miércoles, 21 de octubre de 2020

Relixiosos: Curas

 

(Ver tamén Persoeiros>Relixión)

Arcipreste de Redondela

18?? Carlos Pedrera y Canto. En 1805. Párroco do Viso.

1852, maio. José Arias Seoane. Párroco de Cedeira. No cargo cando menos dende 1859. Faleceu en xuño de 1875.

1875, 19 de agosto. Francisco Bernárdez Otero. Cura párroco de San Estevo de Negros e dende 1880 de Cedeira. Faleceu o 6 de marzo de 1892.

1??? José Dávila Albán. No cargo en 1909, renunciou a finais de 1914, falecendo tres anos despois. Párroco de Cesantes.

1914, novembro. Jose María Sanmartín Catoira. Párroco de Redondela.

19?? Manuel Martínez Alonso. No cargo cando menos dende 1948 ata a súa xubilación en 1970.

1970, outubro. Luis Gómez Jorge. Párroco de Negros, Cabeiro e Vilar.

1977, 20 de outubro. Francisco Alvite Lago. Párroco de Cesantes, reelixido para o cargo o 05-07-1983.


201? José Eugenio Domínguez Carballo. Administra a parroquia do Viso.



Tenente Arcipreste

1883, marzo. Bernardino Couñago. Párroco de Redondela.


Visitador especial.

18?? Manuel Caballero. Párroco de Saxamonde.

1886, xullo. Bernardino Couñago. Párroco de Redondela.


S. Xoán de Cabeiro

(Ver Negros)

16?? Bartolomé de Figueroa. En 1669.

17?? Juan Narciso Pereira de Castro. Presbítero en 1750.

17?? Diego Villar Prego de Montaos. En 1761. Daquela anexo de Trasmañó.

18?? Francisco Crespo. En setembro de 1860.

1??? Andrés Iglesias. Cando menos entre 1879 e 1910.

Convértese en anexo de Negros.


S. Andrés de Cedeira

15?? Gonzalo Afonso. Antes de 1562.

15?? Alonso Caamaño Cuadrado. Cando menos entre 1562 e 1587.

17?? Francisco Pablo Feijoo y Ordoñez. Cando menos entre 1752 e 1761.

1762 Francisco Gallego.

17?? José Ortiz de Solórzano. Natural de Treviana (Burgos). Testificou en 1800 nas probas para oficial do Santo Oficio da Inquisición de Juan Núñez Sotomayor y Otero, sendo daquela cóengo da S. I. Metropolitana de Burgos e señorío de Cámara do Excmo. Inquisidor General, en cuxo palacio habitaba.

18??/1875. José Arias Seoane. Cando menos dende 1852, cando foi nomeado Arcipreste de Redondela. Faleceu en xuño de 1875.

1875, 19 de xuño. Santos González. Anteriormente párroco de Cabreira. Continuaba en novembro de 1879.

1880, agosto/1892. Francisco Bernárdez Otero. Procedente da parroquia de Negros, tomou posesión en decembro de 1880. Faleceu no cargo o 6 de marzo de 1892, aos 52 anos.

1892, marzo/1893. Baltasar Álvarez Piñeiro. Anteriormente coadxutor de Baiona. En agosto de 1893 trasladado a S. Estevo de Novoa.

1893, agosto/1913. José Rodríguez Saavedra. Natural de Beade. Creou unha irmandade, coa que construíu o novo cemiterio e un quiosco de pedra. Faleceu en decembro de 1913.

1914, outubro/1924. Manuel Rodríguez Vázquez. O 13-2-1924 trasladado á igrexa de Santa Lucía de Tui.

192? Albino Gil Seoane. Natural de Batalláns (As Neves). Cando menos entre 1926 e 1967. Faleceu en 1977.

1975, abril. Jesús Rodríguez Quinteiro. Procedente de Texas.

Waldo García. Faro de Vigo
Waldo García. Faro de Vigo
1981/2012 Waldo García Romero (Vigo, 1932) (Ver tamén Trasmañó). Aos 24 anos deixou o seu emprego na Caja de Ahorros de Vigo, para ingresar no seminario de Viana do Castelo, rematando os seus estudos relixiosos en Roma. Entrou nos Misioneros Espiritados cos que desempeñou o seu ministerio en Angola e Camerún. Vese na obriga de fuxir da guerra como polisón nun barco, continuando como misioneiro en Aranda de Duero, Barcelona e Madrid. De volta a Galicia establécese como misioneiro en Valeixe (A Cañiza), onde tamén exerce como párroco. En Cedeira e Trasmañó revoluciona as tradicións dando a misa en galego e tomando decisións como a de negarse a confesar aludindo que e Deus o que perdoa. Xubilouse no 2012.

2012. David Romero Boullosa



16?? Juan Falcón. En 1628.

16?? Antonio de Araújo y Castro. En 1674.

1??? Benito Andrés Carballido. No S. XVIII.

17?? Andrés Martínez. Titular en 1752.

17?? José Lorenzo Troncoso. Substitúe en ausencia ao anterior, cando menos entre 1752 e 1753.

1761, 27 de xullo/1776 Fernando de Soto y Castro. Deixa o cargo ao ser nomeado cura da parroquia de Redondela o 27-4-1776.

1829/1832 Pedro Sobral y Troiteiro. Naceu en Soutomaior en 1799 e cursou estudos na Universidade literaria de Santiago, recibindo en 1828 os graos de Licenciado e Doutor en Sagrada Teoloxía. En 1829 foi destinado á parroquia de Cesantes, que desempeñou ata o 19 de xuño de 1832 en que foi nomeado Cóengo Penitenciario do Bispado de Tui, cargo no que continuou ata o seu falecemento o 3 de febreiro de 1872.

18?? Faleceu no cargo en 1850.

18?? Joaquín Carpintero. Cando menos dende 1860.

18?? Alejandro Paredes Gándara. En setembro de 1860. Continuaba en 1866.

18??/1880 Antonio, Moure y Moure. Ecónomo de Cesantes cando menos dende 1879. En agosto de 1880 foi nomeado cura de San Mamede de Fontenla.

1880, agosto/1917. José Dávila Albán. Tomou posesión en decembro de 1880. Faleceu a finais de 1917.

19?? Manuel Estévez. En 1921.

19?? José Pérez Martínez. Párroco de Cesantes cando menos entre 1925 e 1936.

193? Juan Cabaleiro Martínez. No cargo en 1938.

Celestino Albán. Foto: Siorty-El Pueblo Gallego

193?/1970 Celestino Albán González. Cando menos dende 1939.

F. Alvite. Portadores Virxe do Carme de Cesantes
F. Alvite. Portadores Virxe do Carme de Cesantes

1970, novembro. Francisto Alvite Lago. Nado o 26 de xullo de 1932 en Chacín (A Coruña). O 17-06-1956 foi Ordenado Sacerdote en Tui. Atendeu as parroquias de Mondariz-Balneario e San Xoán de Piñeiro. Chegou á nosa vila en 1965 ao ser nomeado ecónomo de Ventosela e coadxutor do Viso. No 2016, xa xubilado, cumpriu as vodas de diamante (60 anos) de sacerdocio, falecendo o 4 de xuño dese mesmo ano.


 20?? Francisco José Varela Lozano




S. Fausto de Chapela

17?? Francisco de Sagarraga.

17?? Francisco Antonio Costas. Por vacante do anterior. En 1763 estaba sendo substituído temporalmente por Bernardo Alonso, presbítero veciño de San Paio de Navia e residente en Chapela.

18?? Juan Benito Castro. En 1860.

18?? Juan Antonio do Lago. En 1867.

1868, xaneiro/1896. Jose Antonio Táboas Pereira. Procedente da parroquia de Trasmañó. Faleceu o 21 de agosto de 1896.

1896, outubro. Maximino Vidal Cal. Interino ata 1904.

1904, novembro. Delfín González Rodríguez. Seguía no cargo en 1925.

1930/1938. Alfonso Giráldez Diéguez. Natural de Redondela. Ordenado no 1902.

19?? Arturo Conde Lamela. Cando menos entre 1939 e 1956.

195? Alejo Diz Rodríguez. Cura de Chapela cando menos entre 1958 e 1960.

19?? Agustín Alonso. En 1963

196? Juan Manuel González Blanco. Cando menos entre 1965 e 1969. En 1968 recibiu a insignia de ouro do Atlético de Chapela pola súa colaboración nos primeiros pasos deste club de balonmán.

Juan Manuel González. El Pueblo Gallego
Juan Manuel González. El Pueblo Gallego

 19?? Antonio Iglesias. En 1970.

19?? Joaquín Maquieira Martínez. En 1989.

Ermelindo Enterríos. Foto: R.Grobas-Faro de Vigo
E. Enterríos. Foto: R.Grobas-Faro de Vigo

1985?/2012 Ermelindo Enterríos. Faleceu no 2012 aos 59 anos, despois de 27 anos como párroco de Chapela. Sempre implicado coa xuventude colaborou con asociacións da parroquia como Altamar ou Stella, ademais de dar o seu apoio ao equipo de balonmán.


 

 

S. Estevo de Negros

16?? Francisco de Soto. Falecido cara a 1653.

1782, 14 de febreiro. O provisor eclesiástico tudense separa Negros e Quintela de Cedeira creando dúas novas parroquias.

18?? Manuel Rodríguez. En setembro de 1860.

186?/1868 José Benito Álvarez. No cargo cando menos dende 1864. En xaneiro de 1868 sería ascendido á parroquia de S. Salvador de Budiño.

1868, agosto/1880. Francisco Bernárdez Otero. En 1875 nomeado Arcipreste de Redondela. En 1880 trasladado á parroquia de Cedeira.

1880, 1 de novembro. Claudio González y Rodríguez. Tomou posesión en decembro de 1881. Anteriormente exercía de Ecónomo en S. Miguel de Pereiras. Cando menos ata 1894.

18?? Antonio Ubeira. No cargo cando menos dende 1897 e ata 1905.

1905, novembro/1924. Ángel Villar Álvarez. En febreiro de 1924 foi nomeado párroco de Santo Tomé de Freixeiro. (Tamén Cabeiro)

1924/1925, novembro. Manuel Martínez González. (Tamén Cabeiro) Trasladado a Peitieiros (Gondomar)

1925, outubro. Manuel Alonso Freijanes. (Tamén Cabeiro)

19?? José Martínez Rodríguez. Cando menos entre 1938 e 1939. (Tamén Cabeiro)

19??/1961. Manuel Velasco Baz. (Tamén Cabeiro) En novembro de 1961 nomeado ecónomo de Arcade.

1961, novembro. Luis Gómez Jorge. (Tamén Vilar e Cabeiro). Coadxutor de Redondela, ata outubro de 1959, cando partiu cara Madrid. Na capital permaneceu un tempo, antes de partir como misioneiro a Sud-América, en xaneiro de 1960. Poucos meses despois volveu a España rexentando varias parroquias antes de facerse cargo da de Negros. En 1970 nomeado arcipreste de Redondela.

2??? Jose Ángel Outeda André



S. Mamede de Quintela

1782, 14 de febreiro. O provisor eclesiástico tudense separa Negros e Quintela de Cedeira creando dúas novas parroquias.

18?? José Troncoso. En 1857.

18?? José González y González. Cando menos entre 1860 e 1864.

1877, 1 de novembro. Joaquín Bravo y Estévez. Anteriormente Ecónomo de Santiago de Morgadáns. Continuaba en 1879.

1880, agosto. Bernardo Martínez Fernández. Tomou posesión en decembro. Exerceu ata 1894, se ben seguiu constando como cura párroco titular ata 1904.

1894, xuño/1897, nov. José Moreira Franco. Ex-Ecónomo de San Estevo de Beade, nomeado Cura Rexente de Quintela. En novembro de 1896 nomeado Ecónomo de S. Xurxo de Ribadetea.

1897, xaneiro/1898. Antonio Lafuente Mathé. Nomeado Cura Rexente. En maio de 1897, era secretario en Redondela dunha xunta que organizaba unha peregrinación a Lourdes. En maio de 1898 foi nomeado Ecónomo de S. Félix de Nigrán, o que non impediu que seguira vinculado á nosa vila porque en setembro dese mesmo ano abriu en Redondela unha escola de 2º ensino, dirixida polo propio Antonio Lafuente Mathé, Manuel Cacheiro Cardama e Pedro Otero Milleiro.

19?? Joaquín Troncoso Eiján. Cura ecónomo de Quintela. En xullo de 1903 obtivo o título de mestre superior na Escola Superior de Pontevedra.

1905, novembro. Ildefonso Ramón “Alfonso”, Álvarez Gil. En 1931 con motivo do seu traslado, unha numerosa comisión de veciños trasladouse a Tui, para visitar ao Bispo e solicitar o seu regreso. Este produciuse e continuou no cargo.

1924 Antonio Moarez

19?? A parroquia pasa a ser atendida polo párroco de Vilavella. (Ver Vilavella).

199? A parroquia pasa a ser atendida polo párroco de Negros. (Ver Negros).



Sta. María de Reboreda

15?? Juan de Mondragón “El Viejo”. (Santiago/Reboreda): S. XVI.

15?? Juan de Mondragón “El Nuevo”. (Santiago/Reboreda): S. XVI. Párroco de Reboreda de mesmo nome que o seu predecesor e tío, Juan de Mondragón “El Viejo”.

15?? Gregorio de Santabaia. En 1540.

16?? Juan Méndez Silva. En 1628.

16?? Baltasar de Araújo y Castro. En 1669.

17?? Diego de Araújo Sotomayor. En 1710.

17?? Ventura de Alfaro

17?? Balthasar Ramos Pereira. Irmán do Señor de Reboreda. Cando menos entre 1744 e 1781.


18?? José Puga Sampayo. Cando menos entre 1840 e 1857, ano no que o beneficio estaba vacante polo seu falecemento.

18??/1890. Pedro Couñago y Couñago. No cargo cando menos dende 1860. Faleceu o 5 de maio de 1890 aos 81 anos. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/11/pedro-counago-counago-reboreda-5-5-1890.html )

18?? Manuel Fragueiro Couñago. No cargo en 1872.

1890/189? José Moreira.

189?/1923. Manuel Ucha Lorenzo. Cando menos dende 1891. Faleceu en Reboreda en marzo de 1923.

1925, xaneiro/1933. Daniel Caballero Avalle: Anteriormente párroco de Moreira (Ponteareas). Exerceu en Reboreda cando menos dende 1925. Famoso por pasear por Reboreda nun cabalo branco e polos seus enfrontamentos coa Sociedade Labrega de Reboreda, en casos como o de cubrir os cadaleitos dos socios falecidos coa bandeira da Sociedade, probablemente porque era vermella. Era natural de Ponteareas, onde foi soterrado. O seu irmán, Abel Caballero, pai do Ministro socialista e alcalde de Vigo de mesmo nome, foi notario de Redondela en 1932. Faleceu en Reboreda en xaneiro de 1933.

1934, xaneiro. José Núñez Leal. Cando menos ata 1948.

19?? Ramón Diego Pérez. Xa estaba en 1956. Rexente tamén da Parroquia de Ventosela. En 1962 celebrou as súas vodas de prata sacerdotais. Seguía en 1964.

19?? José Antonio Marzoa Rodríguez. En 1989. Logo sería cura de Matamá e de Santiago de Vigo dende decembro de 2012.

J. A. Marzoa. Foto: Luis Pereda
J. A. Marzoa. Foto: Luis Pereda

2012 José Carlos Rodríguez Álvarez Saxa” (Saxamonde). Ordenado en 1991. Párroco de Reboreda, Ventosela e Amoedo cumpriu as vodas de prata sacerdotais no 2016.


Santiago de Redondela

1??? Fernando de Soto. Abade de Redondela.

1494 Fernando de Fonseca. O seu nomeamento debeu ser polémico polo seguinte documento: "Carta a los alcaldes mayores de Galicia para que no se haga fuerza ni perjuicio a Fernando de Fonseca, capellán y canónigo de Santiago, en la posesión del beneficio curado de Santiago de la villa de Redondela. 1494-4-19. Medina del Campo "

14?? Gómez de Sotomayor, Payo (ou Pai Gómez de Soto). Vicario “Sede Vacante”. Cando menos entre 1496 e 1516.

15?? Luis de Montenegro. Arcediano da Catedral de Tui e Abade de Santiago de Redondela. Cando menos entre 1562 e 1581. Falecido cara a 1586.

15?? Gutierre Falcón. En 1587.

15??-16?? Juan de Salinas. Párroco e organista da igrexa de Redondela.

16?? Juan Prego de Montaos y Troncoso. Abade de Redondela cando menos entre 1622 e 1641. Clérigo de menores ordes, avogado da Real Audiencia de Galicia e notario. Na casa reitoral consérvase o seu brasón coa data de 1641, ano do remate das obras dos contrafortes da ábsida que se atopaban en estado ruinoso.

16??. Hernando Álvarez de Alemparte, en 1650. Cura e Reitor de Santiago de Redondela.

1670. Alberto Álvarez de Mera. Cando menos ata 1681. Licenciado, mordomo do hospital de Redondela e abade da parroquial. Comisario do Santo Oficio da Inquisición. Natural de Barcia de Mera, criouse en Redondela onde vivía cun tío seu. O 22-8-1670 como abade de Redondela, aceptou a renuncia do garda do convento da Illa de San Simón a celebrar a Misa de Alba en Redondela dúas veces por semana. Aparece en 1680 como testemuña nas Probas para ser oficial da Inquisición de Martín de Nogueira Blanco.

16?? Jerónimo Calvo de Salcedo En 1668 e 1698.

17?? Juan Inocencio Troncoso. En 1704.

17?? Jerónimo Calvo Salcedo. Licenciado, no cargo cando menos entre 1711 e 1715.

17?? Juan Antonio Roupeiro Nogueira. No cargo en 1714

17?? Ventura de Alfaro. Aparece na primeira partida de bautismo, o 3 de xuño de 1730. Licenciado, Avogado da Real Audiencia do Reino de Galicia e Comisario do Santo Oficio da Inquisición. Capelán de San Boaventura en Reboreda. Debeu morrer cara a 1748.

1748 Benito Carrera. Tenente cura, ata o 5 de xuño de 1748 firmaba no libro “por indisposición do Abade”. Dende esa data e ata novembro rexeu en vacante.

1748, novembro/19-12-1761. José Antonio Mendiburo. Foi procesado por ausencia na parroquia (residía na súa Viscaia natal) e por "incontinencia carnal" con muller.

Substituído entre 2-9-1754 e 13-1-1755 por Pedro del Villar.

1762, xaneiro/1762,xuño: Juan Antonio Santabaya. Tenente cura, nomeado “cura en vacante” polo abade propio:

1762, 3 xuño/30-5-1765 Basilio Orejas Caseco y Castañón

1765, 1 xullo/ 28-8-1765 Matias de las Piedras. “Cura en vacante”.

1765, 12-9/5-5-1767 Toribio Valcarce. “Cura en vacante”.

1767, 19-6/ 1767, novembro Juan Antonio Santabaya. “Cura en vacante” ata que é nomeado o cura propio o 25-7-1767, ao que substitúe ata a súa toma de posesión.

1767, 9-11/24-9-1775 Benito Lorenzo. Licenciado.

1775, 25-10 José Benito Espain. “Cura en vacante”.

1776, maio/1794, 24-5 Fernando de Soto y Castro. Anteriormente párroco de Cesantes.

1794, 12-6. Gerónimo Traviesa de Soto. “Cura en vacante”. Sobriño do anterior. Nado en Redondela o 5-11-1741. (NOTA: Na Biblioteca Nacional aparece en 1795 como Gregorio Travieso)

1796/1837. Benito Portela. Sofreu a invasión dos franceses, que incendiaron a casa reitoral. Puido salvar dous libros de bautismo. Foi considerado un heroe ao loitar cos redondeláns para expulsar aos franceses. Morreu o 20-1-1837, sendo enterrado no cemiterio da vila.

1837, xaneiro/1847, abril. Francisco Antonio Sánchez. Cura ecónomo, nomeado “Cura en vacante”.

1847, abril / 1847, maio. Florencio Ávila. Cura ecónomo, nomeado “Cura en vacante”. Anteriormente fora 2 veces garda do Convento de Agrelo, definidor da Provincia de Santiago e exclaustrado polo Goberno Constitucional. Na igrexa de Redondela celebrou 4 misas semanais en 1854 que mandara dicir o Conde de San Román pola súa alma.

1847, xuño/ 1868, agosto. Isidro Álvarez Piñeiro. Morreu en Redondela dunha “febre atáxica” o 11-10-1868, aos 62 anos.

1868, outubro/1876, maio. Antonio Fernández González. Cura ecónomo, nomeado “Cura en vacante”. Anos máis tarde foi obrigado a compensar ao culto a cantidade de 2.000 reais. En 1876 foi trasladado á parroquia de Vilavella.

1876, 5 de abril. Manuel Rodríguez Bouzón. Natural de Cesantes. Presbítero de Cesantes cando menos dende 1866. Foi nomeado Cura ecónomo de Redondela, como “Cura en vacante”. En 1889 volta a aparecer como Presbítero de Cesantes e en 1891 como coadxutor de dita parroquia. En 1898 volta a ser nomeado coadxutor de Cesantes.

1876/ 1877, outubro. Carlos Ceferino Queimaliños Iglesias. Cura ecónomo, nomeado “Cura en vacante”. Nado en Redondela o 22-8-1849 e morto en Redondela o 17-11-1877.Queimaliños Queimaliños, Carlos Ceferino (Redondela)

O 16 de outubro de 1888 faleceu en Redondela o Presbítero Carlos Ceferino Queimaliños Queimaliños, aos 38 anos de idade.

1877, 29 de outubro/1880 Manuel González Gómez. Cura ecónomo de Mourentán, nomeado “Cura en vacante”.

1880, agosto/1912. Bernardino Couñago Besada. Presbítero Licenciado. Nado en Redondela o 16-9-1835. Tomou posesión en decembro de 1880. Tiña un gran capital herdado dos seus pai con moitas propiedades, mais a súa caridade cos máis necesitados fixo que morrera na pobreza. Moitos destes cartos investiunos na igrexa que se atopaba en estado ruinoso (reconstrución do retablo maior, construción de 8 confesionarios...), tamén fixo xestións co deputado a cortes, Francisco de Federico, para realizar as obras de maior envergadura. En decembro de 1897 doou á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra unha pilastra e un cacho de alabastro con delicados motivos do Renacemento. Pola súa iniciativa creouse o Círculo Católico de Obreros. Tamén formou parte da Xunta Local de Subscrición Nacional para a Guerra de Cuba e da Xunta Local de Instrucción Pública. Debeu exercer de cura na vila ata pouco antes do seu falecemento en Redondela o 5-11-1912.

1912, 10/1913, 7 José Martínez González. Nomeado “Cura en vacante”.

1913, xullo/1931, abril José María Gerardo Sanmartín Catoira. Licenciado natural de Pontecesures, si ben tiña unha casa no veciño concello de Padrón na que pasaba os vrans. Estudara no seminario de Santiago e viña de ser ecónomo de Palmeira (Arquidiocese de Santiago). Publicou “Hoja Parroquial”. Fundou a “Obra de las Marías de los Sagrarios Calvarios”. Mercou varias imaxes de santos e realizou as obras necesarias para a conservación da igrexa. Tiña a Campanero como sacristán. En 1920 foi nomeado vicepresidente dunha comisión popular que debía favorecer a chegada do tranvía a Redondela. Tamén aparece na constitución de Unión Patriótica como vocal.

Era un competente compositor colaborando con Casto Sampedro. En 1931 foi nomeado párroco de Cangas, doando á parroquia de Redondela unha custodia de prata. Logo, sería trasladado á parroquia de S. Xoán en Santiago, onde morreu o 10-1-1957, sendo soterrado en Pontecesures.

1931, maio/1936, agosto. Enrique Aldir Bernárdez (Alxán/Porriño, 16-05-1946). Nomeado ecónomo (cura por ausencia) de Redondela polo traslado do anterior abade. Anteriormente foi profesor do Seminario Conciliar de Tui e párroco de Tomiño. En agosto de 1936 foi trasladado á parroquia de Santo Domingo de Ribadavia como ecónomo, dende alí realizou informes para a depuración franquista na nosa vila. En 1941 nomeado párroco en propiedade en Sta. María de Porriño.

1936, 30 de agosto/1970. Manuel Martínez Alonso. (Mos, 25-7-1895/Vigo, 11-3-1973). Anteriormente, ecónomo de Porriño, concello no que colaborou cos seus informes á represión franquista. Despois dun concurso xeral tomou posesión como abade de Redondela o 8-12-1940. Edificou o salón parroquial de Acción Católica, ampliou a casa reitoral e mandou facer o actual retablo maior por doazón da familia Regojo no 1951. Alcipreste de Redondela. Xubilouse en 1970, despois de 34 como párroco de Redondela. Foi enterrado en Mos.

J. Hermida. Faro de Vigo
J. Hermida. Faro de Vigo

1970, outubro. Jesús Hermida Villar. Anteriormente en Tortoreos.

1988, 15 de decembro. Francisco Alvite Lago. Párroco de Cesantes, faise cargo ata a toma de posesión do novo cura.

1989 José Luis Rodríguez Grande “El Puma”. Ordenado en 1964 pasou por Santa Clara, Candeán, o Seminario de Tui e Alcabre antes de chegar a Redondela, onde reformou totalmente a casa reitoral. En 1994 se convirtiu no sacerdote fundador da Sagrada Familia de Vigo.

1994, 13 de novembro Benito Estévez Domínguez. No 2016 cumpriu os 50 anos de sacerdocio.


San Román de Saxamonde

12?? Afonso Gonçalez. Nomeado no testamento de Álvaro Fernández de Valladares, en 1292.


17?? Antonio de San Román y Ceballos. Cando menos entre 1744 e 1770. Nunha inscrición na igrexa aparece o seu nome coa data da construción 1746.

17?? Francisco ¿Rayero? Castañón. En 1792

1795 nov. Joseph Craso.

18?? Lorenzo Álvarez de Castro. Cando menos dende xaneiro de 1860.

1860 Manuel Vidal. En setembro de 1860.

186?/1884. Manuel Caballero y Piñeiro. Cando menos dende 1864. En 1886 aparece nunha relación do clero da cidade de Tui.

1884, agosto/1886. Máximo Giráldez. Nomeado Cura Rexente por impedimento do abade párroco. Anteriormente Presbítero Patrimonista de Sta. Cristina da Ramallosa. En febreiro de 1886 foi nomeado Cura Rexente de Sta. Cristina de Valeixe

1886, marzo. Manuel Fandiño. Nomeado Cura Ecónomo por renuncia do titular. Anteriormente desempeñaba o mesmo cargo en S. Miguel de Viladesuso.

188? Santiago Estévez. En maio de 1888 permuta co párroco de Trasmañó.

1888 Ricardo Sampedro y Folgar. Natural de Redondela e irmán de Casto Sampedro. Anteriormente párroco de Trasmañó. En 1917 sufriu un roubo con violencia na casa reitoral. Falecería dous anos despois.

1919. José Martínez González. Natural de Baiona. Anteriormente exerceu como párroco de Huma. Toma posesión, en xaneiro de 1922, si ben levaba 3 anos rexendo esta parroquia en comisión. Continuou no cargo cando menos ata 1939.

19?? Hermenegildo Millós. Cara a 1948.

F. González. Faro de Vigo
F. González. Faro de Vigo

1953 Francisco González Gago. Dende os anos 40.

20?? Pasa a atender a parroquia o párroco de Cedeira


S. Vicente de Trasmañó

1??? Francisco de San Román y Bustillo. Sucedido por Pedro de Hermida.

17?? Pedro de Hermida y Lago. Testou en 1725 deixando a carga ao párroco da freguesía de dar unha misa anual, ligada a uns bens que adquiriu, e unha misa semanal polas ánimas do purgatorio a quen tamén se lle adicará a misa de defuntos cantada por seis sacerdotes, que foi fundada polo párroco anterior.

17?? Jacinto Blanco Torrones. Tralo seu falecemento substituído por Diego Villar.

17?? Diego Villar Prego de Montaos. En 1761. Tamén cura do seu anexo, Cabeiro.

18?? José y Mateo de Lago. En 1838.

18?? Juan Pérez Alcuescar. Cando menos dende 1860.

186?/1868 José Antonio Táboas Pereira. Cando menos dende 1864. No cargo ata o seu ascenso á parroquia de Chapela, en xaneiro de 1868

1868, agosto/1880. Vicente Criado. Faleceu o 3 de xaneiro de 1880.

1880, agosto Ricardo Sampedro y Folgar. Tomou posesión en decembro como presbitero, ascendendo a párroco en 1882. En 1888 permutaría co cura de Saxamonde.

1888, maio/1891. Santiago Estévez. Anteriormente Cura Ecónomo de Saxamonde. O 28 de xaneiro de 1891 foi trasladado a Sta. María de Pazos.

1891, 28 de xaneiro. José Boleira. Anteriormente coadxutor de Setados.

1893, 4 de agosto. Antonio Ucha Lorenzo.

189?/1914. José Manuel Camiña Vidal. No cargo cando menos dende 1897. En febreiro de 1914 faise cargo da parroquia de Trespeles.

1914, febreiro. Avelino Mariño Prieto. Anteriormente abade da Lamosa. Seguía en 1936.

19?? José Otero Lorenzo. En 1939.

19?? Orlando Ferreira. En 1956.

19?? Ramón Blanco Bermúdez. Cando menos dende 1967, seguía en 1972.

197? Deixa de nomearse cura e atende a parroquia o de Cedeira. (Ver Cedeira)


S. Martiño de Ventosela

1786: O Bispo de Santiago de Compostela, Domingo Fernández Angulo, separa de Reboreda a capela de San Martiño de Ventosela xunto cos lugares de O Castiñeiro e Vilar do Mato, creando unha parroquia independente e construíndo unha nova igrexa.


18?? José María de Castro. Ecónomo de Ventosela antes de 1860.

18??/1871. Florentino Pereira. Cando menos dende 1864. A mediados de 1871 foi promovido á Colexiata da Coruña.

1871, 16 de xuño. José García Domínguez.

1893, xuño. Manuel Fernández Pérez. Anteriormente Presbítero en Reboreda, cargo que vola a desempeñar en 1915.

189? Ángel Roig Nicolau. Cando menos entre 1897 e 1936.

19?? Asume o cargo o párroco de Reboreda (Ver Reboreda)

19?? Ramón Diego Pérez. Cara a 1956.

19?? Asume o cargo o párroco do Viso (Ver O Viso).

19?? Francisco Currais Martínez.

1965, 21 de setembro. Francisco Alvite Lago. Nomeado ecónomo de Ventosela e coadxutor do Viso. Deixa o cargo en 1970 ao ser nomeado párroco de Cesantes.

???? O cargo volta a ser asumido polo párroco de Reboreda.


S. Martiño de Vilar de Infesta

18??/1871. Ángel Pintos. Cando menos dende setembro de 1860. Faleceu o 6 de setembro de 1871 aos 82 anos. A súa tumba destácase no adro da igrexa.

1871, 9 de setembro. Juan Manuel Estévez

1872, 22 de febreiro/1880. José Dávila Albán. Anteriormente coadxutor de Mos. En 1880 trasladado a Cesantes.

1880, 1 de novembro/1881. Ricardo Cambra. Anteriormente ecónomo de S. Lorenzo de Salvaterra. O 12 de decembro de 1881 foi nomeado ecónomo de S. Mateo de Oliveira.

1881, 13 de decembro. Hipólito Álvarez y Estévez. Tenente cura que fora de Forcadela. Cando menos ata abril de 1882.

188? Pedro González. Cando menos entre 1884 e 1886.

188?/1888. José Gómez Meleiro. Deixa o cargo ao ser nomeado en agosto de 1888, cura Ecónomo de San Mamede de Guillarei.

1890, 22 de agosto/1891. José Giráldez. Capelán de Peiteiros. En xaneiro de 1891 nomeado Cura Ecónomo de San Pablo de Porto.

1891, xaneiro. Benito Estévez. Anteriormente Cura Ecónomo de San Salvador de Louredo. Cando menos ata 1910.

19?? Manuel Fernández Piñeiro. Faleceu en 1924 aos 64 anos. Os seus restos descansan a carón da igrexa.

19?? Bernardo Martínez Estévez. Cando menos entre 1936 e 1939.

19?? Deixa de nomearse cura e pasa a atender a parroquia o de Negros (Ver Negros)

20?? Pasa a atender o párroco de Candeán.

20?? Fernando Lago Lago.



Santiago de Vilavella

(Cura vicario do Convento de monxas)

1??? Antonio Francisco de Ulloa y Ribadeneira. (da casa de Fingoi)

1??? Benito Losada

16?? Pedro García. Cura en 1627.

1636 Domingo Carballo Machado. Continuaba en 1659.

17?? Gaspar Conde y Acosta. Cando menos entre 1742 e 1752.

1753, 4 de febreiro. Pedro Míguez. No seu nomeamento consta como presbítero e veciño de Redondela.

17?? Domingo Barciela. En 1762.

17?? José Benito Troncoso. Aparece na partida de bautismo de Juan Núñez Sotomayor y Otero, en 1776.

17?? José Amil. En 1780 bautizou a Nicolás Núñez de Otero.

17?? Juan Areal de Sotelino. Testificou no 1800 nas Probas para ser oficial da Inquisición de Juan Núñez Sotomayor y Otero.

18?? Juan Francisco de Lago. En 1809 durante o ataque dos franceses.

18?? José Veiga Domínguez del Villar. En setembro de 1860.

1876, Antonio Fernández González. Anteriormente ecónomo de Redondela.

187?/1891. Benito González Villamarín. No cargo cando menos dende 1878, sendo fiscal da Confraría de Ánimas. Faleceu o 6 de xaneiro de 1891 aos 76 anos.

1891, febreiro. Teodoro Sánchez Cerqueira. Natural de Redondela. Promovido á Santa Orde de Misa en 1888. Faleceu en 1926.

1893, 4 de agosto. Francisco Presa Fernández.

1895, maio/1895. Simón Sotés López.

1895, decembro/1898. Francisco Alonso Álvarez. Natural de Porriño. Anteriormente Capelán do Areal, en Vigo. Deixa o cargo en febreiro de 1898 ao ser nomeado ecónomo de Porriño. F. Santiago, 1943.

1898, febreiro/1898. Manuel Pinzás Fernández. Anteriormente Capelán de S. Miguel de Bouzas.

1898, agosto. Benigno Álvarez. Anteriormente coadxutor de Borbén.

1901, xullo/1906. Antonio Vidal Adán. Viña de exercer como coadxutor da parroquia de Filgueira. En marzo de 1906, o Conde de San Román o propón para Guizán (Mos).

1906, xaneiro/1906. Francisco Alonso Álvarez. Nomeado novamente polo Bispado de Tui, cando exercía como Capelán no Areal de Vigo.

1906, xuño/1908. Cesáreo García Álvarez. Escritor. Seguía como vicario do convento de Vilavella en 1908. En xaneiro de 1910, sendo ecónomo de Matamá, predica nunha misa na honra da Virxe, celebrada polo Colexio de María Inmaculada, dirixido por Eduardo Cuntín, na igrexa de Redondela.

1908, decembro. Bernardino Somoza Corbal. Seguía en 1910.

 

J. S. Redondo

1912/1948. José Sátiro Redondo Cal. (Tamén Quintela). Natural de Aguasantas. Anos máis tarde encárgase tamén da parroquia de Quintela. No Nadal sempre buscaba fondos para ofrecerlle comida aos máis necesitados. Formou parte da directiva de asociacións como o Círculo Recreativo, Corpo de Exploradores, Xunta de Beneficencia ou o Patronato de Animales y Árboles. Tamén aparece na constitución do partido político Unión Patriótica como vocal. Faleceu en agosto de 1948.

1953, 19 de novembro. Octavio Rotea Martínez. (Tamén Quintela). Natural de Tabagón (O Rosal). Cando chegou renunciou á casa parroquial que foi vendida, polo que anos máis tarde recadou fondos para mercar un piso para o seu sucesor. Trala súa xubilación esta parroquia pasou a depender do cura de Redondela e o piso parroquial a ser ocupado por unhas monxas. (Ver Redondela)


Arquivo familiar

Sta. María do Viso

16?? Pedro de Samillán y Camba. En 1674.

1710-¿? Lucas Vicente Fidalgo. Primeiro párroco de O Viso.

17?? Julián Ramos. Cando menos entre 1722 e 1725.

18?? Carlos Pedrera y Canto. En 1805.

18?? Domingo Antonio Martínez. En 1850.

18?? Francisco Estévez. En xaneiro de 1860.

1860 Domingo Antonio Martínez. Cando menos entre setembro de 1860 e 1864.

1876 Antonio Fernández y González. Nomeado o 24-12-1876.

188?-1916. Manuel Jesús Medela Contreras. Cando menos dende 1882. Faleceu o 6 de febreiro de 1916 despois de caer na casa reitoral polo acceso á bodega.

1916, marzo/1917. Faustino Muíños Adán. Anteriormente Ecónomo da Lama. En outubro se recolleron firmas para o seu nomeamento definitivo, apesares do cal foi trasladado a San Manuel de Petelos en marzo de 1917.

1917/1970 Francisco Currais Martínez. (Tamén Ventosela). Natural da Lama.

1970 Jaime Humberto Gallo Freijanes. Seguía no 2010 (Tamén Ventosela).

J. H. Gallo. Faro de Vigo
J. H. Gallo. Faro de Vigo

201? Jose Eugenio Domínguez Carballo.




Outros S. XVI

152? Álvaro Prego, Juan Prego e Bastián Fernández. Clérigos e veciños de Redondela no s. XVI..

15?? Barros, Domingo de. Cura irmán de María Aballe veciña de Redondela a finais do s. XVI.

15?? Bartolomé González. Capelán da vila de Redondela en 1516.

15?? Rodrigo González. Clérigo de Redondela en 1547.

15?? Rodrigo López. En 1554 emancípase do seu pai, Rodrigo Troncoso, veciño de Redondela.

15?? Vasco Machado (Redondela). Abade da colexiata de Crecente. Segundo Ernesto Iglesias descansa no sartego da capela de San Bastián na Igrexa de Redondela.

15?? Gregorio Vázquez. Clérigo e veciño de Redondela en 1537.


Outros S. XVII

Alfaya Parrero, Juan Antonio de (Redondela)

Clérigo presbítero cara a 1705, cando os seu pais lle ceden unha casa no Campo das Redes.

Alonso, Baltasar.

Presbítero, veciño de Reboreda en 1667.

Araújo, Antonio de

Clérigo presbítero, veciño de Redondela en 1667.

Castro, Andrés de (Redondela)

Aparece como licenciado clérigo presbítero, veciño e natural de Redondela, testificando nas probas a oficial da Inquisición do Conde de San Román.

Castro Araujo, Martín de (Redondela)

Clérigo presbítero, veciño e natural de Redondela, testifica en 1680 nas probas a oficial da Inquisición do Martín de Nogueira Blanco.

Fernández Guerra, Antonio (Redondela)

Aparece como licenciado clérigo presbítero, vecino e natural de Redondela, testificando nas probas a oficial da Inquisición do Conde de San Román.

Ibarra y Castro, Andrés de (Redondela)

Clérigo e presbítero, natural e veciño de Redondela, testifica en 1680 durante as probas para familiar do Santo Oficio da Inquisición do licenciado Martín de Nogueira Blanco.

Lanzós y Andrade, Francisco de (Redondela)

Aparece como clérigo presbítero, veciño e natural de Redondela, testificando nas probas a oficial da Inquisición do Conde de San Román.

Oubiña, Lope de

Clérigo veciño de Redondela en 1628.

Pereira de Castro, Juan (Redondela)

Clérigo presbítero, veciño de Redondela, que testa en 1672.

Vázquez Carbajales, Domingo

Clérigo presbítero, testifica en 1680 nas probas a oficial da Inquisición do Martín de Nogueira Blanco.


Outros S. XVIII

Alfaya y Roncero, Lorenzo

Aparece no Catastro de Ensenada de Redondela (1752), como tenente cura de Redondela pola ausencia do titular, José Mendiburu.

Araújo, Francisco de

Presbítero e veciño de Reboreda cando menos entre 1742 e 1753.

Figueroa, José Ventura

Presbítero veciño de Redondela que testa en 1753.

Parcero y Nogueira, Juan Antonio

Presbítero, veciño de Redondela en 1732.

Vázquez, Francisco

Presbítero, natural de Redondela. Testa en Santiago en 1740.


Outros S. XIX

Acuña y Mos, José Fernando (O Viso)

Foi promovido ao Subdiaconado e Menores en xuño de 1881.

Acuña y Mos Juan Francisco Fernando (O Viso)

Presbítero do Viso en 1882.

Alfaya, José

Presbítero de Redondela, aparece nunha lista de 1854 de enfermos de cólera que se curaron. (Específico contra el cólera (1854) Chao Rodriguez, José María).

Alfaya Milijosa, Fernando (Reboreda)

Nado no Pazo de Pousadouro en 1840. Párroco de Arcade cando menos entre 1882 e 1899.

Alonso, Miguel

Presbítero de Redondela entre1880 e 1891.

Álvarez, Inocencio

Coadxutor da vila de Redondela en 1886. Continuaba ao ano seguinte.

Álvarez, José Benito

Aparece nunha relación de: Alcipreste, párrocos e clero do arciprestado de Redondela que firman unha carta de apoio ao Bispo de Tui en 1864.

Álvarez, Joaquín

Presbítero de Trasmañó cando menos entre 1880 e 1897.

Arcal, Domingo Antonio

Aparece nunha relación de: Arcipreste, párrocos e clero do arciprestado de Redondela que firman unha carta de apoio ao Bispo de Tui en 1864.

Cabaleiro, José (Cedeira-Red.)

Presbítero que en 1845, na igrexa de Redondela, oficiaba dúas misas semanais”por encargo del Sr. Abad de Fornelos de la Rivera actual capellán”

Collazo, José

Presbítero de Vilavella entre 1867 e 1879.

Díaz, Saturnino

Presbítero residente en Redondela en 1878.

Estévez, José.

Coadxutor de Cesantes cando menos entre 1866 e 1891.

Fernández, Manuel

Presbítero residente en Redondela en setembro de 1880. Aparece como Presbítero de Redondela en 1890 e como coadxutor na mesma parroquia ao anos seguinte.

Figueroa, Marcelino

Aparece nunha relación de: Alcipreste, párrocos e clero do arziprestazgo de Redondela que firman unha carta de apoio ao Bispo de Tui en 1864.

Garrido, José

Coadxutor de Cedeira cando menos entre 1879 e 1897.

Gómez, Pedro Antonio

Presbítero de Redondela en 1865.

Lugo, Jose de

Presbítero de Redondela en 1807.

Martínez, Pedro Santiago

Presbítero de Redondela cando menos entre 1878 e 1880. En 1882 aparece como Presbítero de Cesantes.

Montes Cabaleiro, Modesto

Cando menos dende 1879 Presbítero patrimonista de Cedeira. O 27 de decembro de 1881 foi nomeado coadxutor de S. Pablo de Xende, anexo de Gaxate.

Mos y Táboas , Constantino

Coadxutor de Chapela cando menos entre 1882 e 1891.

Mos y Táboas, Juan Manuel

Presbítero de Chapela cando menos dende 1880 e ata marzo de 1889, data na que foi nomeado coadxutor de Santiago de Morgadanes.

Mos Taboas, Manuel

Presbítero de Cesantes cando menos entre 1860 e 1886. Faleceu en Chapela en xuño de 1910. NOTA: ¿Será Juan Manuel?

Novoa Barbosa, Antonio

Presbítero de Saxamonde en 1882.

Pereira, Florentino

Aparece nunha relación de: Arcipreste, párrocos e clero do arciprestado de Redondela que firman unha carta de apoio ao Bispo de Tui en 1864.

Pereira Míguez, Ramón

Presbítero de Saxamonde en 1882.

Prieto, Ángel

Aparece nunha relación de: Arcipreste, párrocos e clero do arciprestado de Redondela que firman unha carta de apoio ao Bispo de Tui en 1864.

Prieto, Tomás

Aparece nunha relación de: Arcipreste, párrocos e clero do arciprestado de Redondela que firman unha carta de apoio ao Bispo de Tui en 1864.

Queimaliños Queimaliños, Carlos Ceferino (Redondela)

O 16 de outubro de 1888 faleceu en Redondela o Presbítero Carlos Ceferino Queimaliños Queimaliños, aos 38 anos de idade.

Rivas y Amoedo, José

En 1882 Presbítero de Redondela e anteriormente Presbítero Ecónomo que foi de Cepeda. O 19 de novembro de 1884, foi nomeado Capelán coadxutor ad nutum de Santiago de Redondela.

Soto, Gregorio María de

Coadxutor de Chapela en 1867.

Táboas, José Antonio

Aparece nunha relación de: Arcipreste, párrocos e clero do arciprestado de Redondela que firman unha carta de apoio ao Bispo de Tui en 1864.

Troncoso, Bernardo (Redondela)

Presbítero. Bautizou a Casto Sampedro (Ver Persoeiros>Investigación) en 1848 coa licenza do párroco de Redondela, Isidro Álvarez y Piñeiro. En 1854 celebraba unha misa de 12 de recente fundación, como “capellán nombrado por la viuda de Sestelo”.

Troncoso Almansa, Francisco

Presbítero de Redondela en 1882.

Veiga Domínguez, José

Aparece nunha relación de: Arcipreste, párrocos e clero do arciprestado de Redondela que firman unha carta de apoio ao Bispo de Tui en 1864. A continuación do seu nome “de Villar”, polo que pode ser párroco daquela freguesía ou natural dela.


Outros S. XX

Alonso Merino, Jacinto

Coadxutor de San Xoán de Cabeiro, filial de dita Negros, ata que en febreiro de 1924 foi nomeado párroco de San Nicolás de Prado.

Álvarez, Juan

24-1-1913 O cura de Redondela, Juan Álvarez, losqueou en público ao ancián
José Angulo, promovéndose por tal motivo un forte escándalo. No medio de gran tumulto, o pobo pedía a detención do cura, tendo que intervir a garda civil. Témense novos disturbios.

Bouzón Gallego, Avelino (Ventosela)

Seminarista de Ventosela ordenado como subdiácono en maio de 1970. Cóengo arquiveiro e director do Arquivo Histórico Capitular na catedral de Tui. No 2002 publicou "Iglesias de Santiago de Compostela y Tuy-Vigo".

Bouzón, Mauro (Reboreda)

Presbítero de Reboreda nomeado Coadxutor de Baiona. Faleceu en Reboreda en maio de 1920.

Búa Buceta, Manuel P. (Redondela, 1937).

Deu a súa primeira misa en 1960. Foi coadxutor do Viso entre 1962 e 1970, cando foi destinado á parroquia de Nosa Señora de Fátima.

Casas Martín, Francisco

Coadxutor de Redondela en 1914.

Contreras Quirós, Claudio (Redondela)

Nos anos 50 e 60 do pasado século predicaba nas principais festividades do noso Concello.

Costas, José

Coadxutor de Redondela cara a 1948.

Couto Villanueva, Rogelio (Redondela)

En xaneiro de 1910 ordenouse en Tui de prima tonsura a este xove redondelán fillo de Manuel Couto.

Estévez Álvarez, Manuel

Nomeado Coadxutor de Redondela en decembro de 1918. Anteriormente estaba destinado na Ínsua. Continuaba na nosa vila en 1920.

Feijoo Alfaya, Fermín (Redondela)

Coadxutor de Bouzas a principios dos anos 50.

Fernández, Manuel

Presbítero de Reboreda en 1915.

Fernández y Fernández Menéndez, Rufino (Tomiño)

Nomeado coadxutor de Redondela en maio de 1925, sendo o seu primeiro destino como sacerdote. Dirixía coros e o orfeón Veira d’o mar. Deixa a nosa vila en novembro de 1929 ao ser trasladado a Vigo.

Fernández Senra, Francisco

Unha noticia de decembro de 1919 da conta do falecemento en Redondela do ecónomo daquela parroquia.

Ferreira Aguirre, Ramón (Tui)

En xaneiro de 1910 comeza a desempeñar o cargo de coadxutor en Redondela.

García Boente, Benigno

Coadxutor de Chapela en 1936.

García Lago, Antonio /Chapela)

O 6 de xaneiro de 1955, celebra a súa primeira misa na parroquial de Chapela, de onde era natural. Faleceu en 1982 aos 52 anos.

Giráldez Lera, Enrique (Redondela, 1946)

Enrique Giráldez Lera, sacerdote agregado da Prelatura do Opus Dei. A principios dos anos 60 estudou a carreira de Ciencias Exactas. En 1964 entra no Opus Dei. En 1973 comezou a traballar na escola viguesa Montecastelo. Logo convértese en catedrático e comeza a traballar no instituto de bacharelato de Veguellina de Órbigo (1977-79). Ensinando despois en institutos de Vigo e Pamplona ata 1986. O 26 de agosto de 1990 é ordenado sacerdote no santuario de Nuestra Señora de los Ángeles de Torreciudad (Huesca). Pouco despois volta a ensinar en Montecastelo ata pouco antes da súa morte no 2000.

González Couñago, Jaime (Reboreda, 1937)

Nomeado presbítero en setembro de 1962, daría a súa primeira misa na súa Reboreda natal. En decembro dese ano ten como primeiro destino o de coadxutor en O Rosal, substituíndo a Luis Soto trasladado a Redondela. En 1966 é trasladado como coadxutor a Redondela. Finalmente sería nomeado párroco de Pazos de Borbén. En febreiro de 2013 sufriu un roubo con agresión na casa reitoral de dita parroquia.

Lago Otero, Manuel (Saxamonde)

Catedrático do Seminario Conciliar de Tui, en 1922 desempeñaba o cargo de párroco de General Paz (Arxentina). É o mesmo Manuel Lago que colaborou con Casto Sampedro (Ver Persoeiros S) recollendo cancións da parroquia de Saxamonde, tales como: “Sajamonde. Antiguos reises” ou “Sajamonde. Aninovo”.

Martínez

Era coadxutor de Redondela en marzo de 1910.

Martínez González, Manuel

Coadxutor de Redondela cando menos entre xuño de 1921 e 1924. Dirixiu varios orfeóns en Redondela. NOTA: ¿Será o mesmo Manuel Martínez González que foi cura de Negros ata que en 1925 é trasladado a Gondomar?

Montero Barrera, Jesús.

Deu a súa primeira misa en 1965.

Pérez Albán, Manuel (¿?-Redondela, xullo 1921)

Párroco castrense do distrito de Redondela, cando menos dende 1887. Morreu despois dunha larga enfermidade en xullo de 1921.

Piñeiro Piñeiro, Manuel (Fornelos do Monte)

Capelán de Redondela cando menos dende 1890. Logo pasaría a ser coadxutor da mesma parroquia, cargo que desempeñou ata a súa morte en 1925, aos 84 anos de idade.

Rodríguez, José

Coadxutor de Redondela en 1928.

Rodríguez y Rodríguez, José

Coadxutor de Cedeira en 1914, continuaba en 1938.

Sieiro, Verísimo

Coadxutor de Redondela trasladado en 1933 a Mondariz Balneario.

Soto Prado, Luis

Coadxutor de Santiago de Redondela dende decembro de 1962 ata que en 1966 é nomeado párroco de Entenza (Salceda de Caselas). Anteriormente varios anos como coadxutor en O Rosal.

Sueiro Rodríguez, Verísimo

Coadxutor de Redondela cando menos entre 1930 e 1932.

Suárez Zabaleta, Manuel "Maravias" (Redondela, 1935)

Deu a súa primeira misa en 1963, en Redondela. No 2013 cumpriu 50 anos de sacerdocio. Exerceu ata a súa xubilación como cura de Lavadores (Vigo).

Trasande, José

Aparece nun xornal como párroco do concello de Redondela en 1923.

Vallejo, Jose Antonio

Era presbítero de Alveos cando deu a súa primeira misa en Redondela en agosto de 1937, coincidindo co día da Virxe. Aparece como coadxutor de Redondela en 1938.

Vilán, Juan (O Viso)

Era presbítero e coadxutor de Aranza (Soutomaior), cando faleceu naquel Concello en 1925.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

SEREN

Nº5. Bosquexo da orixe da Igrexa de Santiago de Redondela; Vida dalgúns abades e a súa obra. Amado Ricón Virulegio.

Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013.

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)

Redondela y Vigo frente a la luctuosa y el diezmo eclesíastico: la sentencia arbitral de 1494. José Martínez Crespo. Cuadernos de Estudios Gallegos. Nº 113 (2000).

O cemiterio dos Eidos da vila de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela, 2022.

Arquivo da Universidade de Santiago de Compostela USC>PROTOCOLOS, S- 182/Registro 1526-30 _ PROTOCOLOS, S- 193, Pieza 3Registro 1537 _ PROTOCOLOS, S- 257 _ TESTAMENTOS 1740. Fol.128v.-138: H.R. _ TESTAMENTOS,Nº 23/Testamentos del Real Hospital _ Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela>Páx. 23-139-173

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, El Movimiento católico

PARES Portal de Archivos Españoles http://pares.mcu.es =>Expediente de comprobación de bens, rendas e cargas das diferentes freguesías, efectuado por decreto de decembre de 1760 para o establecemento da Única Contribución; Catastro de Ensenada; Convento de Nuestra Señora de la Cerca (Santiago de Compostela);Memorial cobrador de rentas del convento de Vilavella; Universidad Alcalá de Henares; Pruebas

Real Academia de la historia. www.rah.es

FarodeVigo

La Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Atlántico Diario

www.boe.es

A Peneira

www.conelpapa.com-opusdei

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Diario de Pontevedra, Boletín eclesiástico del Obispado de Tuy, La Integridad, El Correo de Galicia, La Correspondencia Gallega (Pontevedra), La Correspondencia Gallega (Buenos Aires), Vida Gallega, 1864 Carta pastoral..., El Pueblo Gallego..

Específico contra el cólera (1854) Chao Rodriguez, José María.

Guía del estado eclesiástico seglar y regular, de España, en particular, y de toda la iglesia católica en general, para el año 1805. Madrid, Imprenta Real.

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925. Publicado en todocoleccion.net

Arquivo Deputación de Pontevedra. Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra: Arrendamento de froitos na aldea de Vilar do Mato (1669). Poder de representación para facer unha demanda acerca dun gando (1669). Venda dunha coutada en Barciela, freguesía de San Nicolás de Prado en Ponteareas (1753) Poder outorgado para cobrar os réditos dun censo (1628). Poder de representación nun preito (1628). Preito polos bens que quedaron á morte de Francisco de Soto (1653). Foro dun territorio de casa na praza vella (1681). Partilla entre Lope Doubiña e Pedro Doubi para dividir os bens herdados dos seus pais (1628). Venda da leira de herdade "da Veiga Dasnelle" (1667).Petición a Miguel de Rosende, tenente de xuíz de Redodela (1628). Doazón (1705). Nomeamento de vigairo do convento da Purificación Vilavella de Redondela (1753). Testamento de José Ventura Figueroa, presbítero, veciño da vila de Redondela (1753). DEPO10100015694-Inscripcións

(19330507 Terra!)

Deputación de Pontevedra: atopo.depo.gal >Expediente de eleccións municipais. Redondela (1841). 1750 Visitas ás reais devesas e plantíos da antiga Provincia de Tui...






No hay comentarios:

Publicar un comentario