Redondela FS campión de 1ªprovincial en 1989. Faro de Vigo |
Fútbol Sala. Equipos
F.
S. Redondela. Equipo
fundado en 1986 e que na tempada 1988-89 disputaría a fase de
ascenso a División de Honra (NOTA: En
1989 unifícanse ás dúas federacións existentes formándose unha
liga formada por 48 equipos que se irá reducindo nos anos
seguintes).
Nos 90 chegou a xogar na Nacional A
e na actualidade disputa a Liga Galega Autonómica.
F. S. Redondela, principios anos 90. Foto cedida por Charly Muíños |
Foi o primeiro
club de Redondela en contar cun equipo federado feminino, aínda que
de xeito intermitente ata que no 2015 volta a crearse en categoría
sénior e cadete.
F S Redondela, 1º equipo feminino sénior |
No
2014 na IV Gala da FGFS, recibiu dous
premios, o de equipo menos goleado e o de mellor adestrador galego,
na persoa do vigués Julio Mougán. Como
éxito da canteira destacar que na tempada 2016-17 a Selección de
Vigo alevín venceu no Campionato Galego de Seleccións Comarcais,
aportando este club aos xogadores Antón
Pérez, Iago Montero, Álex Migueles e o adestrador Álvaro Gil.
Outros clubs
federados cos que contamos serían:
Arealonga
F. S. Creado por Iván Vázque Figueroa
en Chapela no 2003. No 2014 disputa a Autonómica grupo norte. O seu
equipo feminino venceu na liga local de Vigo 2005-06. Na actualidade
conta cuns 130 deportistas.
Campito
F. S. Equipo de Chapela creado no 2011.
Campión provincial na tempada 2013-2014. No 2014 comeza a competir
na Autonómica grupo sur onde coincide co F. S. Redondela.
A
estes tres equipos habería que engadir o xa desaparecido Centro
Recreativo Cultural de Redondela. O
seu equipo
feminino vencería na Compostela Cup 2008, recollendo o trofeo Ana
Castellano e sendo proclamada mellor xogadora Uxía González.
Fútbol
Sala. Xogadores Históricos.
Nos
80 varios xogadores de Redondela ficharon polo Celulosas
F. S., de Pontevedra, tres pertenceran
ao C. D. Choco: Javier Pazos Docampo
(Vierichi), Nolichi, Richard;
e un fora porteiro da S. A. R.,
Ernesto González González (Nesto).
En 1989 este club pasaría a chamarse
Rías Baixas FS,
inscribíndose na división máis baixa, na 1ªB, e ascendendo a
División de Honra na 1994-95. A nivel individual, Nesto
gañou o Campionato
de España coa selección galega, sendo considerado Mellor Porteiro
Español do ano. Retirándose tralo ascenso do equipo á División de
Honra.
Rias Baixas 1994-95, ascenso a División de Honra. Marcos, Vierichi, Nesto e Jorge Alberto. Foto:davidacevedolopez.blogspot.com |
O primeiro en
disputar a máxima categoría sería:
Corpo
Técnico
Jorge
Alberto García Argibay dirixiu
ao equipo pontevedrés Celulosas FS na tempada 1988-89. Regresaría
a facerse cargo deste equipo (xa baixo o nome Rías Baixas) en 1994,
tomando
o relevo doutro
redondelán, José
Suárez.
Fútbol
Sala. Xogadores Actuais.
Foto: ceroacero.es |
En decembro do 2012 é reclamado polo que fora o
seu adestrador no Oxipharma, Bruno García, e anúnciase na prensa a
súa marcha ao equipo chino Changchun
Fengyum,
pero a fichase non se chega a concretar por problemas co patrocinador
e remata a tempada xogando co Levante
de 2ª. En
2013 ficha polo Jeréz
F. S. de
1ª División.
Para a
2014-15
volta ao Levante,
que nesta tempada disputa a 1ª División. Marcha daquela a Italia
chamado polo técnico vigués Ramiro López, acadando o ascenso á
máxima categoría co ASD
Carrè
Chiuppano, no
que coincide con Daniel Iglesias.
Para a seguinte tempada, segue ao mesmo adestrador ata Kuwait, onde
forma aos seus 35 anos co Kuwait
Sporting Club,
un dos mellores equipos do país.
En 2016 volta á nosa vila,
fichando polo Redondela
F. S. ata
a apertura do mercado de inverno, indo ao Gran
Canaria F. S. En
2017 inicia outra aventura no estranxeiro, desta volta a Croacia, ao
Nacional
de Zabreg.
Este proxecto, co equipo clasificado para disputar a Champions,
remata con impagos de salarios e o presidente desaparecido, polo que
decide regresar en decembro. Outra vez na casa, en febreiro do 2018,
intégrase
no
Redondela
F. S.
para pouco despois marchar a Vietnam para reforzar ao Cantho
Catfish,
nun campionato de dous meses no que o club se proclama vencedor. En
xullo, este xa
veterano
xogador, ficha polo segunda Noia
Portus Apostoli. En 2019 diría adeus ao fútbol
sala profesional.
FotoASD Carrè Chiuppano |
Fútbol Sala. Xogadoras
Anteriormente
á creación de equipos femininos en Redondela a única xogadora que
xogou en equipos federados foi Mariló
Ferreira
Bemposta
que, como dixemos no apartado anterior, compaxinou este deporte co
fútbol.
Xa
veterana, na
tempada 2017-18 xoga en 2ª Nacional co equipo O
Fisgón,
de Marín, equipo
no que continúa en 2020. Tamén exerce como adestradora do Redondela
F. S.
Destacar
tamén a Ana Gonzalez Rivera,
porteira del CRC
Redondela que gañou o Campionato de España Cadete Femenino 2006 coa
selección galega e que, como vimos anteriormente, tamén se pasou ao
fútbol.
Andrea. vigoalminuto.com |
Andrea
García Lago.
Ala
zurda. Formada no
Campito
FS.
No 2016 recibiu un diploma ao mérito deportivo despois de caer
en semifinais no campionato de España infantil coa selección
galega. No 2019, agora xa na categoría Sub-19, segue a ser convocada
pola selección autonómica. Pasou
polo Poio
FS B,
Fisgón
FS
de
Segunda
e
no 2019
ficha polo
Ourense
Envialia
B,
tamén
da
Segunda División.
Valores de Futuro
Pablo García. Pablo García Lago besoccerapps.com |
Pablo
“Pachu”
García
Lago (Redondela,
26/10/2000):
Ala. Formado
no Campito
F. S.,
do
que pasa ao Vigo
2015.
Selección
Galega Sub-19. No
2018 ficha polo
xuvenil
División de Honra Levante
UD FS,
gañando
a liga na súa primeira tempada.
Marcar
27
goles en 13 partidos válelle
para ser convocado pola Selección Valenciana.
Eduardo
González Ricón,
“Edu
González”.
xogador alevín
do F. S. Redondela, proclamouse subcampión de España de seleccións
autonómicas 2015. Pasouse
ao fútbol, concretamente ás categorías inferiores do R. C. Celta.
Diego Somoza, do
Campito F. S. proclamouse con 14 anos campión de España coa
selección galega no ano 2014, sendo o máximo goleador do
campionato. Pasouse ao fútbol.
Antón Pérez Rodríguez,
porteiro do Redondela F. S., foi campión de España coa Selección
Galega alevín no 2016.
Fútbol
Sala. Campionatos afeccionados celebrados en Redondela.
En
decembro de 1965 disputouse na Xunqueira o I
Trofeo S. A. R.,
primeiro campionato na vila do daquela novo deporte. Tan só se
inscribiron catro equipos: S.A.R., The
Boys, Wonder e Residencia
Santo Domingo.
En
1974 comezou a organizarse o Mundialito
da Xunqueira por
iniciativa de José Jaime Pérez Alfaya "Picho"
e Alberto
González Figueroa.
A peculiaridade deste campionato é
que se xoga con valados, que foran colocados para a práctica do
hóckey patíns
como veremos máis adiante. O motivo polo que é coñecido como
“Mundialito” está nas primeiras edicións, nas que os equipos
participantes recibían os nomes das seleccións que non se
clasificaran para o Campionato Mundial de Fútbol
(Tahití, Congo, Zaire... ). A organización era moi diferente á
actual. Daquela non se inscribían os equipos, se non os xogadores,
que pagaban unha cota para financiar as camisetas e os demais
gastos que houbera. Cada xogador era catalogado pola
súa valía (bo, regular ou malo), para así sortear en que equipo
xogaría cada un e asegurar a igualdade. Na primeira edición
participaron 4 equipos e en 1980, xa eran 20. No 1982 Generoso Muíños
(Gene) creou o Campionato Infantil, Alevín e Promesa, que en
edicións posteriores tamén contaría con categorías femininas.
1981 Goyla Foto cedida por Juan Carlos Rodríguez |
En 1979,
coincidindo coa festa da Coca, organízase por primeira vez, o xa
desaparecido, Trofeo Concello de Redondela. No
1984 enfrontáronse os campións das ligas de Redondela, Vigo e
Pontevedra e unha selección de Redondela.
O
Campionato 24 horas,
comezou a celebrarse en 1.981 durante a Semana Santa no pavillón de
Redondela e dura tres días. Nos seus mellores anos se apuntaban
tantos equipos que algúns quedaban fora. A participación iría a
menos ata o punto de non celebrarse no 2018 por non chegar ao mínimo
de 15 inscritos.
Coca Sport, campión Marathon 1986. Foto: cedida por Charly Muíños. |
En 1982 iniciouse a
organización do Campionato de San Bernardo (Cedeira)
na pista da escola. Nos seus inicios tan só podían xogar os
residentes nesta parroquia e os equipos formábanse por barrios. Foi
o primeiro torneo en contar con competición feminina, celebrándose
por primeira vez en 1983 con tan só dous equipos, nos seguintes anos
aumentaría o número pero co tempo deixaría de celebrarse.
Cedeira, campionas anos 80. Foto: cedida familia Alonso Acosta |
Tamén
nos anos 80 comezou a celebrarse a Liga
Local,
coñecida tamén como Liga
de Inverno. Chegou a contar con máis
de trinta equipos divididos en 1ª e 2ª división. Nun principio
xogábase tan só no pavillón de Redondela e, posteriormente, tamén
nos de Chapela e Reboreda.
Outros
campionatos que se celebran na vila serían: 24
horas de Chapela,
Campionato
Campito, Liga
de Verano de Reboreda, Torneo
de Fútbol
sala de Chapela, Torneo
Eduardo González Pajuelo...
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Aportes
orais.
Liga Nacional de F. S.
http://www.lnfs.es
Farodevigo
Diario de Pontevedra
En Galiciana-Biblioteca Digital de
Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=>
El Pueblo Gallego
Arealonga
F. S. arealongafschapela.com
Campito
F. S. http://campitofutbolsala.blogspot.com.es/
Redondela
Futbol Base http://www.redondelafutbolbase.com/
Facebook>ASD Carrè
Chiuppano Alto Vic
davidacevedolopez.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario