martes, 21 de julio de 2020

Futbolistas. Xogadoras.

Mariló-Facebook
María Dolores Ferreira BempostaMariló”  (Redondela): Primeira xogadora de Redondela en formar con equipos federados de fútbol sala e fútbol. Neste último deporte chegou a xogar na 2ª Nacional. A maternidade non lle impediu seguir desfrutando da súa paixón e na tempada 2016-17 disputa a 2ª autonómica co U. D. Mos. En 2018 volta ao Fútbol sala con O Fisgón Futsal, onde continúa en 2020. Xogou coa Selección Galega.
 
 
Foto: www.futmenina.com
Ana González Rivera"Anita"(Redondela, 08/01/1995): Porteira. Habitual na Selección Galega nas categorías inferiores, comezou xogando a fútbol sala co C. R. C. de Redondela e iniciouse no fútbol da man do C. D. Choco. No 2011, marchou para o Erizana C. F. de Baiona e ao ano seguinte,con tan só 17 anos, sería electa mellor porteira dos equipos galegos de 2ª división. Despois de tres tempadas neste equipo, para a 2014-15 pasa a defender as cores do Sárdoma, tamén de segunda. En 2016 proclámase Campiona de España por Autonomías de fútbol praia. Ese mesmo ano ficha polo Deportivo da Coruña, equipo de 2ª Nacional e de recente creación que loita polo ascenso. Nas dúas primeiras tempadas xogou 16 partidos encaixando 10 goles. Na tempada 2018-19, co equipo en Primeira Iberdrola, conta con poucas oportunidades para xogar e pasa a ter un papel máis secundario formando co Deportivo B.
 
Foto: Marca
Paula Domínguez Encinas "Pauleta" (Saxamonde, 11/08/1997): Interior Dereita. Iniciouse co Casa Paco e o Choco. Co Olivo, de Vigo, converteuse nunha habitual nas categorías inferiores da Selección Galega. Con este equipo proclamouse campiona de 2ª na tempada 2015-2016. Na Gala do Fútbol Feminino Galego daquel ano recibiu o premio de mellor promesa, mellor medio-centro dereita do grupo I da Segunda española e mellor galega da categoría. Daquela marcha con catro compañeiras a probar fortuna na máxima categoría portuguesa co Sporting de Braga.
A aventura sae ben e ás poucas xornadas o equipo xa lidera a clasificación, rematando 2º en liga e copa. A nivel persoal marca 12 goles en 24 partidos, continuando no equipo apesares da marcha das outras galegas. Ao ano seguinte o equipo volta a rematar 2º na liga. Na 2018-19 fichou pola nova sección feminina do Benfica, o equipo consegue o ascenso a primeira e vence na Taça, converténdose Pauleta na primeira española en conquistar un título en Portugal. En setembro o Benfica imponse na Supertaça grazas a un golazo desta xogadora.

Foto: RCDeportivo
María Figueroa Rodriguez (Redondela 13/09/2002): Defensa central //mediocentro. Iniciouse nos cadetes do CD Choco e no xuvenil do Atlántida Matamá, de onde deu o salto ao Viajes Interrías, de Sanxenxo, que disputa a 2ª provincial. No 2020 fichou polo Deportivo da Coruña B, de Primeira Nacional.




Autor: Juan Migueles

 
BIBLIOGRAFÍA
La Voz de Galicia
Faro de Vigo
Atlántico
RC Deportivo www.rcdeportivo.es
21noticias.com
Marca

No hay comentarios:

Publicar un comentario