Paisaxe en Saxamonde. Foto: J. Migueles |
SAXAMONDE. Aparece como lugar, Sajamonde, no Diccionario Madoz (1850).
Barrios
Casal do Monte: Casal pode significar “conxunto de casas, casa solarenga” ou “ruínas, lugar noutro tempo habitado”. Podería tamén, provir do latín casalis, casaris (caserío) ou de casale (aldea). Monte tería o significado por todos coñecido. Aparece no Catastro de Ensenada (1752), O Casal do Monte. Citado como lugar, Casal do Monte, no Diccionario Madoz (1850). No Rueiro (2007-2010), Camiño do Casal do Monte.
Padrón: Pode ser un aumentativo de pedra ou facer referencia a pedras de división territorial. Citado como lugar, Padrón, no Diccionario Madoz (1850). No Rueiro (2007), Estrada de Padrón.
O Souto: Terreo poboado de árbores en especial carballos e castiñeiros. No Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779), aparece Heredad do Souto e tamén Heredad do Souto novo. No Catastro de Ensenada (1752), citado como O Souto. No Rueiro (2007), Camiño do Souto.
Os Valos: Do latín vallum (terraplén con empalizada).
Toponimia
Albarroz, Cño. do (Os Valos): Polas albarranas, torres que se levantabas nos treitos das murallas. No Rueiro (2007-2010), Camiño do Albarroz.
Aserradeiro, Cño. do (Os Valos): Pola existencia dun serradoiro no lugar. No Rueiro (2010).
Balado, Cño. do (Padrón): No Rueiro (2010).
Banca, Cño. da. Faría referencia a unha mesa triangular empregada por varios oficios e que existiría no lugar. No Rueiro (2007).
Besada, Cño. da (Os Valos): No Rueiro (2007-2010).
Campos, Cño. dos (O Valos). No Rueiro (2007).
Cardales, Cño das. No Rueiro (2010).
Casal do Monte, O (Casal do Monte).
Castelo, Cño. do (Os Valos): No Rueiro (2007-2010), Camiño do Castelo.
Cerradas do Monte, Cño. das. No Rueiro (2010), Camiño das Cerradas do Monte.
Cochos, Cño. dos. No Rueiro (2007), Camiño dos Cochos.
Corisco, Cño. do. Fai referencia ao alcume dun veciño, que tiña un bar homónimo. Chamado así por facer ben os coros ao cantar. No Rueiro (2007), Camiño do Corisco.
Costa da Pedreira, Cño. da. No Rueiro (2007-2010), Camiño da Costa da Pedreira.
Coto do Gran, Cño. do (Padrón). No Rueiro (2007, Camiño do Coto do Gran.
Coto de San Román, o (Os Valos). Citado como, Monte de San Román, no Diccionario Madoz (1850). No Rueiro 2010, Camiño de San Román, que conduce á igrexa parroquial de San Román, que en tempos foi capela do pazo.
Coutadas, Cño. das (Padrón). Coutada: zona de monte acoutada. No Rueiro (2007), Camiño das Coutadas.
Devesa, Cño. da (Casal do Monte). No Rueiro (2007-2010), Camiño da Devesa.
Eira, Cño. da (Os Valos): No Rueiro (2007-2010), Camiño da Eira.
Fonte do Lugués (Os Valos). No Rueiro (2007), Camiño da Fonte do Lugués.
Freixeiros, Cño. dos. 2010. Por existir en tempos un bosque de freixos. No Rueiro (2010), Camiño dos Freixeiros.
Río do Louro. Río que separa Saxamonde de Louredo (Mos). Aparece no Catastro de Ensenada (1752), Rio do Louro e tamén como sitio O Louro. Da nome ao Val do Louro.
Meca, Cño. da (Padrón). No Rueiro (2010), Camiño da Meca.
Monte, Cño. do (Os Valos). No Rueiro (2007), Camiño do Monte.
Mouras, Cño. das (Os Valos). No Rueiro (2007), Camiño das Mouras.
Nespereira, Estrada de (Os Valos). No Rueiro (2007) conduce a esta parroquia de Pazos de Borbén.
Outeiro, o. Aparece no Catastro de Ensenada (1752), o Outeiro. Citado como lugar, Outeiro, no Diccionario Madoz (1850). No Rueiro (2007), Camiño do Outeiro.
Pazo, Cño. do (Os Valos). Fai referencia ao Pazo de San Román. No Rueiro (2007), Camiño do Pazo.
Pedreira, Cño. da. Lugar cheo de pedras. No Rueiro (2007-2010), Camiño da Pedreira.
Peregrinos, Cño. No Rueiro (2007-2010), Camiño dos Peregrinos, por ser parte do trazado do Camiño Portugués a Santiago.
Pereiriñas, Cño. (Souto). Pode facer referencia ás pereiras, pero tamén a lugar con pedras. No Rueiro (2007), Camiño das Pereiriñas.
Piñeiros, Cño. dos (Os Valos). No Rueiro (2007), Camiño dos Piñeiros.
Portavella, Cño. (Os Valos). Pode referirse a unha entrada vella ou ao paso dun río ou obstáculo. No Rueiro (2007), Camiño Portavella.
Quiringosta, Cño. da. Significa camiño fondo entre terras altas. No Rueiro (2007), Camiño da Quiringosta.
Rega, Cño. da. No Rueiro (2007), Camiño da Rega.
Rola, Cño. da. No Rueiro (2007), Camiño da Rola.
Camiño Romano. O seu trazado coincide co camiño romano “Per loca marítima”. No Rueiro (2007), Camiño Romano.
Sabrosa, Cño. da (Casal do Monte). No Rueiro (2010), Camiño da Sabrosa.
San Román, Cño. de (Os Valos). Porque do outro lado da estrada está a igrexa parroquial de San Román. No Rueiro (2010), Camiño de San Román.
Saxamonde, Estrada (Os Valos). Estrada N-550. No Rueiro (2007), Estrada de Saxamonde.
Searas, Cño. das (Souto). No Rueiro (2007), Camiño das Searas.
Socalco de Veigadeira (Padrón): Leira do boticario redondelán Luis Pereira Míguez na que se atopou un miliario. Na actualidade pertence a Jesús Freaza Couñago.
Sofía, Cño. de: Nome dunha veciña. No Rueiro (2007), Camiño de Sofía.
Souto, Cño. do (Souto). No Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779), aparece Heredad do Souto. No Catastro de Ensenada (1752), aparece O Souto. No Rueiro (2007), Camiño do Souto.
Tombo, Cño. do (Casal do Monte). Fai referencia a un montículo. No Rueiro (2007-2010), Camiño do Tombo.
Torroxeira, Cño. da (Casal do Monte). No Rueiro (2007-2010), Camiño da Torroxeira.
Trigueira, a. Tipo de herba. No Catastro de Ensenada (1752), aparece como límite A Trigueira. No Rueiro 2007 Camiño da Trigueira.
Trigueira, a
Valongos, Cño. dos (Os Valos). Valado longo. No Rueiro (2007), Camiño dos Valongos.
Valos, os (Os Valos). Aparece no Catastro de Ensenada (1752), Os Valos. No Diccionario Madoz (1850) citado como lugar, Balos. No Rueiro (2007) Estrada dos Valos.
Veleira, Cño. da. ¿Abeleira? No Rueiro (2007-2010), Camiño da Veleira.
Vía Vella, a. 2007. Antigo trazado do tren, empregado ata a supresión do viaduto de Ourense. No Rueiro (2007), Estrada da Vía Vella.
Vilanova, Cño. da. 2007. No Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779), aparece Heredad de Vilanova das Figueiras. No Rueiro (2007), Camiño da Vilanova.
Toponimia Histórica
Barreiros, os. Aparece como linde no Catastro de Ensenada (1752).
Brea (Padrón). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Brea.
Heredad del Campo das Pereiras. No Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779)
Carrascal. Aparece como linde no Catastro de Ensenada (1752) e tamén é citado en Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1845).
Corvaceiras, as. Aparece como linde no Catastro de Ensenada (1752).
Coto. Aparece no Catastro de Ensenada (1752).
Folón. Aparece como Río do Folón e como sitio, Folón no Catastro de Ensenada (1752).
Fontaíña, a. Aparece como linde no Catastro de Ensenada (1752).
Haber Cobo (Aver Covo). Aparece como linde no Catastro de Ensenada (1752).
Igrexa, a. No Catastro de Ensenada (1752), a Iglesia.
Lamas. Aparece como linde no Catastro de Ensenada (1752).
Mende. No Catastro de Ensenada (1752). Aparece en Visitas ás reais devesas e plantíos da vila e xurisdición de Redondela (1785), como Monte de Mende. Tamén citado en Novo arranxo e establecemento dos Reais Plantíos e Devesas nos pobos das xurisdicións de Redondela, Vilavella, Saxamonde e Cedeira (1792) como lugar do Mende. E en Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1845), cítase monte Coto del Román ou Mende e tamén como, Monte Mindo.
Monte Formoso. Aparece en Visitas ás reais devesas e plantíos da vila e xurisdición de Redondela (1785) e en Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1845), como Monte Formoso.
Pastiñeira, a. Aparece no Catastro de Ensenada (1752).
Redollo. No Catastro de Ensenada (1752).
Regueiro da Señora (Souto). No Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Negros (1948-1949) aparece como terreo de labranza, Regueiro da Señora.
Rereixo. No Catastro de Ensenada (1752).
Salgueiros, os. Aparece no Catastro de Ensenada (1752).
Veigalonga, a. Aparece como linde no Catastro de Ensenada (1752).
Río de Zapal. Aparece como linde no Catastro de Ensenada (1752).
Para saber máis.
Concello-SNL. Buscador: https://toponimia.redondela.gal/index.php
Concello-SNL. Libros: https://toponimia.redondela.gal/libros.php
Deputación de Pontevedra. Galicia Nomeada: https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Toponimia de Saxamonde. María Pol López. SNL. Concello de Redondela.
Guía didáctica para escolares: Nº5. Aproximación á toponimia do Concello de Redondela. Álvaro Iriarte Sanromán
Os Nomes da Ría de Vigo II. Gerardo Sacau Rodríguez. Instituto de Estudios Vigueses (Fundación Provigo).2000.
Catastro de Ensenada.
Diccionario Madoz.
Deputación de Pontevedra => depo.es
Pares => Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779)
No hay comentarios:
Publicar un comentario