estreito e longo, polo que se compararía cun rapo pequeno. Linda co Toxal.
O Lugar da Raposa
Redondo, o: No Catastro de Ensenada de (1756) Redondo, como labradío de secano e Redondiño, como monte.
A de Redondo: No lugar da Rubiás;
Redondela-Peinador, Estrada de (Millarada): No Rueiro 2010. Estrada N-555 que conduce ao aeroporto de Peinador. Anteriormente, Estrada de Redondela.
A Rega da Raposa: No medio do Carrascal.
Regoza, a: O substantivo regoza referencia un barranco ou foxo.
O Regueiro: No lugar de Cadeláns. No Catastro de Ensenada de (1756) cítase Veiga do Regueiro.
Roxas (Igrexa): No Rueiro 2010 Camiño de Roxas.
As da Roxa: Pode ser un alcume.
Rubiás (Millarada):
Camiño de Rubiás: No Rueiro 2010 Camiño de Rubiás.
Fonte do Salgueiral: No Catastro de Ensenada (1756) aparece Salguerial, como monte.
San Martiño, Cño. de (Igrexa): No Rueiro 2010. O camiño leva á igrexa, tomando o nome do patrón da parroquia.
Fonte de San Martiño: Recuperada no 2008 pola actuación no Camiño da Auga.
Santiago, Cño. de (Igrexa): Por ser parte do Camiño de Santiago. No Rueiro 2010.
O Sarrido: Pode provir de sarrieiro, “terreo de mala calidade pola abundancia de pedras”. Ocupa unha ampla extensión que abarca a lonxitude do Camiño da Chan da Cova e linda co Concello de Vigo.
Sendeiro da Auga, Cño. do: Tramo da Senda da Auga. No Rueiro 2010.
O Seixo: Tipo de pedra. Aparece en plural “Os Seixos” no Catastro de Ensenada (1756).
Lugar das Simonas
Fonte da Simona
Camiño da Fonte Simona
Os Sorregos: Terreos situados baixo un rego ou canle de regadío nas marxes do río.
Fonte dos Teixugos: No antigo Catastro de Ensenada (1756) unha terra de labradío de regadío, Teixugos.
Camiño da Fonte dos Teixugos
Telleiras, as. (Igrexa):
Camiño das Telleiras: No Rueiro 2010 Camiño das Telleiras de Vilar.
Fonte dos Teixugos (Igrexa): No Camiño do Carrascal testa na Coutada
do Muíño do Medio e a do Corvo.
Tombo de Miguel, Cño. do (Millarada): No Rueiro 2010, Camiño do Tombo de Miguel.
A Poza de Miguel: Á fin do Camiño do Tombo de Miguel lindando cos Lagos.
Camiño da Tonella
Torreiro, o: Explanada onde se celebran as festas.
O Toxal: Lugar onde abundan os toxos (arbusto). Estrema co Rabicho e coas Cachadas.
A Traída: Condución da auga cara as casas.
Trasemiros, Os: Segundo Cora Represas: “A orixe deste topónimo é medieval, de orixe xermánica. Trátase do antropónimo Trasmirus , que noutras localidades galegas deu no topónimo Trasmil”.
As Pozas das Trasxugueiras
Camiño da Poza das Trasgueiras
Tumba Lobos: Pode referirse ao lugar onde se cazaban os lobos ou o alcume dunha persoa. No Catastro de Ensenada (1752), Coutada de Tumbalobos.
Camiño de Ulleiro
Pozas de Ulleiro: Linda coas Pozas, As do Sastre e Os Valos.
Valos, Cño. dos (Igrexa): No Rueiro 2010. Toma o nome do barrio Os Valos, en Saxamonde.
As dos Valos:As dos Valos:As dos Valos:
A de Varela:
A Veiga do Estrepeiral: Limita coa Foz e Os Agoeiros no Camiño de Fixón. Estrepeiral, é un derivado colectivo de estripeiro, especie de arbusto pertencente á familia das rosáceas. No Catastro de Ensenada de (1756), Veiga do Estrepeiral.
Veiga da Faxarda: Situada no Camiño dos Amieiros.
A Veiga Grande: Linda co Cabo da Vella onde remata o Camiño de Rubiás.
As Veigas do Campo: Lindando co Cocho do Medio, Os Cabaleiros e A Costa do Souto no Camiño
do Campo.
A Veiga da Eira ou A Veigadeira: No Camiño de San Martiño. Na fala oral tamén con gheada.
A Veiga do Estrepeiral: Terreo cultivado co estripeiro, tipo de arbusto. Localízase no Camiño de Fixón estremando con O Rabelo, A Foz e Os Agoeiros.
As Veiguiñas: Estreman co aeroporto polo Camiño da Lagoa da Millarada. No Catastro de Ensenada de (1756) con b, das Beiguiñas, referíndose a un souto, e en singular, Veiguiña.
As do Vello
Poza do Vello, situada entre a Finca do Vilas e As do Vello.
Camiño Vello
Xacobeo, Cño. (Igrexa): Tramo do Camiño de Santiago. No Rueiro 2010 Camiño Xacobeo.
Lugar da Xaneira: Pode tratarse do alcume da propietaria.
As do Xastre: Probablemente oficio ou alcume do propietario.
Xepe (Igrexa): Xepe podía ser un hipocorístico de José. No Rueiro 2010 Camiño de Xepe.
As do Xepe:
As do Xusto: Pode ser o nome do propietario.
A Zapateira: Probablemente alcume/oficio do propietario.
Muíño do Carolino
Muíño de Canalejas,
Muíño do Caranguexo
Muíño de Manolito.
Toponimia histórica
Carballos, os. Aparece como “censo dos Carballos” en 1722- 1728. (Pares>Archivo Histórico Nacional>Convento de Nuestra Señora de la Cerca (Santiago )) .
Cotiño. Aparece como “dehesa” en en Visitas ás reais devesas e plantíos da vila e xurisdición de Redondela (1785). Citado como Cotiños en Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1847).
Coutada Grande: No catastro de Ensenada de 1756 (monte).
Coutada de Gré: No catastro de Ensenada de 1756 .
Coutada do Crego: No catastro de Ensenada de 1756 (monte).
Coutada das Regadas. No Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779).
Coutada do Souto: No catastro de Ensenada de 1756 (Labradío de Secano).
Coutadiña: No catastro de Ensenada de 1756 (Labradío Regadío).
Curras. No Catastro de Ensenada (1752) Curras. Aparece como Monte dos Curras no sitio de Millarada en Visitas ás reais devesas e plantíos da vila e xurisdición de Redondela (1785) e como sitio dos Curras en Novo arranxo e establecemento dos Reais Plantíos e Devesas nos pobos das xurisdicións de Redondela, Vilavella, Saxamonde e Cedeira (1792). No Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1847), Monte Curros.
Monte Deseniño. En Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1847).
Fonte Arcal: Só hai referencias no Catastro de Ensenada (1756), onde aparece como terreo forestal.
Fonte do Mouro. No Catastro de Ensenada (1756).
Fonte da Presa. No Catastro de Ensenada (1756).
Pedra dos Picos. No Catastro de Ensenada (1752).
Pedride: Desaparecido. Citado no Catastro de Ensenada (1756).
Pedrido: Desaparecido. Citado no Catastro de Ensenada (1756).
Pedras de Gandarís. No Catastro de Ensenada (1752).
Outeiro, o (marco da Portuguesa). No Catastro de Ensenada (1752).
Castro de Guisán. No Catastro de Ensenada (1752). Correspondería co Castro de Guizán, no concello de Mos.
Monte de Formoso. No Catastro de Ensenada (1752). En en Visitas ás reais devesas e plantíos da vila e xurisdición de Redondela (1785) aparece “Formoso. Dehesa de 100 ferrados”.
Regueiral. No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como toxal, Regueiral.
Santiago de Antas. Aparece como “dehesa” en Visitas ás reais devesas e plantíos da vila e xurisdición de Redondela (1785). Tamén citado en Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1847).
Trigueira, a. No Catastro de Ensenada (1752).
Veiga de Abajo e de Abaxo: No Catastro de Ensenada de (1756).
Veiga de Arriva: No Catastro de Ensenada de (1756).
Veiga do Cabo e Cavo: No Catastro de Ensenada de (1756).
Veiga do Medio: No Catastro de Ensenada de (1756).
Veiga da Porta: No Catastro de Ensenada de (1756).
Veiga da Veiga da Cira: No Catastro de Ensenada de (1756).
Vista Alegre. No Catastro de Ensenada (1752).
Monte Vivero. Citado en Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1847). Sería o viveiro da Devesa Real.
Para saber máis.
Concello-SNL. Buscador: https://toponimia.redondela.gal/index.php
Concello-SNL. Libros: https://toponimia.redondela.gal/libros.php
Deputación de Pontevedra. Galicia Nomeada: https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Toponimia de Vilar de Infesta. Cora Represas. SNL. Concello de Redondela.
Guía didáctica para escolares: Nº5. Aproximación á toponimia do Concello de Redondela. Álvaro Iriarte Sanromán
Os Nomes da Ría de Vigo II. Gerardo Sacau Rodríguez. Instituto de Estudios Vigueses (Fundación Provigo).2000.
Catastro de Ensenada.
Diccionario Madoz.
Deputación de Pontevedra => depo.es
Pares => Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779)
Faro de Vigo
Galiciana http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/busqueda.do => Galicia diario de Vigo, El correo de Galicia (ARX)
Dicionario de dicionarios. Instituto da Lingua. https://ilg.usc.gal/ddd/
No hay comentarios:
Publicar un comentario