Apesares de practicarse con anterioridade, non
sería ata despois da Guerra Civil cando a práctica do tenis se
popularice en Galicia. O primeiro campionato galego celebrouse en
1940. As competicións centralizábanse en Vigo e A Coruña, polo que
os redondeláns que practicaban este deporte acudían a competir á
cidade olívica.
O motivo de que nos seus inicios este deporte estivera vinculado
cunha crase alta era a carencia instalacións. A construción de
pistas deportivas nos pazos ou casas destacadas
converteuse nun tipo máis de distinción social, nunha época na que
a meirande parte da poboación pasaba penurias.
No casco urbano
o primeiro frontón foi construído
en 1955 no Pazo de Petán, se ben anteriormente contaba con outro non
homologado que
derrubou un temporal. Outra das primeiras casas en ter campo propio
foi “a de Gándara”, na
parroquia de Cedeira, e alí era onde adestraba Fernando
de Haz, natural de Vigo, que chegaría
a ser campión Galego de dobres en 1942, 1943 e 1947 (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2023/06/fernando-de-haz-de-la-gandara-1912-1985.html
)
. Outros
xogadores desta época serían:
Segundo
Puga “Chicuelo”.
En 1944
vence
no Campionato Social do Club de Campo de
Vigo,
primeiro campionato local da cidade olívica na que participaron 20
deportistas. En
setembro de 1945, nese mesmo campionato, chega á semifinal
individual e á
final de dobres, formando parella co anteriormente mencionado
Fernando de Haz. Nese mesmo mes é escollido
como suplente (4ºxogador) na selección de Vigo para enfrontarse á
da Coruña. En 1946 volta a ser semifinalista nos campionatos Social
e Primavera do Club de Campo e
participa na Copa de Galicia,
en Santiago. Participou no Campionato de Galicia cando menos en 1946
(no que tamén actúa como árbitro oficial) e 1947, no que cae en
semifinais. Destacouse tamén competindo en fútbol,
wáter-polo e
tenis de mesa.
Raúl Carlos
Gunche López. Nado en Madrid e
residente en Redondela
onde foi nomeado alcalde
en novembro de 1943 por orde do Gobernador Civil. En 1945 comeza a
participar en varios campionatos do Club de Campo de Vigo. Competiu
nos campionatos de Galicia de 1945, -46 e -47.
Honorato
Fernández. Farmacéutico de Vigo, que
cando menos participou no Cto. Galego de 1947. Estaba casado con
Blanca Feijoo Alfaya, filla dos propietarios do Pazo de Pousadouro.
Enrique Lorenzo Docampo.
Empresario naval vigués fundador da Factoría Vulcano e Presidente
da deputación de Pontevedra, casado coa propietaria do Pazo de
Pousadouro. Atopo datos del participando en campionatos do Club de
Campo de Vigo en 1945.(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/11/lorenzo-docampo-enrique-vigo-1892vigo.html
)
En 1963 fúndase a
S.A.R.,
club que poucos anos despois formou o
primeiro equipo de tenis de Redondela e organizou en agosto de 1973 o
primeiro torneo local na pista da Xunqueira. No
75 tamén habería campionato nas Festas da Coca. Trala
desaparición deste equipo practicamente
deixa de practicarse este deporte ata a construción, nos anos 90,
dunhas pistas polideportivas a carón do pavillón de Redondela.
A nivel individual atopei que
nos II Juegos Deportivos celebrados
en Vigo en 1970, participou o tenista Luis
Teniente, da parroquia
redondelana de Chapela, que substituía
a Teis que non presentou equipo.
Nos
anos 90 fúndase o
Club
de Tenis Redondela,
que competía
tan
só na
Liga Galega de Veteranos con
xogadores como Alberto, Gene Muíños ou Sesé López. Este club
daría
paso ao Club
de Tenis e Padel de Redondela,
que organiza
o Torneo
de Tenis Concello de Redondela, que
en 2019 cumpriu a súa terceira edición co
nome Memorial
Sesé López,
tralo tráxico falecemento nas pistas deste xogador.
Un
pouco antes, en 2015, a Fundación Filomena Rivero organizaría o I
Torneo de Tenis,
que sería gañado por Javi Orge, seguido por Kiko López, Emilio
Argibay e Charly Docampo. Ese
mesmo ano celebrouse o Torneo
de Nadal Joyería Tejo, no
que venceu novamente Javi Orge.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
SEREN
Nº0-A
Sociedade Atlética Redondela (S.A.R). Miguel López Docampo.
Antonio Ocampo
Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro (1939-1989)
Caderniños do
Instituto de Chapela. Coordenador: X.M.González Fdez.
- Nº1. As festas do Corpus en Redondela (1875-1975).
- Nº3. O deporte no sur da provincia de Pontevedra.
La Vozde Galicia
Faro de Vigo
Atlántico Diario
En Galiciana-Biblioteca
Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, La
Noche, El Correo de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario