viernes, 3 de abril de 2020

Toponimia: VENTOSELA

 

Vistas desde Ventosela. Foto: Juan Migueles

 

VENTOSELA (San Martiño): Pode estar formado polo adxectivo ventoso máis o diminutivo –ella, dada a situación elevada da parroquia, con vistas a Ría de Vigo. No Rueiro (2010), Estrada de Ventosela.


Barrios

Castiñeira: “Sitio poboado de castiñeiros”. No Fondo Casto Sampedro aparece nun documento de 1669, aldea Castiñeira. Citado no Diccionario Madoz (1850), Castiñeira (lugar). No Rueiro (2010), Estrada da Castiñeira e Estrada de Castiñeira-Amoedo.

O Vilar do Mato: Vilar pode vir do latín villaris (poboación) ou de villare (parte da granxa). –do Mato pode proceder do preindoeuropeo matta (plantas, montón de plantas, macizo). Aparece no Fondo Cato Sampedro nun documento de 1669,aldea de Vilar do Mato. No Catastro de Ensenada (1752) aparece castelanizado como Villar do Mato. O mesmo acontece no Diccionario Madoz (1850), Villardomato (lugar). No Rueiro (2010), Estrada de Vilar do Mato (Cesantes/Ventosela).


Topónimos

Abeleiras (Castiñeira)

As Agrelas (O Vilar do Mato).

Alargo (O Vilar do Mato). Recollido no Catastro actual.

Alargo do Muíño (O Vilar do Mato).

Alargo do Río (O Vilar do Mato).

Aldeas Infantís, Rúa das (Vilar do Mato): No Rueiro (2010). Fai referencia a Aldeas Infantiles SOS, ONG fundada en 1949 en Austria e establecida en Ventosela en 1975.

As Almas (Castiñeira)

O Alto da Ponte (Castiñeira)

O Alto de San Martiño (Castiñeira)

Arbadiñeira. Recollido no Catastro actual. No Rueiro (2010), Camiño da Arbadiñeira.

Arcipreste, Cño. do (Castiñeira): Faría referencia aos terreos dun relixioso, pero ata o de agora non atopei ningún párroco de Ventosela que desempeñara o cargo de Arcipreste de Redondela.

Auga Enterrada, Cño. da (Vilar do Mato): No Rueiro (2010).

Balaído (Castiñeira)

A da Banda (O Vilar do Mato). Recollido no Catastro actual.

O Barcelo (Castiñeira/Reboreda((Asnelle de Arriba))): No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779) aparece heredad do Barcelo. Recollido no Catastro (2020) Barcelo.

As Barroncas (Castiñeira)

A Bazoca (Castiñeira)

Belurica (Castiñeira)

Bouces (Castiñeira)

Bouza da Mosca (Castiñeira)

Bras, Cño. de (Castiñeira): Nome dalgún propietario. No Rueiro (2010).

A Cachada (Castiñeira)

Cachopeira (O Vilar do Mato).

Cadaval, o.

Camiño da Cagalla (Castiñeira)

Os Calvos (Reboreda(Asnelle de Arriba)/Castiñeira). Recollido no Catastro (2020).

Os Calvos (Castiñeira)

Calleu (Castiñeira)

O Campelo (Castiñeira)

O Campo (Castiñeira). Recollido no Catastro actual. No Rueiro (2010), Camiño do Campo (Reboreda/Ventosela).

O Campo (O Vilar do Mato).

O Campo (O Vilar do Mato).

A Poza do Campo (O Vilar do Mato).

Campo de Abaixo. Por baixo de O Campo. Recollido no Catastro actual.

A Candela (Castiñeira)

A Canteira (Castiñeira)

A Caramboleira (O Vilar do Mato). No Rueiro (2010) Camiño da Caramboleira.

Fonte da Caramboleira (O Vilar do Mato).

A Poza Caramboleira (O Vilar do Mato).

A Carballeira (Castiñeira)

A Carballeira (O Vilar do Mato).

A Caringosta (Castiñeira)

A Carosa (Castiñeira). Carosa: custosa, difícil. Pode referirse a un terreo difícil de cultivar ou que custou caro cando se mercou. Recollido no Catastro actual como Caroxa. No Catastro de Ensenada de Reboreda (1752) aparece Muíño da Carosa. No Rueiro (2010) Camiño da Carosiña.

As Laxes da Carosa (Castiñeira)

A Cascalleira (Castiñeira)

A Castiñeira (Castiñeira)

A Cavada (Castiñeira). Recollido no Catastro (2020) A Cabada.

Cavada Lagoa. Recollido no Catastro actual.

A Cavada da Raposa (Castiñeira)

As Cavadas de Abaixo (Castiñeira)

As Cavadas de Arriba (Castiñeira)

O Cavañón (Castiñeira)

Cerquido (Castiñeira)

As Cerradas (Castiñeira)

Cerradiño (Castiñeira)

Cerro Vello (Castiñeira)

O Cerrucho (Castiñeira)

A Chan (O Vilar do Mato).

As Chans de Ventosela: Recollido no Catastro actual.

As Chaviñas (Castiñeira)

A Chousa de Arriba (Castiñeira)

O Chouso (Castiñeira). Recollido no Catastro actual.

A Cirqueira (Castiñeira). Recollido no Catastro actual.

O Codesal (Castiñeira)

As Colmeas (Castiñeira). No Rueiro 2010 Camiño das Colmeas.

O Convento (Cesantes/Reboreda/Ventosela). Parte destes terreos en Ventosela. Fai referencia ao Convento de Agrelo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/o-convento-de-agrelo.html) Recollido no Catastro actual.

Corcovo (Castiñeira)

O Corral da Vella (Castiñeira). Recollido no Catastro actual.

As Cortiñas (O Vilar do Mato).

Os Cortizos (O Vilar do Mato).

A Costa (O Vilar do Mato).

O Camiño da Costa (O Vilar do Mato).

A Costa do Xil (O Vilar do Mato).

Cotacha (O Vilar do Mato). Probablemente unión de cota e cha. Lugar alto e cha. No Rueiro (2010), Camiño da Cotacha.

Os Cotes (Castiñeira)

O Cotiño (Castiñeira / Reboreda(Sto. Paio de Abaixo)). Coto sería o punto máis alto, unha elevación do terreo. No Catastro de Ensenada (1752) aparece o sitio do Cotiño. Recollido no Catastro actual.

A Fonte do Cotiño (Ventosela)

O Coto ((Ventosela/Reboreda(Asnelle de Abaixo)). Elevación no terreo ou punto máis alto dun monte ou outeiro. No Catastro de Ensenada (1752) aparece sitio do Coto. Recollido no Catastro actual.

Camiño do Coto

O Coto de Frago (Castiñeira)

O Coto de Freixo (Castiñeira)

A Coutada (Castiñeira).

A Coutada (O Vilar do Mato).

A Poza da Coutada (O Vilar do Mato).

Coutada da Poza (O Vilar do Mato).

O Couto da Fraga (Castiñeira)

O Coutiño: Recollido no Catastro actual.

A Cova (Castiñeira)

O Cruceiro (Castiñeira)

Cruceiro de Ventosela, Cño. do (Castiñeira): Remata no coñecido como Cruceiro do Torreiro ou da Igrexa. No Rueiro (2010).

Devesa do Abade (O Vilar do Mato).

Devesiña (O Vilar do Mato).

Eido (Castiñeira)

O Eido da Mariqueta (O Vilar do Mato).

O Eido da Pequena (O Vilar do Mato).

Eido da Perica (Castiñeira)

Eido da Reina (Castiñeira)

Eido da Sangra (O Vilar do Mato).

O Eido de Abaixo (O Vilar do Mato).

A Poza do Eido de Abaixo (O Vilar do Mato).

O Eido de Alá (O Vilar do Mato).

Eido de Arriba (Vilar do Mato): Aparece nun documento de 1705, casa do Heido de Riba”. Recollido no Catastro actual. No Rueiro (2010), Camiño do Eido de Arriba.

O Eido de Arriba (O Vilar do Mato).

O Eido de Blas (O Vilar do Mato).

Eido de Garrido (O Vilar do Mato). Recollido no Catastro actual.

O Eido de Nuno (O Vilar do Mato).

Eido de Pelaya (Castiñeira)

Eido de Pilar (Castiñeira)

O Eido de Xan (O Vilar do Mato).

Pozo do Eidoxoán (O Vilar do Mato).

Eido do Rial (Castiñeira)

Eido do Xil (Castiñeira)

Eido María (O Vilar do Mato). Recollido no Catastro (2020) O Eido María.

O Eido Pequeno (O Vilar do Mato).

Eido Ramón (Castiñeira)

O Eido Vello (O Vilar do Mato).

Eira Vella (O Vilar do Mato).

Eixido (Castiñeira)

Eixoán (O Vilar do Mato).

Poza do Eixoán (O Vilar do Mato).

Espiñeiro (Castiñeira)

A Poza de Espiñeiro (Castiñeira)

A Esquiniña (Castiñeira)

Fondo de Ventosela, Cño. (Castiñeira): No Rueiro (2010).

Fonte (Castiñeira)

Fonte Alta (O Vilar do Mato).

A Poza da Fonte Alta (O Vilar do Mato).

Fonte Catuxa (O Vilar do Mato). No Rueiro (2010) Camiño do Monte Catuxa.

Fonte da Meca (Castiñeira)

Fonte da Preguiza (Castiñeira)

Fonte da Vela (Castiñeira)

Fonte das Paridas (O Vilar do Mato).

Fonte do Pisco (Castiñeira)

Fonte dos Tres Abades (O Vilar do Mato).

Fontecova (Vilar do Mato): Recollido no Catastro actual, A Fonte Cova. No Rueiro (2010), Estrada da Fontecova.

Poza da Fontecova (O Vilar do Mato).

Fonteverdú (Cesantes/O Viso/Ventosela): Recollido no Catastro actual, Fonteverdú.

A Fontiña (O Vilar do Mato). Recollido no Catastro actual.

A Garouxa (O Vilar do Mato).

Gurgullón (Castiñeira)

As Herbadiñas (O Vilar do Mato).

Herbadiñeira (O Vilar do Mato).

Fonte da Herbadiñeira (O Vilar do Mato).

A Poza da Herbadiñeira (O Vilar do Mato).

A Igrexa (O Vilar do Mato). No Rueiro (2010) Camiño da Igrexa de Ventosela.

Lagoa do Rial (Castiñeira)

O Lagoeiro (Castiñeira). Aparece nun documento de 1669,cavada e coutada do Lagoeiro”. Recollido no Catastro (2020) Lagoeiro. No Rueiro (2010), Camiño do Lagoeiro.

Os Pozos do Lagoeiro (Castiñeira)

Laqueiro: Recollido no Catastro actual.

Os Laranxos (Castiñeira)

Laxe do Escorregadoiro (Castiñeira). Tamén chamada Pedra Escorregadoira. Catalogada como Petróglifos da Pedreira 1. Por aportes orais sabemos que a parte desta pedra que foi cortada polos canteiros era moi empinada de aí o nome, xa que a rapazada a empregaba para lanzarse por ela.

Laxe Negra (Castiñeira)

O Laxeal (O Vilar do Mato/Soutomaior). Citado como cota de 426m. Alto de Laxial. No Catastro de Ensenada de Reboreda (1752) aparece Laxeal como límite. O significado estaría relacionado con laxe, lugar con este tipo de pedra.

Laxeiro (O Vilar do Mato).

As Laxes das Abellas (Castiñeira)

As Laxes de San Martiño (Castiñeira)

A Laxiña (Castiñeira)

Leira (Castiñeira). Recollido no Catastro (2020) como Leiras.

Leiras de Roufes (Castiñeira)

O Lombo (Castiñeira). No Rueiro (2010) Camiño do Lombo de Ventosela.

A Poza do Lombo (Castiñeira)

As Longuiñas (Castiñeira)

Loureiros (O Vilar do Mato). Recollido no Catastro actual, Os Loureiros.

Matos de Agua Enterrada / Matos de Guanterrada (O Viso/Ventosela(Vilar do Mato)): Recollido no Catastro actual.

Matos do Poumariño (Ventosela/Reboreda(Asnelle de Arriba)) Recollido no Catastro actual.

Matos da Veiga Grande: Recollido no Catastro actual.

O Meixoeiro (Castiñeira)

A Poza do Meixoeiro (Castiñeira)

A Mellora (O Vilar do Mato).

A Minada (Castiñeira)

A Miñoteira (Ventosela/Reboreda (Asnelle de Arriba)). Debe referirse á abundancia de miñotos, tipo de ave. No Catastro de Ensenada (1752) aparece sitio da Miñoteira. Aparece no Catastro actual. No Rueiro (2010), Camiño da Miñoteira.

Monte da Miñoteira (O Vilar do Mato).

Molarteiro (Castiñeira)

Monte da Costa (Vilar do Mato): No Rueiro (2010) Camiño do Monte da Costa.

O Montiño: Recollido no Catastro actual.

O Mosqueiro: Recollido no Catastro actual.

O Moucheiro (Vilar do Mato): Lugar onde aniñan os mouchos. No Rueiro (2010) Camiño do Moucheiro.

Moutiño (Castiñeira)

Muíño do Regueiro (Castiñeira)

O Nabal (Castiñeira)

Onde se cargan os carros (Castiñeira)

Outeiro da Marta (Castiñeira). Recollido no Catastro (2020) Outeiro de Marta.

Outeiro da Ola (Castiñeira)

A Paradela (Castiñeira). Recollido no Catastro actual, Paradela.

A Paralonga (Castiñeira)

Os Pardiñeiros (Castiñeira). Recollido no Catastro actual.

As Patelas (O Vilar do Mato). No Rueiro (2010) Camiño das Patelas (O Viso/Ventosela).

Matos das Patelas (O Vilar do Mato). Ao norte de As Patelas. Recollido no Catastro actual.

Poza da Patela (O Vilar do Mato).

Pozo da Patela (O Vilar do Mato).

O Pazo (Castiñeira). Recollido no Catastro actual.

A Pedra (Castiñeira)

A Pedra da Raposa (Castiñeira)

A Pedra que Fala (Castiñeira)

A Pedra Talló (Castiñeira)

A Pedral do Muíño (Castiñeira)

As Pedras: Recollido no Catastro actual.

As Pedras Agudas (Castiñeira)

As Pedras das Teixugueiras (Castiñeira)

As Pedras de Cerquido (Castiñeira)

As Pedras do Pico (Castiñeira)

A Pedreira (Castiñeira). No Rueiro (2010), Camiño da Pedreira de Ventosela.

Peizás (Castiñeira)

A Poza de Peizás (Castiñeira)

Penedo Pedroso: Citado como cota de 424m. En Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1845), citase Pedroso.

A Pereira (Castiñeira)

Pereira dos Socalcos (Castiñeira)

Monte Picapedreiros ou Picapedrouzos (Ventosela)

Os Picoutos (Castiñeira). Picos dun monte ou zona con rochas en punta. Recollido no Catastro actual. No Rueiro (2010), Camiño dos Picoutos.

O Pino Manso (O Vilar do Mato).

Pinos: Recollido no Catastro actual.

Piñeiral de Xiráldez, Cño. do: Apelido dun propietario. No Rueiro (2010).

Pomar (O Vilar do Mato).

Ponte de Xan Garrido (Castiñeira)

A Porteliña (Castiñeira)

A Poza da Porteliña (Castiñeira)

O Porto (Castiñeira)

A Pouza de Bouces (Castiñeira)

A Poza de Calleu (Castiñeira)

A Poza do Cutiño (Castiñeira)

Poza do Muíño (O Vilar do Mato).

Poza Garrido (O Vilar do Mato).

A Poza Grande (Castiñeira)

As Pozas do Rial (Castiñeira)

O Pozo (O Vilar do Mato).

O Pozo do Cerrucho (Castiñeira)

O Pozo do Inferno (Castiñeira)

O Pozo Negro (Castiñeira)

A Presa: Recollido no Catastro actual.

As Presas (O Vilar do Mato).

O Pumariño (Castiñeira)

Quiringosta de Ventosela, Cño. da (Castiñeira): Camiño fondo. No Rueiro (2010).

Rabeleiro (O Vilar do Mato).

Rabelo (O Vilar do Mato).

O Pozo Rabelo (Castiñeira)

A Rachadura (Castiñeira): Recollido no Catastro actual. Rotura no terreo, unha fenda ou unhas pedras esnaquizadas. No Rueiro (2010), Camiño da Rachadura.

Fonte da Rachadura (Castiñeira)

A Poza da Rachadura (Castiñeira)

A Raíns (Castiñeira) (Castiñeira). No Rueiro (2010) Camiño de Rains.

As Laxes de Rains (Castiñeira)

A Poza da Rains (Castiñeira)

Rasteiro (Castiñeira)

A Redonda (Castiñeira)

Regaloureiro (Castiñeira)

A Poza de Regaloureiro (Castiñeira)

Regasobreiro (O Vilar do Mato).

O Pozo de Regasobreiro (O Vilar do Mato).

O Regueiriño (O Vilar do Mato).

O Pozo do Regueiriño (O Vilar do Mato).

O Regueiro (Castiñeira)

O Regueiro do Porto (Castiñeira)

Requeixo (Castiñeira). Terreos que rematan nunha costa que da paso a unha zona cha. No Rueiro (2010) Camiño do Requeixo.

As Laxes de Requeixo (Castiñeira)

O Pozo de Requeixo (Castiñeira)

A Revolta (Castiñeira)

Rial (Castiñeira/Reboreda(Asnelle de Arriba)): Terreo a carón dun río. Recollido no Catastro actual. No Rueiro (2010), Cño. do Rial de Ventosela.

Río do Muíño (Castiñeira/Reboreda(Asnelle de Arriba)) Recollido no Catastro actual.

Roufes (Castiñeira/Reboreda(Asnelle de Abaixo)): Recollido no Catastro actual.

A Poza de Roufes (Castiñeira)

Salgueiral (Castiñeira)

San Lourenzo (Castiñeira)

San Martiño: En Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1845), cítase San Martín (Monte). Recollido no Catastro actual.

Sobreiro: Recollido no Catastro actual.

O Souto (Castiñeira)

Río do Souto(Castiñeira): Bosque de castaños. Recollido no Catastro actual, Río do Souto. No Rueiro (2010), Camiño do Souto de Ventosela.

Muíño do Souto:

Souto de Agrelo (Castiñeira)

As Tortiñas (Castiñeira). Recollido no Catastro actual.

A Chan das Tortiñas (Castiñeira)

O Pozo das Tortiñas (Castiñeira)

Os Pozos das Tortiñas (Castiñeira)

As Toxeiras (O Vilar do Mato).

Fonte das Toxeiras (O Vilar do Mato).

A Poza das Toxeiras (O Vilar do Mato).

Vales (Castiñeira). Recollido no Catastro (2020).

Veiga (Castiñeira)

Veiga de Abaixo / A Veigas de Abaixo: Recollido no Catastro actual.

A Veiga de Arriba: Recollido no Catastro actual.

Veiga do Eido: Recollido no Catastro actual. Por baixo do Eido de Arriba.

Verde Nabal (Castiñeira)

A Poza do Verde Nabal (Castiñeira)

Vilar (Castiñeira). Recollido no Catastro actual. A carón do seguinte, polo que pode ser unha abreviación do nome completo.

Vilar dos Canos: Recollido no Catastro actual.

A Viniña (Castiñeira). Recollido no Catastro actual.

A Poza da Viniña (Castiñeira)

A Poza da Viniña (Castiñeira)

As Viñas (O Vilar do Mato). Recollido no Catastro actual.

Xestal (Castiñeira)

Xesteira (Castiñeira)

Zabarís (Castiñeira): Recollido no Catastro actual. No Rueiro (2010), Camiño de Zabarís.

Fonte de Zabarís (Castiñeira)

Fonte de Zabarís (Castiñeira)

Os Pozos de Zabarís (Castiñeira)



Toponimia histórica

Bouza. Aparece nun documento de 1705, herdade da Bouza”.

Cocitada. Aparece nun documento de 1685, presa da Cocitada”.

Fraga. Monte, aparece en Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1845).

Torreiro. Aparece en Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1845).



Para saber máis.

Concello-SNL. Buscador: https://toponimia.redondela.gal/index.php


Concello-SNL. Libros: https://toponimia.redondela.gal/libros.php


Deputación de Pontevedra. Galicia Nomeada: https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio




Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Toponimia de Ventosela Olga Nogueira. SNL. Concello de Redondela.

Guía didáctica para escolares: Nº5. Aproximación á toponimia do Concello de Redondela. Álvaro Iriarte Sanromán

Os Nomes da Ría de Vigo II. Gerardo Sacau Rodríguez. Instituto de Estudios Vigueses (Fundación Provigo).2000.

Deputación de Pontevedra. Fondo Casto Sampedro. 1845 Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela

Diccionario Madoz (1850)

Catastro de Ensenada de Reboreda (1752).

No hay comentarios:

Publicar un comentario