En Redondela téñense documentados varios túneles polos que na
maioría pasaba unha persoa de pé ou agachada. Isto espertou o maxín
da xente, inventándose lendas en torno a eles. En realidade son
conducións de auga. O mesmo sucedería nas parroquias coas minas de
auga, xa que son galerías escavadas na terra que soen rondar os dez
metros de longo.
Entrada á mina da Peneda. Foto: J. Migueles
A Peneda (O Viso)
Hai un túnel duns 9
metros. É unha mina de auga.
Lenda: Segundo as
diferentes versións o túnel unía a Peneda co castelo de
Soutomaior, con Soutoxusto ou coa Illa de San Simón.
Soutoxuste (O Viso)
Nun
“caseto” de mariñeiro hai un pozo.
Lendas:
É
un túnel que comunica Soutoxuste coa Peneda.
Neste
pozo podes atopar o tesouro da moura, pero tamén podes atopar un
veleno que te mate.
Caseto co pozo no seu interior. Foto: J. Migueles
Praza
Ponteareas (Vilavella)
Dous
túneles. Un era a mina que levaba auga á fonte da praza. Foi
destruído parcialmente pola construción das vivendas da praza. Ía
en dirección cara ao
viaduto dende a antiga localización da
fonte.
O outro bordeaba o
perímetro do muro do convento pola banda da estrada de Redondela
cara a Vigo. Probablemente recollía as augas pluviais da praza e/ou
dos terreos do convento e a auga da fonte. Serían conducidas cara ao
río.
Lendas:
Un túnel unía o
Convento de Vilavella co Pazo de Petán.
Polo túnel as monxas de
clausura saían do convento.
Pazo Torres Agrelo
(Cesantes)
Un túnel de condución
de augas sae do pazo cara ao mar.
Lenda: O túnel era
empregado polos alemáns durante a II Guerra Mundial.
A Telleira (Cesantes)
No monte da Telleira hai
unha mina de auga cun túnel de varios metros.
Túnel do Cargadoiro de Mineral de Rande. Foto: J. Migueles
Rande (Cedeira)
No
camiño das Regateiras pode verse a entrada
dun túnel que conducía a auga dende o
regato ata o cargadoiro de mineral.
Do outro cargadoiro, o de
Coto Wagner, quedaron soterradas parte das súas instalacións.
Tamén existe unha
entrada tapiada na propiedade ocupada pola empresa Vieira S. A., na
que anteriormente estivo a Compañía
Azufrera del Noroeste.
Cedeira
A
mina da fonte do Conde xorde dun pequeno túnel.
¿Lenda?: Dise que existe
un túnel entre o Pazo de Torrecedeira e a finca de Monterraso. As
dúas propiedades pertencían á mesma familia pero ata o de agora
non puiden constatar a súa existencia.
Mina da Fonte do Conce. Foto: J. Migueles
Autor: Juan Migueles
Trasmañó
Antigas
minas de auga preto do parque infantil.
BIBLIOGRAFÍA
Aportes orais.
Varios folletos turísticos
do Concello de Redondela.
Visitas guiadas por Xurxo
Constela, arqueólogo de A Citania S. L.
No hay comentarios:
Publicar un comentario