No
Paseo da Xunqueira únense o río Alvedosa e o Maceiras. Se seguimos
a canle deste último, á altura da praza Ponteareas podemos iniciar
o paseo do Maceiras, pasando por debaixo da ponte coñecida como
Marca do Rei.
Como en todos os regatos do noso concello atoparemos restos de
muíños, destacándose polo seu porte e tamaño o Cu
do Muíño, no
barrio do Muro. O
percorrido conta con bancos para o descanso e construíronse varias
pontes pasando continuamente dunha beira a outra.
As
persoas que desexan facer largas andainas teñen a opción de unir
este paseo cos da Portela e o Pexegueiro, seguindo o curso do río
polo casco urbán.
Fotos: J. Migueles, 2018
Autor: J. Migueles
Actualizado: 4/2/2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario