viernes, 20 de marzo de 2020

Muíños

        
Interior dun muíño. Foto: Juan Migueles
Interior dun muíño. Foto: J. Migueles
        

Os muíños son máquinas que serven para moer o gran. Os que atopamos en Redondela son muíños fariñeiros de auga. Son de reducio, ou sexa, de roda horizontal, existindo dous grupos que ás veces aparecen combinados:

  • De canle. Son nos que a auga vai collendo altura mediante unha canle para caer con forza no reducio.

  • De cubo. Son os que acumulan auga nun depósito (circular ou cadrado) para conseguir que a auga saia coa presión necesaria.

  • De canle-cubo. A levada ensánchase entrando en diagonal no muíño formando así un depósito no que aumentar a presión como no tipo de cubo.


No libro “Muíños nas terras de Redondela”, Miguel Ángel Abraira Pérez, sen abranguer todos os regatos do concello chegou a recoller 96 muíños. A lista que amoso a continuación amplía este traballo, mais algúns están desaparecidos e outros aínda non os localicei. En total serían:

Cabeiro 6

Cedeira 18

Cesantes 6 (2 desaparecidos)

Chapela 32 (4 desaparecidos)

Negros 11 (4 desaparecidos)

Quintela 4 (1 desaparecido)

Reboreda 23 (2 desaparecidos)

Redondela 6 (5 desaparecidos)

Saxamonde 8

Trasmañó 20

Ventosela 4

Vilar de Infesta 7

Vilavella 3 (2 desaparecidos)

O Viso 13 (2 desaparecido)


TOTAL: 160 (dos cales 22 desaparecidos)


A todos estes habería que engadir outro desaparecido pertencente á fábrica de curtidos que existiu na rúa do Muro (Redondela), que probablemente estaría localizada no solar onde se construíu a nave da empresa Umbro. Na Matrícula de 1893-94, aparece a seguinte información: "Fábrica de curtir pieles de ganado vacuno. Le juran tener molino cortera con destino a la misma movido por caballerías 22'83 metros cúbicos". Sería propiedade de Juan Ipiña Ibarreche e permanecería activa cando menos ata 1905. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/outras-empresas-desaparecidas.html )

Engado tamén un mapa cos que teño xeolocalizados (pouco a pouco irá mellorando), o que nos da unha imaxe clara deste patrimonio que estamos a deixar esmorecer:

https://www.google.com/maps/d/edit?hl=es&mid=1OEoWm6HQOLxrh7wSHao3R_O6QK7X5Nzm&ll=42.31361017281813%2C-8.590405507276017&z=16


Río Pexegueiro (Cesantes/O Viso)

Desemboca na Marisma

Muíño da Molinera x2 (Est. Campo de Fútbol/Redondela): A carón da Ponte de Esteiro. Era propiedade de Javier “o de Sequeiros” e Gloria “La Molinera”. Desaparecido, construíndose as casas no seu lugar, unha onde estaba o muíño e outra onde había uns galpóns onde a xente agardaba o final da moenda podendo quedar a durmir cos carros de bois. Consérvase unha terceira construción preto da ponte de Esteiro que era empregada como galiñeiro. (42.29352, -8.6076)

Muíño ¿? (Cño. da Fonte de Ribas, zona do Xote/Cesantes): Reconvertido en alpendre de bloque conserva a levada de pedra. (42.294825, -8.607241)

Muíño do Rato (Lugar do Baghón na zona do Xote-Ameneiral do Pexegueiro/Cesantes): Tipo mixto. Atópase nun sitio que foi empregado durante anos para tirar escombro e todo tipo de refugallos. No 2021 por iniciativa do Obradoiro Fernando Monroy comeza a recuperación da zona. (42.2983548, -8.6067458).

Muíño dos Codias (Camiño Cerqueiro/Cesantes): O teito do muíño queda á altura do camiño polo que para evitar que a xente caira dentro o encheron por completo de escombro. Na Documentación da Finca de Sobral fálase dos Muíños de Esteiro, referíndose probablemente a este e o anterior. (42.299167, -8.604956)

Muíño dos Herdeiros (A Nogueira/Cesantes): Desaparecido.

Muíño da Joaquina do Lobo do Caldo (Cño. da Ínsua/A Nogueira/Cesantes): Muíño de canle-cubo con casa enriba á que se lle afundiu o piso de madeira. (42.302811, -8.599881)

Muíño de Adelaida, da Insua ou de Maruja de Carolina (Cño. Da Ganga/A Insua/Cesantes): Recentemente restaurado con materiais modernos e encintado da pedra. Conserva parte do cubo. (42.304930, -8.599652).

Muíño da Jeresana (Cño. Da Ganga/A Insua/O Viso): Muíño de cubo moi ben conservado con pousadoiro na entrada. Este e o anterior son coñecidos como Muíños no Seixo. (42.305231, -8.599699).

Muíño ¿? (A Ínsua/ O Viso): Desaparecido. Derrubado a principios dos 70 para a ampliación da estrada. (Citado no traballo de Miguel Abraira)

Muíño de Cancelos ou do Lino (Cadabal/ O Viso): Construído en 1881. Despois de anos de abandono foi mal reconstruído con materiais modernos. (42°18'28.16"N, 8°35'56.70"O)

Muíño ¿?: Añadido de ladrillo. (42.30784, -8.5991)

Muíño de Baltar ou de Florencio do Cabo da Vella (Cadabal/ O Viso): Muíño de cubo restaurado cara a 2009. Construído en 1884. Chamado de Baltar polo actual propietario (2020) José Luis Martínez Baltar, quen o traballou ata 1988. Ten acaroada unha pequena habitación que podería ser empregada para durmir os días de muiñada. No lado dereito da porta ten unha gran cruz e semella que podería haber algunha outra inscrición máis gastada. (42.308361, -8.599048)

Muíño de Manolo de Padia (Cadabal/ O Viso): Desaparecido. Probablemente o que quede estea nunha propiedade privada.

Muíño da Habanera ou de Ceferino Barros (Val do Muíño-Tuimil/ O Viso): Muíño de cubo sen tellado. Accedese por unha pontella unida a unha ponte algo maior. (42.308664, -8.597507)

Muíño do Zafarino ou Muíño de Mariquela ou Muíño da Maruxa (Val do Muíño-Tuimil/ O Viso): Os dous últimos nomes recollidos polo CEIP Outeiro das Penas fan referencia á propietaria. Conserva as paredes e segundo Miguel Abraira un monumental cubo que a maleza nos impediu observar. (42.30873, -8.5971278)

Muíño ¿? (Val do Muíño-Tuimil/ O Viso): Conserva as paredes. Muíño de cubo cadrado con entrada en diagonal. (42.309217, -8.596395)

Muíño de Catalina Rigó ou de Joaquín de Bernarda (Val do Muíño-Tuimil/ O Viso): Construído por Catalina Rigó Veiga en 1883, sobre a porta “ANI 83”. O propietario en 2020 é Antonio Barral. Recentemente (2020) foi encintado e ten tellado de uralita. (42.309528, -8.596013)

Muíño do Escredo (Cño. Da Fonte do Escredo/O Viso): Muíño desmantelado do que tan só se conserva en pé o cubo. (42.312180, -8.584673)

 

Alboio dos Muíños da Molinera


Muíño do Rato. Foto: Juan Migueles
Muíño ¿? (Cño. Cerqueiro)



Muíño do Rato
Muíño do Rato



Muíño da Gheresana
Muíño de Joaquina

Muíño de Adelaida
Muíño de Florentino

Muíñodo Zafarino ou Mariquela 

Muíño de Joaquín

Muíño (Val do Muíño)


Muíño da Habanera
    • Rego Caramboleiro

      Afluente do Pexegueiro.

    Muíños da Velasca x2 (Eido de Arriba-Vilar do Mato-Ventosela): Dous muíños de cubo. A auga non pasa dun ao outro teñen regos independentes.

    O de arriba foi ampliado en altura con ladrillo e tella plana. Semella que podía ter tellado a dúas augas e o converteron en unha. Parte das tellas, que son planas, caeron. Conserva un pequeno forno. O muíño ten dúas portas unha de entrada e outra máis baixa que da ao segundo muíño. (42.305730, -8.587861)

    O de abaixo tiña tellado de uralita con tella enriba que se afundiu caendo varias pedras das paredes. Ten cruces protectoras no lado dereito da porta. Consérvase unha pontella de acceso. (42.305636, -8.587906)

 

Muíño de Velasca 1

Muíño da Velasca2



Río Alvedosa (Redondela/Reboreda/Pazos)

(Non aparecen os muíños do veciño concello de Pazos de Borbén)

Muíño de Rubio ou “La Molinera” (Paseo da Xunqueira/Redondela): Desaparecido. Estaba na parte traseira da tenda de mesmo nome. Citado por ser o primeiro muíño eléctrico de Redondela.

Muíño da Peituda (R. Juan Manuel Pereira/Redondela): Sobre os restos do muíño construíuse un garaxe. Chamado así porque nel traballaba a irmá de Julián “Peitudo”, dono dunha popular taberna anexa ao muíño. (42.28238, -8.60783)

Muíños de Pájaro Pinto, Domitila e Filomena (Redondela): Tan só se conserva o de Domitila, parte do cal foi esnaquizado para construír un edificio. Este foi o último en deixar de funcionar. O de Filomena desapareceu nos 60 para edificar. A zona era coñecida como Barrio dos Muíños. (42.28223, -8.60667 )

Muíño do Señor Salvador (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda): Con vivenda construída enriba. (42.28305, -8.60485)

Muíños de Loroto x3 (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda). A carón da fervenza chamada A Feixa. Son tres muíños, sobre un dos cales se construíu unha casa. (42.28188, -8.60206 / 42.28185, -8.60174 / 42.28191, -8.60163)

Muíño do Peixiño (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda). Adicado á hostalaría co nome “O Muíño Vello”. (42.28221, -8.60138)

Muíño da Siña Ventura (Santo Paio de Abaixo/Reboreda): Muíño con vivenda en estado de abandono. (42.28285, -8.60097)

Muíño da Moucha (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda): Reconvertido en vivenda no 2008. (42.28385, -8.6001)

Muíño da Manca ou do Medio (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda) (42.28442, -8.59947)

Muíño de Marchabén (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda): Con vivenda construída enriba. (42.28452, -8.59905)

Muíños da Ponte x2 (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda). Dous muíños o primeiro de cubo e o segundo de canle-cubo. Adicados á hostalaría. (42.285151, -8.597545)

Muíño do Pápalo (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda) (42.28813, -8.59504)

Muíño da Matuta (Asnelle de Abaixo/ Reboreda) (42.28887, -8.59492)

Muíño do Roque (Asnelle de Abaixo/ Reboreda) (42.288831, -8.593878)

Muíño do Faranguello (Reboreda): Tan só quedan restos. (42.2897227626, -8.59086104172)

Muíño da Catreira (Cño. do Río-Reboreda): Muíño con vivenda. (42.290345, -8.589914)

Muíño de Manel ((O Cadaval-Asnelle de Arriba / Reboreda): (42.290664, -8.586427)

Muíño ¿? (Reboreda): Só se conservan os cimentos.

Muíño das Xastras (Muíño-Reboreda): Muíño que se popularizou pola celebración do Arrastro Rock onde facía as funcións de bar. Presenta un bo aspecto exterior apesares de que se lle engadiu un tellado para acoller unha grella. Fáltalle o rodicio e ao estar pechado non sabemos se conserva as outras partes do muíño. (42.291438888888884, -8.579597222222223)

Muíño da Ponte (Muíño-Reboreda): Muíño de cubo cadrado con entrada en diagonal. O tellado está a caer e con el xa se derrubou un dos muros. Conserva a moa. (42.29183333333333, -8.579072222222221)

Muíño do Tareixo (Reboreda): Desaparecido. Citado en O monte de Reboreda, Redondela. Guía escolar. Ed. Comunidade de Montes de Reboreda, 1993.

Muíño do Rachón (Paradela-Reboreda): No remate da Senda da auga no tramo de Reboreda, a carón dunha fervenza. (42.292570, -8.569183)

Muíño ¿? (Ventosela): (42.2930424461, -8.56682793022): Muíño de cubo. Está moi preto do límite con Amoedo (Pazos de Borbén). A maleza impide o acceso ata o muíño e tan só puiden comprobar que os seus muros consérvanse en bo estado.


Muíño da Peituda

Muíño de Domitila
Ubicación do Muíño de Filomena
Muíño do Señor Salvador
Muíños de Loroto 2 e 3
Muíño de Loroto 1
Muíño Vello
Muíño da Siña Ventura
Muíño da Moucha
Muíño da Manca ou do Medio
Muíño da Ponte
Muíño de Marchabén



Muíño do Papalo
Muíño da Matuta
Muíño do Roque

Muíño da Catreira
Muíño do Manel
Muíño das Xastras
Muíño da Ponte


Muíño do Rachón

 

Muíño¿?

  • Regato da Garonda ou Regueiro Vello

    O primeiro nome no curso alto e o segundo no baixo.

    Muíño de José da Gharonda (Caballa Vella-Senda da Auga-Reboreda):(42.280989, -8.585335)

  • Rego do Campelo

Muíño de Joaquín ou Muíño do Souto (Río Muíño-A Carosa/ Ventosela): (42.298739, -8.576097)

Muíño de Joaquín

 

Muíño de José da Gharonda




 

 

 

 

Río Maceiras (Varias Parroquias)

Únese ao Alvedosa na Xunqueira

Muíño do Arañol (O Muro-Vilavella/Redondela): Desaparecido trala construción da variante da estrada N-550 a finais da década dos 90 do pasado século. Tan só queda algunha pedra que nos indica a súa localización. Muíño con vivenda que formaba parte da propiedade do Convento de Vilavella. Trala venda do edificio pasou a mans de José Otero González “Mañas”, quen llo tiña alugado a Justo Otero López “Cangón”. Este muiñeiro sería o último en traballalo abandonándoo coa súa familia nos anos 60 polos continuos asolagamentos producidos polas crecidas do río, trasladándose ao Cu do Muíño, que veremos a continuación. (42.277412, -8.611086)

Muíño dos Biquillos (O Muro-Vilavella/Redondela): Desaparecido. O nome fai referencia ao alcume da familia propietaria.

Muíño do Maceiras (Cño. do Muíño do Muro (Vilavella)): Miguel Abraira recolle o nome de Muíño da Maceira. Muíño de canle con dúas moas, con vivenda e ponte de acceso, que foi medio tapada e ampliada no 2016 coa construción da senda do Maceiras. Nunha das portas aparece a data de 1885. Tamén é coñecido como Muíño dos Cochechos, nome que non é correcto porque era o alcume dunha familia que vivía na casa que hai a carón muíño. Como citamos ao falar do Muíño do Arañol, a este muíño se mudou coa súa familia Justo Otero López “Cangón”, quen o mantivo en funcionamento ata inicios dos anos 80. Na última época tan só se empregaba unha das moas. Non se traballaba todo o ano xa que as crecidas do río impedían que os muíños funcionaran nos meses de inverno. Tanto este muíño como o de Arañol os alugaron ao conserveiro José Otero González “Mañas”, polo que é máis que probable que tanto estes dous muíños como o desaparecido “dos Biquillos”, pertenceran ao Convento de Vilavella (42.271975, -8.612955). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html )

Muíño da Lama ou do Castellano (Cño. Fonte da Lama/Cedeira): Desaparecido para construír unha casa. (42.26995, -8.61284 )

Muíño de Maghariñas (Costeira/ Quintela)( 42°16'4.42"N, 8°36'50.53"O)

Muíño de Carme (Costeira/ Quintela): Muíño de canle-cubo con dúas moas e con casa acaroada. Destaca a súa monumental levada duns 50 metros que entra no muíño a pouco máis dun metro de altura. No 2021 está a ser restaurado. Colocáronlle un tellado de panel sándwich imitando a tella do país, aumentándolle a altura con ladrillo. (42.261671, -8.610013)


 

Muíño do Arañol. Restos da levada

Cu do Muíño



Muíño de Carme

  • Río das Pereiras

    Desemboca no Maceiras. Muíños de seixo que na maior parte dos casos presentan un cubo de grandes dimensións.

    Muíño ¿? (Cño. do Sapal/Negros): Muíño de canle-cubo en ruínas. Tiña acaroada unha vivenda. A maleza impediunos ver moito máis. (42.255778, -8.611854)

Muíño do Coxo ou do Bixairo (Rial/Saxamonde): Muíño de cubo con casa acaroada. En ruínas. Presenta unha elaborada cruz protectora. Pegado ao camiño e un tanto afastado do río. (42.254717, -8.612227)

Muíño do Burato (Pedra-Iglesias/Saxamonde): Muíño construído con ladrillo e cemento. Tellado tamén de cemento. Miguel Abraira en 2002 recolleu que estaba en funcionamento moendo un dos herdeiros, Ramón Crespo, que daquela contaba 77 anos. En 2021 atópase abandonado. O rodicio está medio tapado pola sedimentación e as pezas de madeira do interior comezan a deteriorarse. (42.252611567, -8.61469731825)

Muíños das Veighiñas x4 (Pedra-Iglesias/Fixón-Negros): No traballo de Miguel Abraira: “Catro muíños abandonados hai uns 50 anos e hoxe tan só son visibles os restos dun inferno, a canle, e algunhas moas dispersas polo lugar”. Sergio Pereira proporcionoume a localización de tres muíños. En visita realizada en febreiro de 2021 a maleza tan só me permitiu ver parte dos muros dun muíño e algunha outra pedra dispersa. (42.2523231276, -8.61608511637) (42.2522734187, -8.61629295116) (42.2522386339, -8.6164184282)

Muíño ¿?: (Negros): O cubo conectado cunha canle de ladrillo. En ruínas. Sen tellado e parte das paredes derruídas. (42.249873, -8.616680)

Muíño do Lago (Vilar de Infesta): Moi alterado. O cubo, xa sen canle, foi substituído por un cadrado de cemento. O inferno con porta de metal empregado para gardar un andamio. Unha bonita pontella o comunica coa outra beira. (42.249258, -8.616355)

Muíño do Caranguexo (A Costa/Vilar de Infesta): Ampliado en altura con ladrillos o cubo e teito de cemento. Ata o de agora (2021) é o único muíño atopado na outra beira do río. (42.247247, -8.615955)

Muíño de Canalejas ou do José (A Costa/Vilar de Infesta): En ruínas. Afundiuse a metade do tellado, que era de ladrillo, e parte das paredes. A canle do cubo, de pedra, atópase fraccionada no chan. (42.246604, -8.616016)

Muíño do Carolino (O Colexio/ Vilar de Infesta): A canle que da ao cubo de cemento. Ata hai pouco (2021) empregado como local de botellón.(42.243768, -8.614336)

Muíño de Manolito (O Colexio/ Vilar de Infesta): De cubo. Conservado practicamente na súa totalidade co aspecto orixinal. Destaca a amplitude do cubo. (42.243510, -8.614535)

Muíño do Medio (O Colexio / Vilar de Infesta): De cubo. Restaurado. (42.241914, -8.616188)

Muíño do Colexio (O Colexio / Vilar de Infesta): Muíño de cubo. Sen tellado. (42.241369, -8.616959)

  • Muíño ¿? (Cño. do Sapal)

     

    Cruz protectora
     
    Muíño do Coxo ou do Bixairo

     


     

    Muíño (Saxamonde)


    Muíño¿? (Cño. Fixón)






    Muíño ¿?

    Muíño ¿?

     

    Muíño do Caranguexo Foto: Xosé Couñago

    Muíño de Canalejas

    Muíño ¿?


     

     

     




    Muíño do Medio
    Muíño do Carolino

    Muíño do Colexio

     

     

     

     

 
 

  
  • Rego de Cabeiro ou Rego da Matoxa

    Na parte de Cabeiro é chamado Rego de Cabeiro e ao chegar a Negros pasa a chamarse Rego da Matoxa. Nace nas ladeiras das Pedras das Verrugas e desemboca no Río das Pereiras, afluente do Maceiras. Os muíños son de cubo e construídos con xistos, agás as pezas do cubo e a levada que son de granito.

    Muíño de Rogelio (Mancoeiro/ Negros): De cubo. Sen tellado. Parte do inferno está sepultado pola sedimentación provocada polas crecidas. (42.250139, -8.621776)

    Muíño do Lagho (Mancoeiro/ Negros): Desaparecido. Segundo informantes sito enfronte do anterior.

    Muíño de Maruja da Rufina (Mancoeiro/ Negros): De cubo. Tan só se conservan as paredes. Con pousadouro a carón da entrada, na que hai unha cruz gravada. (42.250104, -8.622128)

    Muíño do Mancoeiro (Mancoeiro/ Negros): De cubo. Restaurado con tellado de chapa e engadido de ladrillo na levada e o cubo. En uso. NOTA: No Catastro de Ensenada de Vilar de Infesta (1752), aparece como linde o Muíño do Mangoeiro. (42.250097, -8.622373)

    Muíño ¿? (Chan da Cova/Negros): Muíño de cubo. Está en grave risco de virse abaixo porque a canle do río desviouse cara a el. (42.250223, -8.624795)

    Muíño do Caseiro (Chan da Cova/Cabeiro): Tan só conserva o cubo e parte das paredes. Ten pousadouro. (42.250185, -8.625968)

    Muíño de Castro 2 (O Penedo-Chan do Loureiro/Cabeiro): Muíño de cubo con acueduto. En relativo bo estado, pero sen tellado. (42.2519375, -8.6357052)

    Muíño de Castro 1 (O Penedo-Chan do Loureiro/Cabeiro): Muíño de cubo con acueduto. Ao cubo fáltanlle varias pedras na parte baixa polo que corre perigo de virse abaixo. Recollía as augas da Mina de Barbas que vertía ao regato. (42.2519973, -8.6361712)

  • Muíño de Rogelio


    Muíño de Maruja da Rufina



    Muíño do Mancoeiro



    Muíño5






    Muíño 7
    Muíño 6








    Muíño 8
    • Regato da Biela (Cabeiro)

      Nace nas Pedras das Verrugas e desemboca no Rego de Cabeiro. No seu inicio hai un lavadoiro.

    Muíño do Costal 1 (Cño. dos Muíños/Cabeiro): Muíño de cubo con cruces gravadas aos dous lados da entrada. En ruínas, sen tellado. (42.25297777777778, -8.633761111111111)

    Muíño do Costal 2 (Cño. dos Muíños/Cabeiro): Muíño de cubo que recibe a auga do anterior. Preguntada unha veciña contestou que nin este nin o anterior tiñan nome, segundo Amante Romero serían coñecidos polo nome do lugar. (42.25293888888889, -8.63365)


Muíños do Costal (Cño. dos Muíños)
  • Río Güelas

    Muíño do Campo do Río (Camiño da Milixosa/Cabeiro): Debeu de ser derrubado coa construción da estrada. Tan só se conserva o cubo. (42.25851, -8.62668)

  •   Rego do Muíño da Feixa (Maceiras)

Muíño da Feixa (Eira Pedriña/Cedeira): A maleza tan só permite comprobar que é de cubo. (42.266679, -8.615677)

Muíño da Feixa

Rego das Cabras ou Río Maior (Cedeira/Trasmaño)

Desemboca na Praia de Rande.

Muíño da Regheira (Camiño das Regueiras / Cabanas-Trasmañó): Muíño de canle-cubo. No lintel da porta ten a inscrición: “AÑO V.1913.L. C.”. Sen tellado e con algunha pedra movida. Tan só visible cando rozan a propiedade. É un muíño de herdeiros, sendo Ramón Lago o último que o traballou. Un pouco máis abaixo, neste mesmo camiño, tamén podemos ver un lavadoiro e un túnel que levaba auga ao cargadoiro de mineral de Rande. (42.282333, -8.657051)

Muíño da Heirensia (Cño. do Can Branco/Trasmañó): En relativo bo estado aínda que medio tapado pola maleza. Ten acceso privado dende unha casa. (42.280056, -8.653817)

Muíño de Cotarelo de Arriba ou Muíño da Lebra (Cotarelo de Arriba/Cedeira): Ten pousadoiro. Restaurado. (42.279786, -8.653279)

Muíño de Celso (Cotarelo de Arriba/ Cedeira): Muíño de canle que ten pousadoiro. Recibe a auga dunha pequena presa para que a auga colla máis presión. A levada vai soterrada e entra directamente ao inferno. (42.279752, -8.653115)

Muíño do Río do Longo, do Tío Lino ou da Tía Clara (Cotarelo de Arriba/ Cedeira): Muíño baixo o cal hai un lavadoiro. En bo estado pero sen porta. (42.279594, -8.652625)

Senda da Auga

Muíño da Rata (A Xeringa-Eido da Rata/ Cedeira): Nos anos 50 aínda moía. Con tellado pero tivo un desprendemento, presentando un buraco nunha das esquinas. Ten unha cruz sobre a porta. O actual propietario contou que recibe o nome do alcume da súa avoa. (42.27915, -8.65209)

Muíño de Carme ou do Luriñas (A Xeringa / Cedeira)(42.2791899, -8.6520372): En bo estado, con tellado de formigón.

Muíño de Xoán de Corujeiro ou da Estrella (A Xeringa / Cedeira)(42.2790075, -8.6517190): Muíño de canle-cubo cunha levada de tamaño considerable. En bo estado, con tellado de formigón.

Muíño da Xeringa (A Xeringa / Cedeira)(42.2786287, -8.6514266): Sería o único de cubo deste regato, destacando a altura da levada. Sen tellado pero aínda en bo estado. Ten cando menos unha cruz nun lateral da porta. Na outra beira do río existen os restos dunha presa.



Muíño da Regueira

Muíño¿? (Cño.Can Branco)












Muíño de Cotarelo de Arriba
Muíño de Celso
Muíño do Río do Longo
Muíño da Rata
Muíño de Carme


Muíño de Xoán de Corujeira. Foto: Juan Migueles
Muíño de Xoán de Corujeiro


Muíño ¿? Foto: Juan Migueles
Muíño ¿?

Muíño da Xeringa. Foto: Juan Migueles

Muíño da Xeringa


 
 
 
 
 
 
 
 
 


Río Fondón (Trasmañó/Chapela)

Desemboca preto de Pescanova. Amante Romero comenta que en 1887 era coñecido como Río Albaqueiro.

Muíño de Benigno (Cño. Folón/Chapela): Muíño de granito de corte moderno encintado con cemento e tellado unha auga con placa de formigón. (42.27184,-8.66878)

Muíño de Folón (Cño. Folón/ Chapela): Con vivenda en ladrillo construída enriba do muíño realizado en granito. (42.271690, -8.668166)

Muíño da Chenca (Folón/ Chapela): Desaparecido. Só referencias orais (lista de Miguel Abraira).

Muíño ¿? (Cño. Folón/ Chapela): Muíño de cubo. O tellado a unha auga con placa de formigón. Para o cubo e a levada tamén se empregou cemento e pintado (ou caleado) de branco. (42.270958, -8.666885)

Muíño ¿? (Av. de Vigo-Folón/ Chapela): Con ponte de acceso desde propiedade privada polo que non podemos achegarnos. Tellado a unha auga de chapa. (42.270187, -8.665600)

Muíño ¿? (Chapela): Deste muíño de dúas moas (único en Chapela) tan só coñecemos unha foto de 1922 etiquetada como “Muíño da Costa da Encarnación”.

Muíño ¿? (A Fraga-Cidadelle/Chapela): Muíño de cubo pintado con vivenda no piso superior. O cubo é de formigón e a levada, que está medio derruída tamén é de cemento. Para o resto do muíño alternaron o granito e o xisto, estando as pedras encintadas na vivenda con algunha parte en ladrillo. O tellado a unha auga de formigón está afundido. (42.269797, -8.6612928)

Senda da auga

Muíño de Casqueira (Senda da Auga-Chapela): Muíño de cubo con teito de cemento. Presenta cruces protectoras na entrada. (42.2694561, -8.6597941)

Muíño de Constante de Carabillón (Cidadelle/ Chapela): Destruído por unha riada. Conserva o inferno e o cubo cunha altura considerable, polo que en tempos debeu ter unha levada de pedra con piares da que tan só quedan restos. (42.269563, -8.658856)


Separados da Canle Principal hai 3 muíños.

Muíños do Fondón ou dos Achado x2 (O Fondón/ Trasmañó): Dous muíños de canle. O de arriba ten na entrada unha cruz protectora no lintel, outras 3 nunha pedra do lado dereito e enriba de estas o que parecen marcas de canteiro. O que está máis abaixo, ten acaroado unha corte para o porco feita de ladrillo. ( 42°16'12.17"N, 8°39'25.23"O)( 42°16'11.96"N, 8°39'25.71"O)

Muíño dos da Quinta (O Fondón/ Trasmañó): Muíño de cubo cadrado con entrada en diagonal. Preto dos anteriores e dentro dunha propiedade privada pechada cun muro. (42.270146, -8.656789)


Canle principal

Muíño de tía Carme (Trasmañó): Muíño de canle do que apenas se conserva o buraco de entrada da auga e o inferno. ( 42°16'10.26"N, 8°39'22.04"O)

Muíños do Coto x2 (Campo Ghutierres/ Trasmañó): Son dous muíños de canle. Sen tellado e en risco de desaparición polas árbores que medran no seu interior. (42.269475, -8.653679)



Camiño Leira do Muíño

Muíño de Baltasar (Pazón/ Trasmañó): (42.268520, -8.651758 ): Muíño de canle, sen tellado.

Muíño de Alfonso de Lagho (Albagheira/ Trasmañó): Muíño de canle, sen tellado. (42.268777, -8.649102)

Muíño da tía Adelaida (Albagheira/ Trasmañó): Muíño con vivenda. Tan só conserva as paredes. Ten unha cruz protectora na entrada. (42.268546, -8.648918)

Muíño Pequeno (Albagheira/ Trasmañó): Muíño de canle, como o seu nome indica de reducidas dimensións. (42.268198, -8.648809)

Muíño Novo (Albagheira/ Trasmañó): Consérvase unha pontella de acceso formada por unha gran lousa. Presenta unha especie de cazoleta enriba da porta que semella para encaixar unha peza de madeira. Tamén ten unha pequena cruz protectora. (42.268229, -8.648609)

Muíños da Panasqueira x3 (Veigha do Muíño-Albagheira/ Trasmañó): Tres muíños pasando a auga dun ao seguinte. O da parte alta moi alterado e reformado sendo empregado como galpón. Os dous seguintes sen tellado. O do medio presenta a inscrición "1941". O da parte baixa ten dúas portas a de entrada e a que daba acceso a un pequeno almacén. (42.267266, -8.648057)

Muíño de Antonio do Bicho ou dos Cochos (Albagheira/ Trasmañó): Presenta a inscrición: “Año 1878” baixo unha cruz. A boca do inferno está tapada cun metálico porque nel caeu unha muller que pereceu afogada. (42.265788, -8.646730)

Muíño do tío Ramón ou do Cacharello (Albagheira/ Trasmañó): Muíño sobre o que se construíu unha vivenda. En 2021 atópase en obras de reconstrución e ampliación, apesares do cal aparentemente segue a conservarse o muíño. (42.265428, -8.645986)

Muíños do Remixo x2 (Albagheira/ Trasmañó): Son dous muíños de canle, pasando a auga dun a outro. O da parte alta ten acaroado o que debía ser un almacén ao que se accede desde o exterior por unha fiestra. (42.265271, -8.644130)


Muíño de Benigno

Muíño de Folón
Muíño ¿?
Muíño ¿?
Muíño ¿? (A Fraga)
Muíño ¿? (Senda da Auga)
Muíño de Constante de Carabillón

Muíño do Fondón ou dos Achado 2




Muíño do Fondón ou dos Achado 1
Muíño dos da Quinta
Muíños do Coto
Muíño de Baltasar
Muíño de Alfonso do Lagho
Muíño da tía Adelaida
Muíño Pequeno e Muíño Novo
Muíños da Panasqueira



Muíño de Antonio do Picho

Muíño do tío Ramón

Muíños do Remixo








Río de Segade ou do Espiñedo(Chapela)

Desemboca na Praia de Arealonga. A parte baixa chámase Espiñedo e a alta Segade. Fórmase pola unión de dous regatos, Aldea e Maceira.

Muíño ¿? (Av. Vigo-Laredo/Chapela): Sobre a porta ten gravada unha cruz e a data de 1820. (42.264691, -8.673809)

Muíño ¿? (Laredo-Chapela):

Muíño ¿? (Laredo de Arriba-Chapela): Só quedan as paredes. (42.26456, -8.67323)

Muíño ¿? (Laredo de Arriba-Chapela): Muíño de cubo coa levada en bo estado, preto da antiga vía do tren (vía verde) e a carón dun lavadoiro. (42.264348, -8.672627)

Muíño ¿? (Laredo-Chapela): (42.263590, -8.672227)

Muíño ¿? (Laredo-Chapela): (42.26325, -8.67195)

Muíño ¿? (Camiño da Costa-Chapela): Conta cun pousadoiro. Conserva a parte máis inmediata da levada que é un gran conduto cuberto de gran grosor, o resto foi cortado pola estrada. (42.263069, -8.671735)

Muíño ¿? (Camiño da Costa-Chapela): Moi tapado pola maleza.

Muíño ¿? (Subida á Buraca/Chapela): Muíño de cubo que conserva o acueduto da levada en bastante bo estado. (42.262816, -8.667714)

Muíño ¿? (Campo das Burras-Subida ao Picoto/Chapela): (42.262835, -8.667109)

  • Rego Aldea

    Muíño de Gelito (Acceso desde Camiño da Traída): Recibe o nome do propietario (2022) Ángel “Gelito” Álvarez Santorio. Muíño de tipo mixto sen tellado e con tan só dúas paredes en pé. (42.261865, -8.663902)

 


Muíño ¿? (Av. Vigo)
 
Muíño ¿? (Laredo)
 
 
 
 
Muíño ¿? (Laredo de Arriba)
Muíño ¿? (Subida á Buraca). Foto: Juan Migueles
Muíño ¿? (Subida á Buraca)
 
 
 
Muíño ¿? (Cño. da Costa)

 
 
Muíño ¿? (Rego Aldea)

Rego Pugariño ou da Bouza (Chapela/Teis-Vigo)

Desemboca na Praia de Arealonga.

Límite natural de Chapela con Teis (Vigo)

Muíño do Pousadouro (Camiño da Chumba-Teis(Vigo)): Chamado así por un muro baixo no que a xente que ía ás fincas pousaba os cestos. A levada deste muíño é coñecida como Ghadaña. (42.260947, -8.678733)

Muíño ¿? (Catro Pontes): Único muíño neste punto. Outros dous que estaban catalogados (Concello de Vigo), foron destruídos coa construción da autovía. (42.26013, -8.67669)

Muíño ¿? (Camiño da Pomba-Chapela): Construíronlle un galiñeiro ao lado. (42.256868, -8.673539)

Muíño ¿? (Chapela)

Muíño ¿? (Cño. Valeiro-Chapela): Enriba do muíño construíron un garaxe, empregándose o interior do muíño para a mesma función. Conserva o cubo e parte das paredes. (42.255551, -8.673143)

Senda da Auga

Muíño do Bombeiro (Cachada-Chapela): Actualmente (2020) propiedade de Vicente o Bombeiro. (42.254992, -8.672447)

Muíño Pugariño-Barra Crista (Cachada-Chapela): Destaca a altura da canle que conduce ao cubo que está parcialmente derruída. En ruínas. (42.254843, -8.672230)

Muíño dos de Candeán (Cachada-Chapela): Propiedade de persoas de Candeán, despois sería mercado pola Bisigenta. Tan só conserva o cubo e parte das paredes. (42.254783, -8.672023)

Muíño Novo ( A Revolta-Cachada-Chapela)): Ten gravadas varias cruces protectoras na entrada. Deixou de funcionar en 1961. Sen tellado pero en bastante bo estado. (42.254676, -8.671854)

Muíño do Piñón (Cachada-Chapela): Conserva o cubo e parte das paredes. (42.254547, -8.671572)

Estrada

Conxunto de 3 Muíños de cubo no camiño Subida á Madroa.

Muíño da Mouta (Teis-Vigo): (42.254057, -8.671020)

Muíño de Enrique (Subida á Madroa-Chapela): (42.253948, -8.670872)

Muíño das Bisigentas (Teis-Vigo): Chamado así polo alcume familiar das propietarias Dorinda e Argentina (Tinocha). (42.253684, -8.670765)


Subida á Madroa

Muíño da Paradela (Subida á Madroa-Chapela). Agora coñecido como Muíño do Italiano, porque o dono ten unha pizzería en Teis.

Muíño das Carpisas (Subida á Madroa).

Muíño de Fina (de Padín) (Subida á Madroa).


Muíño (Cño. da Pomba)

 

Muíño ¿? (Cño. de Valeiro). Foto: Juan Migueles
Muíño ¿? (Cño. de Valeiro)
 

 

 

 


 


Muíño do Bombeiro. Foto: J. Migueles
Muíño do Bombeiro




Cruces protectoras

Muíño dos de Candeán



Muíño do Pugariño


Muíño do Piñón
Muíño Novo













Muíño 3 (Subida á Madroa). Foto: Juan Migueles
Muíño 3 (Subida á Madroa)

Muíño 1 (Subida á Madroa)
Muíño 1 (Subida á Madroa)

Muíño 2 (Subida á Madroa). Foto: Juan Migueles
Muíño 2 (Subida á Madroa)



Outras Correntes Fluviais

 

Río da Plateira ou Río de Quintán (Cedeira)

Desemboca na Praia de Portacedeira. No tramo alto é coñecido como Río de Quintán e no baixo Río da Plateira.

Muíño do Xufre (Aldea/Cedeira): Desaparecido. Citado na recollida de toponimia realizada polo colectivo Trespés por iniciativa do SNL de Redondela. O seu nome podería vir por ser empregado na súa última etapa para moer o xofre para o seu emprego na agricultura, pero inclínome mais porque sexa unha alteración do topónimo Rufre.

Muíño do Pozo (Aldea/Cedeira): Tan só se conserva o cubo ao ser destruído coa construción da condución de auga a Vigo (Senda da auga). (42.275096, -8.628384)

Muíños do Pardo x3 (Aldea/Cedeira): Conxunto de tres muíños de cubo. Chamados así por ser propiedade de Ramón Francisco Pardo Ferro, nado na Coruña. Membro do partido Conservador, sería nomeado alcalde de Redondela en catro ocasións, a primeira delas en febreiro de 1872. Foille outorgada a Cruz de Isabel la Católica con distinción de Caballero Cubierto ante el Rey.(42.275455, -8.628135/42.275767, -8.628434/42.275954, -8.628093)

Destacar a levada destes muíños construída en pedra e que supera os douscentos metros.

 

Muíños do Pardo 1 e 2
Muíño do Pozo

Levada. Foto: Juan Migueles
Levada.
Muíño do Pardo3

Rego da Presa (O Covelo-Cedeira)

Na parte baixa Río de Fortóns

Muíño do Castellano (Cño. do Rego/Cedeira): Muíño do que tan só se conserva o cubo e o inferno. Das paredes segue en pé a do fondo que é de ladrillo, probablemente substituíndo a outras máis antigas de pedra. (42.27333, -8.62351)

 
Muíño do Castellano. Foto: Juan Migueles
Muíño do Castellano.

 

Poza de Carallás (Cedeira)

Muíño da Cavada Vella (Cño. A Cavada Vella/Cedeira): Muíño de herdeiros. Tan só conserva o cubo, o inferno e parte das paredes. O máis interesante é a levada de pedra, que segue por debaixo do muíño internándose na propiedade de Monterraso. ( 42.280789, -8.629254)

 

Muíño da Cavada Vella. Foto: Juan Migueles
Muíño da Cavada Vella

Rego da Ouriceira (Cedeira)

Muíño das de San Roque (A Formiga/Cedeira): No camiño da Cova de Galicia. Trátase dun muíño con vivenda de dúas alturas e probablemente o baixo se empregaría como cortello. Unha persoa de máis de oitenta anos no 2020, xa non o lembraba en funcionamento. (42.284171,-8.638664)

 

Muíño das de San Roque. Foto: J. Migueles
Muíño das de San Roque

Rego das Sete Fontes (O Viso)

Muíño das Sete Fontes (Soutoxuste/O Viso): Quedou ao descuberto no 2008 polo inicio da construción dunha gasolineira. (42.326223, -8.606748)

 

Muíño das Sete Fontes

 

Rego ¿? (O Viso)

Muíño ¿?: De cubo. (42.31663, -8.60006)

 

Río de San

Muíño ¿? (A Chans/Quintela): Muíño en ruínas que conserva o inferno parte das paredes e o cubo que é cadrado. (42.2598180311, -8.60047523917)


Muíño ¿? -Río de Xans

O Regueiral

Este regato serve de linde entre Saxamonde e Quintela.

Muíño da Coutada (Quintela): Muíño de Cubo. Sen tellado e parte da levada derruída. Na fachada ten pousadoiro e unha pedra reutilizada que debería estar na parte baixa do cubo.

Muíño do Albarroz ou do Regueiral (Cño. Albarroz-Saxamonde): Muíño de cubo construído en ladrillo. Apesares de ser feito con cemento impresiona a súa levada. (42.259819, -8.600489)

Muíño do Alfredo (Coto de San Román-Saxamonde): Muíño de cubo ben curioso xa que está construído aproveitando o desnivel do monte, quedando o inferno ao nivel do camiño. Ademais a escasos metros ten unha presa que serviría para dar máis presión á auga. Ten acceso desde a Senda da Auga. (42.257957, -8.599389)

 

Muíño da Coutada

Muíño do Albarroz (Cño. Albarroz)

 

Muíño en Saxamonde. Foto: Juan Migueles
Muíño do Alfredo

Río Louro (Saxamonde)

Muíño da Historia (O Valos-Saxamonde): (42.241984, -8.595323). No límite con Mos. Muíño de cubo. Totalmente oculto pola maleza.

Muíño do Buraco (O Valos-Saxamonde): (42.244379,-8.594925). Muíño de canle, recibe o seu nome por estar situado nunha leira chamada Veigha do Buraco. Pertencía a Manolo O Xarolo, quen deixou de empregalo para empezar a moer nun novo muíño.

Muíño do Changarello (O Valos-Saxamonde): (42.244958, -8.594465). Preto do anterior, nunha gran propiedade formada por pequenas fincas. Este muíño atópase na Leira. É de canle e, como quedou dito, Manolo O Xarolo comezou a empregalo cando deixou de moer no do Buraco. Aquí viñan a moer os veciños da zona. Os dous muíños pertencen agora (2024) a un neto de Manolo. Perderon o tellado e este último só conserva a fachada.

Muíño dos Salgueiros (O Valos-Saxamonde): Muíño de canle sen tellado. Apesares de ser construído en granito presenta un pousadouro consistente nunha gran lousa de xisto. (42.246335, -8.594893)

 

Muíño da Historia
Muíño do Changarello


Muíño dos Salgueiros

Outros tipos de Muíños
        Ademais de todos estes muíños atopamos outros de construcción máis recente. Trátase de muíños de vento empregados para a extracción de auga de pozos (dous privados en Reboreda e un terceiro que abastece a área recreativa Poza da Lagoa en Trasmañó). E como curiosidade os restos no Río da Plateira (Cedeira) dun muíño que suministraba electricidade á Fábrica e Colmeiro.
 
Muíño en Reboreda

Muíño da Poza da Lagoa
 
 
 

(Ver tamén “Os Muíños de Redondela ao longo da historia” https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/10/os-muinos-de-redondela-ao-longo-da.html )

  

Autor: Juan Migueles





BIBLIOGRAFÍA

Muíños nas terras de Redondela: Miguel Ángel Abraira Pérez.

Localización de varios muíños proporcionada por Sergio López.

Percorridos na procura de muíños con Xosé Couñago.

O Viso. A construción dunha paisaxe cultural. Xurxo Constela Doce, A Citania S. L. Sociedade Cultural do Viso, 2020.

O monte de Reboreda, Redondela. Guía escolar. Ed. Comunidade de Montes de Reboreda, 1993.

Inventario de canastros, cruceiros, portóns, fontes e lavadoiros de Cesantes. Obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy.

Parroquias de Redondela. Cabeiro. Amante Romero Álvarez. SNL de Redondela, 2021.

Pares>Archivo Histórico Nacional> Monasterio de Santa María de Melón

Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella

Catastro de Ensenada (1752)

Diccionario Madoz (1845)

Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración (1879)

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925.

Matrícula Industrial de 1885-86. Arquivo do Concello de Redondela

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El pueblo gallego, Gaceta de Galicia, La Integridad

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración; Anuario Riera; Anuario regional descriptivo, informativo y seleccionado de la industria, comercio, agricultura, profesiones, arte y turismo del Norte de España

Pares>Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Fausto de Chapela (Vigo, Tuy), efectuado por decreto de diciem...

Archivo: Archivo General de Simancas. Fechas: 1763-07-21 / 1764-01-13

USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela

Aportes: Xurxo Constela, Xosé Couñago, Gonzalo Amoedo, Javier, Daniel Boullosa, marido de Concha do Muro, Mercedes (A Formiga), Manuel Seijas, Carlos González, Andrés Couñago Laxe, Justo, Ángel Balado...

Aportes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso e da Sociedade Cultural do Viso ao PXOUM.

Iniciativas de posta en valor dos muíños de Álvaro Diego coa colaboración da Asociación de Veciños de Chapela e do Obradoiro Fernando Monroy.

Recollida de topónimos realizada por Trespés por iniciativa do SNL de Redondela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario