Foto: Familia Fernández Otero |
Sesé (20-03-1914) e Benito (21-03-1916), nados en Santa
Mariña, Redondela. Xuntos abriron o taller de carpintería “Hermanos
Fernández”, no que formarían a outros bos ebanistas, como
Antonio Martínez Álvarez “Tonacho” e Manuel Alonso
“Fallusca”.
Participaron en
numerosas exposicións, recibindo nos anos 40 e 50 varios premios a
nivel provincial tanto de forma conxunta como individualmente. Foron
fundadores da Peña de Xan Carallás, realizando Sesé
o Xan Carallás de madeira que se convertería na “mascota”
da peña. Obra do seu taller foi a representación das ánimas do
cruceiro de Pasais, sustituida nos 80 por outra realizada por Sesé,
que tamén faría varios traballos para a capela de Santa Mariña.
Benito casaría en
Pontevedra creando alí o seu propio taller, mentres que Sesé
seguiría en Redondela, tallando “Xan Carallases”, “Cocas”
e cadros de debuxos de Castelao entre outros.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas
de Oro(1939-1989). Antonio
Ocampo Otero.
Aportacións
orais.
En
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia.
Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=>
El Pueblo Gallego (Vigo), Sábado
Faro
de Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario