Era da familia dos Cochechos
e dos Pintantes.
Naceu cun pé máis curto que o outro e ademais
era gangoso.
O que para outros podería ser unha desgraza para el era unha
vantaxe, xa que ninguén se atrevía a pegarlle. Cando se metía con
alguén e se pasaba da raia dicía -"¿Como
me vas a pegar se es máis forte e eu son un coxo, non te da
vergoña?"; e así librábase
dunhas labazadas.
Traballou
na fábrica de Regojo, onde se metía coas mulleres dicíndolle
piropos e outras lindezas máis
subidas de ton, tales como que pasaran dunha en unha ó baño que
lles ía facer un favor.
Cando o seu encargado lle reprochou a súa actitude, dixo na súa
defensa: -“¿Que queres que
faga? Elas métense comigo e eu que son, ¿un home ou un cabalo?”
Nunha
ocasión na que O
Veneno
tiña un conflito polas terras coa súa nai, Douglas
en vinganza, colleu unha pistola enferruxara que atopara cavando na
súa veiga, e obrigouno a meterse nunha cuneta, a carón da igrexa de
Vilavella, que estaba ateigada de auga. Na axuda do pobre Veneno
acudiu o Policía Municipal Ferpello.
Pero
non se deixou amedrentar e obrigou a Ferpello
a meterse tamén na cuneta O pobre municipal tan só puido
dicir:-“Estás jodido
estaste a meter coa autoridade.”
Ao que Douglas
respondeu:
-“Jodidos
estades vos que estades na cuneta”.
Pouco despois iría a garda civil a casa do delincuente
a requirirlle que
entregara a arma. -“Hai a tedes, esta
toda esferruxada.” Os axentes rían
tanto, que nin sequera o detiveron.
Durante
unha tempada Douglas
andaba polas rúas cunha machada no cinto. Cando lle preguntaban
porqué a levaba, contaba: -“¡Vou
rachar ó meu irmán! Eu andaba a entrarlle na bodega por unha xanela
pequena para beberlle o viño, máis deuse conta que o barril estaba
a baleirarse
e deume unha malleira. Eu dicíalle, -¡Irmán, non me pegues! E el
contestaba, -¡Nin irmán nin hostias! ¡Que malleira me deu, que
malleira!”
Noutra,
sorprendérono tentando entrar nunha casa. Os veciños acoderon co
que tiñan á man: fouces, machados..., e cando atoparon a Douglas
subido a unha viña, este dixo: -“¿Que
roubar, nin roubar? Eu o que quero é pinar
á filla, pero a desgraciada non abre a fiestra”.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Aportes orais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario