miércoles, 21 de octubre de 2020

Relixiosos e relixiosas dos Conventos de Redondela

 

Convento de Vilavella. Vista traseira. Postal.

Convento de San Antonio de Vista Real de Agrelo

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/o-convento-de-agrelo.html )


Sindico do Convento de Agrelo

1805 Fr. Felipe Ucha.

1806 Fr. Francisco ¿González?. Firma o recibo Felipe Ucha.


Gardián do Convento de Agrelo

17?? Fr. Benito González. Gardián do Convento de San Antonio de Agrelo en 1792.

18?? Fr. Francisco de Ávila. Predicou en Cuaresma na igrexa de Redondela en 1835.


Outros relixiosos do Convento de Agrelo


1836 Fr. Juan Antonio Jorge. Predicou en Cuaresma en 1836.

18??, Finais. Fr. Francisco. Monxe de Agrelo que participou durante moitos anos nas procesións de Reboreda levando o incensario.

18?? Fr. Ramón. Organista da parroquial de Redondela durante o s. XIX e que tamén o fora do Convento de Franciscanos de Agrelo. Ao parecer proviña de Santo Domingo de Pontevedra.


Outros relixiosos

Fr. Alberto Orge. Aparece nunha relación de: Alcipreste, párrocos e clero do arciprestado de Redondela que firman unha carta de apoio ao Bispo de Tui en 1864.


Convento de Relixiosas de Nuestra Sra. da Purificación Orde de San Lourenzo Xustiniano de Vilavella

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html)


Superiora do Convento de Vilavella

1568. Constanza de Haro.

1603. Inés de Avalle Mariño. Superiora do Convento de Vilavella. En 1603 o Concello de Pontevedra encárgalle unhas confituras para regalar ao arcebispo Maximiliano de Austria.

1669 Antonia de los Reis. Aparece como abadesa do convento na venda duns terreos.

1691 Antonia Sarmiento de Ribadeneira

1709 Abadesa Dª Antonia del ¿Prior?

1721 Abadesa Dª Benita de Zúñiga.

1768 Abadesa María Teresa de San Pedro.

1812 Ignacia de San Marcos. Aparece na redención dun foro.

1874, 4 de febreiro. Faleceu aos 76 anos a Abadesa, Rosa del Pilar Foyo y Rubín.

1892, novembro. Llauger: “Falece en Vigo Francisca Martínez Martínez, viúva de Llauger, nai da abadesa do convento de Vilavella”.

1894, decembro. Faleceu a abadesa, Sor Pilar, coñecida no século por Elisa, irmá do deputado de Verín, Julio, e do inspector de Sanidade da Armada, Marcelino Astray Caneda. Cuñada do Ex-ministro conservador Linares Rivas e tía de Millán Astray, secretario do Goberno na illa de Cuba.

1894. Abadesa: María Clara de la Asunción. Continuaba en 1910.

1916, decembro. Vicenta María del Pilar Rubín. Elixida Abadesa, levaba 14 anos de vida claustral.

1925. Exerce como Superiora, Mª de la Concepción Llanger y Bugarín.

1933. Abandonan o convento trala súa venda: a abadesa, Pilar Rubín (da Rioxa), contaba 47 anos.


Relixiosas do Convento de Vilavella

1574 Constanza, Elvira, Aldonza e Ana Prego de Montaos y Sotomayor. Irmás de García Prego de Montaos, fundador do convento. Entraron no Convento de Vilavella en 1574 como primeiras señoras fundadoras segundo consta no testamento do seu irmán García.

16?? Ángela de Prado Mariño y (de) Soutomaior. A súa irmá Mariana casou con Nuño Prego de Montaos y Lanzós

1628. Ginebra de la Asunción. Monxa que aparece nun cobro deste ano.

1665 Inés de Salazar y Acuña. Novicia que aparece nunha venda.

1681. Antonia de Romay. Aparece como solteira residente no convento de Vilavella, nun documento de venda.

1700 Mariana de San Miguel, Francisca de la Purificación ¿? e Jacinta del Espíritu Santo; mordomas.

1704 Jazinta del Espiritu Santo, Josefina Benita de ¿? e María de san Miguel; mordomas.

1705. Ana de Araújo consta como monxa de Vilavella nunha carta de pago.

1709 Señoras graneiras Dª Francisca de Jacinto e Dª Francisca Pestaña.

1721 Graneiras: Francisca Pestaña e Dª María Feliciana de Jesús.

1736 Ysabel de San Luis: “Recibimos para alimentos de doña Ysabel de San Luis en 4 de diciembre del año 36, 24 ferrados ferrados de trigo para el 2º año de noviciado”.

1736 María de ¿Bentera?: “Recibimos de mano de doña Maria de ¿Bentera? de la asuncion 24 ferrados de trigo para el año de nobiciado que ¿? en 15 de agosto de 1736”.

1753 Juana Luisa de San Antoniuo e Teresa de San Miguel, ceden unhas propiedades herdadas no Porriño.

1768 Arquiveiras Isavel María de San Luis e Manuela de Santa Ana.

1779 Teresa de San Juan e ¿? de San Francisco: “... prestáronnos las Sras. depositarias Dª Teresa de San Juan y Dª ¿? de San Francisco”

1812 Josefa de San Antonio e Antonia Bernarda de San Gabriel, depositarias.

1861, 12 de abril. Falece Sor María de la Concepción San Pedro.

1862, 22 de marzo. Aos 22 anos faleceu Enriqueta Martínez de las Mercedes, Relixiosa Cantora profesa deste convento.

1872, 15 de abril. Falece Sor María Mercedes de la Asunción.

1872, 20 de xullo. Faleceu no convento aos 79 anos, a relixiosa Margarita García de Santa Ana.

1874, 9 de febreiro. Faleceu aos 88 anos, a Sra. de la Concepción, Dª María Carmen San Román, relixiosa.

1874, 20 de marzo. Foi nomeada presidenta do Convento de Vilavella, Rosa de San Rafael Bugallal.

1877, 21 de maio. Profesou como novicia Clara Llanjer y Martínez. Presidenta do Convento.

1877, 9 de xullo. Faleceu a relixiosa Vicenta Feal de Sto. Domingo.

1878, 29 de xuño. Faleceu Sor Rosa de San Rafael Bugallal.

1878, 24 de outubro. Tomou o hábito Concepción Leiras, natural de Tui.

1878, 23 de decembro. Tomou o hábito como lega Feliciana Doural y Cardoso, de Torroso.

1879, 8 de xaneiro. Recibiu o hábito Jovita Díaz Varela, de Monforte de Lemos.

1879, 5 de febreiro. Profesou como relixiosa Carmen Fernández Sousa.

1880, 3 de xaneiro. Profesou a novicia Concepción Leiras y Pérez, natural de Tui.

1880, 12 de abril. Tomou o hábito de novicia Elisa Peregrina María Caneda y Álvarez.

1880, 18 de maio. Profesou Jovita Díaz Cedrón.

1883, 9 de xuño. Tomou o hábito María Castaño y Pérez.

1883, 4 de xullo. Profesión relixiosa de dona Clotilde González de la Concepción.

1883, 1 de outubro. Tomou o hábito Carmen Losada Campos.

1884, 21 de xaneiro. Tomou o hábito Aurora Gobem, natural de San Paio de Navia.

1884, 14 de xullo. Profesou María Castaño.

1884, 23 de xullo. Profesou Gumersinda Feijoo.

1884, 7 de novembro. Profesión relixiosa de Carmen Losada Campos, natural de Silleda.

1885, 15 de abril. Tomou o Santo Hábito María Josefa González y Bernárdez, natural de San Miguel de Cabreira. 1886, 16 de xuño. Profesión relixiosa de María Josefa González y Bernárdez co nome de Sor María Josefa de San Pedro.

1887, 29 de xullo. Tomou o Santo Hábito en clase de Lega Manuela Vázquez y Domínguez.

1890, 24 de xullo. Faleceu aos 82 anos a relixiosa Josefa del Carmen Bugallal.

1894, xullo. Faleceu no convento Sor Madre de la Concepción, natural de Ribadavia.

1895 Toma o hábito co cargo de organista Isabel P. Sarodio, de Guillarei.

1897, novembro. Faleceu Sor María del Carmen, monxa profesora, natural das Vascongadas.

1899, febreiro. Faleceu Sor Manuela Santa Rita.

1899, 9 de marzo. Faleceu a Lega Rita Vázquez Domínguez.

1899, decembro. Tomou o hábito de novicia no convento de Xustinianas de Redondela, a xove Concepción López, natural de Lugo; foi madriña dona Enriqueta Díaz de Salazar.

1900, maio. Ingresou como novicia Indalecia Fernández y Prado. Natural de Lugo. Foi apadriñada polo catedrático de Lugo, D. Juan Morillo e a señorita Fernanda Queimaliños de Redondela, irmá do médico do convento.

1900, agosto. Profesa a novicia Adriana Bezzares Moreno, natural de Cañas (Logroño), sendo apadriñada polo P. Comendador do convento de Poio e a Srta. Josefa Amar de la Torre, de Vigo.

1900, agosto. Falece Sor Dolores. Lega.

1904, decembro. Profesan María Pérez Míguez, de Castelló, e Vicenta Meiriño Vázquez, de Arnoia.

1911, novembro. Faleceu a irmá San Lorenzo, que no mundo foi Gumersinda Feijoo Montenegro y Gayoso, da casa de Casdemiro.

1912, febreiro. Fixo os últimos votos, Sor Amable de Sta. Teresa de Jesús, que no século se chamaba Amable Fernández Somoza, natural de Póvoa de Brullón (Lugo).

1916, setembro. Falece no convento Sor Carmen del Corazón de Jesús, de 25 anos de idade, levaba 4 de vida relixiosa.

1920, febreiro. Tomou o hábito a que fora presidenta da Congregación de las Hijas de María de Vilavella, María Otero Paz.

1923, abril. Faleceu no convento de Vilavella aos 70 anos e 48 de relixiosa, Rda. M. Guadalupe. No mundo chamouse María de la Asunción Lago Bugarín, natural de Cabral.

1924, abril. Faleceu unha monxa de 76 anos natural de Tui.

1926, setembro. Faleceu no convento Sor María de la Cruz, coñecida no século como Carmen González Alonso. Natural de Mosende (Porriño), tiña 64 anos e levaba 23 de vida relixiosa.

1928, novembro. Procedente do convento de Agustinas de Vilavella, ingresou no manicomio de Conxo, Sor Concepción de Santa Teresa López López, de 58 anos, natural de Lugo.

1933. Abandonan o convento trala súa venda, ademais da citada abadesa, seis monxas: Rosario, galega, 49 años; Ángeles, castelá, 50 anos; San José Troncoso, 84 anos; San Pedro, galega, 79 anos; María, 78 anos; e Dolores, 72 anos. E dous legas: de 60 e 68 anos.



NOTA

1568-10-08. Venta de Gregorio de Vixoi, labrador, veciño de San Martiño de Aríns, a favor de dona Constanza de Haro, abadesa do mosteiro de Santa María da Purificación, na vila de Redondela, e no seu nome a Cristóbal Velázquez, coengo en Santiago, de tres cuartos dunhas vacas, por prezo de 26 reais. (Arquivo da Catedral de Santiago)


Mordomo do Convento de Vilavella

Joseph Bernardo Pérez. En 1762.




Outras Monxas

Míguez, Engracia

Engracia Míguez, naceu en Redondela en 1836, tomando o hábito de Clarisa aos 18 anos en 1854. A revolución de 1868 obrigouna a abandonar o convento ata que en 1875 as xestións do arcebispo da diocese, Sr. Payá, permitiu á súa volta ao convento. Despois de exercer 23 anos como abadesa, falecería no convento de Santa Clara en 1916, contando daquela 80 anos.


Misioneiros

Fr. José Alfau, nado en Cesantes en 1762, profesou no convento de Santiago en 1778. Destinado á illa de Samar en Filipinas, foi párroco do pobo de Ctuiuan con Balanquiga de 1788 a 1800. Debeu voltar a España, pois non aparece no libro de defuntos.

P. Antonio García Núñez. Nado en Redondela en 1765. Agustino misioneiro en Filipinas. En 1783 profeso do convento de Santiago. Pasou a Filipinas en 1789. Administrou varias parroquias en Ilocos, ata o seu falecemento en Bacarra en 1821.

P. Luis Antonio Carrera. Nado en Redondela en 1773. Profesou no convento de Segovia en 1779 Era organista e sería misioneiro en Filipinas. Faleceu en Mandaloya o 15 de Abril de 1825, recibindo sepultura en Guadalupe.

P. Juan Parga Araújo, franciscano natural de Redondela, ao que, en 1696, se lle concede licenza xunto a outros 22 misioneiros galegos para pasar a Florida. Debe ser o mesmo misioneiro de Redondela que aparece como Juan Parga Arroyo, morto xuntamente con moitos indios de Ayubali nun asalto.


Outros Relixiosos

Mauro Fernández de Nogueira. Bautizado en Santiago de Redondela o 26-1-1634. Coengo de Santiago en 1678. Debe ser o mesmo D. Mauro de Nogueira y Barros que faleceu o 18-10-1699, segundo a inscrición da súa lápida sepulcral brasonada, na Basílica Compostelá.

Barros, Isidoro (Reboreda). Frade presbítero, veciño de Santa María de Reboreda en 1681.

Juan de Cordido. Relixioso nado a principios do s. XVII, da familia dos Prego de Montaos e veciño de Reboreda.

Manuel Mos y Roza. Relixioso de Cesantes que recolleu o relato do carpinteiro redondelán Domingo Martínez, testemuña en 1702 da Batalla de Rande.

Antonio Rubín. En 1821 aparece como Lector de Casos no convento de San Lorenzo, cando é destinado a Vigo. En 1835 residía de novo en San Lorenzo, cando nos primeiros días de setembro ten lugar a exclaustración dos regulares da Orde Franciscana en Santiago de Compostela, indo daquela a residir en Redondela, de onde era natural.


Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013.

Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra: Cesión de parte dunha casa e dous lagares con terra labrada das Fascaiñas en Porriño (1753). Venda en "censo redimible al quitar" (1669). Carta de pago (1705). Poder outorgado para cobrar os réditos dun censo (1628). Venda da metade dunha casa de soto e sobrado en Vigo (1681). Venda por "censo redimible al quitar" (1665).

As Illas de San Simón. Aproximación á súa historia. J. A. Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia.1999.

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El eco de Galicia órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas, El regional diario de Lugo, El lucense diario católico de la tarde, Gaceta de GaliciaDiario de Santiago, La correspondencia gallega, Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => La Reforma (Madrid), La Época (Madrid), El Heraldo de Madrid, El Día, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración.

Ministerio de Cultura http://pares.mcu.es/ => La Semana Católica de Salamanca, Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779), Casa de Contratación>Autos de bienes difuntos.1762. Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Villavieja de Redondela (Mos, Tuy), efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución.

Anotacións de Martina Figueroa Senra esposa de Manuel Otero Lago (Sacristán das Monxas do Convento de Vilavella).

Agustinos, evangelizadores de Filipinas, 1565-1965. Manuel Meriño, 1965.

Ensayo de una biblioteca ibero-americana de la Orden de San Agustin, Vol. 3. Gregorio de Santiago Vela, Bonifacio Moral, Augustinians in the Philippine Islands

Catálogo de los religiosos de N.P.S. Agustín de la Provincia del Smo. Nombre de Jesús de Filipinas. Archivo Ibero-Americano. Franciscans. 1969

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925. Publicado en todocoleccion.net

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Arquivo Deputación de Pontevedra: atopo.depo.gal > Contas municipais. Concello de Redondela (1835-1840)), 1792-Novo arranxo e establecemento dos Reais Plantíos e Devesas nos pobos das xurisdicións de Redondela, Vilavella, Saxamonde e Cedeira.), Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cedeira. Tomo I (1948)



Relixiosos

Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013.

As Illas de San Simón. Aproximación á súa historia. J. A. Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia.1999.

Pares>Casa de Contratación>Autos de bienes difuntos

Deputación de Pontevedra> Redención de censo ás monxas de Redondela (1812)



Relixiosas do Convento de Vilavella

1669, febreiro, 24 Venda en censo redimible al quitar que fan Gregorio Bouzón e Dominga Míguez, veciños de Vilar do Mato, na freguesía de Santa María de Reboreda, a Antonia de los Reis, abadesa de Nosa Señora da Purificación de Vilavella (Redondel... (Venda en "censo redimible al quitar" (1669). Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra)

1705, decembro, 19 Carta de pago pola redención dun censo que outorga Ana de Araujo, abadesa do convento da Purificación da vilavella de Redondela, en nome de dito convento. Protocolo de Domingo Davalle, fol. 89-90 Bo estado Sinatura: Sampedro, 6-... (Carta de pago (1705). Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra)

1753, febreiro, 5 Cesión que fan Juana Luisa de San Antoniuo e Teresa de San Miguel, monxas do convento da Purificación de Vilavella de Redondela, e con licencia de este e como fillas lexítimas de Antonio de Araujo Pereira e Juana María Pereira y ... (Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra)

18620101 Boletín eclesiástico del Obispado de Tuy

18630115 Boletín eclesiástico del Obispado de Tuy

18720501/18720801/ 18740215/18740501/18771215/18781001/18790401/18800115/18810115/18830630/188031008/18840226/18840805/18841117/18850428/18860623/18860716/18870924/1890080118990405 Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy

1883/07/04La Voz de GaliciaA Coruña2

(18860731 La Semana Católica de Salamanca)

18870928 El lucense

18921201 El Anunciador (A Coruña)

18940712 Gaceta de Galicia. Diario de Santiago

18941206 Gaceta de Galicia Diario de Santiago/18941208 El regional diario de Lugo/18941228 El Heraldo de Madrid

18950930 El eco de Galicia órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas

18971126 Gaceta de Galicia Diario de Santiago/18971126 La correspondencia gallega (Pontevedra)

18990301 La correspondencia gallega (Pontevedra)/18990316 La Reforma (Madrid)

19000530 El lucense diario católico de la tarde/( (1900/05/29La Voz de GaliciaA Coruña2))

(19000829 Gaceta de GaliciaDiario de Santiago)

19000831 El lucense diario católico de la tarde/

(19041200 La correspondencia gallega)

Comunidad Religiosa: de Justinianas, vida contemplativa. Abadesa, Sor María Clara de la Asunción. Vicario, Benigno Álvarez (Censo de actividades 1910. todocoleccion.net)

(19111100 La correspondencia gallega/19111113 El Diario de Pontevedra))

(19120208 Diario de Galicia)

Faleceu en Vigo Antonio LlaugerMartínez, irmán da Madre Abadesa do Convento de Vilavella. (19120301 El noticiero de Vigo)

19160900 La Correspondencia Gallega/19160906 El progreso-

19161209 El Correo de Galicia

(19200220 El compostelano)

(19230411 La Integridad diario católico)

(19240504 El correo de Galicia)

(19260926 El correo de Galicia)

(19281129La Voz de GaliciaA Coruña2)

(19360512 El compostelano)-Antonio Rubín

(Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779))

Anotacións de Martina Figueroa Senra esposa de Manuel Otero Lago (Sacristán das Monxas do Convento de Vilavella).


No hay comentarios:

Publicar un comentario