domingo, 26 de julio de 2020

Grupos dos 90's

Agah de Hó, actuación no CUVI en 1991. Foto cedida por Rodri
      
       Co inicio da década dos 90 iníciase un novo bum musical en Redondela. Boa culpa a tivo Suso Ben que comezou a impartir clases de guitarra, convertendo o daquela novo instituto Mendiño no campo de cultivo dunha nova xeración de grupos, que tería continuidade no Centro Recreativo y Cultural de Redondela. A creación do Conservatorio de Redondela tamén favoreceu a introdución nos grupos rockeiros de novos instrumentos como o saxofón. Nesta época formouse o colectivo Grupo de grupos que representaba aos grupos redondeláns. Entre outras cousas acadou a concesión por parte do Concello de locais de ensaio no instituto vello (hoxe Multiusos da Xunqueira).

AGÁ DE HÓ
Estilo: Música Latina
Formado a partir de COITUS INTERRUPTUS (ver grupos anos 80). Tiña cancións como: “Samba do sol” ou “Pipa de cor”. Deron concertos en Redondela e Vigo. Despois da disolución do grupo Alberto Vilas seguiu a súa educación musical clásica da que pasaría ao Jazz e Rodri e Gabriel formarían TERAPIA DE GRUPO.
Compoñentes: Rodrigo Pérez “Rodri” (guitarra), Alberto Vilas (voz e teclados), Gabriel Sánchez "Pibe" (voz/baixo), Carlos Carriza (batería), Juan (saxo) e Xorxe Sarga (percusión).
 

ARTEFICCIÓN
Grupo formado a finais dos 90.
Estilo: Rock
Compoñentes: Kiko (voz e guitarra, ex-Trasgo), Ser (baixo), “Potiño” (guitarra) e Panejo II (batería).
 
Arteficción. Foto: Ana Cabaleiro

Carliños. Maraton Cultural 1993 Foto: Xesús C. Ben
BAJO CONTRASTE
1989-1991
Estilo: Rock urbano. Nos seus inicios ademais de temas propios tocaban versións de Leño, Ñu...
Primeira Formación: Feliño (voz), Juanillo (guitarra), “Pelu” Vidal (guitarra), Luis Pérez "Lui" (baixo) e Binaro (batería)
Formación Consolidada: Juanillo (guitarra e voz), “Pelu” Vidal (guitarra e voz), Carliños (baixo e voz) e Jorgito (batería)


CAGARRUTO’S BAND
Cagarruto's Band. Foto cedida por Pedro Pérez Vilas
Nace en 1.989 co nome MALVERSACIÓN DE FONDOS. Nos seus concertos incluían unha motoserra sen cadea co que o cantante asustaba ao público. Despois de desaparecer a finais dos 90 volveu á escena no 2009.
Estilo: Auto-definido como Morro-Rock.
Primeira formación: Julián (voz), Chus (guitarra e voz) Pempi (guitarra), Héctor (batería) eTonio “Canario” (baixo)
Outros membros: Feliños (guitarra), Pedro Pérez (batería), Luis Pérez “Lui” (baixo), Carlos Carriza (batería) e Fabián (teclados).
Formación 2009: Julián (guitarra e voz), Chus (guitarra e voz), Tonio “Canario” (baixo), Feli (guitarra solista) e Jonnhy (batería).

CERO A LA IZQUIERDA

CONTROL ZETA
Compoñentes: Jorge Esperón Cabaleiro, Veny Vazquez Seijo (voz, ex-Averno e Brigada Lixeira), Josman Alonso, Javier Teniente e ...(batería)









ESTRÉSS
Compoñentes: Juanillo (guitarra/voz), Luis Pérez "Lui" (baixo) e Jorgito (batería)
Coa entrada de Óscar o grupo pasa a chamarse Tráfico, como veremos máis adiante.

Farlopa, 1993. Feliño Foto X. C. Ben
FARLOPA
Actuaron no Marathon Cultural de 1993 e pouco despois os seus integrantes pasaron a outros grupos.
Compoñentes: Jorgito (batería), Otelo (baixo), Feliños (guitarra) e Lui (voz e guitarra).







LA GRIPE
1992-1999
Primeiro grupo de Redondela en gravar unha maqueta en CD, “Para Fuera”, e primeiro en gravar un videoclip, dirixido por Fernando Carrera "Cuchi" e protagonizado por Miguel Borines.
Estilo: Rock.
Compoñentes: “Pelu” (guitarra e voz), David Figueiral (baixo) e Pepe (batería).
 
La Gripe. Arquivo Alfonso Conde
 
HOMENAXE A LED ZEPPELIN
Grupo que fai versións de Led Zeppelin. Nos anos 90 comezou a celebrarse o festival de mesmo nome en Ventosela, de aí xurdiu este grupo que soe actuar no Ventorock.
Formación: Manoliño (voz), Pedro (guitarra), Lui (baixo) e ¿? (batería).

KEBURROÉ
1995
Compoñentes: Carlos “Quebu”

LILY MONSTER C. O.

Lovera, 1994. Foto: Xesús C. Ben
LULÁS
1990-1995
Estilo: Rock.
Compoñentes: Agustín Lovera (guitarra/voz), Jose Manuel Rodríguez “Vimar” (guitarra/voz), Roberto (baixo) e Panejo (batería)





MALVERSACIÓN DE FONDOS
1989. Pre-“CAGARRUTO´S BAND”.

NEMBARGANTES
1992-1997
Estilo: Rock e Folk-rock.
Primeiro grupo de rock de Redondela en introducir instrumentos como a gaita e o sáxofon. Mantívose en activo entre 1992 e 1997 tocando básicamente en Redondela con algunha saída a vilas próximas como Pontevedra.
Compoñentes: “Pempi” (voz / Baixo), Jorge “Gemelo” (guitarra), Juan Álvarez (guitarra), Pablo “Gemelo” (baixo/gaita/saxo) e Rafael Vilas “Lucho” (batería)
Outros: Na primeira formación estiveron Pedro Pérez (guitarra) e Berto Alonso (batería), pero axiña deixaron o grupo. Posteriormente Carlos Muíños (saxo) colaboraba tocando nalgún tema.
 
Nembargantes, 1993. Foto: Faro de Vigo

NOCHENI
Estilo: Heavy Metal (Punk-rock nos seus inicios).
Debutaron en 1996 tocando en Vigo no mítico Pedramola. A primeira formación gravou unha maqueta en casete: "A lo hecho, pecho". No 98 o grupo queda marcado polo tráxico falecemento de Otello. Outra demo desta época sería "Greatest hits". Trala entrada no grupo de Suso Valcárcel (batería), Ponecho (guitarra) e Tito (baixo), gravan a súa primeira maqueta oficial en CD, "Nocheni". Trala gravación Tito abandona o grupo e Ponecho pasa a tocar o baixo. Despois do breve paso de David González entra no grupo o guitarrista Fran Almodóvar co que gravan no 2005 "Entre el cielo y el infierno". Seguen os trocos na banda ata que trala entrada no 2008 de Xoel se consegue unha formación estable que dous anos despois publica“Príncipe de los payasos”. Trala grabación deixa o grupo Santi Gesteira, membro fundador, entrando Nacho. Nestes anos teñen exercido como teloneiros de grupos como: Barricada, BarónRojo, Dismal, U.D.O., Centinela, Sphinx, Boikot, Transfer, Testament, Los Suaves...
Foto:Myspace
Primeira formación: Juanín Barreiro (voz), Otello (baixo), Laure (guitarra), Santi Gesteira (guitarra) e Dani (batería)
Formación 2010: Juanín (teclado, voz), David Gonzalez (guitarra), Nacho Couñago (guitarra), Dani Lemos (baixo, ex-Darwich), Xoel (batería)
Outros compoñentes: Suso Valcárcel (batería), Ponecho (guitarra/baixo), Tito (baixo), Fran Almodóvar (guitarra) e Aitor Rosales (batería)
http://www.myspace.com/nocheni

QUEROSENO

1996.

Estilo: Rock.

Formación: Javi Souto (baixo), Iago Velo (guitarra), Jacinto (guitarra e voz) e Nacho Loureiro (batería). Os dous primeiros con 15 anos e os outros con 18. Grupo de breve historia que debutou na noite dos maios de 1996 na Casa Cuartel teloneando ao grupo foráneo Nabarraca.

SECUESTRO LEGAL
Anos 1991-¿?.
Estilo: Rock.
Compoñentes: Pepe (voz), Luis Crespo (guitarra), Fredi (baixo), Carliños (guitarra e teclados) e Berto Alonso (batería)
        Despois da saída do grupo de Carliños e a entrada de Nando, trocou o seu nome por SURCO.
 
Secuestro Legal. No Instituto Mendiño, 1991. Foto Arquivo Pedro Pérez3

SURCO
Anos 90. Grupo formado a partires de SECUESTRO LEGAL.
Estilo: Rock.
Compoñentes: Pepe (voz), Luis Crespo (guitarra), Fredi (baixo), Berto Alonso (batería) e Nando Lago (guitarra)

TERAPIA DE GRUPO
1991-1997
Grupo formado a partir de AGÁ DE HÓ.
Compoñentes: Rodrigo Pérez “Rodri” (guitarra), Gabriel Sánchez "Pibe" (voz/baixo) e Fabián (percusión).
Outros: Nardo (trompeta), Cati (voz) e Panejo (batería)
 
Terapia de Grupo. Alemeda, 1997. Foto cedida por Rodri 
Juanillo. Foto: Xesús C. Ben
 
 
 
TRÁFICO
1994-1998
Estilo: Rock.
Compoñentes: Juanillo (guitarra/voz), Luis Pérez "Lui" (baixo), Óscar (voz) e Jorgito (batería)




TRASGO
Grupo formado en 1991 e disolto en 1996. Gravaron unha maqueta en casete. Ademais de temas propios tocaban versións de grupos como Metallica.
Estilo: Heavy-Rock.
Compoñentes: Kiko (guitarra/voz), Pablo (guitarra), Juan Alonso (baixo) e Javi Rubiñán (batería).
 https://www.youtube.com/watch?v=996wzrU6rrI
     
Trasgo. I Noites Máxicas dos Viaductos,1996. Foto: Xesús C. Ben

      Destacar a Pablo, nado en Pontecaldelas e que se estableceu en Barcelona onde segue a tocar co grupo New Raemon, acompaña a Beth (coñecida por gañar unha das edicións de Operación Triunfo) e colabora de forma esporádica con Stand Still (en Galicia tocou con eles no Festival do Norte 2009).


TRÍO JOHNS
1995

WOLFRAN
1995

        A todos estes habería que engadir algún máis como: Lupe Maestú ou Emilio Argibay que actuaron en solitario en festivais como o Maratón Cultural ou o Festival de Canción Inédita.
 
Emilio. Foto: Xesús C. Ben
Lupe. Foto Xesús C. Ben













Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Recopilación de grupos feita por Pedro Pérez e Fon, con entrevistas a: Mundo Cal, Juan Araujo, “Tatán”, Suso Ben, Tejo, Pepe “Rebanadas”, “Ogali”, Xesteira, Santos, Enrique Tuche “Pajarito”, Castillo, Silvio, Severino, Lucho Vilas, Manoliño “Zapatón”, Gabriel Sánchez “Pibe”, Rodri Souto, Berto “Buzo”, Olimpio, Agustín Lovera, Fredi, Luis Crespo, Kiko, “Potiño”, Jorgito, “Pelu” Vidal, Pepe, David Figueiral, Julián Hortas, Xoel, Santi Gesteira, Juanín.
La Voz de Galicia, 1995. Serie de 5 artigos publicados por Gabriel Sánchez “Pibe” narrando a historia do rock en Redondela
Aportes: Lucho Vilas, Jorge e Pablo Álvarez (“Gemelos”), Manuel Migueles, Juan Álvarez “Xeme”, Jesús Cameselle Ben, Rodri, Lui e Javi Pérez Souto, Ana Cabaleiro.
Páxinas dos grupos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario