Durante dous anos Redondela foi o centro de atención informativo por
mor da lotería primitiva e a súa choiva de millóns. O 2-7-1988
Juan Freaza veciño de Cedeira é o único acertante da lotería
primitiva. O premio sería de 904 millóns de pesetas. Dous anos mais
tarde, o 7 de abril sería un albanel de Reboreda o que se converteu
no afortunado gañador no mesmo sorteo. O seu pleno valeulle gañar
1.198 millóns de pesetas, sendo naquel momento o maior premio de
lotería dado en España. Ese mesmo ano en setembro unha obreira do
téxtil tamén foi agraciada cun suculento premio da lotería
primitiva.
O antecedente máis antigo que atopei
foi en xaneiro de 1883 cando dez familias pobres, algunhas con oito
fillos, repartíronse un décimo da Lotería Nacional que resultou
ser o do primeiro premio. Cada familia gañou 10.000 reais.
En novembro de
1901 son agraciados co segundo premio da Lotería Nacional: Manuel
Fernández, ecónomo de Reboreda, cun décimo; Gregorio Miguel de los
Nalos, capataz da liña Ourense-Vigo, tamén cun décimo; e
compartindo un terceiro décimo os mozos de estación Manuel
Mosquera, Francisco Muñoz e Benito Barrado.
En outubro de 1902 vendéronse en
Redondela dous billetes de lotería premiados co segundo premio, que
ascendía a 40.000 pesetas cada un. Os agraciados foron Juan Castro
Lago, irmán do secretario do Xulgado municipal, e Arsenia Táboas,
irmá de Olimpio, síndico do Concello, que deu participacións a
varias persoas de Reboreda.
En decembro de
1907 o gordo da lotería cae en Tui, pero varios décimos véndense
na estación de Redondela. Un deles foi mercado por un mestre da nosa
vila e os demais por viaxeiros que ían de paso.
A lotería de
nadal non se porta moi ben coa nosa vila pero en 1995 o Centro
Cultural de Cedeira repartiu o terceiro premio en participacións de
250 ptas. pagadas a
600.000 ptas., sendo un total de novecentos corenta e tres millóns duascentas mil pesetas.
600.000 ptas., sendo un total de novecentos corenta e tres millóns duascentas mil pesetas.
Os seguintes casos
dan boa mostra de que a fortuna dos redondeláns non se reduce á
lotería:
En 1925, nun concurso organizado por un concesionario de coches de
Vigo consistente en resolver un crucigrama, sorteábanse cinco
premios de 25 pesetas entre os que tiveron un só fallo. Na lista
aparecen: Srta. Felisa González Ojea, D. Antonio Salvador Ruíz,
Srta. María Carretero Orega, D. Félix González Ojea, D. Lorenzo
Vicente Vicente e Srta. Pilar Vicente González, todos de Chapela.
En outubro de
1950, no sorteo celebrado entre os acertantes dos pasatempos
propostos pola revista El Eco Franciscano, resultou agraciada
Dolores Martínez Portela, finca “As Laxes”, Redondela, que
recibirá o libro “Sabores”.
A finais de
febreiro de 1951, no concurso semanal “El día del hincha”
de El Pueblo Gallego, consistente en atinar o resultado de catro
partidos de fútbol, houbo 20 acertantes, entre eles Alfredo Rubín,
da Rúa Alfonso XII, en Redondela. Como tan só había un premio de
250 pesetas, procedeuse a realizar un sorteo no que Alfredo non tivo
tanta sorte.
En setembro de
1953, foron entregadas 10.000 pesetas a Ángel Tellería Ayuso, que
vive en Redondela, como gañador do sorteo organizado por Culmen S.A.
Asistiu ao acto, Honorato López Ventín “Cabezo II”, inspector
rexional da empresa. Curiosamente o seu fillo tamén levaría premios
neste sorteo en 1954 e 1956.
Precisamente en
1956 recibiría 5.000 pesetas do sorteo mensual organizado pola
compañía de seguros El Ocaso S. L.
En xaneiro de
1959, o ex-futbolista Rafael López Ventín “Cabezo I” atinou os
catorce resultados da quiniela. Mágoa que o premio non fora dos máis
grandes.
En maio de
1962 no 5º gran premio Soberano, Rogelio Rodríguez Núñez con
domicilio na rúa Isidoro Queimaliños gañou un Seat 600 e o Auto
Bar resultou gañador dun Televisor Marconi.
En marzo de 1966,
no sorteo de primavera da emisora La Voz de Vigo, foi agraciado cunha
neveira José Solla Castro, de Redondela. Outros agraciados da nosa
vila foron Tito Lago Rodríguez, de Saxamonde, cun transistor, e
María Mercedes Sobrino Pérez, cun lote de botellas Osborne.
En setembro de
1967 o sorteo mensual “Caja de Ahorros de Vigo” de 250.000
pesetas recaeu no matrimonio redondelán formado por Raimundo Couñago
Couñago e Amparo González González. Tres anos despois esta caixa
sorteou un piso entre os seus clientes, sendo o afortunado gañador o
garda municipal Jaime Pérez Figueroa, con domicilio en Cesantes.
O establecemento Confecciones Terramar fixo entrega en xaneiro
de 1968, dun Seat 600 ao gañador do seu sorteo Domingo García
Macías, de 21 anos e coñecido ciclista, veciño de Cidadelle
(Chapela).
Entre
os premiados cun cheque de 500 pesetas no concurso semanal do viño
Savin aparece en decembro de 1972, Lucila Melón Álvarez con
domicilio na Av. do Generalísimo en Chapela e Pilar Comeselle
Granada, tamén de Chapela.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Centro
Superior Bibliográfico de Galicia:
http://www.csbg.net/ =>
Gaceta de Galicia Diario de Santiago, La
correspondencia gallega, Hoja Oficial del Lunes, El
pueblo gallego
No hay comentarios:
Publicar un comentario