viernes, 26 de junio de 2020

Baloncesto

Club de Baloncesto Redondela, a principios dos 90.
Foto cedida por Óscar González
             O primeiro equipo de baloncesto da nosa vila foi o de Frente de Juventudes de Falange de Redondela, ao que atopo xogando en maio de 1953 nas festas de San Isidro en Caldas de Reis contra o titular de dita organización daquel pobo.
A S.A.R., fundada no 1963, contaba nos seus inicios cun equipo de mini básquet, organizando en 1965 o I Trofeo SAR.
En 1970 un equipo de baloncesto de Chapela participa nos II Xogos de Vigo, campionato de parroquias no que Chapela representaba á barriada de Teis.

Os éxitos do baloncesto español a partires dos anos oitenta fan rexurdir este deporte na vila. Organízanse campionatos locais ao aire libre e, en 1992, celébrase un campus impartido polos xogadores Anicet Lavodrama e Mike Schlegel. Todo isto serviría de base para a creación do Club de Baloncesto Redondela (C.B.R.), equipo de curta vida por mor da falta de recursos apesares da gran actividade desempeñada coa organización de varios campionatos. 
 
Equipo nun campionato local a principios dos 90. Facebook Luis Pereda
Os seus xogadores máis destacados serían:
Álejandro Vieitez "Alex". Despois de pasar polo CBR e Arcade (1ª e 2ª autonómica), xogaría co Estudiantes de Pontevedra en 1ª autonómica e no Adesa (Vigo) en 2ª nacional.
Fernando Carreira "Cuchi". Xogaría tamén no CBR e Arcade, fichando despois por un equipo de Vigo e posteriormente por un de Barcelona, a onde se trasladou por estudios.
Baloncesto Arcade 1ª Autonómica 90-91. Alex Vieitez sentado 1º pola esquerda. Foto cedida por Alfonso Pazos
Miguel Ángel Fabre Couñago (O Viso). Saíu do CBR para fichar polo Frigolouro, de Porriño, ata que un grave problema de visión rematou coa súa carreira deportiva.
Outros xogadores do CBR que formaron despois co Arcade serían Román Alfaya e Roberto "Pirú". Non é descartable que anteriormente e por proximidade formaran co Arcade máis xogadores redondeláns, así como nos equipos das empresas Pontesa, situada en Pontesampaio, e Vulcano, en Vigo. 
 
As actividades extraescolares no C. P. Alexandre Bóveda (Angorén-Chapela) serviron de base para a creación en 2008 dunha nova entidade deportiva co mesmo nome que a anterior, Clube de Baloncesto Redondela (C. B. R.). O traballo de canteira comeza a dar os seus froitos e en decembro de 2013 logrou formar un equipo en categoría sénior.

Presentación C.B.Redondela, decembro 2013. Foto: web do equipo
 Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Aportes: Alex Vieitez, Fernando Carrera “Cuchi”
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, La Noche, El Correo de Galicia
Web do CBR












No hay comentarios:

Publicar un comentario