miércoles, 1 de abril de 2026

Guerra Civil. Listaxe de presos na Illa de San Simón: FA-FE

 


Grupo de presos. Foto publicada en "As illas de San Simón e San Antonio"


Fabra Dealbert, Manuel (Adzaneta/Atzeneta del Maestrat-Castelló)

Alguacil, 61 anos, casado con María. Fillo de Juan e Festiva.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/12/1938 a 6 anos e 1 día de reclusión menor.

Preso na Prisión de Castellón (09/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/04/1939), Prisión Central de Dueñas (02/11/1939), O 29/07/1940 concédeselle a Liberdade condicional.


Fabregats Farels, Felipe (Alfarras-Lleida)

Xornaleiro, casado, 60 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fabregat Prades, Felipe (Villafranca del Cid-Castelló)

Xornaleiro, 63 anos. Fillo de José e Dolores.

Membro de UGT.

Xulgado en Castellón, en 1938, por Adhesión á Rebelión: Guardias con armas en Villafranca del Cid”. (Causa 420/ 14157, Orde 5). Condenado o 12/07/1938 a cadea perpetua, 30 anos. Posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día. (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300858, Expediente 90101).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939) onde, por Orde do 22/07/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE 209 de 28/07/1942, páxina 5536).


Faginas Díaz, Manuel (Gijón-Asturias)

Tipógrafo, 21 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Cándida. Veciño de Vilagarcía (Pontevedra).

Xulgado en Pontevedra por Excitación á Rebelión. Condenado o 26/07/1937 a 6 anos e 1 día. A pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27409).

Preso na Prisión de Caldas de Reis, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/08/1937), Prisión de Santiago de Compostela (18/03/1939), Prisión Central de Pamplona (05/08/1939), onde o 05/02/1941, concédeselle a Liberdade Condicional. (BOE nº 38 de 7/2/1941, páxina 909)


Failde Toimil, Severino (Vilanova, Lalín-Pontevedra)

Carpinteiro, 26 anos, casado con Luisa Jofre. Fillo de Lino e Manuela.

Presidente de "Obreros de la Gesta".

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 20/09/1937 a 15 anos. A pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra a 3 anos de reclusión menor (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27389).

Preso, cando menos, na Prisión de Lalín, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936), Prisión Central de Astorga (06/05/1939) e Prisión Central de Alcalá de Henares (21/11/1939).

En 1940 ábreselle Expediente de Responsabilidades Políticas (BOE 05/03/1940, Anexo único, nº 65, páx. 1171). Indultado en 1941.


Fajardo Gámez, José María (Piñar-Granada)

Xornaleiro, 62 anos.

Xulgado en Granada (Sumario 18.686/39). Condenado a 12 anos e un día, pena posteriormente conmutada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300853, Expediente 89376).

Preso na Prisión de Granada, Prisión Central de Astorga e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 17-5-41 por causas naturais. Enterrado no cemiterio de Pereiró (Vigo).



Falcó Pomar, Pedro (Torres de Berrellén-Zaragoza)

Xornaleiro, casado con Elvira Jimeno, 61 anos. Cargas familiares: unha filla solteira e outra viúva, vivindo con eles unha terceira filla casada.

Xulgado por Auxilio Á Rebelión por acoller na súa casa a uns milicianos, entre os que se atopaba o seu fillo Federico, que puxeron bombas na liña férrea, cortando a mesma (Causa 1439/1937). Condenado o 11/10/1937 a 12 anos e 1 día reclusión temporal.

Durante o seu traslado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón o 02/12/1938:se suicidó arrojándose al mar”.

En 1940 ábreselle Expediente de Responsabilidades Políticas, impoñendo unha multa de 350 pesetas aos herdeiros. Por decreto de 29/12/1960 concédeselle o indulto.


Fandiño Bermúdez, Evaristo (Cangas-Pontevedra)

Mariñeiro, solteiro, 20 anos. Fillo de Fructuoso e Serafina.

Afiliado ao CNT, do Sindicato "Mar y Tierra".

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 01/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27400).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/10/1936). O 13/08/1940 é posto en Liberdade condicional.

Expediente de Responsabilidades Políticas.


Fandos Benaiges, José (Pauls-Tarragona)

Labrego, 35 anos. Fillo de José e Providencia.

Xulgado en Castellón en 1938 por Auxilio á Rebelión (156/14199, Orde 1). Condenado o 10/06/1938 a 12 anos e 1 día. A pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300705, Expediente 68642).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) onde, por Orde do 25/09/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro (BOE número 287 de 14/10/1941, páxina 7965).


Fanjul Laviada, Fernando (Manzaneda-Asturias)

Labrego, viúvo, 71 anos. Fillo de Basilio e Carmen.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/02/1938 a 15 anos. A pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300885, Expediente 93620).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova (06/05/1938-27/03/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/03/1939), onde por orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional coa liberación definitiva do desterro (BOE 20/12/1941, nº354, Páx. 9957)

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas (75/00061), sendo indultado en 1957.


Fanjul Loredo, José (San Martín de Anes-Asturias)

Ebanista, casado con Carmen, 61 anos. Fillo de Bernardo e María. Veciño de Oviedo.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 26/04/1938 a 12 anos e 1 día. A pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300524, Expediente 42071).

Preso na Prisión de Oviedo e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde se lle concede a liberdade condicional en 1941 (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2125).


Fares Fidalgo, José (Carboeiro, Silleda-Pontevedra, 1894)

Secretario do Sindicato Mineiro de Fontao nas minas no wolframio.

Detido en Pontevedra en 1936, sendo xulgado por Rebelión Militar (Causa 289/1, Orde 5).

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, da que pasou á Prisión Provincial de Pontevedra. De alí foi trasladado con máis detidos pola Garda Civil á prisión de partido de Caldas de Reis o 5 de setembro de 1936. Nunca chegaría ao seu destino porque lle darían morte amparándose na aplicación da lei de fugas.

A pesares do seu pasamento sería procesado en 1940 polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo (Referencia: TERMC, Ficheiro 71, Documento 2311202/Referencia: TERMC, Ficheiro 74, Documento 2405499).


Fariña Duque, Antonio (Pontevedra-Pontevedra)

Tranviario, casado.

Probablemente non chegou a estar detido en San Simón. Citado aquí porque foi paseado” xunto a Gumersindo González González, José Romero Castiñeira, Alberto Casal Dozo, Ángel Rial Vidal e Eduardo García Santos. Todos eles sacados o día 11 de novembro de 1936, da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, para ser conducidos pola Garda Civil ao cárcere da Cañiza. Serían fusilado na Lomba (Gargallóns), na estrada de Xeve a Campo Lameiro. Os corpos das vítimas foron transportados en carros e enterrados na foxa situada entre a igrexa e o cemiterio de santo André de Xeve.


Fariña Tiscar, Ricardo (Pontevedra-Pontevedra)

Camareiro, 40 anos, casado con Antonia Semil. Fillo de Ricardo e Matilde.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/09/1937 a 15 anos. A pena sería conmutada o o 02-08-1943 a 3 anos.

Preso, cando menos, na Comisaría de Vixilancia de Pontevedra e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/09/1936) e Prisión Provincial de Lugo (05/12/1939), onde o 24/07/1940 queda en Liberdade Condicional.


Fariñas Torres, Ricardo (Pontevedra-Pontevedra)

Mariñeiro, 46 anos.

Afiliado ao Partido Comunista (PCE).Do "Sindicato de la Industria Pesquera"

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado a prisión 12 anos 1 día. A pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300375, Expediente 19953).

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, o 12 de decembro de 1942 ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 157).


Fariñas Vilamor, Manuel “Perico” (Santa María de Arzúa, A Estrada-Pontevedra)

Churreiro. 26 anos. Veciño de Bedelle, A Estrada.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Recrutado no Tercio. Dise que morre na fronte en estrañas circunstancias (polas costas).


Faro Iglesias, Julio (A Caniza-Pontevedra)

Serrador, 31 anos, casado con Angelina. Fillo de Leonardo e Juana.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 16/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos. A pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27422)

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Forte de San Cristóbal-Pamplona (08/02/1937).

O 29/06/1944 concédeselle a Liberdade Condicional.


Faro Iglesias, Leopoldo (Santiago-A Coruña)

Xornaleiro, casado, 31 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Faro Varela, Francisco (Pías, Ponteareas-Pontevedra)

Labrego, 28 anos, casado con Isolina. Fillo de José e Pilar.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 18/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos. A súa pena sería conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27382).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Forte de San Cristóbal-Pamplona (08/02/1937).


Faro Varela, Jesús (Redondela-Pontevedra)

Xornaleiro, 32 anos, viúvo.

Detido na Illa de San Simón.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Farto Montes, Manuel (Salcedo, Pontevedra-Pontevedra)

Albanel, solteiro, 25 anos. Fillo de Manuel e Isolina.

Xulgado en Pontevedra por Excitación á Rebelión. Condenado a 6 anos e 1 día. Conmutación e extinción o 12-02-1943.

Preso, cando menos, na Prisión Provisional de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1936), Prisión de Santiago de Compostela (27/02/1939), Prisión Central de Pamplona (05/08/1939). Liberdade Condicional o 10/05/1944.

Acabaría casando con Carmen Acuña Boullosa, de Figueirido (Vilaboa-Pontevedra), que con tan só 11 anos foi por primeira vez á Colonia Penitenciaria de San Simón. Leváballe comida e roupa ao seu curmán, Manuel Ruzo Boullosa, mestre en Rodís (Lalín) e detido en Figueirido onde se agochaba.


Febrer Ferrer, Juan (Albocàsser-Castelló)

Carpinteiro, 69 anos, casado con María. Fillo de Carlos e Antonia. Veciño de Moró (Castelló).

Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 05/10/1938 a 12 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provisional de Castellón (13/07/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/04/1939).


Feijoo Castro, Francisco (Castrelo, Cambados-Pontevedra)

Mariñeiro, 53 anos, casado con Rosa Cousido. Fillo de Manuel e Soledad.

Xulgado en Pontevedra por Excitación á Rebelión. Condenado o 06/03/1937 a 15 anos. Pena conmutada posteriormente a 9 anos e 6 meses.

Preso, cando menos, na Prisión Provisional de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/02/1937). O 23/08/1940 pasa a situación de Prisión atenuada (liberdade condicional).


Feijoo Fernández, Salvador (Castro de Escuadro, Maceda-Ourense)

Industrial, 47 anos, casado con Remedios Aneiros. Fillo de Contemplación.

Veciño de Cedeira (A Coruña).

Xulgado en Ferrol por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/03/1938 a 12 anos e 1 día. Pena conmutada posteriormente pola Comisión da Coruña (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300284, Expediente 8842).

Preso, cando menos, no Castelo de San Felipe-Ferrol, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (14/07/1937), Prisión de Santiago de Compostela (11/03/1939) e Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores (BDST).


Feijoo Serantes, Manuel (Ribadumia-Pontevedra)

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 15/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena conmutada posteriormente pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27385).

Preso, cando menos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Pamplona (15/07/1937), Prisión de Pontevedra (03/01/1942), Prisión Central de Pamplona (24/01/1942), Prisión Central de Astorga (13/11/1942) e na Prisión Central de Figueirido (26/12/1942), onde por orde do 25/09/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 285 de 12/10/1943, páxina 9882).

No Forte de San Cristóbal (Pamplona) participou na gran evasión do 22/05/1938, sendo capturado el 24 por requetés.


Felipe Albalate, Fermín (Ludiente-Castelló)

Labrego, 32 anos. Fillo de Pedro e Ramona.

Xulgado en Castellón por Auxilio á Rebelión. Condenado o 23/08/1939 á pena de 20 anos. Posteriormente a pena sería conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300915, Expediente 97602).

Preso, cando menos, na Prisión de Camposancos e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941) e Prisión Central de Santa Isabel, de Santiago de Compostela, onde por Orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 155 DE 04/06/1943, páxina 5363).

Expediente de Responsabilidades Políticas. Sobresemento (BOE nº249, 06/09/1945, páx. 536)


Felipe Albalate, José (Ludiente-Castelló)

Labrego, 44 anos. Fillo de Pedro e Ramona.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 06/06/1939 a 20 anos de prisión. Posteriormente a pena sería conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300858, Expediente 90103).

Preso, cando menos, na Prisión de Camposancos e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941), onde por orde do 12/12/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro.


Feras Salgueiro, Isolino (Arxóns-Pontevedra)

ELIMINAR Ver Feros Salgueiro, Isolino

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Feras Salgueiro, Isolino


Fernández (sen segundo), Antonio (As Neves-Pontevedra)

Labrego, 29 anos, casado con Marina García. Fillo de Josefa Fernández Fernández.

Veciño de Currás, Leirado (Salvaterra do Miño-Pontevedra).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 11/02/1937 a cadea perpetua, a 30 anos.

Preso na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937) e Prisión Central de Burgos (06/03/1939). Prisión atenuada o 29/10/1940.


Fernández (sen segundo), Francisco (San Adrián, Vilaboa-Pontevedra)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón na espera de xuízo, de onde cada 10 ou 15 días eran sacados os presos de Vilaboa para realizar traballos forzados na construción da estrada ao peirao de Santa Cristina de Cobres. Absolto sen chegar a ser procesado.


Fernández (sen segundo), Manuel (Vilamoure-Ourense)

Comerciante, solteiro, 69 anos. Fillo de Dominga.

Veciño de Ourense.

Condenado o 07/07/1939 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Ourense e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/09/1940).


Fernández Alonso, Antolino (Santa Leocadia, Toreno-León)

Mineiro, 27 anos, solteiro. Fillo de Emilio e Elvira.

Condenado a pena de morte.

Preso, cando menos, no Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/08/1938).

O 15/03/1939 foi executado no Castro de Vigo.

A pesares da súa morte ségueselle Expediente de Responsabilidades Políticas en Valladolid co resultado de Inculpación en 1942.


Fernández Álvarez, Baltasar (Barakaldo-Bizkaia)

Xornaleiro, solteiro, 17 anos. Morto na illa de San Simón.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Álvarez, Benigno (Cangas de Onís-Asturias)

Zapateiro, 59 anos. Fillo de Agustín e Genoveva.

Veciño de San Tirso de Abres (Asturias).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 30/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos. Conmutada posteriormente por 20 anos de reclusión menor.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941) e Prisión de Oviedo (04/01/1943). Liberdade condicional o 25/12/1943.


Fernández Álvarez, Emilio (Sama, Langreo-Asturias)

Carpinteiro, solteiro, 26 anos. Fillo de Ramón e Herminia. Veciño de Ablaña (Mieres-Asturias).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 22/12/1939 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/07/1938), Prisión de Pontevedra (09/02/1943). Liberdade condicional o 15/04/1944.


Fernández Álvarez, Joaquín “Vitala” (Mieres-Asturias)

Mineiro, viúvo, 65 anos. Fillo de José e Luisa. Veciño de Ujo (Mieres-Asturias).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 24/03/1938 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Oviedo, Prision Central de Celanova (24/03/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/03/1939).


Fernández Álvarez, José (Grazalema-Cádiz)

Fiadeiro, casado con Teresa Castro, 70 anos. Fillo de Juan e María.

Veciño de Ronda (Málaga).

Condenado o 19/02/1939 a 12 anos e 1 día.

Preso na Prisión do Partido de Ronda (27/12/1938), Prisión Provincial de Málaga (23/01/1939), Prisión Central de Orduña (27/11/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/11/1940).


Fernández Álvarez, José (Luarco-Arturias)

Xornaleiro, 65 anos, casado con Florentina Granda. Fillo de Ramón e María.

Veciño de Avilés (Asturias).

Xulgado en Gijón por Auxilio á Rebelión. Condenado o22/04/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión menor.

Preso, cando menos, na Prisión Preventiva de Gijón, Prisión Central de Figueirido (17/05/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/03/1939) e Prisión Central de Figueirido (09/09/1939).


Fernández Anta, Casimiro (Viana do Bolo-Ourense)

Labrego, 64 anos, casado con Asunción Sierra. Fillo de Nicolás e Narcisa.

Veciño de Carracedo (A Veiga-Ourense).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 23/06/1938 a 15 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Verín, Prisión de Ourense (20/02/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/03/1939) e Prisión Central de Figueirido (09/09/1939). Liberdade condicional o 03/09/1941.


Fernández Balboa, Benito (Lalín-Pontevedra, 1903)

Mecánico, solteiro, 33 anos.

Foi nomeado garda municipal na República. Detido o 15 de setembro de 1936, foi trasladado a San Simón en outubro. Xulgado en Consello de Guerra o 20 de novembro, foi condenado a reclusión perpetua. O 4 de xaneiro de 1937, co pretexto dun traslado de prisión foi asasinado.


Fernández Barbosa, Antonio (Lira, Salvaterra do Miño-Pontevedra)

Comerciante, 42 anos, casado con Amalia Núñez.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 11/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937), Prisión Central de Burgos (06/03/1939). O 29/10/1940 pasa a Prisión atenuada e, o 07/05/1943 danlle a Liberdade definitiva.


Fernández Barcia, Joaquín “El Negro” (Mourente, Pontevedra-Pontevedra, 10/08/1906)

Ebanista, 30 anos. Fillo de Saturno e Elvira.

Afiliado á Sociedade de Ebanistas afecta á UGT. Estivera preso no 1934 polos sucesos revolucionarios de outubro.

Foi detido en Vigo o 25 de agosto de 1936 onde se refuxiara na casa duns parentes, ao ser recoñecido por un policía pontevedrés. Estaría preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (causa 1118/36) por participar na requisa de armas. Condenado o 20/11/1936 á pena de morte. Sería executado o 02/12/1936 no alto da Caeira. Foi enterrado en san Amaro. Como causa da morte anotada no Rexistro Civil pontevedrés figura a de “colapso cardíaco”.


Fernández Barreiro, Manuel

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Caamaño, Laureano (Cornazo, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Albanel, pavimentación de rúas, 21 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Marcelina
.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/02/1937 a 12 anos e un día.

Preso, cando menos, na Prisión de Cambados, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/10/1936)


Fernández Calvo, Manuel (Lavadores, Vigo-Pontevedra)

Xornaleiro, casado, 32 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Carlés, Ricardo (Valga-Pontevedra)

Labrego, solteiro, 24 anos. Fillo de José e Josefa. Veciño de Pontecesures (Pontevedra).

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/04/1937 a 15 anos. Posteriormente, conmutada a 2 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Caldas de Reis, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/01/1937), Campo de Trabajo de Valdemoro (21/10/1939), Prisión Central de Astorga (23/12/1939) e Prisión de San Lorenzo-Madrid (20/03/1940).

Reingreso na Prisión de Lugo (20/07/1945). Liberdade o 22/10/1945.

Integraríase na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, liderada por Benigno Andrade “O Foucellas”. O 18 de maio de 1948 a Garda Civil os cerca nunha casa que incendia no lugar de Loureiro, en Luou (Teo). Tan só Benigno e Xosé Ramuñán “Ricardito” conseguen fuxir, falecendo Ricardo e tres dos seus compañeiros (Manuel Agrasar Cajaraville "Barbarroxa", Vicente López "Rufino" e Florentino Menéndez "Tino"), ademais dun dos Gardas Civís. Os catro guerrilleiros serían enterrados nunha fosa no cemiterio de Santa María de Luou.


Fernández Carmona, José

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 11/07/1941 (BOE número 263 de 2/8/1941, páxina 7251).


Fernández Carmona, Manuel (Sevilla)

Xornaleiro, casado, 59 anos.


Fernández Castillo, Luis (Fontanosa-Ciudad Real)

Labrego, casado, 63 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Ceballos, Agapito (Monegro-Cantabria)

Industrial, 60 anos, casado con Esperanza Sáiz. Fillo de Manuel e Martina.

Veciño de La Costana (Cantabria).

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado por sentencia de 27 /09/1937 a 20 anos.
Preso, cando menos na Prisión do Partido de Reinosa (20/08/1937), Prisión de Santander (14/02/1939),
Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939) e Prisión de Santander (24/04/1941). Liberdade condicional o 23/05/1941.


Fernández Cividanes, Pacífico (A Guarda-Pontevedra)

Xastre, 38 anos, casado con María Vicente. Fillo de Severino e Joaquina.

Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/09/1937 a 12 anos e 1 día.



Fernández Collado, Victoriano (Carmena-Toledo)

Labrego, 43 anos. Fillo de Antero e Fernando.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/07/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso na Prisión de Camposancos-A Guarda e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941), por orde do 12/10/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 5 de 05/01/1943, páxina 161).




Fernández Cué, Baltasar (Llanes-Asturias, 26/09/1878)

B. Fdez. Cué-Fund. Pablo Iglesias
Enxeñeiro, escritor, periodista e guionista cinematográfico. 62 anos. Fillo de Benigno e Ana.

Ao rematar os seus estudos emigra a México onde ocupou varios cargos públicos. En 1924 trasládase a Los Ángeles onde exerce como mestre de español e cronista de cine en varias revistas e xornais. Despois traballaría para varios estudos de cine como guionista realizando adaptacións de versións hispanas. En 1931 regresa a España, concretamente a Madrid. Membro de UGT de Madrid. Colaborador de El Socialista (Madrid).

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 22/08/1939 á pena de morte, séndolle conmutada pola de cadea perpetua, 30 anos.

Preso na Prisión de Toreno, Prisión de Yeserías en Madrid, Reformatorio de Ocaña-Toledo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/07/1941) e Prisión de Vigo (06/02/1943). Liberdade condicional o 27/01/1944.
Emigrou a New York, onde desembarcou o 17/10/1945. Alí incorporouse á redacción de Cine Mundial traballando como xornalista e tradutor ata o seu falecemento en Venice-Los Ángeles en 1964.

Fernández Cuervo, Constantino
(Soutu los Infantes, Salas-Asturias)

Labrego, 64 anos, casado con Manuela. Fillo de Manuel e Fructuosa.

Xulgado en Gijón por Auxilio á Rebelión. Condenado o 17/05/1938 a 15 anos de reclusión temporal.

Preso na Prisión do Partido de Gijón, Prisión Central Puerto de Santa María (15/07/1938), Prisión Provincial de Granada (23/12/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/03/1939) e Prisión Central de Figueirido (15/05/1939). Liberdade condicional o 20/06/1941.


Fernández Cueto, Lorenzo (Los Corrales de Buelna-Cantabria)

Xornaleiro, casado con María González, 60 anos. Fillo de Antonio e Fructuosa.

Vocal do Comité Agrícola de Los Corrales de Buelna. Membro da Junta Cualificadora del Servicio de Expropiación de Fincas. Interviu no saqueo dun convento e na detención dun mendigo ao que asasinou.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a morte, pena que sería conmutada pola de 20 anos e un día e, posteriormente, pola de 12 anos e 1 día.

Preso no Cárcere de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión Central de Figueirido (09/09/1939).


Fernández Díaz, José (Trubia-Asturias)

Carpinteiro, 57 anos, casado con María. Fillo de José e Rafaela.

Consta como persoal da Fabrica de Armas de Trubia (Asturias) e como Soldado del Batallón Asturias número 29 ferido.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 24/01/1938 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Oviedo, Prisión Central de Celanova (07/02/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/04/1939), onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 199 de 18/7/1941, páxina 5375).


Fernández Espejo, José María (Ugijar-Granada)

Xornaleiro, 65 anos, casado con Enriqueta. Filla de Miguel e Clara.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 12/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Córdoba, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (03/08/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde falece o 9-4-1939 por causas naturais. Enterrado no cemiterio de Pereiró (Vigo).


Fernández Fernández, Antonio

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 26/04/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).


Fernández Fernández, Bernardo (Viavélez, El Franco-Asturias)

Mecánico, 25 anos, solteiro. Fillo de Bernardo e Amalia.

Veciño de Erandio (Bizkaia).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938), Penal de Camposancos-A Guarda (10/01/1940). Liberdade Condicional o 06/08/1940.


Fernández Fernández, Enrique (Paredes, Luarca-Asturias)

Labrego, viúvo, 62 anos.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día de reclusión temporal.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova (15/02/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (31/03/1939), onde por orde do 10/03/1941, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE nº 72 de 13/3/1941, páxina 1790).


Fernández Fernández, José (Gijón-Asturias)

Labrego, 62 anos, casado con Isidora. Casado con Manuel e Teresa.

Xulgado en Gijón por Auxilio á Rebelión. Condenado o 24/03/1938 a 15 anos de reclusión.

Preso, cando menos, na Prisión Preventiva de Gijón, Prisión Central de Figueirido (17/05/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/03/1939).


Fernández Fernández, Marcelino (Oviedo-Asturias)

Tipógrafo, solteiro, 22 anos.

Militante da Agrupación Socialista (AS). Miliciano.

Condenado á pena de morte. Sería conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300149, Expediente 11854)

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Central de Figueirido, onde se lle concede a Liberdade condicional.


Fernández Fernández, Marcos Ángel (León-León)

Montador, 57 anos. Fillo de Bartolomé e Juana.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 14/01/1938 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941) e Prisión de León (10/01/1943). Liberdade condicional o 17/06/1943.


Fernández Fernández, Rogelio (La Vega, San Martín del Rey Aurelio-Asturias)


Mineiro. Fillo de Dionisio e Laura.
Membro da UGT. Forma parte dun grupo de mineiros que trata de chegar a Madrid en tren. De regreso a Asturias incorpórase ao Exército republicano no que alcanzará a graduación de tenente do Bon Mateoti,
Detido en outubro de 1937, cando fuxía a bordo dun barco. Xulgado por Rebelión Militar (Consello de Guerra: Camposancos – 5666). Condenado a pena de morte. Sería conmutada por 12 anos e 1 día de reclusión menor.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se atopaba en xaneiro de 1943.


Fernández Ferreirós, Manuel (Vilar, Redondela-Pontevedra)

36 anos, labrego.

Detido na Illa de San Simón.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Ferrón, Benigno Solitario “Xa vai” (Terreboredo, A Estrada-Pontevedra, 17/05/1917),)

Carpinteiro, 19 anos, solteiro. Fillo de Celestino e Consuelo.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/01/1938 a 15 anos de prisión.

Preso, cando menos, no Cárcere da Estrada, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1936) e Prisión de Duque de Sesto-Madrid (15/12/1939)

Conmutación e liquidación da pena en setembro de 1939. Emigrou a Rio de Janeiro (Brasil) en 1951.


Fernández Filgueiras, Enrique (Teis, Vigo-Pontevedra)

Peón, 30 anos, casado con Juana Suárez. Fillo de Juan e Rosa.

Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/02/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937).


Fernández García, Cándido

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, por Orde do 31/07/1940, BOE nº 218 do 05/08/1940, páxina 5427.


Fernández García, Celso (Proaza-Asturias)

Maquinista, 62 anos, viúvo. Fillo de Víctor e Rita. Veciño de Santurce/Santurtzi (Bizkaia).

Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 28/07/1937 a 20 anos de reclusión temporal.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (07/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).


Fernández García, Gerardo (Avilés-Asturias)

Comerciante, solteiro, 63 anos. Fillo de Antonio e Petronila.

Veciño de Calavero (Illas-Asturias).

Xulgado en Gijón por Rebelión Militar. Condenado o 18/11/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión del Partido de Gijón, Prisión Central Puerto de Santa María (13/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/09/1940).


Fernández García, José María (A Estrada-Pontevedra)

Carpinteiro, 47 anos, casado con Carmen Pereiras. Fillo de Eugenio e Dolores.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 08/08/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso no Cárcere de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/09/1937) e Prisión Provincial de Burgos (03/03/1939). Liberdade condicional o 17/09/1940.


Fernández García, Julián (¿Parasanca de Cubella?-Palencia)

Xornaleiro, 51 anos, solteiro. Fillo de Rafael e Basilisa.

Veciño de La Franca (Ribadedeva-Asturias).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 24/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941) e Prisión Central de Santa Isabel-Santiago (05/02/1943). Liberdade condicional o 19/07/1944.


Fernández García, Manuel (Redondela-Pontevedra)

Caldeireiro, solteiro, 20 anos. Detido na illa de San Simón.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández García, Pedro "Pedro el de la Vega" (Serón-Almería, 1886)


Gandeiro, 54 anos, casado con María Vergara. Fillo de Pedro e Isabel.
Afiliado á UGT de Serón. Agrupación Socialista (AS).

Detido o 20/05/1939. Xulgado en Almería por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día de reclusión.


Preso en Prisión de Purchena-Almería, Prisión de Almería, Prisión Central de Astorga-León (21/12/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/01/1942) onde, por orde do 12/12/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 157).
Cumpriu en total 3 anos, 6 meses e 13 días encarcerado.

Fernández García, Primitivo (Morcín-Asturias)

Metalúrxico, casado, 35 anos. Veciño de Ablaña (Mieres-Asturias).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 26/02/1938 a 20 anos de reclusión temporal.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova (05/05/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Celanova, onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 203 de 22/7/1941, páxina 5475). Anotado “Falecido” no libro de rexistro de Celanova.


Fernández Gijón, Valentín (Argamasilla de Calatrava-Ciudad Real)

Labrego, casado con Inocencia Fernández, 71 anos. Fillo de Ramón e Lucía.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 16/04/1940 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central Almodóvar del Campo, Prisión Central de Astorga (27/09/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/03/1941), onde falece o 02/05/1941 por causas naturais.


Fernández González, Andrés (Villalba de los Alcores-Valladolid)

Xornaleiro, solteiro, 50 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández González, Antonio (Nigrán-Pontevedra)

Labrego, solteiro, 22 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández González, Aquilino (Lumeras, Valle de Ancares-León)

Cereiro, casado con Genoveva, 60 anos. Fillo de Pedro e Dominga.

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión. Condenado o 01/02/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de León, Prisión de La Bañeza-León (06/02/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).


Fernández González, Francisco

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade o 26/04/1940. ( Boletín Oficial del Estado número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).


Fernández González, Santos (Casomera, Aller-Asturias)

Mineiro, casado con Luz, 62 anos. Fillo de Francisco e Manuela.

Veciño de Moreda (Aller-Asturias).

Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/04/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso na Prisión de Oviedo (28/03/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 20/05/1941 (BOE nº 155 de 4/6/1941, páxina 4013).


Fernández González, Teófilo (Medina de Rioseco-Valladolid)

Panadeiro, solteiro, 36 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Gracía, Germán (Vigo-Pontevedra, 1911)

Casado con Carmen Abuín Díaz, 25 anos. Veciño de Pontevedra.

Presidente fundador de Juventud de Izquierda Republicana de Pontevedra. Director do xornal Clarín.

Foi detido porque se fixera un disparo desde o edificio no que residía: “y como el que presenta vive en dicho edificio y es sujeto de tendencias extremistas muy significado procedió a su inmediata detención”. Xulgado en Pontevedra o 10/12/1936 por Rebelión Militar (Causa 119/36). Condenado o 10/12/1936 á pena de morte. Executado en Pontevedra na Avenida Buenos Aires o 28/12/1936. Sería enterrado en san Amaro na sepultura nº 8, zona 2ª e fila 1ª.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

A súa esposa tamén foi xulgada en Pontevedra, neste caso por auxilio á rebelión, co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade militar.


Fernández Grijalba, Aniano (Fuenmayor-La Rioja)

Empregado dun almacén de viños en San Sebastián, casado, 44 anos.


Presidente do gremio da Alimentación, afiliado a UGT.

Durante a guerra continuou no seu posto de traballo:hablando con hostilidad, eso sí, de los nacionales y ayudando en la requisa de vino”. Pasou a Bilbao e Santander, constando como evacuado de Euskadi o 26/10/1936.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á rebelión (-2692). Condenado á pena de 15 anos Rm. Conmutada posteriormente a 6 anos e 1 día PM, pola Comisión de Guipúzcoa (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300541, Expediente 44690).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (onde estaba en abril de 1940) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 187 de 6/7/1941, páxina 5028).


Fernández Gutiérrez, Aquilino (Asturias)

Afiliado a UGT. Soldado do Batallón de Infantería nº115 do Exército do Norte.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 130 de 10/5/1941, páxina 3308).


Fernández Gutiérrez, Manuel (Somahoz, Los Corrales de Buelna-Cantabria)

Xubilado, casado con Daría, 65 anos. Fillo de José e Avelina.

Xulgado en Bilbao. Condenado a pena de morte, sendo conmutada por cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Bilbao, Prisión Central de Burgos (26/07/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1940).


Fernández Herrero, Emilio “El Zurdete” (Torrecampo-Córdoba)

Labrego, 63 anos. Fillo de Antonio e Juana.

Condenado o 18/11/1939 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Victoria, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/03/1941) e Prisión de Córdoba (12/11/1942). Liberdade condicional o 11/11/1943.


Fernández Huidobro, Delfín (Sotillo de la Ribera-Burgos)

Ferroviario, casado, 41 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Jesús, Rafael (San Ildefonso-Segovia)

Xornaleiro, solteiro, 18 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Jiménez. Desiderio (Flechas-Zamora)

Dependente, solteiro, 22 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Lavandera, Ángel (Segovia)

Fontaneiro, casado, 29 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Lázaro, Salustiano (Parla-Madrid)

Cabo de serenos, 62 anos. Fillo de Agustín e Antonia.

Condenado o 06/11/1935 a 14 anos, 8 meses e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), Prisión de Getafe (14/01/1943), Prisión Central de Yeserías (16/06/1943) e Prisión de Ocaña (04/08/1943). Liberdade condicional o 09/01/1945.


Fernández Lecea, Juan Miguel (Olazagutía/Olazti-Navarra)

Electricista, 35. Fillo de Valentín e Eustaquia. Veciño de San Sebastián (Guipuzkoa)

Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 26/02/1942 a 12 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de San Sebastián, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/04/1942), Prisión Central de Santa Isabel-Santiago (18/03/1943), Prisión Central de Burgos (14/1071944) e Prisión Provincial de San Sebastián (01/05/1946). Liberdade condicional o 29/12/1947.


Fernández Leiro, Lucio (Montbeltrán-Segovia)

Ferroviario, casado, 34 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Leiro, Severino (Riofrío, Mondariz-Pontevedra)

Xornaleiro, casado, 38 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Liébana, Eleuterio (Fuente de la Peña-Zamora)

Ferroviario, casado, 41 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández López, Juan José “El Tarugo” (Villarrodrigo-Jaén)

Xornaleiro, viúvo, 75 anos. Fillo de Antonio e Visitación.

Vocal de UGT. Interventor do Frente Popular nas eleccións do 36. Tío do alcalde de Villarrodrigo, Valentín Fernández Navío.

Xulgado en Villacarrillo por Rebelión Militar (Sumarísimo de Urxencia núm. 42.758): Fue Guarda del ayuntamiento”. Condenado a 20 anos de reclusión temporal.

Preso, cando menos, na Prisión Preventiva de Villacarrillo (29/03/1940) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 04/05/1941 por enterite crónica.


Fernández López, Tomás (San Miguel de Aguayo-Cantabria)

Camiñeiro, 62 anos, casado con Teresa Núñez. Fillo de Pedro e Simona.

Veciño de Somahoz (Los Corrales de Buelna-Cantabria).

Xulgado en Santander por Auxilio á Rebelión (Sumario 1539): "De la UGT. Guardias en el Ayuntamiento como elemento de confianza del Frente Popular". Condenado o 02/04/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada a 6 anos de reclusión menor.

Preso, cando menos, na Prisión de Santander, Tabacalera de Santander (09/10/1937) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939). Concédeselle a Liberdade provisional en agosto de 1940.


Fernández Mañas, Alejandro

Xulgado en Sevilla.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 14/10/1942 (BOE número 299 de 26/10/1942, páxina 8584).


Fernández Martínez, Antonio (Cangas Narcea-Asturias)

Labrego, casado, 60 anos.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado a 20 anos de reclusión temporal.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova (05/05/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/03/1939) e Prisión Central de Figueirido, onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 193 de 12/7/1941, páxina 5218).


Fernández Martínez, Eladio (Auñón-Guadalajara)

Carpinteiro, casado, 76 anos.

Afiliado a UGT.

Xulgado en Guadalajara o 26/02/1940 (Causa nº 221-39). Condenado a 9 anos de prisión.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/10/1940).


Fernández Martínez, Gumersindo (Mos-Pontevedra)

Xornaleiro, solteiro, 38 anos.

Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 12/01/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 30/05/1941, concédeselle a Liberdade condicional (BOE 6-6-1941. Páx. 4081).

Na ficha de prisioneiro da illa engadiuse en delito a lapis a palabra “estupro” e “Pontevedra 28/01/1952. Liberdade 28/01/1953”.


Fernández Martínez, Manuel (Luarca-Asturias)

Lavador de coches, 43 anos, casado con Carmen. Fillo de José e Carolina.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 10/11/1937 a 15 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Oviedo, Prisión Central de Celanova (15/02/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/04/1939), Valdemoro (09/10/1939), Prisión Central de Celanova (18/02/1940). Liberdade condicional o 18/10/1941 e definitiva o 09/02/1942.


Fernández Martínez, Manuel (Pravia-Asturias)

Labrego, 76 anos.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado a 20 anos de reclusión temporal.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova (11/02/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/04/1939).


Fernández Mascato, Leopoldo (O Grove-Pontevedra)

Zapateiro, 28 anos, casado con Teresa. Fillo de Juan e Josefa.

Veciño da Illa de Arousa.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 02/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada a 3 anos e 6 meses.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Forte de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937), Prisión de Cuéllar (01/03/1939). Liberdade provisional o 11/081940 e Liberdade definitiva o 12/12/1940, por ter extinguida a pena.


Fernández Maza, Bartolomé (Espinosa de los Monteros-Burgos, 08/08/1878)

Ferroviario, casado con Áurea Baranda. Fillo de Gregorio e María.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión (Causa 15450/37). Condenado o 07/09/1938 a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de San Isidro de Dueñas (04/10/1939). Liberdade condicional o 03/07/1940. Liberdade definitiva o 09/09/1943.


Fernández Menéndez, Antonio (Sama, Langreo-Asturias)

Sereno, 54 anos. Fillo de Maximino e Joaquina.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 21/04/1938 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central ed Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941) e Prisión Central de Santa Isabel-Santiago (05/02/1943). Liberdade condicional 17/04/1944.


Fernández Menéndez, Eusebio (Tremañes-Asturias)

Albanel, 32 anos, casado con Lidia Rodríguez. Fillo de Manuel e Consuelo.

Veciño de Calzada Alta (Gijón-Asturias).

Condenado en Pontevedra a pena de morte, conmutada por cadea perpetua, 30 anos, e posteriormente a 14 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/07/1938), Prisión Central de Figueirido (28/09/1940) e Prisión de Oviedo (19/09/1942).


Fernández Menéndez, Jerónimo (Pravia-Asturias)

Labrego, viúvo, 73 anos.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300525, Expediente 42246)

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova (13/02/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/03/1939).


Fernández Mielgo, Mauricio (Manganeses de la Polvorosa-Zamora)

Labrego, casado con Adela, 60 anos. Fillo de Victoriano e María.

Xulgado en Valladolid por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/10/1937 a 20 anos de reclusión.

Preso, cando menos, na Prisión de Benavente e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/02/1939), onde, por orde do 24/06/1941, concédeselle a liberdade condicional (BOE nº 198 de 17/7/1941, páxina 5344)


Fernández Miguel, Ciriaco (¿Madrid?)

Xulgado en Madrid (Causa 6029/7354). Non coñecemos a pena imposta pero posteriormente sería conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300274, Expediente 7518).

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por orde do 02/08/1941 con liberación definitiva de desterro (BOE 11-8-1941, páx. 6114).

Abríuselle Expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1940.


Fernández Montero, Gabriel (Cuéllar-Segovia)

Xornaleiro, casado, 57 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Morán, Pedro

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Negro, Manuel (Valladolid-Valladolid)

Comerciante, 67 anos. Fillo de Santos e Teresa.

Veciño de Las Arenas/Areeta (Guetxo/Bizkaia).

Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 03/01/1938 a 6 anos e 1 día de prisión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao (16/09/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión Central de Dueñas (06/11/1939). Liberdade condicional o 12/08/1940.


Fernández Nortés, Antonio (Valencia-Valencia)

Militar, 41 anos, casado con Carmen Fernández López. Fillo de José e Manuela.

Veciño de Pontevedra.

Xulgado en Vigo por Denegación de Auxilio. Condenado o 14/03/1937 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937).


Fernández Novoa, Manuel Antonio (Guimarei, A Estrada-Pontevedra)

Labrego, 46 anos, casado con Consuelo Silva. Fillo de Ramón e Manuela.

Non coñecemos as acusacións. Na súa ficha de preso en San Simón figura en Preventiva, concedéndoselle a prisión atenuada (liberdade) despois de 4 anos no cárcere.

Preso no Cárcere da Estrada, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1936), Prisión de Santa Isabel-Santiago de Compostela (27/02/1939) e Prisión Provincial de Pontevedra (21/06/1940). Liberdade condicional o 16/12/1941.


Fernández Ortega, Gregorio (Huéscar-Granada)

Xornaleiro, 62 anos, casado con Eduarda. Fillo de Manuel e Francisca. Veciño de Cortes de Baza (Granada).

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Sumario 18.652/39). Condenado o 07/03/1940 a 12 anos e un día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Granada, Prisión de Santa Isabel-Santiago (26/06/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941), onde falece o 1-6-41 por causas naturais. Enterrado no cemiterio de Pereiró (Vigo).


Fernández Oubiña, Manuel (Baión, Vilanova de Arousa-Pontevedra)

Labrego, 42 anos. Veciño de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa)

Xulgado o 22/01/1937 en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado a cadea perpetua, 30 anos.

Preso no Forte de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937), onde participou na gran evasión do 22/05/1938, sendo detido por militares ao día seguinte. Trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Prisión atenuada o 13/09/1940.

En outubro de 1939 ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas.


Fernández Pando, Manuel “Tuñón” (Morcín-Asturias)

Metalúrxico, viúvo, 62 anos.

Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/09/1938 a 12 anos e 1 día. A pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300524, Expediente 41977)

Preso na Prisión de Oviedo (21/11/1937) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), concédeselle a liberdade condicional en 1941 (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2125).


Fernández Pelayo, Juan (San Vicente de la Barquera-Cantabria)

Mariñeiro, 35 anos, solteiro. Fillo de Francisco e María.

Veciño de Udías (Cantabria).

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 08/03/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938).


Fernández Pelayo, Marcelino (Monzoncillo-Segovia)

Cesteiro, casado, 62 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Pereira, Florindo (San Miguel de Oia, Vigo-Pontevedra)

Xornaleiro, 27 anos, solteiro. Fillo de Benito e Concepción.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/09/1937 a 20 anos. Posteriormente a pena sería conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27384)

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/10/1936). Liberdade condicional 28/08/1940.


Fernández Pérez, Ricardo (Vigo-Pontevedra)

Carpinteiro, 68 anos, casado con Gumersinda Iglesias. Fillo de Juan e Carmen.

Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/07/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27399)

Preso na Prisión de Vigo e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937), concédeselle a liberdade condicional por Orde do 22/02/1941 (BOE número 58 de 27/2/1941, páxina 1398).



Fernández Piquero, Ovidio (Mieres-Asturias)
Mineiro, casado con Mercedes Martínez Vega. Fillo de Manuel e Pilar.
Afiliado a UGT (1931) e directivo do Partido Comunista (PCE) con activa intervención na revolución de outubro de 1934. Tenente de artillería, capturado a bordo dunha embarcación.
Detido en outubro de 1937. Xulgado por Rebelión Militar (Camposancos – 5590). Condenado a pena de morte, pena conmutada a 12 anos e 1 día de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde estaba internado en febreiro de 1943.



Fernández Portillo, Luis (Almodóvar del Campo-Ciudad Real)

Labrego, 63 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Almodóvar e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde faleceu o 25/04/1941.



Fernández Prado, Ovidio (Aldea del Rey-Ciudad Real)
Canteiro, 60 anos. Fillo de Cleto e Amalia.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 12/01/1940 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Valdenoceda-Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941).


Fernández Prieto, Gerónimo (San Román, Santa María de Cayón-Cantabria)

Labrego, 61 anos, casado con Carmen Martín. Fillo de Pascasio e Carmen.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/06/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Santander, Prisión Tabacalera de Santander (22/09/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939) e Prisión Central de Figueirido (15/06/1939). Prisión atenuada o 24/11/1940. Liberdade o 09/08/1942.


Fernández Quer, Antonio (Alcalá de Henares-Madrid, 1877)


Albanel, ferroviario e dono dunha perfumería, 63 anos. Fillo de Manuel e María.
Ingresou en UGT e na Agrupación Socialista de Madrid en 1899. Membro da Comisión Executiva da AS (Madrid). Deputado de AS pola provincia de Madrid (1931) e concelleiro de Alcalá de Henares, en 1903, e de Madrid en 1931. Afiliado a UGT, participou na fundación da “Sociedad de Albañiles La Plomada” e a “Sociedad La Locomotora Invencible” e Presidente da Federación Nacional de Ferroviarios da UGT (1912-1922).
Durante a guerra estivo en Murcia onde foi secretario provincial de UGT.
Xulgado en Murcia por Adhesión á Rebelión. Condenado o 06/10/1939 a pena de morte. A pena sería conmutada pola de cadea perpetua, 30 anos e, a mediados de 1941, a 20 anos.
Preso na Provincial de Murcia, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/04/1941) e na Prisión de Alcalá de Henares (14/08/1942), de onde saíu en liberdade condicional o 25/11/1943.
Estableceuse en Madrid, onde faleceu o 16/03/1951.

Fernández Quintá, Benigno (Antas de Ulla-Lugo)
Labrego, 63 anos, casado con Dolores Guerreiro. Fillo de Luis e Luisa.
Condenado o 30/09/1938 a 8 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Provincial de Lugo (23/01/1943) e Prisión Central de Santa Isabel-Santiago (26/05/1943). Liberdade condicional o 18/08/1944.


Fernández Ramos, José (Palmeira, Ribeira-A Coruña).

Mariñeiro, 27anos, solteiro. Fillo de Manuel e Francisca.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 29/11/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal (16/01/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938).


Fernández Redondo, Ubaldo (Mayorga-Valladolid)

Barbeiro, 42 anos. Fillo de Ramón e Casilda. Veciño de Matallana (Villalba de los Alcores).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 31/03/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de León e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/10/1938), concedéndoselle en 1941 a Liberdade Condicional (BOE nº 267 de 24/9/1941, páxina 7374).



Fdez. Rico, R.-15Mpedia.
Fernández Rico, Ramón “Torneiro” (Vilasantar-A Coruña, 1891)

Ebanista, 45 anos, casado, 9 fillos.

Tenente de alcalde da Estrada. Membro de Unión Republicana.

Veciño de Riobó, A Estrada (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte e internado en San Simón. Executado na subida a Monte Porreiro o 5 de xuño de 1937, xunto aos estradenses Cándido Tafalla Froiz, Jesús Puente Fontanes (alcalde da Estrada), José Rodríguez Sangiao (concelleiro) José María Pena López e Manuel Nogueira González.



Fdez. del Río, Ángel-Nomes e Voces
Fernández del Río, Ángel (Cangas-Pontevedra)

Barbeiro, casado, 27 anos.

Concelleiro de Cangas polo Frente Popular (FP).

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a prisión 15 anos. Posteriormente conmutación a 3 anos de prisión menor.




Fernández Rivas, Manuel (Codeseda, A Estrada-Pontevedra)

Carpinteiro, 25 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Esperanza.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 11/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, no Cárcere da Estrada, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/09/1936) e na Prisión Central de Burgos, onde falece o 23/03/1940.


Fernández Rodas, Manuel (Cangas-Pontevedra)

Ebanista, 29 anos, solteiro. Fillo de José e Brígida. Veciño de Vigo.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/10/1937 a 15 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1937). Liberdade condicional o 05/07/1941.


Fernández Rodríguez, Inocencio (Seoane, Monforte de Lemos-Lugo)

Labrego, 62 anos, casado con Avelina Martínez. Fillo de Evaristo e Manuela.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 14/09/1939 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión de Lugo (23/01/1943) e Prisión Central de Santa Isabel-Santiago (26/05/1943). Prisión atenuada o 14/10/1943.


Fdez. Rguez., J.-Foto familia

Fernández Rodríguez, José “Xiringo” (Oleiros, Salvaterra-Pontevedra)

Labrador e empregado de Serrerías del Miño, casado con Elisa Alonso, 38 anos. Fillo de Domingo e Francisca.

Veciño de Valdefoxos.

Detido en Salvaterra o 22-10-1936 por participar nunha requisa de armas en Oleiros, alegando ameazas do alcalde se non o facía e amosando unha orde escrita do mesmo.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 11/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937) e Prisión Central de Burgos (06/03/1939), pasando a Prisión atenuada o 29/10/1940. Reingresa en prisión (“partida de Vigo”) o 13/02/1945, sendo posto en liberdade o 22/02/1945.


Fernández Rodríguez, Manuel “Nuchu” (San Tirso, Candamo-Asturias)

Labrego, 67 anos, casado con Manuela. Fillo de José e Josefa.

Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 05/04/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Tineo, Prisión de Oviedo (23/06/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939). Posto en liberdade o 22/07/1940.


Fernández Rodríguez, Miguel (Los Villares-Jaén)

Labrego, casado, 64 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon.


Fernández Rodríguez, Rogelio (La Piñera, Morcín-Asturias)

Madreñeiro, viúvo, 63 anos.

Xulgado en Asturias por Rebelión Militar. Condenado o 12/04/1938 a 20 anos.

Preso na Prisión de Sama, Prisión de Oviedo (17/01/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde, por orde do 02/08/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro (BOE número 229 de 17/8/1941, páxina 6334).


Fernández Romero, Antonio (Póvoa do Caramiñal-A Coruña).

Mariñeiro, 36 anos, casado con María Astoreque. Fillo de Ignacio e Josefa.

Veciño de Guernika-Lumo (Bizkaia).

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 29/11/1937 a 12 anos e 1 día. A pena sería conmutada o 13/09/1940 por 4 anos.

Preso, cando menos, no Fuerte de San Cristóbal-Pamplona (16/01/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938). O 19/10/1940 Liberdade condicional.


Fernández Romero, José (Castillo de las Guardas-Sevilla)

Labrego, 64 anos, casado con Alfonsa. Fillo de Juan e Inés.

Xulgado en Sevilla por Rebelión Militar. Condenado o 22/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Sevilla, Hospital Penitenciario Asilo de Segovia (29/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).


Fernández Romero, Perfecto (Boal-Asturias)

Chofer, solteiro, 37 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Ruíz, Valeriano (Linares-Jaén)

Labrego, 63 anos. Fillo de Juan Ramón e Ana.

Veciño de Castellar de Santisteban (Jaén).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 06/03/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Santiago e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1944).


Fernández Saa, Manuel (Vilanova-Ourense)

Comerciante, viúvo, 67 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Sahagún, Lorenzo (Orzonaga, Matallana del Toto-León)

Mineiro, 24 anos, solteiro. Fillo de Joaquín e Francisca.

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión (Causa 365/38). Condenado o 24/03/1938 a 14 anos, 8 meses e 1 día.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Destacamento de Fabero-León (02/10/1940). Liberdade o 25/09/1942.


Fernández Sainz- Maza, Bartolomé (Espinosa de los Monteros-Burgos)

Ferroviario, 57 anos.

Xulgado en Bilbao en 1937 por Auxilio á Rebelión. Condenado a 6  anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión de San Isidro de Dueñas-Palencia (04/10/1939).


Fernández Sánchez, Ángel (Oviedo-Asturias)

Maquinista, 54 anos. Fillo de Manuel e Joaquina.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 01/06/1938 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), onde por orde do 22/01/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación do desterro (BOE número 60 de 01/03/1943, páxina 1995), a cal se fixo efectiva o 17/12/1942.


Fernández Sánchez, Elías (Gamonal, Talavera de la Reina-Toledo)

Labrego, 31 anos. Fillo de Ángel e Sabina.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 22/07/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Santa Isabel-Santiago e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/08/1942), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/01/1943 (BOE nº 46 de 15/02/1943, páxina 1531), facéndose efectiva o 15/12/1942.


Fernández Sanguino Morales, Luis (Talavera de la Reina-Toledo)

Médico, solteiro, 27 anos.

Xulgado en Talavera de la Reina por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/03/1937 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Pamplona e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), onde por orde do 11/05/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 140 de 20/05/1942, páxina 3540).


Fernández Seco de Herrera, Leopoldo (Castuera-Badajoz)

Porteiro, 63 anos, casado con Victoriana Ortiz. Fillo de José María e Lucía.

Condenado a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de San Lorenzo (09/04/1939), Prisión Habilitada de Palencia (31/01/1941) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/03/1941).


Fernández Sepúlveda, José

Non coñecemos nin o concello de guerra nin o resultado, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300553, Expediente 46401)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 28/06/1940 (BOE número 188 del 06/07/1940, páxina 4668).


Fernández Silva, José (Ourense)

Cesteiro, solteiro, 34 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Soleño, Leoncio (San Pedro-Zamora)

Perruqueiro, casado, 29 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Tarno, Anselmo (Potes-Cantabria)

Encargado de obras públicas, 53 anos. Fillo de Isaac e Águeda.

Veciño de Colombres (Ribadedeva-Asturias).

Secretario xeneral de UGT en Potes. Afiliado a Agrupación Socialista (AS).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 14/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), T. de Santander (09/01/1943). Libertad condicional o 20/06/1943.


Fernández Tesouro, Jesús (Vilagarcía-Pontevedra)

Industrial, solteiro, 39 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Vales, Antonio José María (Tabeirós, A Estrada-Pontevedra)

Canteiro, 26 anos.

Veciño de Arca (A Estrada).

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Conmutación e extinción da pena en xullo de 1939. Preso en San Simón.


Fernández Vázquez, Antonio (Periana-Málaga)

Labrego, casado, 57 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Vázquez, José (Cuba)

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Fernández Vázquez, José (Periana-Málaga)

Labrego, casado con Mercedes, 66 anos. Fillo de José e Mariana.

Xulgado en Málaga por Auxilio á Rebelión. Condenado o 20/05/1937 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (29/10/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).


Fernández Vázquez, Nicasio (Miño-A Coruña)

Paraugueiro, casado, 39 anos.

Xulgado no Ferrol por Auxilio á Rebelión. Condenado o 06/03/1937 a 12 anos e 1 día. Pena conmutada posteriormente a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Pamplona (03/07/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938). Posto en liberdade 28/11/1942.


Fernández Vázquez, Silvestre (Palas de Rei-Lugo)

Labrego, 69 anos, casado con Constantina. Fillo de Francisco e Águeda.

Veciño de Infiesto (Piloña-Asturias).

Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/01/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300886, Expediente 93696).

Preso, cando menos, na Prisión de Oviedo, Prisión Central de Celanova (07/02/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/03/1939), C. P. M. de Sevilla (08/02/1940).


Fernández Velázquez, Bernardino (Salas-Asturias)

Cerralleiro, 31 anos, solteiro. Fillo de Antonio e María Amparo.

Dirixente da Agrupación Socialista (AS) de Salas. Afiliado a UGT. Xa participara na Revolución do 34. Pertenceu ao Comité de Guerra, ao de Transportes, foi instrutor de milicias e nomeado policía en Soto del Barco. Elixido presidente das Juventudes Socialistas (JS) de Salas en marzo de 1936.

Coa caída da fronte asturiana foi capturado a bordo do barco "San Juan Nieva". Xulgado en Camposancos (A Guarda) o 23/6/38. Condenado á pena de morte.

Preso, cando menos, na Prisión de Camposancos-A Guarda e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde foi fusilado o 05/08/1938 diante do muro do cemiterio da illa de San Antón, xunto a outros 6 presos asturianos: José Álvarez García, de Xixón; Francisco Casal Sánchez, de La Felguera; Fermín García Álvarez, de Carbonera; José González Iglesias, de San Andrés de Linares; Isaías González Miguel, veciño de Olloniego; e Gregorio Mateos Marote, veciño de Navia.


Fernández Vidales, Santiago (La Bañeza-León)

Cabo de serenos, 57 anos. Fillo de Juan Manuel e Antonia.

Membro de UGT e afiliado á Agrupación Socialista (AS).

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 16/12/1937 a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos.

Preso na Prisión Central de Astorga, Prisión de León, Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), Prisión de Santiago de Compostela (23/12/1942), Prisión de Santa Isabel-Santiago (05/01/1943). Prisión atenuada o 20/08/1945.


Fernández Zúñiga, Juan Carlos (La Frontera-Cuenca)

Secretario de concello, 62 anos. Fillo de Julián e María.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 01/07/1940 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de A Coruña e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/03/1941).


Feros Salgueiro, Isolino- tabeirosmontes.com

Feros Salgueiro, Isolino (Aguións, A Estrada-Pontevedra)

Labrego, casado, 29 anos. Fillo de Dolores.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 03/03/1937 á pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, no Cárcere da Estrada na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1936) e na Prisión de Santa Isabel-Santiago, onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro. (BOE número 230 de 18/08/1943, páxina 8026). A posta en liberdade faríase efectiva o 16/04/1943.

Volveu a ingresar na Prisión de Vigo (04/08/1951), saíndo en liberdade aos 3 días (07/08/1951).



Ferradás Rodríguez, Manuel (Botos, Lalín-Pontevedra)

Labrego, 26 anos, solteiro. Fillo de José e Rudesinda.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión (Causa. 559-37). Condenado o 20/09/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, no Cárcere de Lalín, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1936), C. M. P. Sevilla (13/03/1940).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941.


Ferrás Llevot, Joaquín (Gandesa-Tarragona)

Labrego, 39 anos, casado con Francisca Carbó. Fillo de Bautista e Blasa.

Veciño de Bot (Tarragona).

Xulgado en Gandesa por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/07/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e C. P. M. de Sevilla (13/03/1940).


Ferreira Martínez, Balbino (Budiño, Salceda de Caselas-Pontevedra)

Labrego, 29 anos, casado con Hermosinda Alonso. Fillo de José e Flora.

Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 20/12/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/11/1937).


Ferreira Viéitez, Luis (Lavadores, Vigo-Pontevedra)

Casado, 36 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Condenado a morte e fusilado o 10/12/1936 no monte do Castro de Vigo xunto a: José Moreda Vázquez, Manuel Moreda Outeiral, Constante Moreda Vázquez, Luis Martínez Román, Antonio Sayar, Fernando Lago Fernández, Urbano Rodríguez Moledo, Manuel Acuña Gómez, Fernando Costas Méndez, Manuel Núñez Álvarez e José González Andreu.


Ferreiro Álvarez, Antonio (A Botica, Quireza, Cerdedo Cotobade-Pontevedra)

Exerceu de contratista no ramo da edificación coruñesa durante a República. Fillo de José (famoso canteiro) e Manuela.

Refuxiouse en Quireza, onde foi detido xunto a José García Castro, por axudar a fuxir a Portugal ao seu irmán Martín Ferreiro, concelleiro da Coruña e que despois de pasar a Francia e de loitar na zona republicana, falecería no campo de concentración de Mauthausen.

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 949/1937) e acusado de evasión de capitais, por cruzar a fronteira e entregarlle 800 pesetas en Braga ao seu irmán. Sería condenado a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Ferreiro Brea, José (Callobre, A Estrada-Pontevedra)

Xastre, 20 anos, casado con María Campos. Fillo de Severino e Generosa.

Veciño de Cee (A Coruña).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/12/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300353, Expediente 17699).

Preso, cando menos, no Cárcere de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/09/1937), Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939), Prisión Central de Astorga (27/03/1939) e Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1ª Agrupación. Liberdade o 23/09/1942.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941.


Ferreiro Fariñas, José (Vilafranca-Castelló)

Labrego, casado, 60 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Ferreiro Folgar, Ramón (Cuntis-Pontevedra)

Industrial, 45 anos, casado con Manuela Alonso. Fillo de José e Antonia.

Directivo de Izquierda Republicana en Cuntis.

Detido en Cuntis xunto a Avelino Ares Villaverde, Manuel Alonso Rodríguez, Antonio Aboi Torres, Francisco Porto Touceda, Pablo Baños Mariño, Xosé Pena Sayáns, Ramón Fuentes Sayáns,

Manuel Pisos Villar, Xosé Campos Caneda, Secundino Limeres Campos, Maximino Pardal Fabeiro e Edilberto Lois Couso.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/02/1937 a 12 anos e 1 día. Pena que sería conmutada o 31/07/1939 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27401).

Preso, cando menos, no Cárcere de Cuntis, Cárcere de Caldas de Reis e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1936).


Ferreiro López, Antonio (Vilar de Condes, Carballeda de Avia-Ourense)

Mineiro. Fillo de Luis e María.

Afiliado a UGT. Uniuse ao exército republicano acadando o grado de tenente.

Detido en outubro de 1937. Xulgado en Camposancos por Adhesión á Rebelión (Causa: 6016). Condenado a pena de morte, pena posteriormente conmutada por 12 anos P.M.

Preso, cando menos, na Prisión de Camposancos-A Guarda e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, na que se atopaba en febreiro de 1943.


Ferreiro Mañana, Marcelino (Monforte de Lemos-Lugo)

Estudante, solteiro, 18 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Ferreiro Pardiñas, José (Zas-A Coruña)

Labrego, 62 anos. Fillo de Manuel e María.

Xulgado en Santiago por Rebelión Militar (Causa 572/36). Condenado o 19/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada por 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión do Partido de A Coruña, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/03/1939), Prisión Central de Santiago (04/02/1943), Prisión de Santa Isabel-Santiago (05/02/1943), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro.

Volveu a ingresar, desta volta na Prisión Central de Gijón (05/05/1945). Liberdade condicional o 24/10/1945.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941.


Ferreirós Canosa, Eladio (Cospindo, Ponteceso-A Coruña)

Sarxento de carabineiros, 44 anos, casado con María Cardamo.

Veciño de O Grove (Pontevedra).

Xulgado en Pontevedra polo artigo 297 do código de xustiza militar, cómplice da evasión de presos baixo a súa custodia. Condenado o 31 de xaneiro de 1937 a 12 anos. Pena conmutada posteriormente por 6 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Caldas de Reis, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/08/1937), A.P.P. Santiago de Compostela (13/03/1939), Prisión Central de Santiago (18/09/1940). Liberdade condicional o 01/06/1941.


Ferrer Domenech, Domingo (Traiguera-Castelló)

Xornaleiro, viúvo, 62 anos. Fillo de Vicente e Francisca.

Xulgado en Castellón por Auxilio á Rebelión (Sumario 1447/14125, Orde 7). Condenado o 03/01/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300667, Expediente 63110).

Preso, cando menos, no Cárcere de Morella-Castellón, Prisión de Castellón (19/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/04/1939), onde por orde do 05712/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro. (BOE 16/12/1941, nº350, Páx. 9836)

Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas |

Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarisimos | Castellon, 1938 | Referencia:


Ferrer Montes, Jorge (Ala del Obispo-Huesca)

Labrego, viúvo, 73 anos. Fillo de Julián e Teresa.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 21/08/1939 a pena de morte, sendo conmutada por cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/04/1939). Liberdade condicional o 10/10/1943.


Ferrer Sers, Jaime (Batea-Tarragona)

Xornaleiro, 35 anos, casado con Amalia Martell. Fillo de Manuel e Magdalena.

Xulgado en Gandesa (Tarragona) por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/06/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, no Cárcere de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938)


Ferrer Vinaixa, Serafín (Benissanet-Tarragona)

Labrego, 50 anos, casado con Teresa Pujol. Fillo de Ramón e Rosa.

Xulgado en Gandesa (Tarragona) por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Barcelona a 6 anos (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 301002, Expediente 108273)

Preso, cando menos, no Cárcere de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Prisión Central de Astorga (09/04/1939). Prisión atenuada o 31/10/1942).


Ferrero Herrero, Rafael (Villarluengo-Teruel)

Xornaleiro, 33 anos, casado con Soledad Nodella. Fillo de Francisco e Concepción.

Veciño de Palomar de los Arroyos (Teruel).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/07/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Prisión Provincial de Pontevedra (28/03/1940). Liberdade condicional o 26/12/1941.


Ferrero Rosino, Joaquín (Anta de Rioconejos-Zamora)

Xornaleiro, 66 anos. Fillo de José e Isabel.

Xulgado por Adhesión á Rebelión (sumario 56.121; fondo Madrid) . Condenado o 22/03/1940 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Ávila (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300821, Expediente 84908).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1941).


Ferro Eiras, Arturo (Valga-Pontevedra, 16/02/1913)

Labrego, 23 anos, casado cunha filla de Celestino Carbia Campaña, alcalde de Valga tamén preso en San Simón e fusilado. Fillo de Pío e Ramona.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 22/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Forte de San Cristóbal-Pamplona (11/10/1937), onde participa na gran evasión do 22/05/1938. Aínda que consta como falecido na propia fuga en diversos traballos, na ficha de preso consta como data da morte o 22/11/1939.

Os seus herdeiros recuperan a libre disposición dos seus bens (BOE Anexo único do 21/04/1941. Nº111, páx. 1555)


Ferro Eiras, Benjamín (Adai, O Corgo-Lugo)

Gandeiro, solteiro, 26 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Ferro Treviño, Celestino “Fumega” (Caldas de Reis-Pontevedra)

40 anos en 1943. Fillo de Ventura e de Manuela.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Posteriormente conmutación a 3 anos de prisión menor pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300288, Expediente 9296).

En 1943 ten que facer fronte á incautación de bens (BOE 30/04/1943, páx. 1623).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1960.


Fervenza Pena, Manuel (Tirán, Moaña-Pontevedra)

Mariñeiro, 26 anos, casado con Dorinda Parada. Fillo de José e María Feliciana.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 23/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/09/1937) e Prisión Central de Burgos (06/03/1939). Prisión atenuada o 15/09/1940.

 

Autor: J. Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Bases de datos:

BOE

https://www.boe.es/buscar/gazeta.php

https://www.boe.es/diario_gazeta/hemeroteca.php

Buscar combatientes. Buscador de la Guerra Civil Española.

https://buscar.combatientes.es/

Nomes e voces. http://vitimas.nomesevoces.net

Víctimas Guerra Civil Española

https://victimasguerracivilespaniola.blogspot.com/2010/05/listado-de-presos-del-fuerte-de-san_11.html

Con Nombre & Apellidos. Desaparecidos y represaliados durante la Guerra Civil y la posguerra.

https://connombreyapellidos.es/lugar-detencion/colonia-penitenciaria-de-la-isla-de-san-simon-pontevedra/

Memoria histórica. Base de datos de concelleiros represaliados. Deputación de Pontevedra. https://arquivos.depo.gal/xeracion-perdida/concelleiros-represaliados

Mulleres, homes e homiños. Base de datos. Luis Sánchez Rodríguez. Comisión para a Recuperación da Memoria histórica da Coruña.

https://represion.memoriadacoruna.gal/

Boletín Oficial del Estado. www.boe.es

Fundación Francisco Largo Caballero. Censo de represaliados de la UGT. https://censorepresaliadosugt.es/s/public/page/home

Fundación Pablo Iglesias.

https://fpabloiglesias.es/

Fundación José Barreiro.

https://fsa-psoe.org/fjb/

Asociación Manuel Azaña

https://www.manuelazana.org/

Asociación Isaac Puente

https://www.navioanarquico.org/index.php/inicio

Bases de datos de comunidades, provincias e vilas

DARA - Documentos y Archivos de Aragón-Memoria democrática

https://dara.aragon.es/opac/app/item/mede?p=0&q=Colonia+Penitenciaria+de+San+Sim%C3%B3n&st=.2.5.10.56.67.88.43904.44509&vm=nv&i=759741

Euskal Memoria Fundazioa

https://www.euskalmemoria.eus/es/db/hildakoak_sansimon

Archivo General Región de Murcia

https://archivogeneral.carm.es/archivoGeneral/arg.inicio

Navarra. Centro de documentación de la memoria.

https://navarra.es

Asociación Salamanca Memoria Justicia https://salamancamemoriayjusticia.org/

Concello de Lugo. Memoria histórica. http://www.lugo.es/cs/represion/index.jsp

Portal de Archivos Españoles (PARES). Archivo general de la administración. Documentación penitenciaria.

https://www.cultura.gob.es/cultura/areas/archivos/mc/archivos/aga/servicios/consulta-de-informacion/consultas-frecuentes/prisiones.html

Memoria y concordia

https://memoriaeconcordia.galiciana.gal/


Libros:

GONZALO AMOEDO E ROBERTO GIL. Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. Ed. Xerais, 2007.

GONZALO AMOEDO E ROBERTO GIL. Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Edicións do Castro, 2002.

LOIS BARROS. Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Edicións do Castro.


Outras publicacións e webs:

Repertorio biobibliográfico do exilio galego: Unha primeira achega. Edita: © Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Santiago de Compostela, 2001. ISBN: 84-95415-42-9

Facebook Fernandez Camiña Ana

Ministerio de política territorial y memoria democrática.

https://www.mpr.gob.es/memoriademocratica/Paginas/index.aspx

La historia en la memoria. Memorial antifranquista y democrático. https://lahistoriaenlamemoria.blogspot.com

O Baixo Ulla. www.obaixoulla.gal

Nós Diario. Galegos mortos en San Cristóbal.

https://www.nosdiario.gal/media/nosdiario/files/2018/05/23/Relacio%CC%81n-de-antifascistas-galegos-mortos-en-San-Cristo%CC%81bal-de-Irun%CC%83a-58-deles-na-fuga-do-forte.pdf

Wikipedia

XOSÉ ALVAREZ CASTRO. Pontevedra nos anos do medo. https://anosdomedo.blogspot.com/.

Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): GALENOS de GALICIA: Guerra Civil e represión polo franquismo. David Simón Lorda. AGAMFEC.

JOSÉ LUIS MOSQUERA VELEIRO. Abril de 1931: a chegada da II República ó Val Miñor. Revista de estudos miñoráns, nº18, 2019.

JESÚS MARÍA PALOMARES. La Guerra Civil en Valladolid notas sobre la represión en la ciudad. Universidad de Valladolid.

Víctimas de la dictadura en Castilla La Mancha. https://victimasdeladictadura.es/

MARCOS SEIXO PASTOR. A represión franquista en Cuntis. Memoria de 1936. O proceso contra Aurelio Rei e outros cuntienses.

MANUEL ÁNGEL MENÉNDEZ. Testimonios del horror franquista que ha escuchado la juez Servini. Coordinadora estatal de apoyo a la querella Argentina contra crímenes del franquismo

(Ceaqua). https://www.ceaqua.org/testimonios-del-horror-franquista-que-ha-escuchado-la-juez-servini-le-clavaron-varillas-de-paraguas-en-los-oidos/

HISTORIAS DE VIDA, DE HOMBRES Y MUJERES DE ASTURIAS, INTERNADOS EN CAMPOS NAZIS. https://deportadosasturianos.blogspot.com/

La Voz de Galiciana

Faro de Vigo

Nós Diario

https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/aparello-represivo-bueu/20201221202741112254.html

15MPedia. Memoria histórica en Vigo. https://15mpedia.org/wiki/Memoria_Hist%C3%B3rica_en_Vigo

Grovepedia. http://grovepedia.com/wp-content/uploads/2017/10/11.-SETE-DIAS-DE-XULIO.pdf

Presos da Estrada en San Simón. https://www.tabeirosmontes.com/presos-en-san-simoacuten.html

https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2006/04/16/cando-estrada-unha-illa-18239996.html

MANUEL IGREXAS. Historias do Deza. Os fusilados de Vila de Cruces. https://historiasdedeza.wordpress.com/2012/08/29/os-fusilados-de-vila-de-cruces/

Víctimas de la Guerra Civil Española. https://victimasguerracivilespaniola.blogspot.com/2010/05/listado-de-presos-del-fuerte-de-san_1616.html

ALFONSO MARTÍNEZ FORONDA Y PEDRO SÁNCHEZ RODRIGO. El Independiente de Granada. Republicanos granadinos en San Simón. https://www.elindependientedegranada.es/politica/republicanos-granadinos-san-simon-isla-muerte-i

https://www.elindependientedegranada.es/politica/san-simon-isla-desmemoria-ii

Mapas de Memoria. Diputación de Ciudad Real. https://www.mapasdememoria.com/todoslosnombres/

Busturia (1937-1945): El primer franquismo. Xavier Herrero Acosta. https://www.eusko-ikaskuntza.eus/PDFAnlt/lankidetzan/67/Lank67_es.pdf

Archivo Histórico Provincial de Cádiz. Prisión Central del Puerto de Santa María. https://batallonrosaluxemburgo.wordpress.com/wp-content/uploads/2018/05/presos-santa-maria-cadiz.pdf

Historia de Jaén

https://www.historiadejaen.es/www/book/adjuntos/1154/1154-1_encarcelados.pdf

Innovation and Human Rights. La base de datos centralizada de ví­ctimas de la Guerra Civil y el franquismo. https://scwd.ihr.world/es/

DIONÍSIO PEREIRA. Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939). Edicións Xerais de Galicia, S. A., 2010.

https://amigosdadorna.org/wp-content/uploads/2015/02/Pereira-Vences-Dionisio-Loita-de-Clases-e-Represi%C3%B3n-Franquista-no-Mar-1864-1939-Edici%C3%B3ns-Xerais-Vigo-2010.pdf

Archivo Intermedio Militar Noroeste. Procedimientos judiciales incoadas por la Procedimientos judiciales incoados por la justicia militar a raíz de la Guerra Civil y durante la etapa franquista bajo responsabilidad del Tribunal Militar Territorial 4º. Provincia de León. https://patrimoniocultural.defensa.gob.es/sites/default/files/2019-10/Le%C3%B3n%20-%20copia.pdf

DAVID SIMÓN LORDA. Médicos ourensanos represaliados en la Guerra Civil y en la posguerra. Historiasdela «Longa Noite de Pedra». Colección estudios Nº8, 2010. Fundación 10 de Marzo. https://www.researchgate.net/profile/David-Simon-Lorda/publication/269278703_Medicos_Ourensanos_Represaliados_en_la_Guerra_Civil_y_en_la_Posguerra_Historias_de_la_longa_noite_de_pedra/links/5aaab48ea6fdccd3b9bbefa6/Medicos-Ourensanos-Represaliados-en-la-Guerra-Civil-y-en-la-Posguerra-Historias-de-la-longa-noite-de-pedra.pdf

Colectivo Republicano de Euskal Herria.

https://errepublikaplaza.wpcomstaging.com/

Aportes Xosé Moreira Docampo.

Villarrodrigo (Jaén). Blog. Historia.

https://villarrodrigo-jaen.blogspot.com/

Vilagarcía de Arousa durante la II República. Víctor Viana Martínez

https://www.revistaesmas.com/portada_2republica/Vilagarcia_Durante_la_II_Republica.pdf



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario