sábado, 20 de junio de 2020

Baile. Historia da música de Redondela.

Historia
Ademais do baile tradicional en Redondela téñense practicado outros ritmos, como queda claro na nova de 1932 que da conta dun concurso de baile de resistencia celebrado no Salón Míguez coincidindo coas festas da Coca.


Actualidade. Escolas de baile
Na actualidade o baile moderno desprazou ao baile tradicional das clases extraescolares, crecendo o número de nenos e sobre todo nenas que o practican.

Centro de Ballet Devorah
Centro privado de danza multi-disciplinar con clases de ballet, danza moderna ritmos latinos, danza africana, ioga… en Redondela dende 1984. Un dos seus alumnos máis avantaxados foi Fernando Piñeiro “Fisi” que integrou o Ballet Rey de Viana, do que pasou a formar parte do Ballet da RTVG.

II Redondela Festival de Danza, 2015. Foto: Faro de Vigo

Dansarey
Escola de baile que imparte as súas clases na nave da antiga discoteca La Fábrica.

Escuela de Baile Salsa Rica (Cesantes)
Desempeña o seu labor no Círculo Cultural Deportivo de Cesantes.
Escuela de Baile Salsa Rica-Fin de curso 2011. Foto: CCD Cesantes
Grupos de baile noutros centros culturais.
Cabeiro, Cedeira, Saxamonde...
Baile Moderno C. P. de Cabeiro. Faro de Vigo, 2010

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.
Galiciana=>El Pueblo Gallego

No hay comentarios:

Publicar un comentario