A
primeira referencia á bicicleta que atopo é cando, en 1891, o
vigués José Curbera Fernández, relata unha excursión en bicicleta
na que cruzan por riba do viaduto de Redondela: “Imponía
respeto al atravesar por encima de sus planchas”.
En 1895, o activo
ciclista e dramaturgo, que anos despois acadaría o Premio Nobel,
José Echegaray, é invitado polo Centro Ciclista de Vigo. Daquela
tiña a súa residencia en Marín de onde saíu en coche acompañado
por varios ciclistas. En Redondela engadíronse moitos máis que o
escoltaron ata Vigo.
En febreiro de
1896, unha excursión de ciclistas
vigueses para en Redondela a reparar unha das bicicletas
e saudar ao compañeiro ciclista Marcial Carballido,
quen fora rexistrador da propiedade en Redondela, establecendo a súa
residencia na nosa vila apesares de trocar de destino. Ese
mesmo mes celébrase unha carreira entre Vigo e Pontevedra,
participando: Curbera, Del Río, Cantalapiedra e Solá. Vencería
Curbera batendo o récord entre as dúas cidades cun tempo de 1 hora
e 19 minutos, avantaxando en dez minutos aos demais participantes.
Tamén batería o récord entre Vigo e Redondela en 30 min. e 45 s.
En outubro dese ano serían os afeccionados de Pontevedra os que
farían unha excursión a Redondela.
O domingo 29 de
maio de 1898, 26 ciclistas do Centro Ciclista de Vigo fan unha
excursión a Redondela onde se fixeron fotografías nun restaurante.
Encabezaba a comitiva o seu presidente, o notario Eugenio Domínguez,
e pechaba o grupo o vicepresidente, José Curbera.
Principios
do S. XX: Primeiras competicións.
Nas Festas da Coca
de 1909 organízase unha carreira de cintas, modalidade moi de moda
naquela época. Nas de 1912 celébranse probas de velocidade,
resistencia, obstáculos e negativa.
Un
pouco antes, en setembro de 1910, varios ciclistas redondeláns
participan en Pontevedra nunhas carreiras organizadas polo xornal El
Progreso, da citada vila, na que
estaban inscritos máis de 60 corredores. En agosto do seguinte ano,
varios redondeláns regresan
a competir en Pontevedra onde, con motivo das festas, celébranse
probas de velocidade, resistencia e obstáculos. Nesta última vence
Manuel Leirós,
de Redondela, que será premiado con cincuenta pesetas e unha
medalla.
En 1928 celebrouse o I
Campionato Galego cun itinerario de 122
km. que comprendía Vigo, Redondela, Porriño, Tui, A Guarda e Vigo.
Nestas vilas colocáronse controis realizados polos clubes de futbol,
no noso caso o Redondela F. C.
Este trazado repetiuse no campionato de 1929, sendo vencedor nas dúas
ocasións Manuel Rosales de Marín. En 1930 co percorrido xa habitual
gañou Bermúdez.
En
1933 os foguetes
e a banda de música saudaba
o paso dos participantes da Volta a
Pontevedra ao seu paso por Redondela.
Subindo ao Alto da Encarnación, 1934. Facebook Chapela |
A mediados dos
anos 30 organízanse as primeiras probas na nosa vila:
Volta a Chapela.
O 17 de setembro de 1933
celébrase a I Volta a Chapela,
co percorrido Chapela-Vigo-Lavadores-Porriño-Redondela-Chapela. As
bases da proba establecen que só poden participar menores de 20 anos
e que a liña de saída e meta estará situada
diante do salón-baile La Luz del Día.
Os premios foron entregados o día 18 en dito salón por Miss
Salón La Luz del Día, durante un
baile no que actuaron tres orquestras. A inscrición pode facerse en
Almacenes Los Chicos, Imprenta Roel e
Taberna de Fojo,
no Calvario, e no Merendeiro El Canario,
en Chapela. Como premios establécense
primas na baixada dos Valos, unha copa para o vencedor cedida por
Bicicletas Honor e
varios obxectos
para os primeiros de Chapela. O
primeiro en chegar á meta sería Manuel Rodríguez, de Porriño,
quedando 2º Ramón Covelo, 3º Fernando
Covelo e 11º Edelmiro Pérez, todos de
Chapela.
O 10 de xuño de 1934 ten lugar a II
Volta Ciclista a Chapela, sen límite
de idade. O percorrido de 96 km. sería
Chapela-Pontevedra-Marín-Cangas-Vilaboa-Redondela-Chapela. A
inscrición custaba 2'5 pesetas e podía facerse no bar La
Cepa, de Vigo, na zapatería de Justo
López, no Calvario, e na casa El
Canario, de Chapela. Entre os premios
ademais de copas
había todo tipo de obxectos
cedidos por establecementos comerciais e afeccionados: reloxos,
pneumáticos,
unha bufanda, unha camiseta, dúas estilográficas, un frasco de
loción, unha cigarreira...
O vencedor sería Manuel Parente, de Lavadores, seguido polo famoso
Delio Rodríguez, de Ponteareas. O primeiro dos nosos sería Ramón
Covelo no sétimo lugar.
Volta a Rande.
O
9 de setembro de 1934 celébrase a I
Volta a Rande.
Entre os premios destacan unha copa de prata cedida por afeccionados
de Redondela e unha cantidade en metálico acadada grazas a unha
subscrición aberta na vila. Cóntase ademais,
con varias medallas, unha caixa de sidra, unha caixa de licores, un
reloxo despertador, unha cigarreira,
unha pluma estilográfica... Para o primeiro corredor de Rande unha
estatua da Virxe de Luján, cedida por don Antonio Amil, e unha prima
de 15 pesetas. As inscricións realizáronse fronte á empresa
Vidriera Gallega,
en Rande, e na Casa Areal,
en Vigo. O percorrido sería Rande-Vigo-Porriño-Redondela-Rande. Non
puiden atopar noticias da clasificación final da proba.
Poucos
días antes do inicio da Guerra Civil, o 5 de xullo de 1936,
celébrase a II Volta a Rande,
para corredores non federados. Entre os participantes había equipos
de Rande, Chapela e Redondela. Os ciclistas de Chapela Fernando e
Ramón Covelo cederon dúas copas de prata. Resultou vencedor Manuel
Cruces, de Santiago. Ningún redondelán
quedaría entre
os sete primeiros e dos de Redondela tan só
sabemos que o último clasificado sería José Pío, de Chapela.
Nesta
época tamén se colabora con outras probas como dan conta as
seguintes noticias: En xuño de 1934, para unha proba en Angoares
(Ponteareas), establécese como prima para o paso por Redondela unha
copa cedida por uns afeccionados da vila. A finais dese mes o baile
La Luz del Día,
cede para a II Volta
do Calvario, co trazado
Calvario-Redondela-Porriño-Calvario, dúas botellas de coñac para o
primeiro ciclista de Chapela que pase por alí, ademais
un grupo de mozas lanzará flores
ao paso dos ciclistas. En xullo celébrase unha carreira infantil co
trazado Vigo-Redondela-Vigo.
Con motivo do
primeiro de maio, en 1935 celébranse as primeiras probas ciclistas
das que teño constancia no casco urbano de Redondela. Na chegada á
meta, un ciclista sufriu unha caída. O coche que viña tras el ao
tentar evitalo lánzase contra o público atropelando a varios
espectadores, co resultado dun ferido grave e varios leves.
Saída da Volta a Rande, 1934. El Pueblo Gallego |
Covelo,
Fernando (Chapela).
1933: 6º na I
Volta ao Calvario,
3º na I
Volta a Chapela,
Covelo,
Ramón (Chapela).
Irmán do anterior. 1933: 7º na I
Volta ao Calvario, 2º na I
Volta a Chapela. 1934:
4º na II
Volta ao Calvario, 7º
na II Volta a Chapela.
En xuño tamén participa na Volta a Ponteareas, non aparecendo entre
os cinco primeiros clasificados. 1935:
2º na Vigo-Porriño-Pontevedra-Vigo
co mesmo tempo que o vencedor Bernardo Longa 3h 1min 30s para 60 km
apesares de ter problemas mecánicos en
tres ocasións. Probablemente refírese a
el a noticia de xuño de 1935, que da conta do atropelo en Chapela
por un camión de Ramón Covelo Durán, de 20 anos, que ía en
bicicleta, causándolle lesións na cara e danos por valor de 450
pesetas.
Moreira
del Río, Julián (Redondela). 1934:
6º na II Volta ao Calvario.
Participou na II Volta a Chapela
e na Volta a Ponteareas.
Pérez,
Edelmiro (Chapela).
1933: 11º na I
Volta a Chapela.
Pío
Cabaleiro, José (Chapela).
1934: Participa na Traviesas- Baiona-
Traviesas. 1935: 5º na
Vigo-Porriño-Pontevedra-Vigo, 5º
na Volta á Garda.
Participa no Campionato Galego de Fondo.
A partir de aquí atopamos a este
corredor en probas de atletismo como puidemos ver no apartado
correspondente.
Rubín,
Santiago. Corredor pertencente ao
equipo Velo Club Vigués do
que tan só atopo datos en 1935:
No Gran Premio de Corpus
(Vigo-Ourense-Vigo) gañou a prima de
Ourense, retirándose despois ao sufrir unha caída baixando
Fontefría. Tamén abandona,
desta volta por problemas físicos, na Gran
Carreira do Apóstolo (Vigo-Santiago),
non sen antes comandar o pelotón ao seu paso por Redondela.
Tampouco
finalizou o I Gran Premio de
Galicia (Coruña-Vigo-Coruña, 320km.),
no que se retirou por mor dun golpe ao atropelar a un neno.
Seguiu
a mala sorte na II
Volta a Galicia, na que abandonou
por caída. Ademais
participou no Campionato Galego de
Fondo.
Guerra
Civil
Ao
quedar Galicia lonxe da fronte de combate, aos poucos meses de
iniciada a contenda retómase a celebración de competicións
rexionais. En setembro de 1938 o Celta organiza a proba
Vigo-Porriño-Redondela-Vigo,
na que de 42 participantes, clasifícase 5º o redondelán, José
Estévez Rodríguez, gañando copa e 10
pesetas. Os dous primeiros serían José e Pastor, irmáns de Delio
Rodríguez.
Posguerra
Trala
Guerra Civil xorden
novas carreiras que atravesan Redondela como as organizadas pola
Sociedad Ciclista de Vigo ou
Educación
y Descanso e, posteriormente, comeza a
celebrarse a Volta ao Morrazo.
En maio de 1940
celébranse en Redondela unha probas infantís organizadas por
Argentino Rubín e que consisten en varias voltas ao campo de Petán.
En 1941 volta a
organizarse o Campionato Galego de Afeccionados, que pasa pola nosa
vila.
En 1944 celébranse
probas ciclistas durante as festas da Coca.
No
G. P. de Navidad
de 1949, con percorrido Vigo-Bouzas-Porriño-Vigo, o redondelán
Rivera acada
o 8º posto, apesares de chegar tarde e participar con vestiario
improvisado.
En 1960 Ducho
Vidal vence nunha proba
ciclista en Balaidos.
Anos 60: A Sociedade Atlética de Redondela (SAR)
O
primeiro equipo ciclista redondelán do que teño constancia foi o de
ciclismo e ciclo-cross afeccionado S.A.R.
Debutou en setembro de 1964 con vitoria nunha proba en Porriño. En
decembro dese mesmo ano celebrou en Redondela unha proba do
campionato galego de ciclo-cross xuvenil e de afeccionados. En 1965
organizou o I Trofeo S.A.R.
e o Campionato Galego de Fondo de
Afeccionados (colaborando o Club
Ciclista Vigués) e, no 66, o
Campionato Provincial,
estás dúas en categorías de ciclo-cross afeccionado
e xuvenil. Entre os seus compoñentes contaba con: Horacio
Barros (natural de Porriño,
campión provincial de fondo afeccionado; e provincial e galego de
Ciclo Cross en varias ocasións, grazas á SAR logra participar en
varias probas en Guipúzcoa), Alfonso
Barcelo (de Porriño, 2º no Cto.
Galego de ciclo-cross de 1966), Cándido
Lago (de Redondela, 5º no Cto.
Galego de ciclo-cross de 1966), Fermín
Bouzón Couñago (de Redondela, en
1969 formou parte da selección galega no Campeonato
de España de Montaña para aficionados,
anteriormente xa gañara varias probas como xuvenil), Juan
Rafael Rodríguez (de Porriño),
Domingo García (de
Chapela, Campión Galego xuvenil), José
María Longueira,
Raúl Fernández, Eladio Díaz, Eduardo Parada,
Alejandro Casal Castro,
Manuel Pérez...
Dos de Redondela podemos destacar a:
Domingo García Macías:
Velocista
natural de Chapela. En 1964 comezou a destacarse como xuvenil gañando
varias probas co BH. En outubro debuta no recentemente
creado equipo da SAR proclamándose Campión Galego pouco despois. No
65 corría co equipo afeccionado Fagor e coa selección galega. No 66
pasa ao Peugeot e gaña a Volta ao Morrazo. No 67 vence en probas
como: Torneo Circuito Urbano (Santiago), Premio Pascua (Pontevedra),
Premio de Marín ou a Volta ao Morrazo. No 68 triunfa na Volta ás
Rías Baixas e o Circuíto de Lalín. En 1969, contando daquela 22
anos, proclámase Campión Galego Afeccionado e despois de vencer no
Trofeo Circuíto da Alameda (Pontevedra) marcha a competir como
independente en probas de fóra de Galiza
nun intento por pasar a profesionais. Formou parte en numerosas
ocasión da selección galega tanto xuvenil como de afeccionados.
Outros
Outros ciclistas desta época dos que atopo datos serían:
Juan
Rodríguez Alonso: Este
redondelán quedaría 5º nunha proba celebrada en Pontevedra en 1965
e na que venceu José Angueira.
Anos 70-80
Pescanova Chapela
Nesta
época competiu o equipo ciclista afeccionado,
Pescanova Chapela.
Aquí formáronse varios ciclistas
que darían o salto á categoría profesional (entre eles tres de
Chapela como veremos máis adiante). Probablemente o primeiro foi
Jose Manuel Uría, que en 1991 fichou polo Clas-Cajastur. O Pescanova
sería un dos tres equipos afeccionados que participaron na Volta
Galega de 1987 xunto a nove
profesionais españois e dous portugueses.
C. C. Redociclo
Nos
anos 70-90 na categoría ciclo-turista tamén contabamos co Club
Ciclista Redociclo,
que ademais
tiña equipos en categorías inferiores.
Entre
as competicións que chegaron a organizar podemos citar o Campionato
Galego Cadete de Fondo
no ano 1981. A mediados dos 80, o seu equipo infantil era dos
mellores de Galicia.
Ciclistas.
Aparte dos logros do Pescanova
nesta época hai que citar a
Jorge Javier Piñeiro
Rodríguez,
de Cedeira. En 1987, pertencendo ao C.C.
Cortizo-Peña Blanco Villar de
Rois (Padrón),
proclamouse campión galego cadete e foi seleccionado para participar
no Mundial xuvenil.
Redondela
nas grandes voltas.
A
proximidade con Vigo impide a organización de saídas e metas en
grandes voltas, pero do mesmo xeito, provoca que sexa un lugar de
paso habitual da Vuelta a España
e da Volta a Galicia.
Como curiosidade dicir que en varias ocasións Redondela formou parte
do itinerario da Volta a Portugal. En
1967 pasa por partida dobre a Carrera
Ciclista Preolímpica, cos
seleccionados para as Olimpiadas
de México co itinerario Pontevedra-Porriño-Tui-Vigo-Pontevedra.
En
1980 traballadores da empresa Telanosa paralizan a Vuelta a España,
lanzando chinchetas e provocando numerosas
picadas.
Carreira Preolímpica ao seu paso por Redondela, 1967. La Noche |
En
1981 celébrase o Campeonato
de España de Fondo no circuíto
Vigo-Porriño-Redondela-Vigo, no que venceu Francisco Caro e co
porriñés Blanco Villar como gran animador. Este ano tamén
finalizaría na nosa vila o Campionato
Galego de Fondo, no que vencería José
Carlos Táboas Paso.
A
nivel organizativo o máis destacado foi en 1988 a saída da 5ª e
derradeira etapa Redondela-Vigo da Volta
a Galicia na que venceu Acacio da
Silva. A xeral sería para Marino Lejarreta seguido por Álvaro Pino
e, un aínda descoñecido, Miguel Indurain, mais aquel día o
autógrafo máis cobizado era o de Pedro Delgado. Outra etapa desta
proba con saída dende Redondela, sería para Luc Leblanc en 1994,
quen declarou que gañara grazas aos chocos que comera no bar Porrón
antes da saída. Lideraba daquela a clasificación Laudelino Cubino.
Antes, no 1989, un sprint especial sería gañado por Dáz Zabala.
Outros
premios: En 1954, un sprint da Vuelta
Ciclista a Pontevedra y el Ribero sería
para o mítico Miguel Poblet. En 1984 Jose María Caroz do equipo
Dormilón, se adxudicou unha meta voante da Vuelta
a España. En 1987 un sprint especial
nesta mesma volta sería gañado por Antonio Esparza.
Tamén
destacar o habitual paso por esta vila da proba Volta
Ciclista ó Baixo Miño e Val Miñor que
na súa 35 edición, en 1990, chamouse Gran
Premio Concello de Redondela,
sendo saída e chegada dun percorrido de 166 quilómetros.
En
1988 e 1989 a Marisma foi o lugar escollido pola Peña Ciclista
Olívica para organizar o Campionato
Galego de Ciclo-cross
(II
e III Trofeo Concello de Redondela).
As dúas probas serían dominadas de principio a fin polo porriñés
Jesús Losada, que neses dous anos sería convocado para participar
no campionato mundial.
Actualidade
En
2008 un grupo de rapaces
redondeláns comezou a construción dun circuíto
de BMX nos montes de Cedeira. Tamén destacar que son varios os que
practican outro deporte novo
o Gravity Bike.
En
2013 nace un equipo que compite na Élite-Sub23 o Racing
Ciclyng Team GD, proxecto no que está
involucrado o ex-profesional Enrique Salgueiro. O seu nome varía
cada ano polo baile de patrocinadores sendo no 2018 Guerciotti-Kiwi
Atlántico.
En
2019 o equipo da un salto de calidade e pasa á categoría
Continental UCI, con presencia en 20 países e 3 continentes.
2017 Team Guerciotti. Rañó Fotografía |
Tamén no 2013 créase en Chapela a Escola
de Ciclismo de Redondela dirixida nos
seus inicios polo ex-ciclista, Marcos Serrano. Pronto chegan as
primeiras victorias e xa na Gala do Ciclismo Galego 2016 foron
premiados tres dos seus corredores: Carla
Fernández Torres, en categoría cadete gañadora do Rankin de
Ciclo-cross; Íñigo Rodriguez Beltrán, gañador do Rankin e do Open
Galego de Ruta en categoría Cadete; e Claudia Portela Rodríguez,
gañadora do Rankin BTT-XCO en Junior.
Escola Ciclismo Redondela 2013. Facebook do equipo |
Nos
derradeiros anos vense organizando de noite a Marcha
B.T.T. La Luciérnaga. A
afección
pola bicicleta de montaña fai que nazan clubs de afeccionados como
Pa
Casa,
Os
das Nove e Media Pasadas
ou El
Lado Oscuro.
Por
último, citar á Marcha
Ciclista
organizada polo Centro Recreativo de Cedeira que se celebra dende os
anos 80.
Ciclistas
Os ciclistas do noso Concello que chegaron ao profesionalismo foron:
Marcos
Antonio Serrano Rodríguez (Chapela
8-9-1972). Formado no Pescanova
Chapela, deu o salto a profesionais en 1993 co equipo Kelme. Axiña
se destacaría coma un gregario de luxo e un gran escalador. Pasou
polas filas do ONCE-Eroski, Liberty Seguros e Karpin Galicia,
retirándose en febreiro do 2008.
No seu palmarés
figuran unha etapa no Tour de Francia (2005), a Milán-Turín (2004),
a Volta a Galicia (1999) e a Volta a Castela e León (2001). Chegou a
quedar décimo tanto no Tour de Francia como na Volta a España, algo
moi meritorio se temos en conta que a única vez que correu como xefe
de filas nunha gran volta, tivo a desgraza de ter que retirarse por
mor dunha caída.
Como xa citamos, unha vez retirado involucrouse na creación da
Escola de Ciclismo de Redondela
e dende o 2015 exerce como máximo responsable deportivo do CC
Rías Baixas.
Enrique Salgueiro. Facebook |
Nos
seus sete anos como profesional conseguiu unha etapa e xeral da Volta
a León e outra etapa e xeral na
francesa Volta aos Pirineos.
No 2009 como amateur liderou de principio a fin a Volta
a Galicia.
David Abal Diego
(Chapela
25-08-1986).
Campión galego de BTT, campión de España de Ciclo-cross no 2002 e
campión galego de fondo e contrarreloxo no 2005 e 2006. Correu como
profesional no Karpin-Galicia
as tempadas 2007 e 2008, esta última co nome Xacobeo
Galicia.
Nas tempadas 2009 e 2010 formou parte do equipo afeccionado
Cueva
el Soplao. Continuou
ligado a este deporte como adestrador da Escola
de Ciclismo Redondela.
Samuel Blanco, 2016. Atlántico |
Outros
novos
valores
cos que contamos son: Adrián
Abelleira Bastos (Copa
Deputación Junior, 2014) , David
Pérez (Campión
Junior Galego 2013) ou Daniel
Gómez Otero,
quen fichou en xaneiro do 2018, con 21 anos, polo equipo redondelán
Guerciotti-Kiwi
Atlántico.
En categoría feminina Noelia Serrano Albraldes (22-08-1999), no 2018 competirá por primeiro ano na categoría Sub23 co Clube Ciclista Farto. Sería a súa volta ao ciclismo despois dun ano lesionada.
Noelia Serrano. ciclismofem.wordpress |
En categoría feminina Noelia Serrano Albraldes (22-08-1999), no 2018 competirá por primeiro ano na categoría Sub23 co Clube Ciclista Farto. Sería a súa volta ao ciclismo despois dun ano lesionada.
Alex Martínez. CampiónEspañaBMX2019. Facebook |
Entre os veteranos podemos citar a:
Diego Félix Álvarez. No
2002 quedou 3º no Campeonato
de España Junior de BTT Descenso.
Ese mesmo ano acadaría a 1ª
posición do Ranking da Federación Galega nesa categoría. No 2008
sería 8º no Campeonato
de España de Descenso Élite.
No 2018 3º no Cto. de
España de Descenso Máster 30.
Albi
Rozas, de Chapela, foi quen de
completar en 38 horas o Camiño de Santiago desde Roncesvalles. No
2017, superaría este reto facendo os 1.061 quilómetros
que separan Cádiz de Santiago en 52 horas e 38 minutos. No 2019
tentou realizar o Camiño a Santiago dende Albufeira (Portugal) en
menos de 50 horas pero unha lesión preto da fronteira con Galiza
impediulle completar o recorrido.
Paco Araújo
conseguiu con
65 anos completar a proba de BTT Cuatro
Picos en
once horas.
Albi Rozas. Foto: A. B.-Faro de Vigo |
Pola
súa banda, Francisco Barciela, de Cedeira, proclamouse
no 2012 campión galego de fondo en categoría Master 40.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Seren Nº0-A Sociedade
Atlética Redondela (S.A.R). Miguel López Docampo.
120
años de ciclismo galego.
Xerardo González Martín 2007.
El Mundo Deportivo
(dende 1906): www.elmundodeportivo.es/hemeroteca
La Idea
Faro de Vigo
La Voz de Galicia
Atlántico Diario
Galipedia
www.clubciclistariasbaixas.com
www.anosaterra.org
Galiciana-Biblioteca
Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, El Noticiero de
Vigo, La Correspondencia Gallega, Vida Gallega, Eco de Galicia,
Diario de Galicia
Biblioteca
Nacional de España: www.bne.es
=> Los Deportes, Heraldo Deportivo, El Deporte Velocipédico
No hay comentarios:
Publicar un comentario