Ascenso Córdoba Fª Foto @Bouzon_iago |
Defensa Central. Pasou do Casa
Paco ás categorías inferiores do R.
C. Celta. Foi internacional nas categorías
inferiores da selección española destacando o triunfo na Meridian
Cup Sub-17 e o segundo posto no Campionato
Mundial Sub-20, no que tiña como compañeiro a Iniesta. Tamén
formou coa Sub-21 e coa Selección Galega contra Uruguai e Camerún.
Na
tempada 1999-2000 debutou co R.
C. Celta con tan só 16 anos en
Montjuic fronte RCD
Español substituíndo a Makelele. Na 2004-05 pasa a formar parte do
primeiro equipo acadando o ascenso a Primeira.
Na tempada 2005-06 xoga cedido
no Recreativo
de Huelva, co que ascende novamente
a Primeira. É fichado polo club por catro
tempadas, descendendo
na 2008-09.
Na 2010-11 marcha
ao chipriota Omonia
Nicosia que se clasificara o ano
anterior para xogar a fase previa da Champions. Na súa primeira
tempada o equipo gaña a Copa de Chipre e na segunda a Copa e a
Supercopa, ademais de xogar a previa da
Europa League. Nesta
segunda tempada sofre unha operación da
cadeira que o deixa seis meses sen xogar.
De
regreso a España,
ficha polo Jerez C. D.
de 2ª División. Para a 2013-2014 ficha polo Córdoba
C. F., co que
acada un novo ascenso a 1ª. Na
seguinte tempada atópase a porta da titularidade pechada, o que
unido a ter que pasar novamente polo
quirófano, fai que dispute poucos minutos. Na 2015-16 volta a 2ª co
Club Gimnàstic de
Tarragona
co
que xoga unha promoción a primeira e no
que actúa como titular ata o 2017 no que colga definitivamente as
botas.
En
2018 entraría nun programa dirixido a ex-futbolistas profesionais
para acadar o título de adestrador UEFA Pro con Raúl, Xavi Alonso,
Senna...
Foto: Getty images. Jasper Juinen. |
Foto: Faro de Vigo |
Defensa
Central. Deu as súas primeiras patadas a un balón no pavillón de
Chapela, logo iniciouse no fútbol cos benxamíns do
Chapela e
xa alevín marcha para o Celta.
Na tempada 2013-14 Luis Enrique faino debutar en Primeira co R.
C. Celta, con tan só 18 anos. Ao
rematar a tempada o troco de adestrador relégao ao banco.
No verán de 2015
Luis Enrique tenta fichalo para o Barcelona
B, que descendera a 2ªB, pero o Celta non quere
desprenderse do xogador. Finalmente renova ata o 2019 e marcha cedido
ao Mallorca de
2ª división. Para a 2016-2017 volta ao R.
C. Celta,
onde Berizzo non conta con el e ao abrirse o mercado de inverno vai
de novo cedido a 2ª, nesta ocasión ao Oviedo,
onde se estrea como goleador. En 2017 marcha ao Barcelona
B,
onde troca a súa posición pola de lateral dereito. Na tempada
2018-19 de novo no R. C. Celta,
disputa 15 partidos de Liga e 1 de Copa cos que logra a renovación
do seu contrato que expiraba no 2020. Na seguinte
tempada non conta con minutos e en xaneiro de 2020 é cedido ao UD
Almería,
de 2ª, con opción de compra.
Foto www juegalaroja com |
Pablo Couñago: Pablo González Couñago
(Redondela, 09/08/1979):
Dianteiro. O seu maior logro foi o
Campionato do Mundo Sub-20, formando parte dunha selección española
na que xogaban entre outros Casillas, Xavi e Marchena. Neste torneo
recibiu a bota de ouro (máximo goleador) e o balón de bronce
(terceiro mellor xogador). Coa selección Galega xogou contra
Ecuador.
Formado na canteira
de Casa Paco
pasou ao Celta Xuvenil.
Tras xogar no Celta B
foi cedido aos equipos de Segunda División, Numancia
(1998-99) e Recreativo de Huelva
(1999-2000). O 15 de outubro do 2000 debutou en Primeira co R.
C. Celta. Canso das poucas
oportunidades que se lle daban neste club, na tempada 2002-03 ficha
polo Ipswich Town
da Premier League inglesa, que ese mesmo ano descende á First
Division (actual Championship). Despois de marcar 31 goles en 4
tempadas, volta á Primeira División española fichando polo Málaga en 2006. Forma dianteira co internacional Salva Ballesta
pero o equipo tamén descende.
En 2007 regresa ao Ipswitch
Town, que segue na Championship. Nesta
tempada marca un gol de calcaño que é considerado o mellor gol da
liga Inglesa. O 21-8-2010 é cedido ao equipo Cristal
Palace, de
Londres, que tamén disputa a Championship.
Ao
inicio da tempada 2011-2012 atopábase sen equipo. Despois de
considerar varias ofertas decide marchar a xogar a Vietnam co Dong
Tam Long An F.C. que milita na 2ª
división. A finais do 2012 continúa a súa aventura asiática
fichando polo Kitchee
de Hong Kong. Alí comparte vestiario con tres galegos, Dani Cancela,
Yago González e “Chino” Losada.
De volta a España e agardando mellores
ofertas, en novembro do 2013 ficha polo C.D.
Choco, co que logra unha gran media
goleadora. Para a seguinte tempada acepta a oferta de Shefki Kuqi,
adestrador do F.
C. Honka Espoo, e co que coincidira
cando era xogador do Ipswich.
Este equipo de Helsinki (Finlandia) xoga na 1ª división e está
clasificado para a previa da Europa League 2014-15. Pablo desta volta
marcha acompañado polos xogadores do C. D. Choco, Caloi e Yeray, e
cos tamén galegos Martín Fernández (Barbadás) e o técnico do
xuvenil B do Celta, José Luis Riveiro. Despois dunha boa tempada
problemas económicos no club fan que en
2015 os redondeláns marchen ao club da Segunda finesa, Pk35
Vantaa.
En
2016 volta a Galiza,
nesta ocasión ao Alondras C. F.,
de 3ª división e adestrado polo seu amigo Jacobo Montes. En
2017, con 38 anos, regresa ao C.
D. Choco,
retirándose ao final da tempada despois de que o equipo vencera na
Copa Deputación.
Foto: FC Honka Espoo |
Yeray: Yeray Couñago Vilaboa
(Redondela, 11-10-1991):
Medio
centro. Formado no C.D. Choco,
equipo co que xoga en Preferente. Da o salto a 2ªB co Coruxo
F. C. na
2012-2013. Regresa
ao C. D. Choco,
que acaba
de ascender
a Terceira para a 2013-2014. Ao rematar a tempada, con Pablo Couñago
e Caloi, marcha a Helsinki a xogar co F.
C. Honka Espoo, equipo que disputa a 1ª
división e a previa da Europa League. Como xa comentamos, apesares
de realizar unha boa tempada, problemas económicos fan que en 2015 os
redondeláns abandonen o club, fichando por un segunda daquel país,
o Pk35 Vantaa.
En 2016 veuse con Pablo Couñago
ao Alondras CF, de Cangas.
Ao remate da tempada ficha polo Arosa S. C. En
2018 volta ao fútbol
finés co Kotkan Työväen Palloilijat e
remata a tempada co C. D. Choco.
Foto: La Voz de Galicia |
Lloves: Sergio Lloves Ferreiro
(Redondela, 02/09/1987):
Porteiro. Da
canteira de Casa Paco
xogou en 3ª co Coruxo F. C.
(2009-2010), Rápido de Bouzas
(2010-2012)
e Pontevedra C. F. (2012-2013).
No verán do 2013
fichou polo Olafsvik Vikingur da
Primeira División de Islandia, para os últimos 6 partidos da liga.
Tan corto período
serviulle para recibir o premio ao mellor debutante e recibir unha
oferta de renovación. Durante o descanso
invernal naquel país, en febreiro do 2014 aproveita para ir xogar co
Villalonga C. F.
na Rexional Preferente. Abandona definitivamente Islandia en xullo do
2014, regresando
ao Pontevedra C. F.,
onde se atopa a porta da titularidade pechada, pero o equipo acada o
ascenso a 2ªB. Na 2015-16 continúa repetindo o papel de suplente e
ao abrirse o mercado de inverno tenta fichar por un equipo de
Centroamérica pero a operación non chega a realizarse. Permanece
daquela sen equipo ata que en xuño do 2016 volta a 3ª da man do
Arosa S. C.
Foto: La Voz de Galicia |
Mateo: Mateo Míguez Adán
(Redondela,
11/05/1987):
Media-punta. Formado no
Casa Paco pasou ás categorías
inferiores do R. C. Celta
con tan só 9 anos. Logo daría o salto ao Celta
B e, o 13 de xaneiro do 2010, debutaría
co R. C. Celta nun
partido de Copa no que eliminarían ao Villarreal. Na tempada
2010-2011 sitúase como máximo goleador do Celta B, o que lle
permite ter oportunidades en 2ª co primeiro equipo. Pero a sorte non
lle acompaña e na 2011-12 ficha pola Ponferradina
que
descendera
a 2ª B. Este mesmo ano o equipo enfróntase ao Real
Madrid na Copa do Rei e acada o ascenso
a Segunda. Despois do seu paso pola división de prata para a 2013-14
volta a fichar por un equipo de 2ª B, o Guadalajara.
Neste equipo non ten continuidade e marcha ao Coruxo
F. C., na mesma categoría.
En
maio de 2015, marcha a Finlandia para xogar no Pk35
Vantaa, de 2ª división, xunto a Pablo
Couñago, Caloi e Yeray. Para a 2016-17 volta a 2ª B co Coruxo,
equipo no que continúa.
Foto FC Honka |
“Caloi”: Carlos Rodríguez Portela:
Dianteiro do C. D. Choco,
co que fai unha boa tempada en 3ª División. En 2014 con Pablo
Couñago e Yeray ficha polo F. C. Honka
Espoo, de Helsinki (Finlandia), equipo
de Primeira co que disputan a previa da Europa League. Despois dunha
boa tempada problemas económicos no club fan que en 2015 os
redondeláns marchen ao club de 2ª, Pk35
Vantaa. En 2016 acompaña
a Mateo ao Coruxo,
de 2ª B, pero apenas conta con minutos e en
xaneiro de 2017
volta ao C. D. Choco.
En outubro do 2017 marcha outra vez ao F.
C. Honka,
xogando os derradeiros 15 partidos e acadando o ascenso a 1ª. Na
2018-19 forma de novo co C. D.
Choco.
Foto: Pontevedra CF |
Foto: RC Celta |
Roberto Sánchez: Roberto Carlos Álvarez
Sánchez “Rober”
(9-3-1975):
Líbero.
Fillo de redondeláns emigrantes, naceu en Alemaña. Comezou a xogar
no Sárdoma de Vigo, pasando logo aos Celta xuvenil e de alí ao
Celta
B de
2ªB, na 1993-94. Chegou a debutar nun partido de Copa co primeiro
equipo
do R.
C. Celta,
sería en Balaídos
o 13 de decembro de 1995, fronte ao Andorra. Sen máis oportunidades
e despois de varias tempadas no Celta B, en 1998 marcha para o U.
P. Langreo
que disputa a 2ªB. Remata o seu primeiro ano como máximo goleador,
pero o club descende a 3ª.
Outros futbolistas destacados
Tamén
citar aos redondeláns que integraron ao C.D. Choco nestas últimas e
exitosas tempadas en 3ª. Outros
xogadores destacados dos derradeiros anos que poderiamos citar
serían: Roberto
Casto Amoedo, Miguel Fernández “Migui”, Aitor Gómez, Rubén
López “Tubo” ou Pelayo Míguez.
Como valores de futuro citar a:
Miguel
Rodríguez Vidal (Redondela,
29/4/2003).
Dianteiro.
Cadete do Celta, que despois de liderar á Sub-15 e ser pretendido
polo Barcelona, en
2018 foi convocado por primeira vez pola Sub-16 e inmediatamente
despois pola Sub-17, onde se estreou como goleador. Na
tempada 2019-20 debuta co Celta
B.
David
Vilán Alonso (Redondela,
8/3/2003).
Extremo. Cadete do Celta que despois de pasar pola Sub-15, en
2018
debuta coa Sub-16 e
en 2020 coa Sub-17.
Miguel Rodriguez e David Vilán. Faro de Vigo |
Samuel
Santos Corueja
“Samu” (Redondela).
Xogador do C.
D. Choco
fichado no 2019 polo Rayo
Vallecano B,
xunto
ao seu compañeiro Xián González
Rodríguez.
Canso
de non contar con minutos volta ao C.
D. Choco
antes de finalizar a tempada.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA.
RC
Ferrol www.racingclubferrol.net
Faro
de Vigo
La
Voz de Galicia
Marca
http://www.marca.com
El
Mundo Deportivo www.elmundodeportivo.es/hemeroteca
Atlántico
Diario http://www.atlantico.net/hemeroteca.php
www.lapreferente.com
Echo de menos en la lista a Roberto Picón, 'Platini'.
ResponderEliminarAdemás añadir sin animo de ofenfer, Caloi es medio centro, no delantero, Yerai interior. Yerai, Bruno Ribada David Vilán o incluso Caloi pasaron por Casa Paco.
Enhorabuena, gran trabajo.