O primeiro mosteiro do que se ten constancia en Redondela foi en 1517 o cenobio Custodia de los Pascualinos de San Simón na illa de San Simón. Si ben e certo que en 1501 xa comezaran as obras do convento de Vilavella, as monxas da orde de clausura San Lorenzo Justiniano non se establecerían ata 1574, permanecendo na nosa vila ata 1932. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html )
Convento de Vilavella.
Redondela a través do tempo. Jose Antonio Orge Quinteiro. Ed.
Xunta de Galicia 2001.
|
Outra orde que se instalou na illa de San Simón foi a dos monxes beneditinos de San Juan de Poio en 1596, que abandonarían a illa pola volta en 1601 dos pascualinos. Estes trasladaríanse en 1746 ao lugar de Vista Real de Agrelo en Cesantes, onde fundarían o Convento de San Antonio de Vista Real de Agrelo. En 1768 estaba formado por arredor de 30 monxes. Este convento sería destruído polos franceses en 1809 e a orde o abandonaría en 1836 pola exclaustración da orde franciscana. Na actualidade o edificio segue en pé, sendo empregado por unha escola hípica. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/o-convento-de-agrelo.html )
O Priorato de Rande foi fundado polo abade Diego Fernández en 1670, estando constituído por dúas casas, un muíño, un castañal, dúas devesas de monte e un horta con muro onde había unha viña. Dependía do Cenobio de Armenteira, e era da orde de San Bernardo. É citado no Catastro de Ensenada de 1752. Nun documento de 1768 situado no Castelo de Rande, que era capela e priorato sendo atendida por un monxe de San Bernardo. Desaparecería na primeira metade do século XIX.
No século XVIII tamén había en Río Frío (Chapela) monxes bernardinos e en Cidadelle se atopaba a Casa Grande que foi durante un tempo residencia de frades con capela.
Convento de Trasmañó. Foto: J. Migueles, 2009. |
BIBLIOGRAFÍA
As Illas de San Simón. Aproximación á súa historia. J. A. Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia.1999.
Apuntamentos sobre o mosteiro de Vilavella (Redondela): Amado González Cardama. Separata de estudios provinciais Nº15/2000 – ISSN: 0211-5530
Catastro de Ensenada de 1752
1840 Descripción topográfico-histórica de la ciudad de Vigo, su ria y alrededores
1768 España sagrada theatro geographico
Historia de Vigo y su comarca. José de Santiago y Gómez.
Los cistercienses en el sudoeste de Galicia afines del antiguo régimen. María Seijas Montero. Departamento de Historia Medieval e Moderna. Universidade de Santiago, 2009.
USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela>Páx. 56
No hay comentarios:
Publicar un comentario