sábado, 31 de octubre de 2020

Placas e Monólitos

Concello

Conxunto urbano

Lembran os premios a mellor conxunto urbano que recibiu o Concello de Redondela nos anos 70.

Conxunto urbano 1970 Foto Raquel Calvino-Wikipedia

Placa altimétrica

Colocada polo Instituto Geográfico Nacional, nela constan a altitude, latitude e lonxitude.

Placa altimétrica. Foto: HombreDHojalata-Flickr

Sentenza en galego

Conmemoración en 2015 do 30 aniversario da primeira sentenza en galego, ditada polos maxistrados Ricardo Leirós Freire, Claudio Movilla Álvarez e Gonzalo de la Huerga Fidalgo e promovida polo Concello de Redondela.


Primeira sentenza en galego Foto: J. Migueles
Primeira sentenza en galego Foto: J. Migueles

Ramón Cabanillas

Na fachada do Concello colocouse unha placa na honra do célebre escritor Ramón Cabanillas, quen segundo reza fora secretario en dita institución. Nos datos que manexo Ramón Cabanillas si foi secretario de Concello, pero do de Mos, que daquela formaba parte do partido de Redondela. Polo que mentres non se atope no arquivo un acta firmada polo escritor, dou en pensar que nunca pisou o noso Concello, que por certo daquela estaba situado na Casa da Torre.

R. Cabanillas. Foto: J. Migueles
R. Cabanillas. Foto: J. Migueles

Alameda

Estatua Castelao

Na alameda de Redondela, como xa citamos na entrada adicada ás esculturas, na de Castelao foron colocadas dúas placas na base: unha conmemorando os 50 anos do seu pasamento (2000) e outra o Centenario do Himno Galego (2007). Serían roubadas en 2015.

Himno galego. Foto: alfesculturasymonumentos.blogspot.com

Antigo cárcere

Galeguización municipal

Colocada en 2018 para conmemorar o 35 aniversario da Lei de Normalización lingüística e homenaxear ao noso Concello por ser pioneiro no uso do galego na administración local. Non deixa de ser curioso que esta placa non a colocaran na propia Casa do Concello.

Lei de Normalización. Foto: J. Migueles
Lei de Normalización. Foto: J. Migueles

Rueiro de Redondela

Pz. da II República

Homenaxe aos defensores da República que sufriron a represión franquista. A placa de bronce sería roubada. Substituída no 2018 sería tapada con pintura pouco despois.


 Foto: Asociación de Familiares y Amigos de Represaliados de la II República por el franquismo

Estación do tren de Redondela

En 2019 celebrouse na estación de Redondela un acto en lembranza do paso en tren do escritor Federico García Lorca e dos versos que adicou á nosa vila.


Paseo da Xunqueira

Homenaxe a Xosé L. Franco Grande

Homenaxe promovido pola Fundación Lois Peña Novo en 2019 ao autor do dicionario galego publicado en 1968.

X. L. Franco Foto: J.Migueles
X. L. Franco Foto: J.Migueles

8 de Marzo

Placa en lembranza das mulleres vítimas da violencia de xénero. Despois dalgún cambio de localización colocouse na rúa Salgueiral.

Campo de Fútbol

No 2015 celebrouse un homenaxe a Manolo Conde, fundador do club C. P. 81 (Casa Paco), dándolle o seu nome ao campo de fútbol Anexo.

Persoeiros

Rita Otero Fernández

Persoeiro do ano en 2014. Entre os actos celebrados sería colocada unha placa no pazo de Petán no que residiu co lema “Quen fixo da caridade o seu lema de vida".

José Regojo

Placa colocada en 1993 no Pazo de Petán en agradecemento dos seus ex-traballadores.

José Regojo. Foto: eduxunta.gal
José Regojo. Foto: eduxunta.gal

 Casto Sampedro Folgar

Na rúa Reveriano Soutullo. (Ver Persoeiros S)

Diego San José

No edificio onde estaba a casa na que viviu o escritor. (Ver Persoeiros S)

Reveriano Soutullo

Casa onde viviu o músico, hoxe empregada pola Asociación Lenda. (Ver Persoeiros S)

R. Soutullo. Foto:HombreDHojalata-Flickr
R. Soutullo. Foto:HombreDHojalata-Flickr

 
Telmo Bernárdez

Dentro dos actos do Persoeiro do Ano, en 2015, descubriuse unha placa na casa de Telmo Bernárdez, médico implicado politicamente, que sería preso e fusilado durante a Guerra Civil.

Telmo Bernárdez. Foto: La Voz de Galicia
Telmo Bernárdez. Foto: La Voz de Galicia

Cemiterio

Redondela

“Concello de Redondela. Gloria eterna a cantos aquí xacen e que nos deron a vida, a terra e a lingua. 1 de novembro de 2006”.

Cemiterio Redondela Foto Adrián Estévez
Cemiterio Redondela Foto Adrián Estévez

 

Cedeira

Igrexa de Cedeira

Festa das Espigas. Celebrada en 1906 coa asistencia de delegacións da Adoración Nocturna de varias vilas galegas.

Igrexa Cedeira. Foto: J. Migueles
Igrexa Cedeira. Foto: J. Migueles
 

Cesantes

Homenaxe aos presos na illa

Na rotonda da entrada do paseo da praia da Punta. Esta placa de bronce sería roubada.

Illa de San Simón

Represaliados

Placa homenaxe aos represaliados durante e despois da guerra. Colocada en 2006, dentro dos actos do Ano da Memoria, no que se lle deu a San Simón o nome de Illa da Memoria.


Represaliados. Foto: elviajeroaccidental
Represaliados. Foto: elviajeroaccidental

Nautilus

Esta placa coa reprodución do Nautilus colocouse na estatua do capitán Nemo na praia da Punta, pero varios intentos de roubo provocaron o seu traslado á illa.

Nautilus. Foto: viajesbreogan.com
Nautilus. Foto: viajesbreogan.com

Celebración Mundial da Poesía

Placa colocada en 2001 polo Club de Escritores de Galicia.

Poesía. Foto: Tripadvisor
Poesía. Foto: Tripadvisor

Chapela

Arealonga

Placa colocada en 2018 polos veciños de Chapela na praia de Arealonga en lembranza de Daniel Beltrán, xove de 25 anos asasinado na noite de San Xoán por chamarlle a atención a un home que estaba ouriñando no paseo. Contén a cita "La educación es el arma más poderosa que se puede usar para cambiar el mundo" de Nelson Mandela.

Arealonga. Foto: Atlántico Diario
Arealonga. Foto: Atlántico Diario

Reboreda

Juan Manuel Pereira

No pazo familiar deste político en Reboreda. (Ver Persoeiros P)


J. M. Pereira. Foto: HombreDHojalataWikipedia
J. M. Pereira. Foto: HombreDHojalataWikipedia

Escola de Sato Paio de Abaixo (Reboreda).

Casa na Banda do Río (Sto. Paio de Abaixo) alugada para escola a Severiano Bastos “Marchabién”. Entraría en funcionamento como escola mixta en 1926, dende principios dos 40 sería exclusivamente masculina e estaría en servizo ata 1965, ano no que se iniciaron as clases no grupo escolar.


Sociedade Labrego Cultural de Reboreda

1975-2000. Os primeiros 25 anos. En agradecemento a Laxe e demais directivos polo seu esforzo e dedicación. Sociedade L. Cultural de Reboreda.”


Carballo das Cen Pólas

Os terreos nos que se atopa o Carballo das Cen Pólas foron adquiridos pola Xunta de Galicia en 1998. O día da toma de posesión descubriuse un monólito co texto: “En agradecemento de todos nós, dos que fomos e somos parroquia de Reboreda á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Outono 1998. Sociedade L. Cultural de Reboreda. Deus Fratesque Gallaecia. O carballo das Cen Polas ten as follas reviradas, que llas revirou o vento nunha mañá de xeada.”

Carballo das Cen Pólas Foto: A. CouñagoLaxe

Cemiterio de Reboreda

“Na memoria de todo os que aquí xacen, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu, Reboreda Santos 2018”.


O Viso

Cemiterio do Viso

Promovido polo Servizo de Normalización Lingüística celebrouse o 27 de outubro de 2019 o “Día da restauración da memoria lingüística de Galicia”. Na entrada do cemiterio do Viso colocouse unha placa coa lenda “O barrio de todos”.

O Viso. Foto: Concello de Redondela
O Viso. Foto: Concello de Redondela


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

O que lembro do vivido. Andrés Couñago Laxe.

Faro de Vigo

Atlántico Diario

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario